Mohawk
A GALIZA e o GALEGO
Bocadinhos da história galega nos seus diferentes aspectos: sociais, políticos, linguísticos, etc... Para compreendermos um pouco melhor a história e a língua da Galiza...
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
A realidade histórica de GALICIA por Álvaro Cunqueiro 11.12.2012 1:13:51
Conferencia pronunciada por Álvaro Cunqueiro no Centro Galego de Lisboa no ano 1971 que foi gravada no seu día en cassete e posteriormente dixitalizada polo Arquivo Sonoro de Galicia do Consello da Cultura Galega.
A posesión da terra na GALIZA, perspectiva histórica - Ramón Villares 11.12.2012 58:33
O Catedrático en Historia Contemporánea Ramón Villares, explica as razóns do minifundismo característico da terra galega
ANTONIO LÓPEZ FERREIRO e a tumba da Catedral de SANTIAGO 11.12.2012 1:08:03
Conferencia de Xosé Carro Otero no 2010, no Ateneo de Santiago, sobre a figura de Antonio López Ferreiro (1837-1910) relativo ao seu destacado labor que na descuberta das reliquias do apóstolo Santiago en razón á súa actividade como catedrático de Arqueoloxía Sagrada.
A REVOLTA IRMANDIÑA en SANTIAGO de COMPOSTELA 11.12.2012 1:12:30
Conferencia do historiador Carlos Barros no Ateneo de Santiago en xuño do 2012 sobre a Revolta Irmandiña no século XV nesta cidade.
REALIDADE e OCULTACIÓN do REINO de GALIZA 10.12.2012 53:19
Conferencia de Anselmo López Carreira na Asociación cultura Monte da Estrela sobre a realidade histórica e a ocultación historiográfica do Reino de Galiza
PRISCILIANO e o PRISCILIANISMO 10.12.2012 59:27
Conferencia de Victorino Pérez Prieto, Doutor en Teoloxia e Filosofia, sobre a figura de Prisciliano no Ateneo de Santiago en marzo do 2011
A CRISE do século VIII e o inIcio do MEDIEVO na GALIZA 10.12.2012 37:23
Sobre a Galiza, a crise do século VIII e a transición ao mundo medieval no "VI Simposio de arqueología Visigodos y Omeyas" en Madrid no 2010
A MURALLA de LUGO 30.10.2012 41:57
Extracto da conferencia do Historiador Adolfo de Abel Vilela sobre Lugo e a súa famosa muralla no 2011. Quen a queira escoitar íntegra pode ir ao podcast Gallaecia Romana do compañeiro Brigo.
O ZECA AFONSO estreou 'GRÂNDOLA, VILA MORENA' en Santiago de Compostela en maio de 1972 - recreación do Grupo Chévere 13.10.2012 11:09
O 10 de maio de 1972 o José Afonso estreou por vez primeira para o grande público, curiosamente en Santiago de Compostela, a súa mítica (e revolucionaria) canción Grândola, vila morena. Por este motivo, o grupo Chévere, cun fantástico Miguel de Lira (o famoso Currás de Mareas Vivas) metido na pel do cantautor, recrea en tono humorístico, cómo puido chegar o Zeca a partillar neste concerto.
As LUITAS OBREIRAS en FERROL e VIGO de 1972 13.10.2012 25:47
En 1972 sucederonse os episodios de reinvindicación obreira que culminaron coa morte de dous traballadores de Bazán (Daniel Niebla e Amador Rey) o 10 de marzo. Desde entón, todos os 10 de marzo son declarados Día da Clase Traballadora Galega.
Lembrando a ALEXANDRE BÓVEDA o día da GALIZA MÁRTIR 2012 04.10.2012 19:51
O día da Galiza Martir, o 17 de agosto do 2012, Mini e Mero fan este emotivo e lúcido discurso no cemiterio de Pontevedra na conmemoración do fusilamento de Alexandre Bóveda no 36: para non nos deixar paralizar pola desmemoria e polo medo da actual manipulación informativa que nos acosa no actual contexto de crise financiera-política-social.
ENSINO POPULAR antes da GUERRA CIVIL 29.09.2012 1:29:35
Conferencia de Antón Costas no 2011 sobre o ensino popular e a renovación pedagóxia da pre-guerra
O conflito das ENCROBAS 23.09.2012 18:01
o conflito de As Encobras transcurriu ao longo des últimos años da transición democrática española (1976-1979) na parroquia rural de este nome situada no interior da Coruña. A orixe do conflito estivo nun expediente de expropiación forzosa, aprovado polo agonizante goberno franquista, para desaloxar o val agrícola sobre o que se asentaba unha grande parte da poboación desta parroquia, e poder leva...
