Radio Municipal de Tui

Día a Día

News GL ↓ 6512 episodes

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...

Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com

Author

Radio Municipal de Tui

Category

News

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Oct 16, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Ent. Julio Resende, músico - Concerto no IKFEM 25.08.2022

Unha mestura entre o piano e o canto lírico é o espectáculo musical que hoxe ás 22.30 h presentarán no Jardim Municipal de Valença Julio Resende e o dúo Almo. Así nolo explicou esta mañá no programa Día a Día o propio Julio Resende.

Ent. Ana Elías - Carrillón Lvsitanvs no IKFEM 24.08.2022

Esta tarde contaremos na Eurocidade co maior carrillón itinerante do mundo, é o Carrillón LVSITANVS. Actuará dentro da programación do IKFEM ás 18 h na Corredoira e ás 22.30 h ES no Jardim Municipal en Valença. Ana Elías é a responsable de facer soar este carrillón. Hoxe contounos coma xurdiu esta idea e cómo serán os concertos desta tarde.

Ent. José Martínez Tato de AndaTui - Andaina da Pedra Santa 24.08.2022

A Andaina da Pedra Santa é a seguinte cita que temos dentro do calendario de Andainas da Eurocidade Tui-Valença. A cita será o domingo 4 de setembro con saída ás 10 h da praza da Inmaculada. Son 9 quilómetros de dificultade baixa e un tempo estimado de 3 horas. José Martínez Tato, presidente de AndaTui, explicaba hoxe no programa Día a Día, as características desta ruta. A inscrición pode facerse...

Ent. Manuel García Rivas, técnico de Cultura de Valenzuela - Alfombra de serraduras en Tui no Camiño. 24.08.2022

Mañá xoves dende ás 9.30 h un total de 111 veciños e veciñas de Valenzuela, Córdoba, confeccionarán unha alfombra cun serraduras tinguidas no Paseo da Corredoira, a carón da Oficina de Turismo. Deste xeito promocionan a súa festa do Corpus, e o Camiño de Santiago. Así nolo contaba hoxe Manuel García Rivas, técnico de Cultura do Concello de Valenzuela.

Pablo Gómez Abalos - concerto no IKFEM 23.08.2022

Dentro da programación do IKFEM hoxe martes ás 17 h ES na igrexa de Santa María dos Anjos en Valença, Pablo Gómez Ábalos ofrecerá un concerto de música barroca e clásica interpretada co clavecín Royal. Así nolo contaba o propio Pablo Gómez hoxe no programa Día a Día.

Ent. Rafael Estévez, concelleiro de Deporte, Hípica Marcos e Comisión de Festas - Feira Cabalar San Bartolomeu 23.08.2022

Miles de persoas volverán darse cita mañá no barrio de San Bartolomeu de Tui para acudir á tradicional feira Cabalar. Dende primeira hora terá lugar a actividade de compra venda, pero tamén está previsto un amplo programa de actividades. Estiveron na nosa sintonía Rafael Estévez, concelleiro de Deportes, Marcos González, representante de Hípica Marcos, e Juanjo Rendón da Comisión de Festas.

Ent. Sonsoles Vicente, concelleira de Ensino - Obras no CEIP nº2 de Tui 23.08.2022

No CEIP nº2, situado na Avenida da Concordia, os últimos días veñen de rematar os traballos para dotalo dun patio cuberto, dando así resposta a unha vella demanda da comunidade educativa. A concelleira de Ensino, Sonsoles Vicente, explicouno hoxe na nosa sintonía, amais de falar de futuros proxectos de mellora de centros educativos do municipio.

Ent. Mago Teto - Actuación en Caldelas 23.08.2022

O Mago Teto actuará esta noite, ás 21.30 h, en Caldelas dentro da Semana Cultura A Insúa e do Festival Mundial do Ilusionismo. Será un espectáculo de participación e moito humor coma hoxe nos explicaba.

Ent. Pablo Carpintero - Concerto didáctico no IKFEM 23.08.2022

Pablo Carpintero e Rosa Sánchez ofreceron o pasado sábado na Alameda de San Domingos un concerto didáctico de música tradicional no marco do IKFEM. Hoxe Pablo Carpintero deunos conta de coma foi este evento musical.

Ent. Ana Mª Núñez, Noemí Silva e Priscila Retamozo - Programa Feminio Plural 22.08.2022

Hoxe estiveron na nosa sintonía a concelleira de Igualdade Ana Mª Núñez, a axente de igualdade Priscila Retamozo e a psicóloga do programa Noemí Silva. Con elas coñecemos máis polo muído o programa Feminino Plural que até finais de setembro se está a desenvolver en Tui.

Ent. Juan Durán - Concerto (di) Versos Femininos no IKFEM 22.08.2022

Hoxe ás 21 h na igrexa de San Domingos actuarán Nuria Lorenzo, mezzo soprano, e Alejo Amoedo, piano, cun concerto de música clásica titulado “Versos Femininos”, con música de Juan Durán. Hoxe o compositor Juan Durán explicaba no programa Día a Día que son estes (di) versos femininos.

Crónica Miguel Rocha de Radio Vale do Minho - Incendio forestal en Monçao 22.08.2022

Onte pasada as 15.30 h rexistrábase un incendio na zona de Lapela en Monçao, minutos antes declarábase outro en Cambeses que xa está controlado. No de Lapela traballar máis dun centenar de efectivos e 33 medio terrestes nun lume aínda sen control. Miguel Rocha de Radio Vale do Minho deixounos esta mañá a crónica da situación que se está a vivir no municipio.

