Radio Municipal de Tui

Día a Día

News GL ↓ 6512 episodes

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...

Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com

Author

Radio Municipal de Tui

Category

News

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Oct 16, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Ent. Rafael Estévez, concelleiro de deportes, e Manuel Pedrares, Clube Kayak Tudense - Descenso popular 11.08.2022

Este sábado temos unha das citas máis emblemáticas de Tui coa X Festa do Miño e co Descenso Popular, que este ano acollerá a 557 inscritos. Hoxe estiveron na nosa sintonía Rafael Estévez, concelleiro de deportes, e Manuel Pedrares, do Clube Kayak Tudense, para falarnos do programa da xornada.

Ent. Ana Núñez, concelleira de Comercio - Proxecto reforma mercado municipal, comercio local, e aforro enerxético 10.08.2022

O concello de Tui vén de solicitar máis de 1,6 millóns de euros para acometer a reforma do mercado municipal e apoiar ao comercio local. Amais, o paquete de medidas de aforro enerxético do Goberno central vén de aprobarse, e hoxe puidemos falar con Ana Núñez sobre estes temas.

Ent. Hugo Lage, guía en Buguina Turismo - Visitas a Tui e A Guarda 10.08.2022

Hugo Lage é guía en Buguina Turismo e realiza visitas nocturnas polos “Mares da Guarda”, unha iniciativa que leva a cabo da man da asociación de palangreiros guardeses ORPAGU. Malia que o verán está a ser irregular en afluencia, Lage destacada as distintas rutas que ofertan.

Ent. Natalia Lago, a Fada do Aloia - Visitas ao parque natural este verán. 10.08.2022

Aínda que onte e hoxe tiveron que ser suspendidas as rutas para ver as Perseidas, sí que este verán haberá novos percorridos nocturnos polo Aloia da man da Fada do Aloia. A propia Natalia Lago dábanos conta das rutas que oferta.

Ent. Sara Quintana, guía en Visitas Guiadas Tui - Visitas ao conxunto histórico da Eurocidade 10.08.2022

Sara Quintana realiza diariamente percorridos pola Ruta Xudía, a Catedral, as cubertas da Catedral e tamén a Valença coa empresa Visitas Guiadas Tui. Con estes percorridos pretende ensinar a coñecer todo o patrimonio cultural e natural que nos rodea.

Ent. Pablo Ruibal, director Edmun Do Val - III Cinema entre as Viñas. 10.08.2022

Unha das propostas para este verán chega da man da adega Edmun Do Val, en Valença, que organiza para este domingo ás 22.00h hora española o III Cinema entre as Viñas. Será coa proxección do filme “Adam”, da realizadora marroquí Maryam Touzani, e acompañarase de tradicionais aperitivos e doces acompañados dos viños da adega. Poderase amais probar un novo espumoso. Falamos con Pablo Ruibal.

Ent. Gabriel Marcelli, piloto rosaleiro de trial no equipo Montesa-Honda 09.08.2022

Hoxe tivemos na nosa sintonía a Gabriel Marcelli, deportista de alto nivel de O Rosal que, con só 22 anos, conquistou numerosos medais no mundo do Trial. O rosaleiro, que comezou a pilotar motos con tan só catro anos, e xa conta con oito aparicións en probas do Campionato do Mundo, ten como obxectivo chegar e consolidarse no grupo de protagonistas da especialidade.

Ent. organizadores Música no Claustro - Peche e balance da XVI edición do certame tudense 08.08.2022

Falamos con Bea Fontán, Samuel Díz, Mario e Sara González, organizadores do certame de música, patrimonio e creación Música no Claustro. A décimo sexta edición pechouse por todo o alto logo dunha semana de actos na Catedral de Tui coa volta á normalidade para o público.

Ent. Alba Sobrino e Álex Rodríguez, Tui Fútbol Sala - Tui Academy Fútbol Sala. 08.08.2022

Hoxe ábrese o prazo de inscrición para o primeiro campus Tui Academy Fútbol Sala, e estará aberto ata o día 19. O campus durará 10 días, comezando o próximo 22 de agosto. Hoxe estiveron na nosa sintonía Alba Sobrino, presidenta do clube, e Álex Rodríguez, coordinador.

Ent. Diego Álvarez, adestrador rosaleiro de fútbol base en Madrid e director deportivo 08.08.2022

O rosaleiro Diego Álvarez é un dos mellores adestradores do fútbol base nacional. Así o acreditan os títulos nos equipos que dirixe, que a Juventus de Turín o designase como director deportivo da súa canteira en España ou o premio a mellor adestrador de Madrid desta última tempada.

Ent. Elena Vázquez, consejera técnica del Ministerio de Cultura - Foro Resonancias 22 05.08.2022

Elena Vázquez é conselleira técnica da Subdirección Xeral de Bens Culturais do Ministerio de Cultura e Deporte. O xoves participou no 'Foro Resonancias 22', o foro profesional de instrumentos musicais que tivo lugar no marco do certame Música no Claustro.

Ent. Javier Niño, coordinador do CB Tui - Torneo 3x3 de baloncesto 05.08.2022

Volve o Tribasquet do CB Tui pero cambiando a súa ubicación: será na rúa Lugo. Esta segunda edición do 3 contra 3 de baloncesto será este sábado 6 de agosto e contará con cinco categorías. Falamos de todos os detalles do torneo con Javier Niño, coordinador do clube.

