Revista Morcego
A Gruta de Gizamaluke
O teu podcast sobre videoxogos en galego. Un falangullo onde repasamos a actualidade da industria, conversamos sobre títulos, analizamos xogos e, en xeral, estamos de parola.
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
A gruta de Gizamaluke - Capítulo 17 18.03.2019 1:34:16
A colaboración entre Morcego e PontevedraViva Radio volta cun novo capítulo. Hoxe falamos de: - O caso BadLand e as consecuencias para o sector do videoxogo. - O anuncio dun novo título de Yu-Gi-Oh! para Switch. - A confirmación da chegada de Goku GT a Dragon Ball FighterZ. - E máis cousiñas... Tamén conversamos sobre a nosa experiencia en PlayStation Now, poñemos algo de música e xa comezamos a d...
A gruta de Gizamaluke - Capítulo 16 11.03.2019 1:25:52
A colaboración entre Morcego e PontevedraViva Radio volta cun novo capítulo. Hoxe falamos de: - Apex Legends e os 350.000 usuarios que expulsou do xogo Respawn - O a diferencia de peso de The Division 2 en Xbox One e PS4 - Os cartos feitos por Pokémon nos seus xogos de móbil - E máis cousiñas... Analizamos Devil May Cry 5, celebramos a chegada dos demos cos Rolling Stones e falamos sobre a dificul...
A gruta de Gizamaluke - Capítulo 15 04.03.2019 1:15:13
A colaboración entre Morcego e PontevedraViva Radio volta cun novo capítulo. Hoxe falamos de: - Apex Legends e os 50 millóns de usuarios que acadou - O novo director de deseño de Cyberpunk 2077 - A inminente saída de Day's Gone - O Xbox Game Pass e os rumores que o rodean Tamén entrevistamos a Andrés de Pedro da asociación RetroGalaicos, escoitamos a voz de Keith Flint e conversamos sobre Pokémon...
A gruta de Gizamaluke - Capítulo 14 25.02.2019 1:22:19
A colaboración entre Morcego e PontevedraViva Radio volta cun novo capítulo Falamos de: - SEGA abre votacións para escoller os xogos da súa Mega Drive Mini - O torneo de Fortnite de Lolito foi seguido por máis de 750.000 espectadores - Anthem e o seu parche do día un - LoL sube os prezos da súa moeda - E máis cousiñas. Charlie fala sobre Apex Legends e pincha algo de Rosalía (a galega, a de Castro...
A gruta de Gizamaluke - Capítulo 13 18.02.2019 1:16:17
Programa adicado a Fran Pinto "pinjed" Hoxe repasamos a actualidade máis relevante do luns: - A censura de Resident Evil 2 en China - Confunden os usuarios de Steam Apex Construct con Apex Legends? Semella que si - Novo mando para Dreamcast en 2019 - A folla do infinito volve a Fortnite - E alguna nova máis... Entrevistamos a Galo Martínez do MUVI (Museo do Videxogo Galego) e rematamos conversando...
A gruta de Gizamaluke - Capítulo 12 11.02.2019 1:17:06
A colaboración entre Morcego e PontevedraViva Radio volta cun novo capítulo Falamos de: - Team Cherrie anuncia que amosará este xoves da nova expansión de Hollow Knight - Cyberpunk 2077 adianta que non deixará de lado a Steam - Final Fantasy VIII ten xa 20 años. - A semana da tolemia: Cinco xogos AAA en cinco días. Juan Sanmartín analiza e fala de Kingdom Hearts 3, para logo escoitar algo de Pres...
A gruta de Gizamaluke - Capítulo 11 28.01.2019 1:11:40
Hoxe toca falar da actualidade máis inmediata do día: - Os primeiros detalles do novo RPG de Dragon Ball - O reinicio de Metroid Prime 4 - A saída de Kingdom Hearts 3 Charlie analiza Resident Evil 2 despois dunha fin de semana rodeado de zombis, falamos un chisco de AC/DC e rematamos lembrando algúns dos remakes máis importantes dos últimos anos.
A gruta de Gizamaluke - Capitulo 10 21.01.2019 1:11:55
Luns, día de gruta, día de radio. Hoxe falamos das novas máis importantes dos últimos días. - Os posibles DLC de Resident Evil 2 - O TFM convertido en videoxogo dos estudantes da EBF coruñesa - Fortnite e o branqueo de cartos - A beta pechada de Mortal Kombat 11 só para PS4 e XBox One Tamén entrevistamos a Marcos González, presidente da asociación Gaming Troop de Pontevedra. Por último, Sara Orozc...
