Revista Morcego
A Gruta de Gizamaluke
O teu podcast sobre videoxogos en galego. Un falangullo onde repasamos a actualidade da industria, conversamos sobre títulos, analizamos xogos e, en xeral, estamos de parola.
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Monográfico :: Death Stranding, o camiño faise a pé 29.11.2019 1:30:32
Velaquí o monográfico mensual. Charlie, Juan e Esteban tratan de responder as dúbidas que rodean un xogo que xa roza o mito, e que dalgún xeito define ben este 2019 no que vivimos. Que xénero é? Onde falla? Onde acerta? Cal é a historia que conta? Un monográfico onde opinamos e tratamos de afondar nunhas das obras dixitais da década. Os spoilers, a nosa conversa sobre a narrativa e historia do xog...
A Gruta de Gizamaluke - 2x12 29.11.2019 1:52:08
Nova semana, novo capítulo con Charlie, Ana, Sara e Juan. Novas principais: - A actualidade de Steam, pequenos fracasos pero tamén bos movementos - Cyberpunk 2077, novos detalles sobre un dos xogos máis agardados - Fará Kojima un xogo de terror? - Final Fantasy VII xa comezou co seu segundo capítulo da revisión - Máis titulares... Impresións e experiencias en Pokémon Espada e Escudo A que estamos...
A Gruta de Gizamaluke - 2x11 22.11.2019 2:11:57
Charlie, Ana, Juan e Sara collen de novo o micrófono para asaltar as ondas radiofónicas da Rede. Nesta ocasión poñen especial atención a dúas grandes novas: - The Game Awards e os seus candidatos - Lanzamento de Google Stadia - Pokémon Espada e Escudo xa venderon 6 millóns de unidades - Outros titulares Charlie analiza Star Wars Jedi: Fallen Order A que estamos xogar? Death Stranding, Destiny 2, T...
A Gruta de Gizamaluke - 2x10 15.11.2019 2:04:36
Entramos nas dúas cifras con Charlie, Ana e Juan collendo o micro, como cada semana. Neste capítulo repasamos a actualidade máis importante da semana: - Primeiras recensións de Pokémon Espada e Escudo. - Stadia presenta o seu catálogo inicial - Todos os anuncios da X019 - Por suposto, máis titulares e novas... Impresións :: Death Stranding A que estamos a xogar? Destiny 2, Breakpoint, The Sims 4.....
A gruta de Gizamaluke - 2x09 08.11.2019 1:41:15
Charlie, Ana, Juan e Sara regresa co micro na man. Novas do días: - Super Smash Bros. Ultimate, presente e futuro brillante - Problemas de lanzamento en RDR2 - Hearthstone estrea campiona do mundo - Cambios no organigrama de Sony - Máis titulares... Análise de Luigi's Mansion 3 A que estamos a xogar? Onde falamos de como gañamos tempo esta semana. Presta ou rosma. Cousas boas da industria e cousas...
Monográfico :: Así foi a BlizzCon 2019 05.11.2019 57:02
Resumo dunha horiña onde falamos dos anuncios que se deron na BlizzCon 2019, amais dunha serie de opinións e conclusións, coma sempre. Este monográfico é posíbel grazas aos nosos patrons (www.patreon.com/revistamorcego)
A Gruta de Gizamaluke - 2x08 01.11.2019 1:48:50
Charlie, Ana, Juan e Sara volven agarrar o micro. Venres en Patreon, domingo no espazo exterior. Novas do día: - Previa da BlizzCon - Unha semana para Death Stranding e lanzamento en PC - Rebaixas e consellos en Stea, GOG e Epic - EA amosa resultados e números ao mundo - Máis titulares Análise de Moons of Madness por Juan. A que estamos a xogar? (Luigi's Mansion 3, Carrion, Animal Crossing, Splato...
A Gruta de Gizamaluke - 2x07 25.10.2019 2:16:38
Que o anterior episodio quedou pequeno? Non hai problema. Aquí van dúas tazas. Charlie, Ana, Juan e Sara volven entrar na Gruta de Gizamaluke. Temas do día: - Diablo IV e a súa confirmación próxima - Dragon Ball Z: Kakarot vai collendo boa forma - Filtracións das rebaixas - Bethesda vólvese tola e anuncia o Fallout 1st - Máis titulares... - Resumo da reportaxe Sega vs Nintendo - Especial Samaín (X...
