Mohawk

A GALIZA e o GALEGO

History GL ↓ 731 episodes

Bocadinhos da história galega nos seus diferentes aspectos: sociais, políticos, linguísticos, etc... Para compreendermos um pouco melhor a história e a língua da Galiza...

Author

Mohawk

Category

History

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jan 13, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android 5M+ downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

HISTORIA e DEREITO en GALICIA 29.05.2013

Conferencia de Luis Rguez. Ennes no Ateneo de Santiago en 2013 sobre o desenvolvimento histórico do Dereito na Galiza

EVOLUCIÓN POLÍTICA DOS ÚLTIMOS 30 na GALIZA - Coloquio 28.05.2013

Colóquio após a Ponencia do Camilo Nogueira na que percorreu a história política galega nestes últimos 30 anos.

EVOLUCIÓN POLÍTICA DOS ÚLTIMOS 30 na GALIZA por Camilo Nogueira 27.05.2013

Do 1 ao 5 de abril de 2013, decorreu en Pontevedra a XXX Semana Galega de Filosofía, desta volta baixo o título de “Filosofía e memoria”. Camilo Nogueira deu esta Ponencia na que fai un repaso pola memória política galega destes últimos 30 anos

O CONTRABANDO na PROVINCIA DE OURENSE 27.05.2013

Dentro das II Xornadas de Novos Investigadores da Universidade de Vigo, en novembro do 2012, David Sánchez, L icenciado en História, deu esta interesante conferencia sobre o fenómeno do contrabando na Província de Ourense.

A TRAXEDIA do BERBÉS por Alonso Montero 21.05.2013

Ponencia de Alonso Montero no Congreso adicado a Valentín Paz-Andrade, en decembro do 2012, sobre o poema inspirado nos mártires do Berbés: un feixe de homes tentando fuxir da represión fascista en 1937

VALENTIN na LUZ e na SOMBRA por Ramón Villares 08.05.2013

Ponencia de Ramón Villares sobre a vida e a obra do Valentín Paz-Andrade nunha perspectiva global. Esta ponencia realizouse dentro do Congreso adicado a Valentín Paz-Andrade en Pontevedra, en decembro do 2012.

A GALIZA COMO TAREFA do VALENTÍN por Xosé M. Beiras 06.05.2013

Ponencia do Xosé Manuel Beiras, dentro do Congreso sobre Valentín Paz-Andrade en decembro do 2012, sobre a influencia do ensaio dest último, "Galicia como tarea", publicado en 1957, nos galeguistas da post-guerra e a Transición.

A ECONOMÍA DO PAÍS segundo VALENTÍN por Xavier Vence 06.05.2013

Ponencia de Xavier Vence (economista e portavoz do BNG, dentro do Congreso adicado ao Valentín Paz-Andrade en decembro do 2012, sobre a visión económica que éste tiña da Galiza e sobre as análises estruturais que, apesar do tempo transcurrido, ainda conservan a vixencia atual.

A PONTEVEDRA e o VIGO de VALENTÍN 06.05.2013

Ponencia de Luis Bará, concelleiro de Cultura de Pontevedra, dentro do Congreso adicado a Valentín Paz-Andrade, e na que fala do território onde medrou o homenaxeado, e de como as circunstacias da época puideron condicionar a súa traxectória vital. Para iso fai un moi interesante percurso pola história paralela de Pontevedra e Vigo desde finais do XIX até os anos trinta do XX

CASTELAO á luz de VALENTÍN por Miguel Anxo Seixas 05.05.2013

En decembro do 2012, en Pontevedra, realizouse un Congreso adicado a Valentín Paz-Andrade. A ponencia deste áudio, referida ao legado de Castelao e ao papel que xogou Valentín no mesmo, foi feita por Miguel Anxo Seixas, historiador galego de Arzúa, e actualmente coordinador do Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega.

VALENTÍN PAZ-ANDRADE, o vello GALEGUISTA 29.04.2013

No Congreso adicado a Valentín Paz-Andrade en decembro do 2012, o xornalista Xan Carballa fai unha breve do galeguismo que mantivo até o final o homenaxeado

VALENTÍN PAZ ANDRADE e o NACIONALISMO GALEGO por Xusto G Beramendi 25.04.2013

No pasado Congreso adicacado a Valentín Paz-Andrade en decembro de 2012 na cidade de Pontevedra, Xusto G. Beramendi disertou na sua ponencias sobre "Paz-Andrade no nacionalismo galego de entreguerras". Fantástico e breve percurso pola historia dos inicios do nacionalismo galego, tomando como fio conductor ao homenaxeado, Valentín Paz Andrade.

