Radio Municipal de Tui

Día a Día

News GL ↓ 6508 episodes

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...

Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com

Author

Radio Municipal de Tui

Category

News

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Oct 14, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Sección Alcohólicos Anónimos - Martes, 11 de outubro de 2022 11.10.2022

Hoxe recuperamos no programa Día a Día a intervención quincenal do grupo Armonía da Asociación de Alcohólicos Anónimos. Teo e Rubén lembraron a todas aquelas persoas que teñen un problema co alcohol que hai saída, hai esperanza e é posible recuperarse . Hai que dar un primeiro paso, dicín, recoñecer que se ten un problema, e achegarse a esta asociación.

Ent. Marisa Giráldez - Condecoración ao Mérito Deportivo de Galicia 10.10.2022

Marisa Giráldez, deportista e pioneira en deportes como o baloncesto e o bádminton en Tui, recibiu a condecoración ao Mérito Deportivo de Galicia, nun acto celebrado en Santiago de Compostela. Hoxe puidemos falar no programa Día a Día con ela, quen amosou un profundo agradecemento por este recoñecemento.

Ent. Elena Amores, xogadora do Mecalia Atlético Guardés 07.10.2022

Esta fin de semana volve o balonmán de primeiro nivel a Tui co partido do Mecalia Guardés no Pavillón Gustavo Rodríguez. Falamos coa xogadora Elena Amores da previa do encontro do sábado ás 19h, da súa fichaxe polas guardesas e de todo o que está a vivir esta primeira tempada na élite.

Ent. Eder González, grupo América - Premio Martín Códax da Música 2022 07.10.2022

Este mércores realizáronse os Premios Martín Códax da Música 2022. Na categoría de Orquestras, Grupos e música de Verbenas resultou gañador este ano o Grupo América. Hoxe falamos cun dos seus integrantes, Eder González, para falar sobre este logro.

Ent. Emilio Estévez - Presentación da primeira novela "El báculo de San Epitacio" 07.10.2022

Hoxe ás 20 h o edificio Francisco Sánchez acolle a presentación do libro “El báculo de San Epitacio; Susana, Susana” do tudense Emilio Estévez. Nesta primeira novela recrea o Tui do século XX cun guiño histórico cara ao que foi o primeiro bispo de Tui. Pero tamén hai un punto intimista da man de Susana a protagonista, segundo nos contou o seu autor, que ten case listo o seu segundo libro.

Ent. Ánxela Fernández, alcaldesa do Rosal - XXX Feira do Viño 07.10.2022

Ás oito desta tarde terá lugar a inauguración oficial da XXX Feira do Viño do Rosal. Un evento promovido polo Concello do Rosal e os Cabaqueiros do Viño do Rosal que volve á praza do Calvario, recén reformada, cun amplo programa no que o viño do Rosal maridará con música, showcooking, xogos da empatía, … todo nunha fin de semana festiva. Falamos da mesma coa alcaldesa, Ánxela Fernández.

Ent. Aitor Martínez do obradoiro Vikensen - finalistas dos Premios Nacionais de Artesanía 07.10.2022

Un dos finalistas dos Premios Nacionais de Artesanía de 2022 é obradoiro Vikensen de torneado de madeira de Tomiño impulsado por Aitór Martínez. Opta ao galardón na categoría de Emprendemento. Aitór Martínez amosababa esta mañá a súa satisfacción por esta nominación.

Ent. Toño Casais, actor da compañía Talía Teatro - Morte accidental dun anarquista 06.10.2022

Mañá venres ás 21.30 h Talía Teatro representará no Teatro Municipal de Tui ‘Morte accidental dun anarquista’. Esta comedia de Dario Fo está dirixida por Cándido Pazó e conta uns sucesos reais ocorridos nos Estados Unidos e que se inspiran na morte do ferroviario Giuseppe Pinelli en Milán. Hoxe puidemos falar con Toño Casais, un dos membros do elenco, quen nos contou a sinopse da obra e o realismo...

Sorteo vales de compra de Acitui - Campaña de incentivo do comercio local 05.10.2022

Xunto a José Díez de Acitui realizamos o sorteo dos 10 vales de 20€ polas compras realizadas nunha campaña de incentivo do comercio local de Tui.

Ent. Tania Fernández, padeeira do Kaiak Tudense - Ouro de maratón en K2 04.10.2022

A pasada fin de semana foi de éxitos para o piragüismo tudense. Tania Fernández, do Kaiak Tudense, subiuse ao máis alto do podio no K2 do Campionato do Mundo de Maratón. Un ouro acadado xunto a Tania Álvarez que premia a súa traxectoria.

Ent. Manu Garrido, padeeiro tudense - Campión do mundo de piragüismo en maratón C1 03.10.2022

O tudense Manu Garrido é protagonista tras proclamarse o sábado campión do mundo de piragüismo na modalidade de maratón en C1. O padeeiro do Kaiak Tudense cumpriu o soño polo que leva anos loitando na súa carreira deportiva cun ouro que gañou con solvencia.

Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Actos vandálicos en bens públicos e obras na veiga do Louro 30.09.2022

En Tui hai preocupación polos actos vandálicos que se veñen sucedendo dende hai varias semanas en diversos espazos públicos como parques infantís e lavadoiros. Esta mañá falamos co alcalde, Enrique Cabaleiro, que tamén detallaba o inicio das obras na ponte sobre o Louro

Ent. Ana García Carnero, pedagoga - Obradoiros no Centro Sociocomunitario de Tui 30.09.2022

En outubro e novembro o Centro Sociocomunitario de Tui contará con novos obradoiros. Falamos con Ana García Carnero, pedagoga, dos cursos de Actitudes Dixitais Saudables e de Técnicas de Estudo que xa abriron matrícula.

