COMER E FALAR

COMER E FALAR TODO É COMEZAR-SI RADIO GALICIA

Arts GL ↓ 270 episodes

Programa sobre Gastronomía galega emitido durante 8 anos na Radio Galega, que se manterá vivo como mínimo nas redes. Despois dun ano, voltamos a estar no aire, agora en SI RADIO GALICIA. Un percorrido por todo o que ten que ver co mundo da gastronomía, do viño, productores, chefs, sen perder nunca de vista algo que nos fai o que somos, a tradición. Pero por riba de todo, as persoas que estan detras deses proxectos, que son os que fan posible as historias que contamos.

Author

COMER E FALAR

Category

Arts

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jun 25, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android 5M+ downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

COMER E FALAR SI RADIO 28_05_23 05.07.2023

O noso amigo e chef Jorge Gago de A Maceta en Compostela, fala do seu novo proxecto na capital galega. O Testo nace como taberna actualizada no corazón da zona vella

COMER E FALAR SI RADIO 09_04_23 05.07.2023

Nesta ocasión viaxamos ata Sanxenxo a coñecer Michaels Restaurant, un establecemento no que vas a descubrir a verdadeira cociña norteamericana da man de Michael Poloni.

COMER E FALAR SI RADIO 19_03_23 05.07.2023

Charlamos con Javier Fins do Talasoatlantico sobre os cambios no Restaurante Faro e as suas novas propostas. Tiramos de hemeroteca para lembrar unha charla con Paul Vazquez e escoitar unha historia de Suso Martinez.

COMER E FALAR SI RADIO 26_02_23 05.07.2023

Nete programa tivemos a oportunidade e coñecer un bonito proxecto creado en Arzúa, Mama Teresa. Tamén aproveitamos para charlar con estudantes de marketing do Efa Piñeiral

COMER E FALAR SI RADIO 30_04_23 02.05.2023

Charlamos un bó rato con Ivan Domínguez, para falar entre outras cousas sobre a proposta para os seus restaurantes de Coruña e Madrid, baixo a denominación de "Xeito Nado". Tamén charlamos con Bruno Caldas do CIM Alto Minho, sobre as accións interesantes dende "Amar o minho" e nova marca "Essencia do Minho"

COMER E FALAR SI RADIO 12_02_23 15.02.2023

Charlamos con Ana Lago do grupo Iberik Hotels que afrontan a reapertura do Hotel Balneario de Guitiríz para o vindeiro mes de maio. Recuperamos unha charla chea de sentimento sobre o Entroido de Vilariño de Conso co amigo Marcos Macia. E pechamos cunha nova entrega da sección do Capitan Agallas

COMER E FALAR SI RADIO 29_01_23 15.02.2023

Descubrimos dous bonitos proxectos. O primeiro dende o departamento de Politica Linguistica do IES Valle Inclán de Pontevedra, no que a mestra Tere Vázquez e os seus alumnos traballan na relación Lingua e Gastronomía. O outro dende o CIFP Carlos Oroza sobre a recupeción da Cociña das Avoas

COMER E FALAR SI RADIO 22_01_23 ARTE E OFICIO 23.01.2023

Unha nova edición de "Arte e Oficio", nesta ocasión con D. Ricardo de la Iglesia, un dos poucos maestros ourives que quedan. Memoria viva deste oficio, acheganos un pouco máis ó mesmo coa sua historia e coñecemento

COMER E FALAR SI RADIO 15_01_23 23.01.2023

Falamos con Ana Corredoira de Senmáis, sobre a plataforma de productores ecoloxicos de Galicia. Charlamos e coñecemos un pouco mellor a Rogelio Santos Queiruga

COMER E FALAR I RADIO 08_01_23 23.01.2023

Charlamos con Jesús de Casa Ferreiro e Guillermo Díaz de Coureleano, pola proposta de fin de semana que teñen peparada para o 11 e 12 de febreiro, cun par de rutas moi interesantes e a mellor gastronomía. Recuperamos unha charla con Conchi Zuñiga para falar da trufa e lembramo unha das fantásticas historias de Suso Martinez

COMER E FALAR SI RADIO 01_01_23 03.01.2023

Galicia Calidade cumple 25 anos e aproveitamos para charlar coa sua xerente Ana Méndez. Tamén falamos co chef Alberto Lareo que afronta un novo proxecto como chef executivo do Grupo Los Carbones nos establecementos de Compostela Cacao, La Chida, La Central e La Carabela en Pontevedra

COMER E FALAR SI RADIO 25_12_22 26.12.2022

Novo especial de Comer e Falar onde os colaboradores Xoanqui Ameixeiras, José Crusat e Javier Botana charlan sobre prazas de abastos, productos do mar e de paso nos fan as suas propostas de pratos e viños para fin de ano e aninovo

COMER E FALAR SI RADIO 18_12_22 26.12.2022

Programa especial cos nosos colaboradores Conchi Zúñiga, Pepe Oliveira e Emilio Vila, contando historias do Nadal e facendo a suas p`ropostas gastronómicas para as nosas mesas

COMER E FALAR SI RADIO 04_12_22 10.12.2022

Nesta ocasión falamos do recetario "Abordo" de Pereira productos do mar, con Ruy Andrade director de comunicación. Falamo tamén con Carla Alvarez de Matices Moaña e, con Gelo e Victor de A Xanela Gastronomica que participaron neste recetario adicado a Emilia Paro Bazán. Na sección "Polo mundo adiante" o noso compañeiro Emilio Vila levanos ata Noruega para coñecer a Borja Martiño de Xef Oslo

