RadioEstrada
Actualidade Mediodía
🕛 Actualidade Mediodía – Radio EstradaA información máis próxima pasa polos nosos micrófonos. En Actualidade Mediodía resumimos o que está a acontecer na Estrada e na comarca: novas de política local, cultura, deporte, servizos, tempo e sociedade.📻 Con rigor, proximidade e voz propia, Radio Estrada conta o que importa, dende aquí e para aquí. O que pasa na Estrada, pasa por aquí.
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Informativo de Radio Estrada 17.03.2026 33:12
Nesta nova edición achegamos un completo repaso á actualidade local, que chega marcada polo avance das obras da Praza de Galicia ️, xa na súa recta final. Nos próximos días iniciarase o empedrado e, se todo marcha segundo o previsto, a praza reabrirá ao tráfico antes da Semana Santa. Paralelamente, o alcalde continúa coa súa ronda de visitas polos locais sociais das parroquias, reuníndose cos cole...
Informativo de Radio Estrada 16.03.2026 34:38
Neste novo informativo repasamos unha intensa fin de semana na Estrada, marcada por grandes eventos, movemento comercial e novidades en infraestruturas. Comezamos coa Festa do Maior, que este ano bate récords de participación e roza o milleiro de inscritos. Tamén analizamos os resultados da Feira de Oportunidades do Comercio e da Feira de Antigüidades, que consolidan o seu éxito cunha alta satisfa...
Informativos Radio Estrada 13.03.2026 32:18
No informativo de hoxe repasamos unha ampla axenda de novidades locais. Comezamos coa presentación da 13ª edición das Santas Tapas, unha cita xa imprescindible da Semana Santa estradense, que este ano reúne 22 establecementos participantes entre o 1 e o 5 de abril ao mediodía. Tamén falamos das melloras na mobilidade municipal, coa finalización do pintado das prazas de aparcamento exclusivas para...
INFOMATIVOS RADIO ESTRADA 12.03.2026 33:43
Arrincamos coa crónica dun accidente de tráfico en Cuntis no que resultaron feridas dúas persoas, entre elas unha veciña da Estrada, trasladadas ao Hospital Miguel Domínguez. Falamos tamén da presentación oficial da 14ª Feira de Oportunidades do Comercio e da 72ª Feira de Antigüidades, dous eventos xa consolidados no calendario estradense. Ademais, coñecemos “Xanela”, a nova galería virtual impuls...
Informativos Radio Estrada 11.03.2026 31:36
️ Informativo Radio Estrada A actualidade local chega cun informativo marcado por novidades urbanas, recoñecementos ao talento estradense e unha intensa axenda cultural e deportiva. O Concello da Estrada prevé abrir ao tráfico a contorna da Praza de Galicia durante a Semana Santa, mentres avanzan os traballos de formigonado definitivo nas rúas Pérez Viondi, San Paio e Rúa 56 dentro do proceso de h...
Informativos Radio Estrada 10.03.2026 32:55
️ Informativo Radio Estrada O Concello da Estrada inicia unha nova rolda de visitas ás parroquias para impulsar melloras en locais sociais co apoio da Deputación. Falamos tamén da organización da Festa do Maior, que se celebrará o 22 de marzo no Coto Ferreiro e para a que a empresa estradense Valenciaga, de Óscar Rivas, foi proposta provisionalmente como encargada do evento. As inscricións seguen...
Informativos Radio Estrada 09.03.2026 37:11
️ Informativo de Radio Estrada O rural estradense poderá beneficiarse de 6,5 millóns de euros de fondos europeos, tras quedar redactado o proxecto que permitirá canalizar estes investimentos. A actualidade económica tamén pasa pola ampliación do polígono empresarial de Toedo, xa que a Xunta activou os trámites para sumar máis de 156.000 metros cadrados de novo solo industrial na Estrada. Na xunta...
Informativos Radio Estrada 05.03.2026 35:31
Un novo intento de fraude pon en alerta á veciñanza da Estrada: varios usuarios recibiron mensaxes falsas sobre a suposta caducidade da súa tarxeta sanitaria. Lembramos que as tarxetas sanitarias galegas non caducan desde 2012, polo que se trata dun engano destinado a obter datos persoais. Falamos no Centro de Saúde coa súa Xefa do Grupo Administrativo, Mery Bermúdez, para coñecer os detalles e as...
