RadioEstrada

Actualidade Mediodía

News GL ↓ 2246 episodes

🕛 Actualidade Mediodía – Radio EstradaA información máis próxima pasa polos nosos micrófonos. En Actualidade Mediodía resumimos o que está a acontecer na Estrada e na comarca: novas de política local, cultura, deporte, servizos, tempo e sociedade.📻 Con rigor, proximidade e voz propia, Radio Estrada conta o que importa, dende aquí e para aquí. O que pasa na Estrada, pasa por aquí.

Author

RadioEstrada

Category

News

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jul 10, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android 5M+ downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Informativos Radio Estrada 04.02.2026

Actualidade intensa na comarca da Estrada. O alcalde Gonzalo Louzao mantivo unha reunión co conselleiro da Presidencia, Diego Calvo, na que se avanzou na recuperación dos antigos xulgados e no compromiso da Xunta con novos servizos, eficiencia enerxética e melloras no firme. O municipio tamén reforza a cardioprotección deportiva coa renovación de dous desfibriladores no Novo Municipal e en Callobr...

Informativos Radio Estrada 03.02.2026

Informativo marcado pola caída de árbores no rural estradense, que continúa a dificultar a circulación nestes días e obriga a extremar as precaucións. O Concello presenta a súa nova aplicación móbil, xa dispoñible en Android e a piques de chegar a iOS. O BNG leva ao Parlamento as deficiencias detectadas no novo edificio xudicial da Estrada, inaugurado hai apenas uns meses. O Pazo de Oca autoriza a...

Informativos Radio Estrada 02.02.2026

A Estrada arrinca a xornada cunha boa nova: o municipio repartiu parte do segundo premio da Lotería Nacional, deixando 120.000 euros entre os agraciados. Tamén coñecemos o primeiro paso cara a un irmandamento entre A Estrada e Rianxo, unidos polas figuras de Castelao e Virxinia Pereira. No ámbito das infraestruturas, a Xunta recibe seis ofertas para a mellora do firme das estradas da Estrada e Ago...

É de mañá con Neves Rodríguez 02.02.2026

Arrancamos febreiro, o mes do entroido por excelencia. No É de mañá recibimos a Alfredo, da Asociación ANXELA de Lamela en Silleda que nos contou como van transcorrir os atranques e máis o desfiles dos Xenerais da Ulla o Sábado pola tarde. Tamén falamos cun dos personaxes máis queridos do entroido da Estrada: o padre Xiao. Marisé contounos como se celebra o día da Candeloria que se celebra todos o...

Informativos Radio Estrada 30.01.2026

Repasamos unha xornada marcada pola tranquilidade en Emerxencias A Estrada tras unha tarde previa con incidencias destacadas. Celebramos tamén o 19º aniversario de AEstradaDixital e coñecemos os avances do 4º Ciclo do Seminario Internacional impulsado polo Concello e a Universidade. Falamos do inicio da Escola de Emprego Xuvenil 2026, da apertura do programa de arteterapia para persoas con discapa...

É de mañá con Neves Rodríguez 29.01.2026

Neste xoves no que Christine fixo acto de presencia nós ficamos ao quente coa compaña da radio de proximidade. No É de mañá levantamos a persiana e o primeiro que vimos foi o Mosteiro de Carboeiro en Silleda que por fin recuperou dúas pezas do seu tímpano que foran expoliadas hai máis de 50 anos; disto e da necesidade dunha restauración urxente do edificio falounos a alcaldesa de Silleda Paula Fer...

Informativos Radio Estrada. 29.01.2026

No episodio de hoxe repasamos a actualidade da Estrada e da comarca nunha xornada marcada polos efectos do mal tempo. O alcalde visita varias parroquias rurais para avaliar os danos, mentres o Concello reúne no MOME ás asociacións veciñais para explicar os plans Provincia Comunitaria, +Aqua e +Novaqua. Falamos tamén da consolidación dos vales de alimentos como ferramenta estable de axuda social, d...

É de mañá con Neves Rodríguez 29.01.2026

Neste xoves no que recibimos a visita da borrasca Christine ficamos ao quente no É de mañá gozando da radio de proximidade. Levantamos a persiana en Silleda para falar coa súa alcaldesa Paula Fernández da devolución de dúas pezas do tímpano do Mosteiro de Carboeiro expoliadas hai máis de 50 anos e da urxente restauración que precisa o Mosteiro para contextualizar estas dúas pezas para o goce da ci...