Ent. Nadia Vázquez, "A musette no século XVIII" - Música no Claustro 04.08.2022

Hoxe temos nova cita musical no marco de Música no Claustro con Nadia Vázquez, Luis Corral e Patricia Rodríguez e co seu concerto “A Musette no século XVIII”. Nadia estivo na nosa sintonía falando do seu concerto.

Ent. Alejandro Lorenzo, alcalde de O Porriño e presidente do Consorcio de Augas do Louro 03.08.2022

Falamos con Alejandro Lorenzo, alcalde de O Porriño e presidente do Consorcio de Augas do Louro, sobre as obras realizadas na potabilizadora de Tui e o posible desabastecemento que podería chegar tras semanas de sequía.

Ent. Darya Bilotserkivka, Salo Viktoriia-Nadiia e Iryna Morozova - Concerto Música no Claustro "Imaxinario por Ucraína" 03.08.2022

No contexto do festival Música no Claustro, a catedral de Tui tinguirase de solidariedade e de sentimento ucraniano, cun trío de violíns e violonchelo, que dará o concerto “Imaxinario por Ucraína”. As tres mulleres que darán este concerto estiveron hoxe na nosa sintonía.

Ent. dúo Caamaño&Ameixeiras - Concerto Música no Claustro 02.08.2022

Esta parella a forman Sabela Caamaño, acordeonista, e Antía Ameixeiras, violinista e cantante. Elas darán hoxe o concerto chamado “Aire”, en Música no Claustro. Hoxe estiveron na nosa sintonía falando dos seus comezos e do seu traballo discográfico.

Ent. Juana Parada, xerente de Orpagu - Peche da Festa do Peixe Espada e conflicto aberto con Greenpeace 02.08.2022

Facemos balance do que foi a fin de semana festiva coa Festa do Peixe Espada na Guarda xunto a Juana Parada, xerente de Orpagu. Amais, falamos do conflicto aberto que mantén a organización de palangreiros guardesa co que considera unha persecución por parte de Greenpeace.

Ent. Manu Garrido, deportista tudense - Prata no C1 do Campionato Europeo de Maratón de Dinamarca 02.08.2022

Manu Garrido é outro dos deportistas destacados de Tui. A pasada fin de semana redondeou a súa actuación cunha prata moi meritoria no C1 do Campionato Europeo de Maratón en Dinamarca. Os seus plans pasaban por Canadá pero a covid truncou ese plan. Agora, céntrase en recuperarse e pensar xa no Mundial de Ponte de Lima en setembro.

Ent. Samuel Diz, músico e organizador de Música no Claustro - Concerto 'Retratos de Muller' 01.08.2022

Falamos con Samuel Diz, organizador do festival Música no Claustro que esta edición volve a normalidade prepandemia no marco incomparable da Catedral de Tui. Alí abrirá hoxe o certame o noso convidado, que interpretará un repertorio chamado 'Retratos de Muller'.

Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Obradoiro dual senda do río Furnia 01.08.2022

O Concello de Tui presentou un obradoiro que formará a 20 alumnos e alumnas na senda do río Furnia. Amais, as obras na senda da marina á metralla espéranse para setembro.

Ent. Iván Alonso, deportista tudense - Dobre medalla de prata no Europeo de Maratón en Dinamarca 01.08.2022

Falamos con Iván Alonso, un dos deportistas que abandeira Tui polo mundo. Á longa colección de medais e recoñecementos, esta pasada fin de semana sumou dúas pratas no K1 en distancia curta e longa no Campionato Europeo de Maratón, quedando a só un segundo do ouro que acadou o danés Pedersen. Con el promete reeditar batalla no Mundial en Ponte de Lima, que terá lugar en setembro.

Ent. Laura Laudert - Clase maxistral de EuDanza 29.07.2022

Laura Llauder impartirá este domingo na Abadía do Pelouro unha clase maxistral. Hoxe contounos en qué vai consistir. Non é preciso experiencia previa nin hai límite de idade para participar. Será co método EuDanza.

Ent. Adrián Besada, organizador da 'Twister Jam' de Goián, Tomiño - Evento de skateboard 29.07.2022

Esta fin de semana o skatepark de Goián, en Tomiño, acollerá unha 'Twister Jam'. O evento de skateboard terá competición en dúas categorías, música en directo, restauración, tendas e cursos de iniciación ao monopatín. Adrián Besada, un dos organizadores, contounos todos os detalles.

Ent. Carmen Caballedo da empresa Lugove - Conexión Tui-Praia América 29.07.2022

Mañá recupérase a conexión entre Tui e Praia América. O autobús sairá de Tui ás 12 h e a volta sairá de praia América ás 19 h. Así nolo contaba Carmen Caballedo da empresa Lugove, que presta o servizo.

Ent. Samuel Diz e Santiago Vega - Música no Claustro 2022 28.07.2022

O próximo luns comeza a decimosexta edición do festival Música no Claustro 2022, e hoxe puidemos coñecer os detalles da man do seu director, Samuel Diz, e de Santiago Vega, o director do Museo Catedralicio.

Listen to the Día a Día podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.