Cristina Terceiro
Viaxantas Podcast
Viaxantas é un podcast mensual en galego para os amantes das viaxes, as experiencias e a boa comida. Un espazo dirixido por 🎙Cris Terceiro con entrevistas e no que ti tamén podes facernos chegar as túas achegas e recomendacións.
Koniecznie odwiedź stronę podcastu i wesprzyj twórcę: www.ivoox.com
Gdzie słuchać?
Podcasty w aplikacji Replaio Radio Już wkrótcePodcasty trafią do aplikacji już wkrótce. Zainstaluj teraz i jako pierwszy zobacz nowe podejście do podcastów
Odcinki
#26 Praga: Tras as pegadas do nazismo e do comunismo 30.07.2023 53:12
Xa coñecemos o corazón turístico de Praga, agora afondamos na súa gastronomía, nas súas xentes e na súa historia da man de Vanesa Noya. Con ela cruzaremos a ponte de Carlos IV para achegarnos ó Castelo de Praga, cońecer á Barbie de Praga ou pasar polo muro de John Lennon. Mais tamén falaremos do peso que a historia recente do país ten na cidade e nas súas xentes, do nazismo ó comunismo. Ademais, a...
#25 Praga: unha cidade chea de contrastes 23.04.2023 48:07
Praga é unha das cidades máis fermosas de Europa. Seguramente tes no maxín a imaxe icónica da ponte de Carlos IV que une o Castelo de Praga coa cidade vella, ou a armonía de pontes que adornan o río Moldava dende calquera punto panorámico. Mais na cidade das cen torres e as mil puntas tamén hai espazo para o deconstructivismo da casa danzante e as obras do artista checo David Černý, espalladas por...
#24 Tromsø: á caza das auroras boreais 22.01.2023 45:32
Achegámonos a Tromsø, tamén coñecida como a capital do Ártico, para gozar dun dos mellores espectáculos naturais do inverno: as auroras boreais. No episodio 24 de Viaxantas falaremos dos atractivos que agocha esta fermosa cidade noruega, situada a tan só 350 kilómetros do cículo polar Ártico e rodeada de montañas, fiordos e illas. Descubriremos máis sobre o pobo Saami, falaremos de gastronomía, mú...
#23 A Costa Amalfitana: expectativas vs realidade 07.08.2022 1:07:04
A Costa Amalfitana é un espectacular balcón natural ao mar Tirreno. Un deses destinos soñados, mil e unha veces fotografado e que ofrece sol, praia, solpores únicos e boa gastronomía. Pero que ocorre cando as expectativas chocan coa realidade? No 23 de Viaxantas percorremos estes 55 kilómetros da costa italiana da man da xornalista Maria Sabarís e reflexionamos sobre destinos masificados e sobre o...
#22 Aos pés do Vesubio: Pompei vs Ercolano 03.07.2022 1:03:35
A historia é o fío condutor deste episodio de Viaxantas. Da man de Carme Saborido, achegámonos á rexión italiana de Campania para coñecer a cidade greco-romana de Paestrum, entrar nas famosas ruínas de Pompeia e admirar a outra vítima do Vesubio, Ercolano. Ademais, o noso roteiro inclúe paradas en Nápoles e Salerno. Dalle ao play para iniciar este paseo. NOTAS DO EPISODIO: * Subscríbete á Newslett...
#21 Muíños do Folón e do Picón: unha panorámica transfronteiriza 22.05.2022 42:17
Achegámonos aos Muíños do Folón e do Picón, no Rosal, para recomendarche unha actividade ao aire libre que ten de todo: historia, tradición, deporte, natureza e unhas vistas de postal sobre o Miño, albiscando o perfil da fronteira portuguesa e co Monte de Santa Trega sobresaíndo coma un guieiro nos días despexados. Neste roteiro axudaranme a recrear a imaxe sonora do lugar os fundadores da web Gal...
#20 Os días tolos en Colonia 20.03.2022 26:23
Os "días tolos" é o nome que recibe a semana grande dun dos entroidos máis populares de Europa, o carnaval de Colonia (Alemaña). Unha celebración á que cheguei sen querer e na que atopei algunha que outra semellanza con Galicia que che conto neste episodio de Viaxantas. Falaremos un pouco de historia, de tradicións e da faciana máis moderna desta cidade con 2000 anos, pero tamén da súa maxestuosa...
