Son da Baña

O son da Baña

Canle de podcast do alumnado do CPI de San Vicente da Baña: reportaxes, entrevistas, recomendacións de lectura e contos para escoitar en familia.

Koniecznie odwiedź stronę podcastu i wesprzyj twórcę: podcasters.spotify.com

Autor

Son da Baña

Kategoria

Education

Strona podcastu

podcasters.spotify.com

Ostatni odcinek

5 mar 2026

Gdzie słuchać?

Podcasty w aplikacji Replaio Radio Już wkrótce

Podcasty trafią do aplikacji już wkrótce. Zainstaluj teraz i jako pierwszy zobacz nowe podejście do podcastów

Pobierz z Google Play Zainstaluj za darmo Android 5 mln+ pobrań · ocena 4,8 iOS niedługo

Odcinki

#ContosNaLareira10: Caracol e caracola 05.03.2026

Un conto de Armando Quintero narrado polos nenos e nenas de 5º de Educación Infantil do CPI de San Vicente da Baña.

As letras cantan, e A Baña tamén 26.03.2025

Neste programa monográfico, conectamos as homenaxeadas nas Letras Galegas deste 2025 con mulleres próximas a nós, e mais con propostas musicais actuais plenamente vivas. Coa colaboración de Avelina Fontenla e Consuelo García, e músicas de Leilía ("Jota de Eva") e Fillas de Cassandra ("Tataravoa"). O traballo presentouse ao VII Concurso de Podcasts Radio na Biblio, proxecto da C...

Día de Rosalía 2025 24.02.2025

No día de hoxe, para conmemorar o Día de Rosalía de Castro e a lingua galega, o alumnado da ESO que forma parte do Equipo de Dinamización da Lingua Galega recitou diferentes poemas da nosa autora, integrados no seu libro "Cantares Gallegos".

#SetenotasSetecores3: Branco 10.06.2024

Un podcast de cores e música realizado polo alumnado de música de 2º de ESO.

#SetenotasSetecores2: Amarelo 10.06.2024

Un podcast de música e cores realizado polo alumnado de música de 2º de ESO.

#SetenotasSetecores1: Azul 10.06.2024

UN podcast de música e cores creado polo alumnado de música de 2º de ESO.

#ABañaEntrevista: Charo Pita, escritora e contadora de contos 27.04.2024

O alumnado de 1º de Primaria entrevista á escritora e contadora de contos Charo Pita.

#ABañaEntrevista: Laura Suárez, escritora e ilustradora 27.04.2024

O alumnado de 2º de primaria entrevista á escritora e ilustradora Laura Suárez , autora do fermoso álbum Monte Pindo e moitos libros máis.

Entrevista alumnado de 6º: 8 de marzo do 2024 19.03.2024

Nesta ocasión o alumnado de 6º de Educación Primaria fálanos do 8 de marzo, da muller e da canción que prepararon para esta data. Tamén nos propoñen un reto;)

#OsDiapaes1 - Aventuras polo mundo 09.02.2024

Neste interesante podcast,  alumnado de 6º EP, da materia de Proxecto Competencial, falaranvos sobre as características de diferentes países do mundo. Neste primeiro episodio estarán en España.

#ContosNaLareira9: Fiz, o coleccionista de medos 21.11.2023

Un conto de Fina Casalderrey, ilustrado por Teresa Lima e publicado por OQO editora. Podcast realizado polo alumnado de 4º de primaria do CPI de San Vicente da Baña.

#ContosNaLareira8: O noso samaín 01.11.2023

Audioconto realizado polo alumnado de 3º de EP co gallo da festa do Samaín.

#Radioteatro 2: Mamasiña que medo! 19.06.2023

Peza teatral Mamasiña que medo!, de Chus Pereiro e ilustrada por Cuchi Souto, realizada polo alumnado de 6º de EP do CPI de San Vicente da Baña.

#Radioteatro1: Planeta Bugallo 4 10.06.2023

Cuarto capítulo da peza teatral Planeta Bugallo , de Raquel Castro, publicada na editorial Galaxia e realizada polo alumnado de 5º de EP do CPI de San Vicente da Baña.

#Radioteatro1: Planeta Bugallo 3 10.06.2023

Terceiro capítulo da peza teatral Planeta Bugallo , de Rauel Castro, publicada pola editorial Galaxia, realizado polo alumnado de 5º de EP do CPI de San Vicente da Baña.

#ABañaEntrevista: André Arzúa visita o noso horto escolar 01.05.2023

O venres 21 de marzo, o cociñeiro André Arzúa visitou o noso horto escolar ecolóxico, e despois de pasar unha mañá fantástica, aprendendo con el e con Carmen Freire, André concedeunos esta entrevista, na cal o coñecemos un pouquiño mellor. Os realizadores da entrevista foron: Jimena, Iago, Vera e Emma de 4º de EP, e na mesa de son Aitana, de 2º de ESO.

#Radioteatro1: Planeta Bugallo 2 27.04.2023

Segundo capítulo da peza teatral Planeta Bugallo , de Raquel Castro, realizada polo alumnado de 5º de EP do CPI de San Vicente da Baña.

#Radioteatro1: Planeta Bugallo 30.03.2023

Primeiro capítulo da obra teatral Planeta Bugallo, escrita por Raquel Castro e publicada pola Editorial Galaxia, realizado polo alumnado de 5º de Primaria do CPI de San Vicente da Baña.

#ContosNaLareira7: O baile das sombras 02.11.2022

Conto viaxeiro escrito polo alumnado de 1º a 4º de ESO e 2º a 6º de EP. Coas voces de: Lara, Ana, Yago e Nerea de 4º de ESO, Amaia, Fabián, Carla, Paula e Xabier de 6º de EP, Naiara, Area, Nerea, Dani, Pablo, Adrián e Markel de 5º de EP, Leo, Emma, Martina, Leo e Cibrán de 4º de EP, Alejandro, Nico, Noa, Pablo, