Mohawk

A GALIZA e o GALEGO

History GL ↓ 731 episodes

Bocadinhos da história galega nos seus diferentes aspectos: sociais, políticos, linguísticos, etc... Para compreendermos um pouco melhor a história e a língua da Galiza...

Author

Mohawk

Category

History

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jan 13, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android 5M+ downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

GALIZA, PORTUGAL e a sua LÍNGUA 05.02.2013

Extracto dunha conferencia do Isaac Estraviz sobre os vínculos da Galiza e Portugal, especialmente no referido á Língua. Declaración de galeguidade polos catro costados, denuncia do asimilismo castellano actual, e reivindicación da dimensión internacional própria do Galego, se for quen de harmonizar co Português.

SANTOS JÚNIOR e a GALIZA 29.01.2013

Conferencia do Isaac Alonso Estraviz en marzo do 2012 (previamente apresentado polo Xoel Gómez) sobre a figura do Joaquim Rodrigues dos Santos Júnior, un portugués galeguista ligado ao Seminario de Estudos Galegos na época da preguerra, que mantivo un intenso contacto epistolar con Ramón Otero Pedrayo, o Xocas, Florentino Cuevillas, etc… Estraviz recopilou o troco da correspondencia entre eles, e...

A Historia secuestrada polo franquismo 09.01.2013

Conferencia a propósito da apresentación do libro "A historia secuestrada polo franquismo" no 2011 de Manuel Monge, profesor de xeografia e historia

O amor a Galiza de XAQUÍN LORENZO, O XOCAS 27.12.2012

Fragmento de entrevistas no que o proprio Xocas (destacada personalidade da cultura e etnografia galegas da época do Grupo Nós) declara o seu imenso amor a Galiza

Homenaxe a ROSALIA DE CASTRO de EDUARDO BLANCO AMOR 27.12.2012

Gravación orixinal da Homenaxe que Eduardo Blanco Amor brindou a Rosalia De Castro en Buenos Aires en 1964.

Sobre VALENTÍN PAZ ANDRADE 23.12.2012

Conferencia de Xan Carballo na Asociación Cultural Vagalumes sobre a figura política de Valentín Paz Andrade (1898-1987) que foi xurista, economista, político, empresario, escritor, poeta e xornalista galeguista ao que lle foi adicado o día das Letras Galegas no 2012.

FERMIN BOUZA BREY. Un Xuíz de lei. 23.12.2012

Fermín Bouza Brey foi un intelectual galeguista que participou na fundación do Seminario de Estudos Galegos en 1923. Exerce como Xuíz dende 1929, cargo desde o cal, durante a Guerra Civil puido salvar a vida de varios veciños (sabendo que ían asasinar a certas persoas el mandábaas arrestar e gardar na cadea para así protexelas) por iso os falanxistas tentaron tiralo de en medio e o lograron, pero...

A obra de Francisco ASOREY 22.12.2012

Audio sobre a vida dun dos artistas máis relevantes da renovación escultórica española: o cambadés Francisco Asorey (1889-1961).

A vida de LOIS PEÑA NOVO 22.12.2012

Lois Peña Novo foi un avogado galeguista, membro das Irmandades da Fala e, durante a II República, un activo político a favor do Estatuto de Autonomía de Galiza, bruscamente quebrada coa Guerra Civil.

A cidade de SANTIAGO no século XX. Xusto Beramendi 22.12.2012

Conferencia no Ateneo de Santiago do Catedrático en História Contemporánea Xusto Beramendi, sobre a evolución da cidade de Santiago de Compostela no século XX, marcada pola súa capitalidade da autonomia galega.