A Gruta de Gizamaluke - 2x06 18.10.2019 1:34:57
Nova semana, novo capítulo da Gruta de Gizamaluke, podcast da Revista Morcego con Charlie, Sara, Juan e Ana. Novas do días: - O buraco negro de Fortnite e as súas consecuencias - Riot anuncia cinco novos xogos - Blizzard mantense na polémica - Red Dead Redemption 2 amosa as melloras en PC - Máis titulares... Análise de Fortnite, Capítulo 2. ¿Que trae a nova tempada? A que estamos a xogar? Sara e A...
A Gruta de Gizamaluke - 2x05 11.10.2019 2:00:02
Xa esta aquí un novo capítulo do podcast da Revista Morcego. Charlie, Sara, Juan e Ana volven a coller o micro. De que falamos neste programa? A confirmación da chegada de PS5 para finais de 2020 Lanzamento de Mega Drive Mini Blizzard facendo das súas vetando a un xogador de Overwatch O atraso de DOOM Eternal de catro meses Unha chea de titulares máis - Análise :: Tetris Effect - A que estamos a x...
A Gruta de Gizamaluke - 2x04 04.10.2019 1:42:41
Charlie, Sara, Juan e Ana repasan a actualidade da industria do videoxogo: - Novo prezo para PS Now - Principais lanzamentos outubro - Presentación dun novo Brain Age para Switch - E Máis novas e titulares... - Juan e Charlie esbardallan sobre Super Mario World. - A que estamos a xogar? Repasiño aos xogos que nos xiferon gañar (que non perder) tempo estes días. - Presta ou rosma. Cousas coas que g...
A Gruta de Gizamaluke - 2x03 29.09.2019 1:45:27
Charlie, Ana, Juan e Sara comentan a actualidade do mundo do videoxogo. De que falamos neste episodio? Na sección de novas prestamos moita atención a The Last of Us 2 (spoilers do 26.30 ao 37.15), tamén ao State of Play de Sony e facemos un resumo do Inside Xbox. Análise :: Blasphemous, o barroco andaluz de The Game Kitchen. - A que estamos a xogar? Os xogos cos que perdimos o tempo estes días,...
A Gruta de Gizamaluke - 2x02 15.09.2019 2:10:57
Volvemos! Xa estamos todas e seguimos coa tempada. De que falamos hoxe? - Novas do día (Project Resistante, Tokyo Game Show, Death Stranding...) - Análise de Astral Chain - A que estamos a xogar? (FIFA 20, Pro 20, Sims, Blasphemous, FF-X2...) - Presta ou rosma. Nin gozamos con todo, nin odiamos o mundo; pero este ten as súas cousas (violencia nos videoxogos, modo superdoado made in Kojima...)
A Gruta de Gizamaluke - 2x01 08.09.2019 2:05:22
Primeiro capítulo da segunda tempada! De que falamos hoxe? - Sección de novas, cun repaso á actualidade máis inmediata do videoxogo. - Análises de Man of Medan e Blair Witch, un paseo polo terror saído hai nada do forno. - A que estamos a xogar? Impresións dos títulos cos que perdemos o tempo estes días e outras historias. - Presta ou rosma, unha nova sección onde opinamos sobre a actualidade e os...
A gruta de Gizamaluke - Capítulo 28 (Fin da tempada) 03.06.2019 1:22:53
A colaboración entre Morcego e PontevedraViva Radio volve co último capítulo da tempada da Gruta de Gizamaluke. Repasamos a actualidade máis inmediata do mundo dos videoxogos con novas como: - Microsoft chegará ao E3 con 14 xogos de seu - ¿Chegará a revisión de Spyro para PC? - CoD: Modern Warfare, volta ás raíces - Miguel Areán, novo vogal da DEV Toleamos con Death Stranding e comentamos os horar...
A gruta de Gizamaluke - Capítulo 27 27.05.2019 1:35:28
A colaboración entre Morcego e PontevedraViva Radio volta cun novo capítulo da Gruta de Gizamaluke. Repasamos a actualidade máis inmediata do mundo dos videoxogos con novas como: - As filtracións de Ubisoft: xogo novo e servizo de subscrición - Kojima avisa: o 29 de maio virán novas de Death Stranding - Nioh 2 comezou coa alpha a porta pechada - Faro Gaming, un novo evento de videoxogos en Galici...
A gruta de Gizamaluke - Capítulo 26 20.05.2019 1:35:08
A colaboración entre Morcego e PontevedraViva Radio volta cun novo capítulo. Hoxe temos unha sección de novas algo máis longa do habitual onde falamos do lanzamento de Read Dead Online, World of Warcraft Classic, o crunch en CD Projekt, ou as expansións de Metro Exodus. Tamén traemos unhas primeiras impresións de A Plague Tale: Innocence, pinchamos musiquiña creada por Chris Cornell e finiquitamos...