Informativos Radio Estrada 02.03.2026 37:33
Unha xornada marcada pola actualidade máis dura e tamén pola vida social e cultural da comarca. Localizado sen vida no río Ulla o veciño de Teo, nado en Liripio, tras máis de tres días de intensa procura. Ademais, unha persoa resultou ferida grave nun atropelo na N‑640, á altura de Anllada, nun suceso que mobilizou numerosos efectivos de emerxencia. No ámbito sanitario, arrinca hoxe a folga indefi...
Informativos Radio Estrada 27.02.2026 46:01
Silleda espertou hoxe cunha gran noticia: a súa Administración de Loterías Nº1 validou un boleto premiado con 2.017.318,30 euros no sorteo da Loterías y Apuestas del Estado. Falamos co seu xerente, Gustavo Pousa, que nos conta como recibiron a nova e como se vive esta mañá de ilusión na vila. Ademais, repasamos a actualidade da xornada: continúan as tarefas de busca do home desaparecido en Ponteve...
Informativos Radio Estrada 26.02.2026 34:54
A actualidade deste xoves vén marcada por unha intensa busca en Pontevea dun veciño de Teo de 56 anos desaparecido. O seu vehículo apareceu coas portas abertas e as chaves postas xunto á ponte medieval. Afortunadamente, outra das desaparicións rexistradas onte tivo final feliz: un home de 63 anos, veciño de Padrón, foi localizado no monte entre A Estrada e Padrón. No ámbito cultural, presentouse n...
Informativos Radio Estrada 25.02.2026 43:47
Repasamos a actualidade deste mércores con novas de servizo público, sociedade e infraestruturas. Unha persoa resultou ferida nun accidente na vía local entre Mesego e o casco urbano de Cuntis e foi trasladada polo 061. Na Estrada, as irmás Ana, Marga e Pilar Porto Carballo, do Restaurante e Hostal La Bombilla, reciben o Premio á Labor das Mulleres 2026, mentres o TSXG ratifica a absolución dun ho...
Informativos Radio Estrada 24.02.2026 34:06
A Estrada inicia hoxe o cambio de sinalización nas rúas San Paio e Pérez Viondi, no treito comprendido entre a Avenida Benito Vigo e a Praza de Galicia, para facer efectivo o cambio de lado de estacionamento desde xa. Ademais, o Concello retoma o reparto das tarxetas para abrir os colectores marróns e prevé instalar ata 60 contedores orgánicos no casco urbano segundo a demanda veciñal. No apartado...
Informativos Radio Estrada 20.02.2026 46:34
️ INFORMATIVO RADIO ESTRADA — VENRES A actualidade da xornada chega marcada pola cultura, a solidariedade e a intensa axenda social da comarca. A agrupación estradense Tequexetéldere representará a Galicia na 55ª edición do Festival Intercéltico de Lorient, o maior festival celta do mundo, levando o noso folclore a Francia con 46 compoñentes. Presentouse tamén a Cea Baile solidaria a favor da Asoc...
Informativos Radio Estrada 19.02.2026 33:53
Hoxe na Estrada por fin regresou o sol! Despois de semanas interminables de ceos grises, vento e paraugas, a luz converteuse na protagonista da mañá. Saímos á rúa para saber como se recibe este cambio de tempo e a resposta foi unánime: había ganas de vitamina D, de deixar o paraugas na casa e mesmo —aínda que o frío non marchou— de sacar o abrigo e pasear. Ademais deste respiro meteorolóxico, repa...
Informativos Radio Estrada 18.02.2026 40:19
Os Xenerais da Ulla volven poñer o foco na actualidade cun Entroido cargado de retranca. No noso informativo repasamos como, a través dos tradicionais atranques, se puxeron enriba da mesa as preocupacións da veciñanza, sempre baixo a mirada das autoridades e entre as risas do público. Ademais, percorremos os asuntos máis destacados da xornada: O Martes de Entroido na Estrada e a nova data para a f...