A MARXINACIÓN HISTÓRICA da GALIZA por CAMILO NOGUEIRA 24.04.2013

En decembro de 2012 houbo un Congreso adicado a Valentín Paz-Andrade. A ponencia do Camilo Nogueira, intitulado "Os anceios mariñeiros de Galiza", versou sobre o Reino da Galiza e as consecuencias da súa marxinación ao longo da Idade Moderna até hoxe, incidindo especialmente en como esto influiu en pesoeiros como é o caso do homenaxeado, Valentín Paz Andrade

O MARISCAL PARDO DE CELA, lenda e realidade 17.04.2013

Documental de TV española, co patrocinio da Xunta de Galicia, sobre a vida de Don Pedro Pardo de Cela, un nobre galego medieval decapitado diante da catedral de Mondoñedo por mandato do gobernador nomeado polos Reis Católicos o 17 de decembro de 1483...A causa da súa morte non fica clara. A tradicional atribución a unha vontade explícita dos reis non está documentada, o que levou a algúns estudoso...

ALMANZOR arrasa SANTIAGO DE COMPOSTELA 15.04.2013

Unha das expedicións militares máis notorias de Almanzor foi o saqueo de Santiago de Compostela o 10 de agosto de 997, cando incendiou e destruíu a catedral e o sepulcro do Apóstolo, e obrigou aos cativos cristiáns a levar as campás da Catedral e mais as súas portas até Córdoba. Corre a lenda de que cando Almanzor entrou na cámara sepulcral, atopou un monxe rezando ante o sartego do Apóstolo, e qu...

ROSALIA DE CASTRO últimos achados biográficos 25.03.2013

No Congreso sobre Rosalia de Castro organizado polo Consello da Cultura Galega no 2013 expuxéronse os últimos avanzos na súa investigación biográfica.

A EVOLUCIÓN POLÍTICO/SOCIAL de ROSALIA DE CASTRO 24.03.2013

Conferencia do Congreso sobre Rosalia de Castro, organizada polo Consello da Cultura Galega no 2013, sobre a evolución político-social do matrimonio Manuel Murguia e Rosalia de Castro, focando máis a atención nesta última.

7OO ANOS DE NORMALIDADE vs 500 DE CONFLITO por Freixeiro Mato 16.02.2013

Extracto dunha conferencia de Xosé Ramón Freixeiro Mato, profesor titular de Filoloxía Galego-Portuguesa na Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña, o 2009 na que fai un breve percorrido pola história da Galiza, o desenvolvemento normalizado da súa língua durante 700 anos, e os últimos 500 anos de marxinación e conflito lingüístico a respeito do Castellano.

O MOVIMENTO OBREIRO GALEGO no TARDOFRANQUISMO e na TRANSICIÓN 14.02.2013

Pequeno documentário sobre a história do movimento obreiro nacionalista na Galiza durante o tardofranquismo e na Transición, no que se entrevista ao historiador Bernardo Máiz.

O PARTIDO GALEGUISTA e CASTELAO 14.02.2013

Documentário sobre o Partido Galeguista e a traxectória vital de Castelao, desde a sua integración no Partido até a sua morte no exilio. Testemuños de xentes que vivon o ascenso do Partido Galeguista e o seu exilio: Xaime illa Couto, Francisco Fernandez del Riego, Avelino Pousa Antelo, etc...

PRISCILIANO e SANTIAGO DE COMPOSTELA 12.02.2013

Áudio do programa de Iker Jiménez sobre a figura de Prisciliano e as peregrinacións milenarias a Galiza no 2011. Intervención do Sánchez Dragó e José De Cora.

HISTORIA e VOCES de MULLERES GALEGAS 10.02.2013

Conferencia de Aurora Marco no Ateneo de Santiago contra o silencio das mulleres galegas na nosa historia.

ROSALIA DE CASTRO 175 anos despois 09.02.2013

Conferencia de Helena Villar no Ateneo de Santiago en novembro do 2012 sobre a figura de Rosalia de Castro

ÁNXEL CASAL, un editor para GALIZA 09.02.2013

Conferencia de Xose Luis Axeitos no Ateneo de Santiago en decembro do 2012 sobre Ánxel Casal, fundador da Editorial Nós, desde onde continuou a publicación de A Nosa Terra ou a Revista Nós. A súa actividade como libreiro e impresor é fundamental para explicar o desenvolvemento do galeguismo na época de preguerra. Uniuse á Irmandade da Fala da Coruña, colaborou no Conservatorio da Arte Galega e foi...

MANUEL LEIRAS PULPEIRO por Xesús Alonso Montero 07.02.2013

Conferencia de Xesús Alonso Montero sobre Manuel Leiras Pulpeiro (1854-1912), que foi un escritor galego do Rexurdimento que escribiu un só libro, CANTARES GALLEGOS (1911), con cántigas de tipo popular e de temática costumista, patriótica e sátira anticlerical, onde eleva á categoría de mito a figura do Mariscal Pardo de Cela. Na altura rexeitou o seu nomeamento como membro da Real Academia Galega...

Listen to the A GALIZA e o GALEGO podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.