Informativos Radio Estrada 28.01.2026

No informativo de hoxe repasamos unha xornada marcada polos efectos do temporal no municipio da Estrada. Emerxencias A Estrada e os Bombeiros de Silleda interviñeron na rúa Ulla ante o risco de desprendemento dunha chapa de grandes dimensións nun edificio, mentres que preto dunha ducia de árbores tiveron que ser retiradas en varias parroquias debido ao terreo brando pola intensa choiva. Ademais, p...

É de mañá con Neves Rodríguez 28.01.2026

Hoxe no é de mañá no Está Falado!, Lois Alcalde Dans achegounos a realidade que se está a vivir na administración de Xustiza á volta do galego? Por qué non se usa? En que situación estamos? Que nos queda por percorrer?. Demos conta das actividades que esta semana van ter lugar no espazo Yanua na Finca da Condesa na Estrada, actividades que reconectan o corpo e a mente, para facer comunidade. E com...

Informativos Radio Estrada 27.01.2026

Un novo episodio do noso informativo chega marcado pola actualidade máis inmediata na comarca. Abrimos coa última hora do accidente múltiple na AP‑9, no que resultaron feridos os deputados do PPdeG Gonzalo Trenor e Roberto Rodríguez, nun sinistro que implicou máis dunha ducia de vehículos. Seguimos co balance tras o temporal: Cuntis, Caldas e A Estrada recuperan pouco a pouco a normalidade despois...

É de mañá con Neves Rodríguez 27.01.2026

Hoxe martes 27 de xaneiro o É de mañá levanta a persiana falando con Verónica Rodríguez, a nosa psicológa, das situacións que se crean á volta das emerxencias e das situacións de alerta. Como reaccionamos? O noso medo é real ou imaxinario? Que podemos facer para controlar e relativizar eses medos que nos levan a situacións como a merca compulsiva de enseres?. Tamén, coma ben sendo costume desde qu...

Informativos Radio Estrada. Alerta Vermella. 26.01.2026

No informativo de hoxe repasamos a situación de aviso vermello por choivas no interior de Pontevedra, que deixa desaloxos en Cuntis e a suspensión das clases na Estrada. O Concello estradense pide tamén colaboración veciñal para facilitar a recollida do lixo ante os problemas xerados polos vehículos mal estacionados. Falamos con Gonzalo Louzao, que destaca en Radio Estrada a aposta polo turismo du...

Informativos Radio Estrada 23.01.2026

A Estrada afronta unha xornada marcada pola alerta laranxa por neve, coa maquinaria e o sal xa preparados para garantir a seguridade viaria. No ámbito cultural, o Concello presentou esta mañá o programa do Entroido 2026, mentres que hoxe arrinca PANIC, o Ciclo de Cine de Terror da Estrada, cunha charla de Dario Loureiro e unha maratón de películas nos Minicines Central. A fin de semana chega tamén...

Informativos Radio Estrada 22.01.2026

No informativo de hoxe repasamos a intensa actividade das últimas horas en A Estrada, onde Emerxencias tivo que retirar varias árbores caídas polo vento e achega consellos ante o mal tempo que se agarda. Falamos tamén da presentación oficial da Ruta da Sidra en FITUR, un proxecto que busca poñer en valor a tradición sidreira estradense. No ámbito internacional, o Parlamento Europeo decide frear o...

Informativos Radio Estrada 21.01.2026

Informativo de hoxe en Radio Estrada Arrincamos o programa lembrando a importancia das doazóns de sangue, especialmente nestes días nos que as catástrofes e accidentes nos fan máis conscientes do valor de cada xesto solidario. A Axencia Galega de Doazón de Órganos e Sangue chama á colaboración cidadá, xa que as reservas dos grupos A+, A-, 0+ e 0- están en niveis baixos. Un recordo necesario: o que...