A REVOLTA contra o encoro de CASTRELO DE MIÑO 23.09.2012 29:57
O conflicto ocasionado polas expropiacións de terreos agrícolas do val do Miño, co fin de construir o encoro de Castrelo a meiados dos anos 6o, foi complexo. No conflicto de Castrelo de Miño houbo participación, no plano da legalidade, de importantes sectores sociais do conxunto de Galicia, o que se advirte na consulta hemerográfica. Varios avogados (Nemesio Barxa, Amadeo Varela e outros) manifest...
Alguns REPRESALIADOS na Guerra Civil en Ourense 23.09.2012 22:36
Jose Luis Fernández Díaz recorda, nesta conferencia, a algúns dos represaliados pola Guerra Civil Española en Ourense.
A minoria PROTESTANTE do Ourense da pre-guerra 23.09.2012 24:13
José Luis Fernandez Díaz falou nesta conferencia da minoria protestante asentada en Ourense antes da Guerra Civil.
CASTELAO e o seu PENSAMENTO POLÍTICO 21.09.2012 14:42
No 2011, con ocasión do 125 aniversario do nacemento de Castelao (nado en Rianxo o 30 de xaneiro de 1886), emitiuse este video-documental sobre o pensamento político do que está considerado o Pai do nacionalismo galego. Provén da TVBNG
GALIZA, nación europea 19.09.2012 1:10:49
Conferencia en 2005 do que fora Eurodeputado na altura, Camilo Nogueira, sobre as condicións fundamentais para ter a consideración de nación e para se constituir como Estado. Tamén trata as particulares condicións da Galiza, conforme parte do Estado español, así como tamé forma parte da Unión Europea. Provén do arquivo dixital da AGLP.
O doma da GALIZA nos SÉCULOS ESCUROS - Entrevista a Francisco Carballo 12.09.2012 23:44
Entrevista a Francisco Carballo en Radio Allariz no 2004. Francisco Carballo estudou Teoloxía e Historia (licenciado en 1954) en Madrid. En 1973 trasladouse Vigo como profesor da Escola Universitaria de Maxisterio. Especializado na Idade Moderna galega (ss. XVI-XVIII), así como no destacado papel que tivo a Igrexa na historia da Galiza. Francisco Carballo foi un dos fundadores do semanario A Nosa...
O REINO da GALIZA na IDADE MEDIA - Entrevista a Anselmo López Carreira 12.09.2012 44:07
Entrevista no 2004 en Radio Allariz a Anselmo López Carreira, licenciado (1976) e doutorado (1994) en Historia pola Universidade de Santiago, é Catedrático de Historia no IES María Soliño de Cangas do Morrazo, após ter traballado en Celanova, Verín, Santiago, Barcelona e Hannover; así como profesor titor de Historia Medieval pola UNED en Ourense. Tamén está ligado ao Instituto Padre Sarmiento de E...
Os CELTAS GALAICOS - Entrevista a André Pena Graña 12.09.2012 39:03
Entrevista no 2004 ao arqueólogo e historiador André Pena Graña, Doutor en Arqueoloxía e Historia Antiga pola Universidade de Santiago de Compostela. É arqueólogo e arquiveiro do Concello de Narón. Membro fundador e Decano do Instituto Galego de Estudos Célticos, que, entre outros aspectos, adícase ao estudo da celticidade da chamada Cultura Castrexa durante a Idade de Ferro galega. É un firme def...
BANDEIRAS da GALIZA - 2ª edición 11.08.2012 15:41
Presentación da segunda edición das Bandeiras da Galiza, libriño escrito por José Manuel Barbosa
Rosalia de Castro e o seu tempo 08.08.2012 38:55
Francisco Rodríguez fala da nosa insigne escritora Rosalia de Castro co gallo do seu libro "Rosalía de Castro, estranxeira na súa patria" na Asociación Cultural Vagalumes (Tabeirós-Terra de Montes) no 2011.
A Historia oculta do REINO GALEGO 31.07.2012 15:06
No 2009, organizado polo MIL, Movimento Internacional Lusófono, José Manuel Barbosa conferenciou sobre o ocultamento e negación do Reino da Galiza
Para unha crítica do ESPAÑOLISMO - Camilo Nogueira 30.07.2012 9:07
Parte dunha entrevista a Camilo Nogueira con motivo da recente publicación do seu último libro "Para unha crítica do Españolismo" no que argumenta que a historia oficial de españa non se pode explicar correctamente se continúa a ignorar, cando non negar (como acontece co Reino da Galiza), outras realidades históricas que, ao fin e o cabo, constitúen a súa propia feitura histórica
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.