Radio Municipal de Tui

Día a Día

News GL ↓ 6508 episodes

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...

Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com

Author

Radio Municipal de Tui

Category

News

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Oct 14, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Ent. Rosa María Vila, artista - Inauguración da súa exposición "Abrimos portas?" 07.09.2022

Hoxe se inaugura a exposición “Abrimos portas?” da artista tudense Rosa María Vila, e será ás 20 h na Sala Municipal de Exposicións no edicifio Francisco Sánchez. A mostra será unha recompilación de 25 portas, tanto de Tui como de Valença, e estará enmarcada pola grande presenza que teñen estes obxectos na nosa vida, segundo di Rosa María Vila, artista que pasou hoxe pola nosa sintonía para explic...

Ent. Carmela Silva, presidenta da Deputación de Pontevedra - Ciclo Historias Cavadas 07.09.2022

O próximo venres 16 e sábado 17 terá lugar a visita teatralizada no Castro do Alto dos Cubos, no monte Aloia. Esta visita pertence ao Ciclo de Historias Cavadas impulsado pola Deputación de Pontevedra por segundo ano consecutivo, e se vai a desenvolver en cinco castros da provincia. Para conversar sobre esta iniciativa falamos coa presidenta da Deputación, Carmela Silva.

Ent. Manuel Martínez responsable do ciclo "Un Camiño Ben Temperado" - Concerto de peche en Tui 06.09.2022

Este domingo chega á Catedral de Tui o ciclo “Un Camiño Ben Temperado” organizado pola Orquestra Clásica de Vigo. O ciclo está formado por cinco concertos que comezaron o venres pasado en Redondela, e o domingo en Baiona. Esta semana a cita estará na comarca do Baixo Miño pechando o domingo en Tui ás 18.30 h na catedral co "Requiem para o mosteiro de Santa Clara" co cuarteto Metáfora das flores ba...

Ent. Helena Madeira, músico - Concerto sefardí nas Xornadas Europeas da Cultura Xudía 05.09.2022

Helena Madeira deu onte un concerto con repertorio sefardí no marco das Xornadas Europeas da Cultura Xudía. A igrexa de San Domingos se encheu de música medieval europea coa voz e a arpa da músico portuguesa.

Ent. Elyjah Byrzdet, investigador - Charla 'Lo que debes conocer de los judíos' 05.09.2022

Falamos co investigador Elyjah Byrzdet, autor tamén de varios libros sobre historia, xudaísmo e xenealoxía. No marco das Xornadas Xudías de Tui, imparte hoxe a charla 'Lo que debes conocer de los judíos' no edificio Francisco Sánchez ás 20h.

Ent. Violeta de Santiago - Candidata do PSdeG-PSOE á alcaldía de Tomiño 05.09.2022

A pasada semana pasada o PSdeG (PSOE) presentou á súa candidata á alcaldía de Tomiño, Violeta de Santiago, nun acto no que estiveron presentes Abel Caballero, alcalde de Vigo, Carmela Silva, presidenta da Deputación de Pontevedra, e David Regades, secretario xeral provincial, entre outros cargos.

Ent. Priscila Retamozo e María José Márquez - Programa Feminino Plural 05.09.2022

O programa Feminino Plural continúa a súa programación formativa en Tui. Falamos con Priscila Retamozo, axente de igualdade e coordinadora do programa, xunto a María José Márquez, técnica laboral e encargada do obradoiro que se impartirá mañá martes para afondar na situación da muller no mercado laboral e axudalas a identificar oportunidades, acceder e manter os empregos.

Ent. Mónica Domínguez e Manuel Gándara, clásicos Fiolledo - Concentración coches clásicos 02.09.2022

Este sábado haberá en Salvaterra do Miño, durante toda a xornada, unha concentración de coches clásicos, está organizada polo club de clásicos Fiolledo. Hoxe estiveron na nosa sintonía Mónica Dominguez e Manuel Gándara, organizadores, para falarnos do porqué desta concentración.