Informativos Radio Estrada 20.01.2026

Informativo de hoxe en Radio Estrada A xornada chega marcada polo corte total da Praza de Galicia, que finalmente se adiantou ao día de hoxe, impedindo xa a circulación pola zona. O Concello continúa tamén co seu plan de mellora de espazos públicos: limpouse a contorna do Punto Limpo e estúdase a instalación de cámaras de vixilancia para evitar vertidos incontrolados. Escoitamos a valoración do co...

Informativos Radio Estrada 19.01.2026

Informativo de hoxe en Radio Estrada A Deputación de Pontevedra anuncia un investimento de máis dun millón de euros para mellorar a estrada provincial A Estrada–Forcarei (EP-7001), unha actuación clave para a mobilidade da comarca. No ámbito turístico, A Estrada presentará en Fitur a súa Nova Ruta da Sidra, unha experiencia ligada ao ciclo da mazá que busca posicionar o municipio como destino enog...

Informativos Radio Estrada 16.01.2026

Informativo de hoxe en Radio Estrada A edición de hoxe chega marcada polos importantes cortes de telecomunicacións que deixaron sen teléfono nin internet a veciños de Moreira, Berres, Remesar, Agar e Loimil. Desde A Estrada Dixital explican que a avaría é allea á empresa, afecta a todas as operadoras e podería quedar resolta ao longo desta fin de semana. Tamén foi protagonista a cultura: esta mañá...

Informativos Radio Estrada 15.01.2026

Informativo de hoxe en Radio Estrada A edición de hoxe chega marcada pola emoción do Sorteo de Nadal de ACOE, no que chamamos en directo ás persoas premiadas. A moto recae en Silvia Sanjurjo, da Estrada —aínda que o ticket pertencía a unha peña habitual do Mesón da Estrada—, e o coche será para Lucía Fraíz Brea. No ámbito local, a Praza de Galicia pechará ao tráfico desde o mércores debido ás obra...

14 Xaneiro, Actualidade Mediodía. 14.01.2026

Informativo de hoxe en Radio Estrada A mañá comezou cun aparatoso accidente no Castroloureiro , onde un coche envorcou tras un forte impacto con outro vehículo. No ámbito municipal, o alcalde continúa o seu percorrido polo rural para supervisar os asfaltados previstos para o verán, cun investimento de 2 millóns de euros ️. A Estrada segue avanzando na implantación do contedor marrón ♻️: esta seman...

Actualidade Mediodía Martes 13 de Xaneiro 13.01.2026

Neste episodio repasamos a actualidade da Estrada e da comarca cunha ampla variedade de temas de interese cidadán. O Concello da Estrada, xunto coa Atención Primaria, activa o Plan de Saúde Local 2026-2030 tras a primeira reunión do Comité de Dirección, orientada a reforzar a atención sanitaria de proximidade. Ademais, nos vindeiros días perfilarase un novo plan de tráfico motivado polas obras da...

12 de Xaneiro, Actualidade Mediodía 12.01.2026

Neste episodio repasamos a actualidade local coa retomada das obras na Praza de Galicia , que volven traer cortes de tráfico nas rúas 56 e San Paio . Tamén falamos do investimento da Deputación, que achega máis de 202.000 euros para mellorar a iluminación e o céspede do Novo Municipal ⚽, unha cifra que, sumada aos Fondos de Libre Disposición, elevará a actuación ata preto dos 390.000 euros. Adema...

9 de Xaneiro, Actualidade Mediodía 09.01.2026

Neste informativo contamos que o Concello da Estrada mobiliza unha nova partida de 2 millóns de euros para mellorar e asfaltar numerosas estradas do rural , nun plan que se está a deseñar tanto co estudo técnico das vías como coa escoita das peticións veciñais. Tamén repasamos a volta ás obras da Praza de Galicia este luns , onde comezarán os traballos de formigonado e empedrado, e que acollerá un...

8 de Xaneiro, Actualidade Mediodía 08.01.2026

Neste informativo repasamos a actualidade da Estrada. O Concello presentou a programación do Ano Cultural Virxinia Pereira , que inclúe actividades ao longo de todo o 2026. Ademais, instan ás persoas interesadas no Obradoiro de Emprego “A Estrada Emprega Foresta 2026” a inscribirse xa na oficina de emprego, un programa que prevé 24 actuacións en 19 parroquias. O municipio anuncia tamén que duplica...

Listen to the Actualidade Mediodía podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.