#19 San Telmo en clave galega 12.02.2022 1:08:48
Apetéceche seguilos pasos dunha ruta migrante doutro tempo? Ese é o obxectivo deste episodio no que nos achegamos a un dos barrios máis bohemios de Suramérica. Volvemos ao meu querido Bos Aires, pero desta para descubrir a cara máis galega do centro histórico porteño: San Telmo. Un paseo no que me acompañan Andrés da Pedra - o guía gaiteiro - e Diego Martínez Duro - presidente da Federación de Aso...
#18 Descifrando Ámsterdam 17.01.2022 1:16:53
Apetéceche coñecer unha das cidades con máis ambiente de Europa? Entón este episodio é para ti, porque imos descubrir unha capital que transmite vitalidade e promete longas e intensas noites de festa. Un lugar cun mar de propostas culturais e que convida a facer algunha que outra falcatruada. Benvid@ a Ámsterdam! Neste paseo contamos con dous viaxeiros de excepción: Fran da Lobeira axudaranos a de...
#17 Sabucedo en 360º 22.12.2021 1:11:23
Benvid@ a esa Galicia profunda da que moitos presumimos. Neste episodio voute levar a unha parroquia galega que cada mes de xullo protagoniza portadas en medio mundo, aínda que durante o resto do ano non saibamos tanto dela. Por que en Sabucedo (A Estrada, Pontevedra) o traballo continúa paseniño os 365 días do ano para preservar, non só unha das tradicións máis senlleiras de Galicia, senón un eco...
#16 Puglia en solitario 05.12.2021 35:48
Volve Viaxantas, este espazo de encontro para corremundos con ganas de compartir historias e destinos. No episodio 16 estreamos tempada, a segunda xa, e percorremos un lugar con postas de sol capaces de emocionar ata ao teu amigo máis toxo. Imos coñecer a rexión italiana de Puglia e as súas xentes, que para aqueles que non se sitúen vén a ser o tacón da bota que todos debuxabamos á perfección de c...
#15 O Grove, unha loa á tradición mariñeira 01.08.2021 1:04:23
O Grove é un paraíso gastronómico con maiúsculas que contenta o estómago e alegra a vista, grazas os seus miradoiros, as súas praias de area fina, as súas augas atlánticas de azul intenso e todo o ambiente dun destino de excelencia para turistas de preto e de lonxe. Ao percorrer as súas rúas ou degustar os seus pratos decátaste de que son, por sí sós, unha loa á tradición mariñeira, intrínseca ao...
#14 A volta ao mundo en paisaxes sonoras 18.07.2021 1:06:42
Agardo que esteas listo ou lista para a aventura sonora que che teño preparada porque esta vai ser unha viaxe no espazo e no tempo a través de tódolos continentes. Imos percorrer Panxea, esa masa xigante de terra emerxida, á que hoxe separan mares e océanos. E imos facelo a través da música, dos instrumentos e das civilizacións que lles deron vida con dous grandes mestres que se adican a recuperar...
#13 O espírito do Camiño, con Wendy Werneth 04.07.2021 39:29
Se hai algo que nos identifica en boa parte do mundo e polo que moitas persoas de lonxe sitúan Galicia no mapa, iso é o Camiño de Santiago. Por iso, neste ano Xacobeo no podía faltar en Viaxantas algunha referencia a esta ruta milenaria. Colle uns tenis cómodos, pon a mochila ás costas e a túa cuncha de peregrino porque no episodio 13 do podcast farémolo Camiño Nascente portugués, o da Gueira e do...
#12 Aventuras na illa dos volcáns 20.06.2021 55:15
O episodio 12 de viaxantas é culpa, única e exclusivamente, da vaga de calor que estamos a ter por Bélxica estes días e que conseguiu que a miña mente só pense nunha escapadas refrescantes, con praias paradisíacas onde sopre unha brisa agradable constante, e na que poder gozar de bos parques naturais. E tendo isto en conta, decidín que xa era hora de que neste podcast falásemos dunha illa. Unha de...
#11 Cuntis, máis ca un paraíso termal 06.06.2021 1:02:21
Ti como describirias a vila na que te criaches? Ese é o reto que che lanzamos no episodio 11 de Viaxantas Podcast. Aquí imos falar de historia castrexa e romana, de termalismo e de roteiros de sendeirismo. Benvid@s a Cuntis, esa vila tranquila que ten moito máis para ofrecerche ca termalismo. E para enterder mellor este municipio falamos con tres persoas que a coñecen ben: Heitor Picallo, ilustrad...
