Radio Ü

Radio Ü

Podcast especiais emitidos en Radio Ü, radio escolar do CEIP Plurilingüe do Camiño Inglés.

Koniecznie odwiedź stronę podcastu i wesprzyj twórcę: www.ivoox.com

Autor

Radio Ü

Kategoria

Education

Strona podcastu

www.ivoox.com

Ostatni odcinek

27 mar 2026

Gdzie słuchać?

Podcasty w aplikacji Replaio Radio Już wkrótce

Podcasty trafią do aplikacji już wkrótce. Zainstaluj teraz i jako pierwszy zobacz nowe podejście do podcastów

Pobierz z Google Play Zainstaluj za darmo Android 5 mln+ pobrań · ocena 4,8 iOS niedługo

Odcinki

X Semana Solidaria de Teatro_Entrevista a Perico Balado 27.03.2026

O alumnado do CEIP do Camiño Inglés entrevistan ao padriño desta edición da Semana Solidaria de Teatro.

Entrevista a Alberto Mancebo 12.03.2025

Con motivo da Semana da Prensa, o alumnado do CEIP Plurilingüe do Camiño Inglés entrevista ao xornalista Alberto Mancebo.

Programa Especial de Nadal 23.12.2024

Este é un programa moi especial para a Radio Ü pois trátase dunha colaboración entre a nosa radio e a Radio Gaga de Oroso do IES de Oroso. As nosas reporteiras Inés, Gabriela, Naia, Noa e Zaira xunto con Aitana e Mateo, de 1º de Primaria, e Eric, de 6º de Infantil, fan unha entrevista e son entrevistadas polas reporteiras e exalumnas Abril, Alejandra, Amira, Antía, Anxo e Lucía, e a reporteira And...

Ver para crecer 3x01_Azores 27.06.2024

Dúas mestras do CEIP Plurilingüe do Camiño Inglés desprázanse a Azores para coñecer algo máis sobre o seu sistema educativo. Aquí nos ensinan algunhas cousas que sen dúbida nos van sorprender.

Delia, bisavoa de Isaac_VII Certame de Entrevistas Radiofónicas 26.06.2024

Isaac, alumno de 3EP entrevista á súa bisavoa Delia, dentro do Certame de Entrevistas Radiofónicas. Con motivo do Proxecto Festa conversamos sobre o San Lucas, festividade á que esta muller non faltou nunca nos seus máis de 90 anos.

Entrevista a Lito Garrido_VII Certame de Entrevistas Radiofónicas 12.06.2024

Quen pode saber máis das festas en Galicia? Sen dúbida, Lito da Panorama. Os nosos alumnos, Diego e Izán, entrevístano. Teñen unha interesante conversa sobre a historia da verbena, a súa evolución, o que supón na nosa cultura. En fin, dentro do noso Certame de Entrevistas 2024, toda unha festa.

Entrevista a Tania Veiras_VII Certame de Entrevistas Radiofónicas 30.05.2024

Con motivo do VII Certame de Entrevistas Radiofónicas do CEIP Plurilingüe do Camiño Inglés, Daniela entrevista a Tania Veiras. A alumna elixe a esta artista no marco do tema do certame, o Proxecto Festa. Todo un acerto e unha delicia de conversa.

Entrevista a Fernando Segade Roca 28.05.2024

O alumnado do CEIP Plurilingüe do Camiño Inglés, con motivo da xubilación do conserxe, Fernando; fan unha entrevista para coñecer algo máis da súa traxectoria profesional.

Entrevista a Abraham Cupeiro_VII Certame de entrevistas radiofónicas 25.04.2024

Antonio, alumno do CEIP Plurilingüe do Camiño Inglés, gañador do VII Certame de Entrevistas Radiofónicas 2024, entrevista a Abraham Cupeiro.

Ver para crecer 2x01Finlandia 13.07.2023

Dentro do programa Erasmus+, tres compañeiras desprázanse a Finlandia para poder observar de primeira man o funcionamento do seu sistema educativo. As claves podemos atopalas neste podcast.

1H1M_Proxecto Schola 2 15.06.2023

Máis historias sobre a escola contadas dende o punto de vista do alumnado do CEIP Plurilingüe do Camiño Inglés.

1H1M_Proxecto Schola 15.06.2023

Pequenas historias sobre a escola contadas polo alumnado do CEIP Plurilingüe do Camiño Inglés.

VI Certame de Entrevistas Radiofónicas_Luis Gutiérrez 23.05.2023

Dentro do Proxecto Schola, Abril, finalista do VI Certame de Entrevistas Radiofónicas, centrado nesta ocasión na educación, conversa con Luis Gutiérrez, profesor leonés que foi nomeado mellor maestro de España en 2022 nos premios Educa Abanca.

VI Certame de entrevistas radiofónicas_Román Rodríguez_Conselleiro de Educación 18.05.2023

Lucas e Lois, gañador e finalista do VI Certame de Entrevistas Radiofónicas do CEIP Plurilingüe do Camiño Inglés, entrevistan a Román RodrÍguez, Conselleiro de Educación da Xunta de Galicia. Dentro das actividades do noso Proxecto Schola, pretendemos achegarnos ao mundo da educación e coñecer en profundidade a súa importancia na sociedade.