Ent. Carlos Estévez, da Federación Galega Motonáutica - Campionato de España de Radiocontrol Térmico 01.09.2022

Falamos con Carlos Estévez, da Federación Galega de Motonáutica, sobre o Campionato de España de Radiocontrol Térmico que se celebrará en Tui esta vindeira fin de semana. Trátase dunha novidosa modalidade de embarcacións tripuladas, moi veloces, e que contará con vinte participantes de toda España.

Ent. Antón Conde, secretario xeral provincial do sector ferroviario - Situación da provincia de Pontevedra 01.09.2022

Antón Conde, secretario xeral provincial do sector ferroviario de CCOO fixo balance da situación ferroviaria que vive a provincia de Pontevedra, incluíndo tamén as súas propostas para unir Tui con Portugal e con Vigo, establecendo unha liña de cercanías.

Ent. Sonsoles Vicente, concelleira de cultura, e Rafael Sánchez, historiador - Xornadas Europeas da Cultura Xudía 31.08.2022

Mañá comezan xa as actividades programadas para a celebración das Xornadas Europeas da Cultura Xudía coa inauguración da mostra “As familias cripto-xudías, entre a diáspora e a asimilación: os Coronel”. Hoxe estiveron na nosa sintonía a concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, e Rafael Sánchez Bargiela, historiador, para falar máis sobre elas.

Ent. Joaquín Agra, presidente do Moto Club Papaya - XV Dirt Track Xacob Agra 31.08.2022

Este sábado celébrase a XV Dirt track Xacob Agra no velódromo municipal do Porriño. Será unha carreira nocturna, comezando ás 21 da noite, e tamén solidaria. Hoxe estivo con nós Joaquín Agra, o presidente do Moto Club Papaya.

Ent. José Ramón Alfaro, presidente do Círculo Cultural Santa Eulalia de Mos - Festival Intercéltico O son do Pazo 31.08.2022

Esta fin de semana celébrase o Festival Intercéltico O son do Pazo organizado polo Círculo Cultural Santa Eulalia de Mos. O presidente deste colectivo, José Ramón Alfaro deunos os detalles desta sétima edición que se celebrará venres e sábado.

Ent. Xoán Manoel Álvarez - secretario da Treboada San Campio de Lonxe 30.08.2022

Este sábado terá lugar o I Serán do outono, organizado pola Treboada San Campio de Lonxe, que será en Tomiño, no torreiro do Alivio, coa foliada ao final do día, amais dos dous obradoiros que, ao longo do día, haberá para nutrir de máis contido a xornada. Hoxe nolo contou Xoán Manoel Álvarez, secretario da Treboada de San Campio.

Ent. Enrique Cabaleiro. alcalde de Tui - Inicio de obras en Colón, Riomuíños... 30.08.2022

Co alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, falamos hoxe do inicio das obras de humanización na rúa Colón e tamén en Riomuíños no entorno do lavadoiro e da Ponte. Tamén se referiu ao inminente comezo da pasarela do río Louro, e á situación doutros proxectos coma a apertura da rúa Ourense cara a Avenida de Portugal.

Ent. Priscila Retamozo e Irene Rodríguez - Programa Feminino Plural 29.08.2022

O programa Feminino Plural, que conforman sete actividades formativas e sete obradoiros, prosegue cada martes e mércores en Tui. Hoxe estiveron con nós Priscila Retamozo, coordinadora e axente de igualdade, e Irene Rodríguez, unha das mulleres que participan no programa.

Ent, José Manuel Vaz Carpinteira, presidente da Cámara Municipal de Valença - Feira Medieval de Valença 26.08.2022

A Fortaleza de Valença volve esta fin de semana ao século XII e a loita entre España e Portugal. Farao na Feira Medieval que se celebra dende hoxe e até o domingo, onde haberá gastronomía, música, artesanía e espectáculos, tamén, a cabalo. Hoxe estivo con nós o presidente da cámara de Valença, José Manuel Vaz Carpinteira para falar do significado histórico desta feira.

