Radio Municipal de Tui

Día a Día

News GL ↓ 6505 episodes

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...

Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com

Author

Radio Municipal de Tui

Category

News

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Oct 13, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Ent. Miguel Capón, exalcalde de Tui 21.11.2022

Hoxe estivo na nosa sintonía Miguel Capón, exalcalde de Tui, para falar sobre algúns aspectos que, na súa opinión, debían aclararse en relación co parque empresarial de Ribadelouro.

Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Programa Integrado de Emprego para 100 persoas 18.11.2022

Falamos co alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro sobre o Programa Integrado de Emprego que comezará en Tui tras a concesión por parte da Xunta. Deste xeito, 100 persoas de Tui poderán formarse durante un ano de forma individualizada co obxectivo de mellorar a súa empregabilidade.

Ent. Nico Montes, candidato á alcaldía polo Partido Popular de Tui 18.11.2022

Comezamos coas entrevistas cos candidatos de cada partido para as próximas eleccións municipais de maio. Hoxe falamos con Nico Montes, candidato polo Partido Popular de Tui.

Ent. Marga Romero, presidenta do Instituto de Estudos Agrarios Mártires de Sobredo - Actos polo centenario 18.11.2022

Mañá terá lugar o acto cívico " Sobredo na memoria 100 anos despois" no Teatro Municipal de Tui ás 19 h. Marga Romero, a presidenta do Instituto de Estudos Agrarios Mártires de Sobredo explicou este e todos os actos polo centenario.

Ent. Gustavo del Río, director de Los Náufragos - Hugo no Teatro Municipal de Tui 17.11.2022

A multipremiada "Hugo" chega mañá, ás 19.30 h , ao Teatro Municipal de Tui d a da compañía Los Náufragos. O seu director Gustavo del Río falounos hoxe desta peza teatral e da acollida que está a ter o espectáculo. As entradas están á venda en tui.gal.

Ent. Ana Mª Núñez, concelleira de Igualdade - Pleno infantil 17.11.2022

Dar voz ás preocupacións, inquedanzas e propostas da poboación máis nova do municipio é o obxectivo do proceso de dinamización da participación infantil que vén de pór en marcha o Concello de Tui. A primeira iniciativa levarase a cabo mañá venres ás 11.30 h, cun pleno infantil, no salón de sesións da casa do concello. Hoxe falamos coa concelleira de Igualdade, Ana Mª Núñez, sobre esta iniciativa.

Ent. José Díez, presidente de ACITUI - Pinta Tui e Nadal 17.11.2022

O Nadal está chegando, case un mes é o que queda para ese día tan especial, e hoxe achegámonos ata ACITUI para coñecer qué teñen en mente para esta época. Falamos hoxe con José Díez, o presidente, quen nos adiantou en que están a traballar. Amais, fixemos con el balance da séptima edición do concurso Pinta Tui.

Ent. Uxía Rodríguez, educadora social de Asociación Avelaíña - Acto 25 aniversario 16.11.2022

A Asociación Avelaíña cumpre 25 anos e organizará mañá no Teatro Municipal de Tui un acto para adolescentes de centros educativos da comarca sobre saúde mental. Esta mañá falamos con Uxía Rodríguez, educadora social da organización.

Ent. Victoriano Rodríguez, escritor - "Personaxes e oficios de tradición popular" 16.11.2022

Falamos de recordos, do pasado, de fotografías e de palabras que recordan tempos e personaxes dun lugar: o pobo da Gándara e, por extensión, da Guarda. E falamos dun libro, de “Personaxes e oficios de tradición popular”, elaborado con numerosas fotografías dese pobo, e tamén dos barrios de Pintán e Proba. O autor é Victoriano Rodríguez, con quen falamos hoxe.

Ent. Avelino Martínez, axente da Policía Local de Tui - Cortes na A55 e restriccións de tráfico na cidade 15.11.2022

Esta mañá falamos con Avelino Martínez, axente da Policía Local de Tui, que detallaba os cortes de tráfico e restriccións na A-55 entre Randufe e Areas.

Ent. Conchi Regueiro, escritora - Club de lectura 'Tempo de mulleres' 15.11.2022

Hoxe comeza o club de lectura “Tempo de mulleres” ás 19 h no edificio Francisco Sánchez, na Biblioteca Municipal. Neste club, os e as participantes lerán obras escritas por mulleres baixo unha atenta lectura e diálogo, analizándoas e falando sobre elas dende unha perspectiva de xénero. A escritora tudense Conchi Regueiro será a encargada de dinamizar este club, e con ela falamos hoxe para coñecer...

Ent. Begoña Martínez, presidenta da Asociación de Mercados Ambulantes de Vigo e comarca - Cambios no mercado de Tui 14.11.2022

Achegar o mercado dos xoves de Tui ao centro urbano, modificar o tamaño dos postos ou especialización nos produtos son algunhas das propostas que, dende a Asociación de Mercados Ambulantes de Vigo e Comarca están plantexando para este mercado tudense. Hoxe falamos sobre estas propostas con Begoña Martínez López, presidenta de dita Asociación, quen di que a zona onde actualmente está o mercado non...