A cidade de SANTIAGO no século XIX. Ramón Villares 22.12.2012

Conferencia do Catedrático en História Contemporánea Ramón Villares no Ateneo de Santiago sobre a evolución da cidade de Santiago de Compostela ao longo do século XIX

A UNIVERSIDADE de SANTIAGO até o apagón do 36 22.12.2012

Conferencia de Ricardo Gurriarán no Ateneo de Santiago sobre o desenvolvemento da Universidade de Santiago no século XIX e inicios do XX, e a involución que lle supuxo a Guerra Civil do 36

O CASTELO da ROCHA FORTE 22.12.2012

Mini-reportaxe sobre sobre a estas ruinas do antigo castelo máis emblemático da mitra compostelá coñecido pola Fortaleza de Rocha Forte ou Castelo dos Churruchaos ubicado na parroquia de Conxo moi perto á cidade de Santiago. O Castelo ficou en pé aproximadamente desde 1240 até 1467, ano no que foi destruido até os seus alicerces polos Irmandiños. Nel tiveron lugar feitos moi sinalados da historia...

O CASTRO de ELVIÑA 22.12.2012

Mini-reportaxe do programa "Falemos de Pedras e Lugares" sobre o Castro de Elviña, na propria cidade da Coruña, na Zapateira.

O CASTRO de BAROÑA 22.12.2012

Mini-reportaxe do programa "Falemos de Pedras e Lugares" sobre o emblemático Castro costeiro de Baroña.

O DOLMEN de DOMBATE 22.12.2012

Mini-reportaxe do programa "Falemos de Pedras e Lugares" sobre a "catedral" do megalitismo galego producido por Acuarela Comunicación SLL coa colaboración da Área de Normalización Lingüística da Deputación da Coruña

GALIZA na historia de ESPAÑA 18.12.2012

Fragmento da presentación do libro de Camilo Nogueira "Para unha crítica do españolismo" no que resalta a importancia de coñecer a realidade da historia galega para poder interpretar correctamente a historia de España.

CONMEMORANDO aos MÁRTIRES DA ESTRADA 17.12.2012

A propósito do 75 aniversario dos mártires da Estrada, a Quenlla homenaxea aos representantes do Pobo estradense represaliados durante a Guerra Civil, en xuño de 1937.

O GRUPO NÓS comentado polo XOCAS 16.12.2012

Xaquín Lorenzo (1907-1989), máis coñecido polo XOCAS, foi un notábel etnógrafo, membro do Grupo Nós. Neste áudio fala precisamente da Xeración Nós en Ourense, das súas actividades e das súas lembranzas.

OTERO PEDRAYO a voz do Patriarca das Letras Galegas 16.12.2012

Discurso pronunciado por Ramón Otero Pedraio en 1959 con motivo da visita ao Centro Ourensán de Bos Aires.

ORIXE e FORMACIÓN da CIDADE de OURENSE - Xesús Ferro Couselo 1968 15.12.2012

Conferencia orixinal do grande intelectual e galeguista Dº Xesús Ferro Couselo o 06 de abril de 1968 sobre a orixe e formación de Ourense, a súa benquerida cidade de adopción.

IRMAO DANIEL ! Biografia de CASTELAO 13.12.2012

Audio dun documentario da ASPG sobre a biografia de Castelao (1886-1950), pai do nacionalismo galego, que morreu no exilio en Buenos Aires, após da Guerra Civil Española.

CELSO EMILIO FERREIRO no centenario do seu nacemento 13.12.2012

Conferencia de Ramón Nicolás, profesor e crítico literario, no 2012, no Ateneo de Santiago, na que revisa a figura do escritor Celso Emilio Ferreiro (1912-1979), considerado un dos máximos expoñentes da poesia social en galego

A historia do GALEGUISMO de ESQUERDAS 11.12.2012

Conferencia de Xurxo Martínez en maio do 2012, sobre a historia do Galeguismo arredista de esquerdas

O compromiso de MURGUIA con GALIZA 11.12.2012

Conferencia de Xosé Ramón Barreiro sobre a figura de Manuel Murguia (1833-1923) e o seu compromiso con Galiza. Este personaxe, coñecido tamén por casar coa Rosalia de Castro, pertence ao grupo dos historiadores románticos galegos, que reivindicaron os dereitos históricos de Galiza. Desde 1860 dedícase aos estudos históricos e, en 1865 publica o tomo I da Historia de Galicia, ao que seguirá o tomo...

Listen to the A GALIZA e o GALEGO podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.