Ent. Javier Becerra - Concerto Isto é Rock no IKFEM 19.08.2022

Isto é rock! é o título do concerto que o venres 26 ás 19.30 h ofrecerán no Paseo Fluvial de Tui Javier Becerra, Carolina Rubirosa e Diego Rois, dentro da programación do IKFEM. Contounos coma será o concerto Javier Becerra

Ent. Eduardo Dacuña da Asociación A Insua - Semana Cultural A Insua 19.08.2022

Con 21 participantes hoxe celébrase na Ribeira de Caldelas un concurso de talentos co que se abre a programa da Semana Cultural que organiza a Asociación A Insua. Mañá será a quenda do Rocha Folk. O programa continúa até o venres 26 coma hoxe detallaba Eduardo Dacuña.

Ent. Patricia González "Peque" e Alex Rodríguez - Campus Tui Academy de Fútbol Sala 18.08.2022

Patricia González "Peque" será unha xogadoras que vai participar no Campus de Fútbol Sala Tui Academy que comezará o próximo luns. O prazo de inscrición remata mañá.

Ent. María Toledo - Concerto no IKFEM 2022 18.08.2022

Dentro da programación da décima edición do IKFEM este sábado ás 22.30 h no Jardim Municipal de Valença actuará María Toledo con música flamenca. Con ela compartiamos esta mañá no programa Día a Día, onde explicaba o traballo detrás de cada tema e avanzaba coma será o concerto desta fin de semana.

Ent. Pilar Ramos, presidenta da Agrupación Musical de Goián - Concerto Lembrando a Nino Bravo 18.08.2022

A praza Pintor Antonio Fernández de Goián acolle mañá venres ás 22.30 h o concerto "Lembrando a Nino Bravo" a cargo de Serafín Zubiri e da Agrupación Musical de Goián. Falamos deste evento musical con Pilar Ramos, presidenta da Agrupación Musical de Goián.

Ent. Pablo García, presidente Tenis Tui - Clases gratuítas e Torneo Eurocidade 17.08.2022

Dentro do programa Corresponsables o Tenis Tui impartirá clases gratuítas de tenis durante os meses de setembro, outubro e novembro. Así nolo contou hoxe o presidente do Club Tenis Tui, Pablo García. Tamén falamos do Torneo de Tenis da Eurocidade que se vai celebrar do 16 ao 25 de setembro, e para o que está xa aberto o prazo de inscrición.

Ent. Andrea González, directora do IKFEM - Décima edición do festival IKFEM 17.08.2022

Xacobeo Bridge será o evento inaugural do IKFEM 2022. Será este venres ás 20.30 h na vella Ponte Internacional. Para asistir é preciso reserva entrada de forma gratuíta dende hoxe na web do festival www.ikfem.com Hoxe deunos todos os detalles da xornada inaugural e do programa previsto até o venres 26 a directora do festival, Andrea González.

Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Obras Ágora, humanización, polígono de Ribadelouro... 16.08.2022

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, deu conta hoxe na nosa sintonía de diversas obras e proxectos nos que están a traballar. Dende os previstos no marco da rede Ágora, os que comezarán de forma inminente en Riomuíños e a segunda fase da rúa Colón. Tamén se referiu á Axenda Urbana e ao polígono de Ribadelouro.

Ent. portavoces da Plataforma de veciños de Ribadelouro - Ampliación polígono Ribadelouro 16.08.2022

Falamos con Norma Abalde, José Luis Abalde e o veciño Manuel Vázquez de la Cruz para explicar e contextualizar o plan de ampliación do polígono de Ribadelouro, en Tui, e ante o que estes veciños se están a movilizar.

Ent. Antonio Lomba, alcalde de A Guarda - Festas do Monte 2022 12.08.2022

Esta fin de semana é a grande das Festas do Monte na Guarda, coa volta do desfile de bandas mariñeiras e grupos folclóricos mañá, e coa subida ao monte Trega e a tradicional romaría o domingo (entre outras). Hoxe falamos co alcalde da localidade, Antonio Lomba, sobre o que se espera destes días.

Ent. Silvia Soutelo e Eduardo Dacuña da Asociación Acueducto de Caldelas - 2 anos da desaparición de parte do acueducto 12.08.2022

Mañá cúmprense dous anos da desaparición de parte do acueducto de Caldelas. Transcorridos xa 24 meses dende a Asociación Patrimonial Acueducto de Caldelas demandan unha solución para recuperar este ben patrimonial. Así nolo contaron esta mañá Silvia Soutelo e Eduardo Dacuña da Asociación Patrimonial Acueducto de Caldelas.

Ent. Sonsoles Vicente, concelleira de Cultura - X Festa do Miño 12.08.2022

Este sábado día 13 terá lugar unha das citas máis emblemáticas de Tui, a Festa do Miño, marcada polo descenso popular, a romaría e a X Festa Gastronómica. Deste programa, e de máis asuntos, falou con nós a concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente.

Ent. Alba Sobrino, Álex Rodríguez e Fran Paz - Campus Tui Academy de futsal 11.08.2022

As inscricións para o I Campus Tui Academy xa están abertas ate o día 19. A actividade empezará o 22 con 90 prazas. Esta mañá estiveron na nosa sintonía Alba Sobrino, presidenta, e Álex Rodriguez, coordinador do Tui Futsal respectivamente, xunto ao preparador de porteiros Fran Paz.

Listen to the Día a Día podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.