Ent. Miguel Anxo Rial de Viño Activo - Rock no Alboio 11.11.2022

A segunda edición de Rock no Alboio será o sábado 3 de decembro. Trátase dunha cita musical con rock e viño nas Bodegas da Val, en Salvaterra. Hoxe contounos todos os detalles do evento Miguel Anxo Rial, de Viño Activo.

Ent. Ana Carpintero e Fran García, da marca Somos Océano - Nova colección sobre Pedro Almodóvar 11.11.2022

A marca Somos Océano, metade tudense e metade viguesa, vén de presentar unha nova colección inspirada nos filmes de Pedro Almodóvar logo dun acordo coa productora El Deseo. Hoxe falamos con Ana Carpinteiro e Fran García, creadores, sobre este fito da marca.

Ent. José Díez, presidente ACITUI - VII Concurso Pinta Tui 11.11.2022

O domingo celébrase o VII concurso “Pinta Tui”, un certame de pintura organizado por ACITUI e patrocinado polo Concello de Tui. Esta mañá falamos con José Díez, presidente desta asociación, que nos contaba máis detalles do concurso.

Ent. Antonio Lomba, alcalde da Guarda 10.11.2022

Este domingo ás 12.30 h o Concello da Guarda realiza unha homenaxe á Marea Branca no 20 aniversario do afundimento do Prestige e hoxe falamos co alcalde guardés, Antonio Lomba, quen tamén falou sobre a presentación de onte do Proxecto da Rede Cruceiros Costeiros e Fluviais dos Destinos Náuticos Sostibles de España (Red CCF).

Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Rolda novembro 09.11.2022

Co alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, pechamos hoxe a rolda de conversas cos representantes políticos da corporación municipal de Tui.

Ent. Eduardo Dacuña e José Álvarez - Festas de San Martiño e concurso de decoración de Nadal 08.11.2022

Este fin de semana voltan as Festas de San Martiño a Caldelas con actuacións musicais, misa solemne e castañas e chocolate de balde. Tamén falamos sobre o concurso de decoración de Nadal que organiza a Asociación A Ínsua.

Ent. José Quinteiro e José Montes, directivos de SOS Tomiño Baixo Miño 07.11.2022

A crise económica que dende hai meses está presente en, prácticamente, todo o mundo, está provocando que moitas persoas e familias véxanse obrigadas a pedir axuda, neste caso, alimentaria. Hoxe falamos con José Quinteiro e José Montes, directivos de SOS Tomiño Baixo Miño, quen prevían unha crise pero nunca, din, deste calibre.

Ent. Guido Álvarez, "Guido Guía" - Visita ao Tui descoñecido. 07.11.2022

Falamos de turismo e precisamente dunha actividade que terá lugar este sábado día 12 en Tui. Chámase “O Tui menos coñecido”, e consistirá nun roteiro pola nosa cidade guiado por Guido Álvarez. Este guía lucense impulsou no ano 2019 o seu proxecto Guido Guía, co fin de dar a coñecer as cidades de Galicia dende un punto de vista descoñecido. El nos contou de que se trata específicamente a súa inicia...

Ent. José Fernández, organizador do Mercadiño de motos antigas en Goián (Tomiño) 04.11.2022

Esta fin de semana volta o Mercadiño de motos antigas a Goián. Será no pavillón polideportivo e contará con expositores vidos de toda España. Falamos con José Fernández, organizador, que detallaba os horarios e que poderá atopar e comprar o visitante.

Ent. Ana Núñez, concelleira de Comercio - Campaña Elixe Tui. 04.11.2022

Está en marcha a campaña #ElixeTui posta en marcha polo concello de Tui para impulsar e promocionar a compra nos establecementos locais. Esta mañá pasou pola nosa sintonía a concelleira de Comercio, Ana Mª Núñez, para explicar os detalles desta campaña.

Ent. Omar Meza, director de 'Natanam' - Compañía Da. Te Danza 04.11.2022

Hoxe venres, ás 19.30h, haberá unha nova cita de outono no Teatro Municipal de Tui. Será co espectáculo ‘Natanam’ da compañía Da. Te Danza, interpretada por María José Casado e Raúl Durán. Trátase dunha obra na que dous amigos se atopan nunha sala de xogos e descobren os catro elementos. Hoxe falamos precisamente co director, Omar Meza, quen explicou o interxeracional deste espectáculo e os temas...

Ent. José Ángel Fernández, voceiro do PP - Rolda novembro 04.11.2022

O voceiro do Partido Popular, José Ángel Fernández, compareceu hoxe na nosa sintonía dentro da rolda de conversas cos grupos políticos presentes na corporación municipal.

Ent. Santiago Veloso, fundador de Ponte... nas Ondas! - UNESCO e coloquio de hoxe na sala Félix Rodríguez. 03.11.2022

O proxecto Ponte… nas Ondas! vén de superar o último trámite previo á súa inscrición no Rexistro de Boas Prácticas de Salvagarda do Patrimonio Cultural Inmaterial da Unesco e hoxe haberá unha charla sobre este proxecto en Tui. Hoxe falamos con Santiago Veloso, o seu fundador.

Listen to the Día a Día podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.