COMER E FALAR SI RADIO 13_11_22 14.11.2022

Descubrimos o proxecto gastronómico de Bodegas Regina Viarum, co Chef Lucas Bustos no Restaurante Vertigo. Falamos con Ruben Gonzalez de El Cafetín de Pontevedra e o seu premio no Campeonato nacional de pinchos de Valladolid. Gerson Iglesias fala das novas incorporación a Cociña Ourense. E pechamos coa sección de Javier Botana o Capitan Agallas

COMER E FALAR SI RADIO 30_10_22 ESPECIAL CASTAÑA DO CAUREL 2022 01.11.2022

Voltamos ó Caurel na semana previa a Festa da Castaña 2022 aproveitando que se retoma na sua 3ª edición o Concurso de tapas de castaña do Courel. Aparte dunha boa charla coa alcaldesa Lola Castro, charlamos cos participantes Bar Pombo, Casa Ferreiro, Bar Pepe, A Cova das Mouras e coñecemos as historias dos debutantes Acampamento Courel e A Casa da Aira.

COMER E FALAR SI RADIO 16_10_22 17.10.2022

Da man de Minia del Rio inauguramos unha sección para falar dun turismo diferente cheo de experiencias #turismodelSER Falamos con Thor Rodriguez, presidente de Hostelería Compostela pola celebracióin nos vindeiros dias do Santiago(E)Tapas. Tiramos de hemeroteca coa sección de Emilio Vila #polomundoadiante lembrando unha entrevista co centro galego de Basilea

COMER E FALAR SI RADIO 02_10_22 03.10.2022

Nesta ocasión programa especial adicado á XXX Festa da Faba de Lourenzá. Estivemos con Bruno Pena e Suso Vilariño de Cociñeiros Lugo e co compañeiro Xoanqui Ameixeiras que participou cun Showcooking na Festa. Tamén con Rocio García alcaldesa de Lourenzá e Pepe Cuadrado da Cooperativa Terras da Mariña.

COMER E FALAR SI RADIO 14_08_22 26.08.2022

Coa nosa colaboradora Conchi Zúñiga, voltamos ata Peru para coñecer mellor a sua gastronomía. Contamo tamén coa presencia do noso colaborador Pepe Oliveira. E falamos con Iria Ribadomar, artesán a fronte de Deica Creación, coa que falamos no pasado Artesanía de Galicia no Courel.

COMER E FALAR ESPECIAL ARTESANIA DE GALICIA NO COUREL 08.08.2022

Neste programa especial viaxamos ata o Courel para vivir a segunda edición de "Artesanía de Galicia no Courel". Falamos con Elena Fabeiro, Xerente a Fundación Pública Artesanía de Galicia e coñecemos de preto o traballo de artesans como Carlos San Claudio, Regis e Natalia de Espacio Hylica, Minia Banet de Variopinto, Julia de La Cal de La Parabolica e Xan e Sabela de A Factoría Atelier

COMER E FALAR SI RADIO 31_07_22 02.08.2022

Viaxamos ata Verín onde Begoña Vazquez falanos do seu novo proxecto "SouSón". Na vindeira semana comeza Artesanía de Galicia no Courel organizado pola Fundación Pública Artesanía de Galicia. Falamos con Lola Castro, alcaldesa de Folgoso o Courel e cos artsáns Maria José e José de Peixesapop

COMER E FALAR SI RADIO 24_07_22 02.08.2022

Charlamos co chef Iván Domínguez do restaurante Nado sobre a sua aventura en Madrid e a apertura do seu efimero Xeito Nado en Sanxenxo. Ademáis viaxamos ata o Amazonas da man da nosa colaboradora Conchi Zúñiga que trae moitas curiosidades da sua viaxe

COMER E FALAR SI RADIO 10_07_22 13.07.2022

Na primeira parte do programa viaxamos ata ós Pendellos de Agolada, onde se celebrou "Corazón de Artesanía". Falamos coa xerente da Fundación Pública de Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro. Tamén co chef Hector López do Retaurante España, con Brigida Hermida de Xearte Brigitte e con Marta Alvarez de Muulhoa. Na segunda parte voltamos ata MonÇao para descubrir a elaboración do Cabrito a moda de Mon...

COMER E FALAR SI RADIO 03_07_22 03.07.2022

Recuperamos a nosa sección "Dende o fondo do mar" co Capitan Agallas. Charlamos con Paul Vázquez sobre o proxecto "Garden Lodge" en Ribadavia e o Pazo de Bentraces. E dende a Festa do Alvarinho de MonÇao falamos con Antonio Barbosa presidente da Camara Municipal.

COMER E FALAR SI RADIO 19_06_22 19.06.2022

Continuamos a nosa viaxe por terras portuguesas. En Ponte de lima coñecemos o proxecto "Casa da Terra" e a adega Casa da Cuca. Viaxamos con Turismo de Porto e Norte ata Vizela. Alí charlamos con Jorge Coelho, descubrimos o Bolinhol unha das 7 maravillas de Portugal e visitamos o Restaurante Termas e a Casa de Pasto Pena de Galo

Listen to the COMER E FALAR TODO É COMEZAR-SI RADIO GALICIA podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.