Radio Municipal de Tui
Día a Día
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...
Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com
Author
Radio Municipal de Tui
Category
Podcast website
Latest episode
Oct 13, 2026
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Ent. Carmen Núñez, voceira do BNG - Rolda Novembro 03.11.2022 19:56
A voceira do BNG na corporación municipal de Tui, Carmen Núñez, estivo hoxe na nosa sintonía dentro da rolda de conversas que estamos a manter cos grupos políticos presentes na corporación municipal de Tui.
Ent. Manuel González Vázquez,voceiro de CS's - Rolda novembro 02.11.2022 20:31
Hoxe continuamos a rolda de conversas cos voceiros dos grupos políticos presentes na corporación municipal de Tui. Esta mañá foi a quenda de Manuel González Vázquez, voceiro de Ciudadanos.
Ent. José Martínez Tato, presidente AndaTui - Andaina Malvas e Pexegueiro. 31.10.2022 4:19
Este sábado día 5 terá lugar unha nova andaina organizada por AndaTui entre Malvas e Pexegueiro. A ruta constará de 9 quilómetros e medio, cunha duración de tres horas e media, sendo o seu grado de dificultade baixo. Falamos con José Martínez Tato, presidente de AndaTui, quen explicou as características da contorna da andaina deste sábado.
Ent. Ana Mª Núñez, concelleira de Comercio - II Feira da Cabaza 28.10.2022 13:48
A cabaza será a protagonista esta fin de semana do Samaín en Tui coa celebración da segunda edición da Feira da Cabaza. A cita será no edificio dos antigos xulgados na praza da Inmaculada, onde haberá exposición e venda de cabazas, obradoiros infantís de cociña, showcooking e música en directo. Hoxe falamos coa concelleira de Comercio, Ana Mª Núñez.
Ent. Koki e Ramón Caride, escritores, e Javier Álvarez, editor de novelas 28.10.2022 19:20
Esta mañá puidemos charlar co autor guardés Francisco Álvarez 'Koki' con motivo da reedición do seu libro 'Ratas en Manhattan' e tamén con Ramón Caride, que presenta 'Galicia, crónica negra'. Xunto a eles tamén puidemos falar co editor Javier González.
Ent. Eduardo Cunha "Tatán", de Tanxarina Títeres - Obra 'A cazola de Lola' 28.10.2022 5:40
Hoxe ás 19.30 h Tanxarina Títeres chega ao Teatro Municipal de Tui para pór en escena o seu espectáculo “A cazola de Lola”. Vai dirixido a público familiar e ten unha duración de 50 minutos. Sobre o escenario estarán Eduardo Cunha “Tatán”, Miguel Borines e Andrés Giráldez como actores e manipuladores dos monicreques da obra. Hoxe falamos con "Tatán", quen nos contou como xurdiu esta historia.
Ent. José Manuel Palacín, voceiro de C21 - Rolda outubro 2022 27.10.2022 22:36
Con José Manuel Palacín, voceiro de Converxencia 21, continuamos hoxe a rolda de conversas cos grupos políticos presentes na corporación municipal de Tui.
Ent. Paula González, voceira da Plataforma de veciños Ribadelouro Verde Non se vende 26.10.2022 14:18
Falamos con Paula González, voceira da Plataforma de veciños Ribadelouro Verde Non se vende, logo da primeira comisión de seguimento do proxecto de ampliación do polígono industrial de Ribadelouro no que se posicionan en contra.
Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Obras, edificio rúa Camilo José Cela e parque empresarial en Ribadelouro. 26.10.2022 12:19
Hoxe falamos co alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, sobre as obras que se están a realizar na cidade, sobre a subvención que recibirá o Concello para rehabilitar o edificio da rúa Camilo José Cela e sobre a constitución da comisión de seguemento do parque empresarial de Ribadelouro.
Ent. Laureano Alonso, voceiro de En Marea - Rolda outubro 25.10.2022 16:12
Hoxe abrimos unha nova rolda de conversas cos grupos políticos da corporación municipal. O primeiro en pasar polos nosos micrófonos foi o voceiro de En Marea, Laureano Alonso.
Sección Alcohólicos Anónimos - Martes, 25 de outubro de 2022 25.10.2022 9:54
Hoxe recuperamos no programa Día a Día a intervención quincenal do grupo Armonía da Asociación de Alcohólicos Anónimos. Fernando e Andrés quixeron tratar hoxe o cambio de personalidade que se dá nas persoas que teñen este problema e deciden tomar acción para saír, porque din, si se pode.
Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Obras Antero Rubín e outros temas 21.10.2022 11:26
O luns comezan a executarse as obras de humanización na rúa Antero Rubín. Así o confirmou esta mañá na nosa sintonía o alcalde, Enrique Cabaleiro. Repasou amais outras obras que se están a executar ou van comezar proximamemte no centro urbano. Amais avanzou que o luns se constituirá a Comisión de Seguimento do Parque Empresarial de Ribadelouro.
Ent. Javier Argüelles, pallaso de 'Galiclown, pallasos de hospital' - Calendario solidario 21.10.2022 9:17
A organización sen ánimo de lucro 'Galiclown, pallasos de hospital" traballa sacando sorrisos aos nenos e nenas do hospital Álvaro Cunqueiro. Hoxe falamos con Javier Argüelles, quen nos presentou a iniciativa do calendario solidario.