A gruta de Gizamaluke - Capítulo 9 14.01.2019 1:16:53
Rematou o Nadal! Estamos de novo aquí Hoxe repasamos as novas máis importantes da fin de semana e boa parte do luns: - Ruptura entre Bungie e Activision - Saída de Dark Souls Trilogy en Europa - A tola capacidade dun xogador de FF IX - A aposta de Ubisoft pola Epic Games Store - E máis cousiñas... Tamén comentamos as impresións da demo de Resident Evil 2, pinchamos algo de música en relación a The...
A gruta de Gizamaluke - Capítulo 8 17.12.2018 1:23:53
Último programa do ano! Tentamos deixar gravados un par de monográficos para o Nadal pero foi imposible cuadrar axendas. Quedan aí en barbeito as ideas para algún momento do vindeiro ano. Hoxe facemos un resumo deste 2018 cos seus títulos principais e rematamos falando dos que están por vir. Coma sempre, iniciamos a entrada na gruta coa actualidade e tamén pinchamos algo de música.
A gruta de Gizamaluke - Capítulo 7 10.12.2018 1:12:43
Nova semana e volta á actualidade. Neste novo capítulo comentamos as novas máis importantes da xornada e da fin de semana. Tamén comentamos os xogos amosados nos Game Awards e, coma sempre, pinchamos algo de música. Desta vez, tocoulle á BSO de Devil May Cry 5. Finalizamos o día falando da Epic Game Store e a competencia que pode facerlle a Steam.
A gruta de Gizamaluke - Capítulo 6 03.12.2018 1:13:39
Esta semana Sara e Charlie comentan a actualidade do mundo dos videoxogos máis inmediata: lanzamentos de decembro, compra de estudios por THQ Nordic, a proximidade da CutreCon, a apertura da beta do Red Dead Online... Tamén falamos de War e a canción Low Rider. Que relación ten con San Fierro? Charlie comenta que lle parece Artifact, o xogo de cartas de Valve, para logo reflexionar con Sara sobre...
A gruta de Gizamaluke - Capítulo 5 26.11.2018 1:11:46
Neste novo capítulo da gruta de Gizamaluke, repasamos parte da actualidade máis recente do mundo dos videoxogos: Shenmue III, No Man's Sky, Parasite Eve, descontos en Steam... Tamén compartimos uns minutos con Adrián Suárez, coordinador do Máster en Creación de Videoxogos da EBF coruñesa e colaborador de Mundo Gamers. Por último, repasamos esa curiosa unión entre videoxogos e películas. Pouco afor...
A gruta de Gizamaluke - Capítulo 4 19.11.2018 1:08:10
Unha semana máis... Voltamos! Hoxe falamos da actualiade máis inmediata: Fallout 76, o novo Pokemon de Switch, os posibles GOTY, as ofertas do Black Friday para PS4 e os 20 anos de Half Life. Sara analiza o remake de Spyro, pinchamos a Rage Against the Machine e por último comentamos a ausencia de Sony no E3.
A gruta de Gizamaluke - Capítulo 3 12.11.2018 1:04:34
Seguimos navegando polas ondas radiofónicas dixitais. Hoxe Charlie e Sara parlotean sobre a vida, os videoxogos e a súa actualidade. Comentamos o parche de día 1 do Fallout 76, máis grande co propio xogo; o futuro de Microsoft a base de mercar estudios máis que bos, a fin de campaña de The Waylanders, o RPG galego. E logo? Repasamos os lanzamentos máis importantes de novembro pero antes facemos un...
A gruta de Gizamaluke - Capítulo 2 05.11.2018 1:12:44
Co equipo xa o completo, hoxe tocou falar da actualidade a golpe de luns. - Resumo da Blizzcon. - Vendas do Red Dead Redemption 2. - Falecemento de Mario Segale, o home que lle deu nome ao fontaneiro de Nintendo. - Lanzamento de The Land of the Seazogs, creado en Ferrol. Pinchamos un tema do GTA: Vice City e falamos dos seus segrediños. Tamén Rruchito analiza o CoD: Black Ops 4. Por último, enreda...
A gruta de Gizamaluke - Capítulo 1 29.10.2018 1:12:56
Hoxe lamentamos a baixa do noso secundario de luxo Rruchito, así que Marisa e Charlie toman os micros para falar das últimas novidades sobre videoxogos. Escoitamos unha das cancións máis queridas de FF X, tratamos de afondar nese mundo que é Red Dead Redemption 2 e achegámonos ao Samaín con algunha que outra recomendación. Iremos medrando e mellorando! Graciñas!
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.