V Certame de Entrevistas Radiofónicas_Isaac Martínez Mirás 19.07.2022

Dentro do Proxecto Cardume, Lucía Pazos, finalista desta edición pregunta a alguén moi especial sobre cuestións relacionadas coa cultura da auga e, en especial, da pesca.

Ver para crecer 1x01 15.07.2022

No programa Erasmus+ KA101 tivemos a oportunidade de visitar centros educativos en Portugal, Italia e a República Checa. A partires destas entrevistas pódese coñecer algo mellor como son os sistemas educativos deses países, cales son as boas prácticas que realizan nos seus centros, e en definitiva, reflexionar sobre o papel da escola. Eso sí, en varios idiomas.

V Certame de Entrevistas Radiofónicas_Marcos Martín González_Viaqua 09.06.2022

Dentro do V Certame de Entrevistas Radiofónicas, Icía Castro, alumna de 6EP, entrevista a Marcos Martín González, Director Xeral de Viaqua. Con el aprendemos sobre a xestión da auga, da situación particular de Galicia, dos problemas medioambientais relacionados con esta temática, e de como comportarse responsablemente neste ámbito.

V Certame de Entrevistas Radiofónicas_Rogelio Santos Queiruga 08.04.2022

Lucas, finalista do V Certame de Entrevistas Radiofónicas que ten como temática a auga, entrevista a Rogelio Santos Queiruga. Mariscador e mariñeiro, é popular pola súa presenza en redes sociais na defensa da biodiversidade e da sostenibilidade dos océanos. Todo un luxo.

IV Semana Solidaria de Teatro_A lebre e a tartaruga no 2050 17.06.2021

O grupo de 6EI do CEIP Plurilingüe do Camiño Inglés fai esta adaptación para a IV Semana Solidaria de Teatro 2021. A lebre segue igual de fachendosa que sempre e mofase da lentitude da tartaruga, pero estamos no ano 2050 e os tempos cambian. Seguro que se levará algunha sorpresa.

IV Semana Solidaria de Teatro_O misterio das cabazas desaparecidas 20.05.2021

Participación do grupo de segundo de educación primaria na IV Semana Solidaria de TEatro do CEIP Plurilingüe do Camiño Inglés. Esta obra de teatro conta o que lle ocurreu a un grupo de alumnos e alumnas dun colexio cando estaban participando nun concurso de decoración de cabazas no ano 2050.

O paisano das moscas 19.05.2021

Participación do grupo de 4BEP na IV Semana Solidaria de Teatro 2021. Presentan unha adaptación da obra de Antonio Torrado. O protagonista vese abafado por unha nube de moscas das que non se dá librado. Con gran desesperación, pide axuda a todo aquel que se digna a escoitalo; ata que ocorre algo inesperado...

Radio e Polonio nº1 07.05.2021

Primeiro programa deste espazo de ciencia que elabora o alumnado do CEIP Plurilingüe do Camiño Inglés. Actualidade, historia, xogos. Ciencia na Escola. #cienciaenradioÜ #radioepolonio

Proxecto 2050_A roupa 29.04.2021

O grupo de 4ºB de educación primaria fai as súas achegas ao Proxecto 2050. Que pasará co mundo da moda? Que cambios haberá que facer para que sexa máis sostible? Será moi diferente a como é hoxe? Todas as respostas aquí.

IV Certame de Entrevistas Radiofónicas_Entrevista a Fernando Simón Soria 13.04.2021

Con motivo do IV Certame de Entrevistas Radiofónicas do CEIP Plurilingüe do Camiño Inglés, a finalista, Icía Castro de 5º de EP, entrevista ao Dr. Fernando Simón Soria. Por todos/as coñecido, dirixe o Centro de Coordinación de Alertas e Emerxencias Sanitarias. Infórmanos sobre a actualidade da pandemia, pero especialmente, dános o seu punto de vista sobre o futuro no ámbito da saúde.

IV Semana Solidaria de Teatro_A batalla de Sigüeiro 12.04.2021

O grupo de 6BEP do CEIP Plurilingüe do Camiño Inglés participa na IV Semana Solidaria de Teatro. Representan esta peza de audioteatro que recrea o acontecido o 13 de abril de 1846 en Sigüeiro, durante o pronunciamiento progresista. As tropas comandadas por Solís, dun lado; e Puig Samper, doutro; enfrontáronse na ponte sobre o río Tambre. Esta batalla tivo a súa continuación na de Cacheiras e días...

Słuchaj podcastu Radio Ü w Replaio

Radio i podcasty w jednej aplikacji - za darmo, bez zakładania konta. Zainstaluj już dziś i nie przegap premiery

Pobierz z Google Play

Replaio nie jest wydawcą podcastów; nazwy audycji, okładki i audio należą do ich autorów i są rozpowszechniane przez publiczne kanały RSS