#10 Un paseo medieval 23.05.2021 21:01
No episodio 10 de Viaxantas imos dar un paseo medieval a unha das cidades máis fermosas do corazón de Europa: Bruxas. Se queres saber a razón pola que aos habitantes de Bruxas lles chaman "tolos", se é certo que as casas teñen un grifo de cervexa directo da fábrica aos seus salóns ou por qué venden "souvenirs" específicos para hispanofalantes, dalle unha escoita a este novo episodio do teu podcast...
#9 As letras galegas en América 08.05.2021 1:38:51
Maio é o mes por excelencia das nosas letras e da nosa lingua, o galego, aínda que honralas, querelas e utilizalas debemos facelo os 365 días do ano. Por iso, no episodio 9 de Viaxantas quero sacar ámbalas dúas da súa zona de confort e ver cómo latexan, cómo medran e se expanden nun continente histórico para os galegos, América. E para facelo,a compañareime do presidente da Real Academia Galega, V...
#8 Ribeira Sacra, a posta en valor do rural 25.04.2021 54:06
No episodio de hoxe imos coñecer unha das xoias naturais de Galicia, a Ribeira Sacra. Aínda que non imos quedar só nas súas paisaxes impoñentes, adentrarémonos tamén no románico rural galego e camiñaremos entre vides da man das súas xentes, para falar da posta en valor do noso rural. Son os seus habitantes os que fan a maior reivindicación de futuro para as súas vilas, como opción para vivir, par...
#7 Un tren ás nubes 11.04.2021 23:51
Collede un asento de ventá e poñédevos cómodos e cómodas porque acabades de subir a bordo dun tren que vos levará case ata o ceo. Neste episodio transportámonos novamente a América Latina para acariñala pachamama, tocalas nubes e descubrila cara B do norte arxentino. Moi boas, son Cristina Terceiro e isto é Viaxantas Podcast! Nesta escapada sonora imos coñecer unha das obras de inxenierías máis im...
#6 Pico Sacro, onde a historia e a lenda se confunden 28.03.2021 1:07:35
Que vos parece se falamos dunha das paisaxes máis simbólicas de Galicia, un lugar dende o que eres capaz de observar terras das catro provincias galegas e que como dicía Manuel María, está ferido polo lóstrego e a lenda. No episodio 6 de Viaxantas só me fai falta abrila fiestra da casa dos meus pais para levarvos ata o Pico Sacro. Acompañádesme? Para este paseo vou contar cun popurrí de voces, ent...
#5 Viaxar ao corazón dunha pirámide 14.03.2021 16:37
Imaxinas como poder ser adentrarse no corazón dunha pirámide exipcia? Si, si.. nas mesmas que soterraban aos faraóns hai milleiros de anos e que estaban pensadas con mil e unha trampas para evitar que calquera persoa con malas intencións perturbase o descanso eterno destas pseu-divindades. Ben, pois no quinto episodio de Viaxantas Podcast imos ata o Cairo para descubrir este e outros segredos dunh...
#4 Bos Aires con Jose Lemur 28.02.2021 50:05
Hai lugares que son especiais, ben polas súas xentes, polas historias que agochan ou polas experiencias que vivimos neles. Eu hoxe vouvos levar a unha cidade especial para min porque combina eses tres elementos, pero tamén algún máis. Bos Aires é esa cidade que lle deu os últimos trazos á miña madurez en construcción, transformou o meu xeito de viaxar e deulle novos significados a palabras como am...
#3 Viva o entroido! 13.02.2021 32:25
Eu nacín no mes do entroido por excelencia e, como tal, medrei escoitando unha e outra vez iso de "oh, un entroidiño!" cada vez que dicía en voz alta a data do meu aniversario. Unha resposta que recibía con gusto, non vaiades pensar. Porque ademáis dese algo máxico que existen en disfrazarse e convertirse noutra persoa por unhas cantas horas nas que case todo vale para botar unha risas, o entroido...
#2 Unha cea prehistórica 31.01.2021 25:15
Neste episodio viaxamos ata a Patagonia arxentina para gozar dunha cea prehistórica e unhas vistas de película. Imos coñecer as covas de Walichu, o primeiro xacemento arqueolóxico que se descubriu na zona, pero tamén Punta Bonita e o inmenso lago Argentino. Para que me axuden a achegarvos as sensacións que transmite este lugar conto con outros dous viaxeiros: Jorge Barrio e Sol Santacroce. Agardo...
Podobne podcasty
Replaio nie jest wydawcą podcastów; nazwy audycji, okładki i audio należą do ich autorów i są rozpowszechniane przez publiczne kanały RSS