Ent. Elena Paz, voz e arpa do grupo musical Golfiños - Concerto MUMI. 30.09.2022

Mañá ofrecerá un concerto o grupo Golfiños no marco do MUMI. Será ás 12:45 h ES na carpa instalada no Jardim Municipal de Valença. Hoxe falamos con Elena Paz, integrante do grupo, que nos contou o que é Golfiños, que achega a música a toda a familia.

Ent. Motoclub Randufe - II Super Enduro Cidade de Tui 29.09.2022

Este sábado 1 de outubro, o Motoclub de Randufe organiza o segundo Super Enduro Cidade de Tui no complexo Off Road de Rebordáns. Hoxe falamos da proba con Fito Pereira, presidente, e Iago Araújo, vocal.

Ent. Anais Barbier e María Jorge, grupo Caldo - Concerto do MUMI. 29.09.2022

Caldo será un dos grupos que ofrecerá un concerto aberto ao público mañá, no marco do MUMI. Será ás 18:15 h ES no Paseo da Corredoira de Tui, se o tempo o permite. Hoxe falamos no programa Día a Día con dúas das súas integrantes: Anais Barbier, voz e pandeireta, e María Jorge, violinista.

Ent. Xan Campos, pianista de jazz - Concerto no MUMI 2022 28.09.2022

Mañá arrinca a terceira edición do Encontro Profesional de Músicas MUMI na Eurocidade Tui-Valença, e hoxe falamos con Xan Campos, pianista de jazz galego. O músico ofrecerá un concerto este venres, no teatro Municipal de Tui, para público profesional.

Ent. E. Cabaleiro, alcalde de Tui, J. M. Carpinteira, presidente Cámara de Valença, e M. Pino e T. Alves, do Rotary Club 27.09.2022

O Rotary Club é unha organización internacional de voluntariado para a consecución de obxectivos sociais. O de Valença, amais de centrarse nas metas comúns, abrirá unha Universidade Senior para maiores de 50 anos, expandíndose tamén na Eurocidade. Hoxe estiveron na nosa sintonía o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o presidente da Cámara de Valença, José Manuel Carpinteira, e Manuel Pino Neves e T...

Ent. Ánxela Vila, productora Urdime - Festival MUMI 27.09.2022

O Festival MUMI comeza este xoves con concertos, faladoiros, showcases e speedmeetings na Eurocidade. Esta mañá falamos con Ánxela Vila, da productora organizadora Urdime, para detallar as novidades e a previa deste evento cultural e musical.

Ent. Ana Núñez, concelleira de Igualdade, Priscila Retamozo, Bea López e Marcia Contreras - Feminino Plural 26.09.2022

O programa Feminino Plural chega esta semana ao seu fin despois de case dous meses de obradoiros e talleres enfocados en acadar a autonomía das mulleres da comarca. Hoxe falamos coa concelleira de Igualdade, Ana Mª Núñez, coa axente de igualdade e coordinadora do programa, Priscila Retamozo, e con dúas mulleres que participaron, Bea López e Marcia Contreras.

Javier Niño, adestrador do CB Tui - Fase de ascenso a primeira división galega dos equipos infantil e cadete 23.09.2022

O equipo infantil e o cadete do CB Tui xogan esta fin de semana as respectivas fases de ascenso a primeira división máxima categoría en Liga Galega. Mañá ás 16.30 h os cadetes xogarán contra o Narón en Santiago . Os infantís xogarán o domingo ás 17 h contra Lugo, en Lugo. Así nolo contou o técnico do club Javier Niño.

Ent. Bruno Centelles, SOS Groba - Declaración ambiental desfavorable do parque eólico Albariño I 23.09.2022

Logo de anos de protestas, o informe de avaliación ambiental desfavorable do parque eólico Albariño I, en Oia, Tomiño e Baiona, dá esperanza a colectivos coma SOS Groba. Hoxe contactamos cun dos seus membros, Bruno Centelles.

Ent. Sara Luque, mestra composteira - Charla informativa Plan Municipal de Compostaxe 23.09.2022

Hoxe ás 21.00 h impartirase unha charla no centro cultural A Insua de Caldelas sobre o Plan Municipal de Compostaxe, e farase tamén entrega de composteiros individuais. Hoxe pasou pola nosa sintonía Sara Luque, mestra composteira, para falar do plan especial que queren levar a cabo en Caldelas, para que sexa a primeira parroquia de Tui na que comece a entrega masiva de composteiros.

Ent. Margarita Valcárcel, docente da Universidade de Santiago - Congreso Internacional de formación 23.09.2022

Hoxe chega ao seu fin a vixésimo segunda edición do Congreso Internacional de formación para o traballo Norte de Portugal-Galicia que se celebra dende onte na Escola Superior de Ciencias Empresariais de Valença. Onte os participantes visitaron o conxunto histórico de Tui, e puidemos falar con Margarita Valcárcel, docente da Universidade de Santiago de Compostela, para explicar de que se trata este...

Ent. Diego das Dores e Aroa Rendo, Club Remo Tui - IV Regata Eurocidade de remo 22.09.2022

Este sábado Tui acollerá dende as 10 da mañá a cuarta edición da Regata Eurocidade, organizada polo Club Remo Tui. Diego das Dores e Aroa Rendo, membros da súa directiva, pasaron esta mañá por Día a Día para contarnos os detalles desta proba.

Listen to the Día a Día podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.