A gruta de Gizamaluke - Capítulo 25 13.05.2019 1:28:35
A colaboración entre Morcego e PontevedraViva Radio volta cun novo capítulo. Hoxe temos como novas principais: - Fortnite :: A Tempada 9 lévanos ao futuro - John Wick Hex, o novo título do creador de Thomas Was Alone - Tencent non logra introducir PUBG no mercado chinés - Mordhau, o xogo de loita medieval que triunfa en Steam Conversamos sobre o décimo aniversario de Minecraft, poñemos algo de mús...
A gruta de Gizamaluke - Capítulo 24 06.05.2019 1:34:54
A colaboración entre Morcego e PontevedraViva Radio volta cun novo capítulo. Hoxe temos como novas principais: - A última actualización de Sea of Thieves. - Fortnite pecha unha etapa ao desaparecer Pisos Picados. - Epic Games faise con Psyonix, o estudio dono de Rocket League. - For Honor tamén celebrou o Star Wars Day. Jua Sanmartín analiza Days Gone, poñemos algo de música relacionada con Marvel...
A gruta de Gizamaluke - Capítulo 23 30.04.2019 1:27:05
A colaboración entre Morcego e PontevedraViva Radio volta cun novo capítulo. Hoxe temos como novas principais: - O goberno británico financia un xogo de Peaky Blinders - SEGA presenta o seu xogo oficial para a Olimpíada de 2020 - Planet Zoo, a arca de Noé que constrúe Frontier. - Square Enix anunciou un novo DLC de pago para Kingdom Hearts 3 Tamén analizamos Yuppie Psycho, de Baroque Decay Games;...
A gruta de Gizamaluke - Capítulo 22 22.04.2019 1:18:18
A colaboración entre Morcego e PontevedraViva Radio volta cun novo capítulo. Hoxe temos como novas principais: - Ubisoft regala o seu AC: Unity despois do incendio de Notre-Dame. - Anuncio do Capcom Home Arcade. - Novos xogos anunciados para a Mega Drive Mini. - Revisión de XIII, o FPS de culto. Tamén falamos con Fran Calvelo, responsable de Baroque Decay (O Conde Lucanor, Yuppie Psycho), poñemos...
A gruta de Gizamaluke - Capítulo 21 15.04.2019 1:31:49
A colaboración entre Morcego e PontevedraViva Radio volta cun novo capítulo. Hoxe temos como novas principais: - O salto de Octopath Traveler a PC - Gearbox dá pistas sobre o tamaño do mapa de Borderlands 3 - Un prototipo de Akira para Game Boy véndese por case 3.000 dólares - Sekiro suma máis de 2 millóns de copias en 10 días Repasamos algúns dos xogos máis coñecidos da saga Star Wars ao longo da...
A gruta de Gizamaluke - Capítulo 20 08.04.2019 1:21:47
A colaboración entre Morcego e PontevedraViva Radio volta cun novo capítulo. Hoxe temos como novas principais: - Steam pon en marcha a súa medida contra análises bomba - Playing Hard, o documental de Netflix sobre For Honor - Fallout 76 incumpre a súa promesa e incluirá obxectos de ‘pay to win’ - A maior colección persoal de videoxogos está en Texas - Máis titulares... Falamos un chisco dos título...
A gruta de Gizamaluke - Capítulo 19 01.04.2019 1:27:12
A colaboración entre Morcego e PontevedraViva Radio volta cun novo capítulo. Hoxe temos como novas principais: - Repaso aos lanzamentos do mes de abril - O anuncio de Borderlands 3 - Novo codirector para FF VII e o seu remake - Data de lanzamento para Mega Drive Mini e o seu catálogo - Máis titulares... Charlie analiza Sekiro, poñemos algo da Familia Caamagno e conversamos sobre consolas e perifer...
A gruta de Gizamaluke - Capítulo 18 25.03.2019 1:22:53
A colaboración entre Morcego e PontevedraViva Radio volta cun novo capítulo. Hoxe falamos da actualidade máis inmediata do día na medida do posible, que os luns sempre traen cousas novas. Contamos coa colaboración de Adrián Suárez para comentar as súas primeiras horas de Sekiro, poñemos algo de música e rematamos a xornada de radio falando de Stadia, o novo sistema de Google.
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.