Ent. Carmen Abeledo, presidenta provincial da AECC- Día Mundial Contra o Cancro de Mama 19.10.2022 6:23
Hoxe é o Día Internacional da Loita Contra o Cancro de Mama. Unha data que pretende sensibilizar á poboación cunha mensaxe clave: a importancia da detección precoz, a fin de mellorar o pronóstico e a supervivencia dos casos de cancro de mama. Hoxe falamos con Carmen Abeledo, a presidenta provincial da AECC, quen falou precisamente desa detección precoz coas mamografías.
Ent. Esperanza Mara, soprano - Ópera Papagena 19.10.2022 6:57
Este venres 21 chega a Tui a compañía Butacazero co seu espectáculo Papagena, unha ópera contemporánea e electrónica baseada na figura de Papagena da Frauta Máxica de Mozart. Hoxe falamos con Esperanza Mara, a soprano protagonista desta ópera clásica pero contemporánea.
Ent. Fito Pereira, do Motoclub Randufe - II Super Enduro Cidade de Tui en Randufe 14.10.2022 6:26
Logo de ser adiado, este domingo celébrase o II Super Enduro Cidade de Tui no complexo Off Road de Randufe. Esta mañá falamos con Fito Pereira, do Motoclub Randufe, sobre a celebración desta proba con gradas cubertas para público.
Ent. Sandra González, alcaldesa de Tomiño 14.10.2022 12:02
Falamos con Sandra González, alcaldesa de Tomiño sobre diversos temas de actualidade no concello. Alí tivo lugar hoxe o Foro Muller Rural de EuRural e tamén veñen de ser galardoados co Premio Rede de Cidades que Camiñan. Por último, a rexedora falou de mobilidade fronteiriza.
Ent. Javier Puente, xerente da Área Sanitaria de Vigo - Curso de reanimación cardiopulmonar 14.10.2022 5:50
45 persoas entre persoal municipal, de clubs deportivos, policía local, protección civil, e establecementos de hostalería asistiron esta mañá na casa do concello de Tui, a unhas xornadas formativas sobre reanimación cardiopulmonar. Ditas xornadas teñen lugar con motivo do Día Mundial da Reanimación Cardiopulmonar, que se celebra este domingo. Están organizadas pola Área Sanitaria de Vigo, cuxo xer...
Ent. Félix Rodríguez, actor de Píscore - 'Concerto con fusión' 13.10.2022 6:56
Dentro da Programación de Outono, mañá chega ao Teatro Municipal de Tui “Concerto con fusión” da man de Píscore. Será ás 19.30 h e as entradas están xa dispoñibles en tui.gal a prezos de entre 4 e 3€. Félix Rodríguez, un dos actores, contounos máis sobre esta cómica historia de catro músicos que se atopan no escenario cun só instrumento para todos: a marimba.
Ent. José Antonio Quiroga, arquitecto - Sentenza edificio Beira Miño 13.10.2022 12:08
12 días pasaron dende que se coñeceu que o Xulgado do Contencioso-administrativo número 1 de Tui rexeitara a solicitude dun particular para que se revisase, de oficio, a licencia do edificio Beira Miño. Este particular é o arquitecto tudense José Antonio Quiroga, que hoxe anunciou na nosa sintonía que abandona a posible alegación que lle corresponde tras esta desestimación, polo que non ve futuro...
Ent. Esther Rúas, presidenta da Asociación Revolto Artesán Galego - Mercado do Revolto 11.10.2022 3:24
Mañá haberá no paseo da Corredoira o mercado do Revolto, na súa terceira edición no Día do Pilar. Será dende as 10 h até as 20.30 h con postos de artesanía, antigüidades e coleccionismo. Hoxe falamos no programa Día a Día con Esther Rúas Miguélez, presidenta da Asociación Revolto Artesán Galego, organizadora da actividade.
Ent. Rosendo Bugarín, médico - Incorpórase á Real Academia de Medicina de Galicia 11.10.2022 6:20
O médico tudense Rosendo Bugarín incorpórase á Real Academia de Medicina de Galicia. Esta mañá no programa Día a Día falamos do que supón para el pasar a ser académico nun ano que, nas súas palabras, está a ser o mellor profesionalmente. Falou amais que empregará este recoñecemento para potenciar a medicina de familia e a atención primaria.
Sección Alcohólicos Anónimos - Martes, 11 de outubro de 2022 11.10.2022 6:48
Hoxe recuperamos no programa Día a Día a intervención quincenal do grupo Armonía da Asociación de Alcohólicos Anónimos. Teo e Rubén lembraron a todas aquelas persoas que teñen un problema co alcohol que hai saída, hai esperanza e é posible recuperarse . Hai que dar un primeiro paso, dicín, recoñecer que se ten un problema, e achegarse a esta asociación.
Ent. Marisa Giráldez - Condecoración ao Mérito Deportivo de Galicia 10.10.2022 12:18
Marisa Giráldez, deportista e pioneira en deportes como o baloncesto e o bádminton en Tui, recibiu a condecoración ao Mérito Deportivo de Galicia, nun acto celebrado en Santiago de Compostela. Hoxe puidemos falar no programa Día a Día con ela, quen amosou un profundo agradecemento por este recoñecemento.
Ent. Elena Amores, xogadora do Mecalia Atlético Guardés 07.10.2022 4:51
Esta fin de semana volve o balonmán de primeiro nivel a Tui co partido do Mecalia Guardés no Pavillón Gustavo Rodríguez. Falamos coa xogadora Elena Amores da previa do encontro do sábado ás 19h, da súa fichaxe polas guardesas e de todo o que está a vivir esta primeira tempada na élite.
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.