Informativos Radio Estrada 16.02.2026 42:29
Neste episodio repasamos a actualidade máis destacada da Estrada e da comarca, cunha xornada marcada por incidencias viarias, novidades culturais, movementos laborais e a axenda do Entroido. Abrimos co rescate dunha muller excarcerada tras un choque entre dous vehículos na N‑525 ao seu paso por Loimil. No ámbito festivo, o concurso de disfraces previsto para hoxe adíase ao domingo 1 de marzo, ment...
️ Día Mundial da Radio en Radio Estrada 13.02.2026 44:32
Hoxe celebramos o que somos. Celebramos a radio de proximidade, a que fala da casa, a que conta o que pasa en A Estrada e na nosa comarca co nome e apelidos da xente. Neste informativo especial repasamos a actualidade do día: Suspendido o Entroido en Couso e Santa Cristina de Vea. Homenaxe ao Padre Xiao no Museo do Moble e da Madeira. Remiten os vertidos no Matadoiro tras as actuacións municipais....
Informativos Radio Estrada 13.02.2026 44:32
No informativo de hoxe repasamos a actualidade da Estrada e da comarca. O Entroido previsto para este domingo en Couso e Santa Cristina de Vea queda suspendido, mentres que esta tarde o Museo do Moble e da Madeira acolle a homenaxe ao Padre Xiao. O Concello asegura que remitiron os vertidos incontrolados no Matadoiro e lembra que as sancións poden chegar aos 6.000 euros. No ámbito político, o PSOE...
Informativos Radio Estrada 12.02.2026 37:53
Unha madrugada marcada polos incidentes nos viais da comarca. Varios condutores denunciaron a caída de pedras desde a Ponte de Baloira, que provocou danos en vehículos que circulaban entre A Estrada e Santiago. O alcalde Gonzalo Louzao pasou polos nosos estudos para analizar o impacto do temporal na rede viaria e explicar a evolución das obras en San Miguel de Castro tras o recente escorregamento...
Informativos Radio Estrada 11.02.2026 41:23
O alcalde da Estrada, Gonzalo Louzao, visitou San Miguel de Castro tras o desprendemento que obrigou a cortar a estrada cara Adoufe. O Concello anuncia a construción dun muro de contención para garantir a seguridade viaria. Louzao tamén cualificou de “incomprensible e inaceptable” o silencio do Goberno sobre a situación da N‑640, alertando de que o firme empeora cada día e reclamando unha interven...
Informativos Radio Estrada. 10.02.2026 27:53
10 Febreiro: A xornada chega marcada polo aviso laranxa por chuvia no interior de Pontevedra, que obriga a suspender as actividades escolares ao aire libre. O Concello mantén o compromiso de abrir a Praza de Galicia para o Entroido, aínda que o tempo condicionará finalmente o desfile, e intensifica os traballos tras un mes de temporais, pedindo paciencia á veciñanza. Na Estrada, Xunta e Euroconsum...
Informativos Radio Estrada 09.02.2026 41:05
Un novo episodio informativo dende A Estrada e a súa contorna, cun repaso completo á actualidade local, comarcal, cultural, política e deportiva. Nesta edición falamos dun coche que saíu da vía en Loimil sen causar feridos, dun corremento de terras en San Miguel de Castro que provocou a caída dunha torre eléctrica e dos plans municipais para crear unha área pública de estacionamento para camións d...
Informativos Radio Estrada 06.02.2026 44:34
Nesta edición do informativo contámosche toda a actualidade da xornada na Estrada e na contorna: ⛈️ Os fortes raios desta mañá provocaron desperfectos en vivendas e comercios de Santa Cristina de Vea. ️ O concelleiro de Facenda, Alberto Blanco, fai un balance positivo dos orzamentos municipais de 2026, aprobados no pleno ordinario de febreiro. Oca contará cunha botica anexa permanente, tras autori...
Informativos Radio Estrada 05.02.2026 41:08
Novo informativo de Radio Estrada, marcado de novo pola alerta amarela por vento, choivas intensas e treboadas. Comezamos cunha mañá complicada en Cuntis, onde unha forte saraibada con pedras de ata 2 centímetros provocou inundacións e numerosos problemas en apenas cinco minutos. Na A Estrada, os servizos de emerxencias traballan na retirada dunha árbore caída no entorno do colexio do Foxo, que im...
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.