Ent. Dani - Concerto de Clausura do IKFEM 2022 26.08.2022

Dani será hoxe a responsable do concerto de clausura do IKFEM 2022. En breve publicará o seu segundo album Postdata do que “Me da igual” é un dos sinxelos, un tema que de seguro interpretará hoxe a partir das 20.45 h no Paseo Fluvial pechando a décima edición do IKFEM.

Ent. Diego Vila - Campionato galego de ralli 26.08.2022

O piloto tudense Diego Vila vai segundo na Copa Pirelli AMF Motorsport, copa de promoción dentro do Campionato Galego de Rallis e ocupa este lugar tras celebrarse a pasada fin de semana o Rali Pazo Tizón, e a falla de tres probas. Diego Vila, que forma o equipo Aguanta Volante xunto a Alex Sampayo pilotando un Citroen, falou no programa Día a Día da gran rivalidade que existe nestas probas.

Andrea González directora do Ikfem - Derradeiros concertos e balance festivaL 25.08.2022

Balance moi positivo desta décima edición é o que realiza a directora do IKFEM, Andrea González, a dous días de que remate o festival. Así o sinalaba hoxe no programa Día a Día, onde deu conta dos concertos desta tarde con Talentos da Eurocidade e Julio Resende e Almo no Jardim Municipal en Valença.

Ent. Eloy Carrera, director Banda de Música Popular de Tui - XXVII Festival das bandas 25.08.2022

Este sábado celébrase o XXVII Festival das bandas na praza de San Fernando, organizada pola Banda de Música Popular de Tui, que tocará xunto á convidada Unión Musical de Candeán. Será ás 21:00h con entrada libre e gratuíta. Hoxe falamos co director da Banda tudense, Eloy Carrera.

Ent. Julio Resende, músico - Concerto no IKFEM 25.08.2022

Unha mestura entre o piano e o canto lírico é o espectáculo musical que hoxe ás 22.30 h presentarán no Jardim Municipal de Valença Julio Resende e o dúo Almo. Así nolo explicou esta mañá no programa Día a Día o propio Julio Resende.

Ent. Ana Elías - Carrillón Lvsitanvs no IKFEM 24.08.2022

Esta tarde contaremos na Eurocidade co maior carrillón itinerante do mundo, é o Carrillón LVSITANVS. Actuará dentro da programación do IKFEM ás 18 h na Corredoira e ás 22.30 h ES no Jardim Municipal en Valença. Ana Elías é a responsable de facer soar este carrillón. Hoxe contounos coma xurdiu esta idea e cómo serán os concertos desta tarde.

Ent. José Martínez Tato de AndaTui - Andaina da Pedra Santa 24.08.2022

A Andaina da Pedra Santa é a seguinte cita que temos dentro do calendario de Andainas da Eurocidade Tui-Valença. A cita será o domingo 4 de setembro con saída ás 10 h da praza da Inmaculada. Son 9 quilómetros de dificultade baixa e un tempo estimado de 3 horas. José Martínez Tato, presidente de AndaTui, explicaba hoxe no programa Día a Día, as características desta ruta. A inscrición pode facerse...

Ent. Manuel García Rivas, técnico de Cultura de Valenzuela - Alfombra de serraduras en Tui no Camiño. 24.08.2022

Mañá xoves dende ás 9.30 h un total de 111 veciños e veciñas de Valenzuela, Córdoba, confeccionarán unha alfombra cun serraduras tinguidas no Paseo da Corredoira, a carón da Oficina de Turismo. Deste xeito promocionan a súa festa do Corpus, e o Camiño de Santiago. Así nolo contaba hoxe Manuel García Rivas, técnico de Cultura do Concello de Valenzuela.

Listen to the Día a Día podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.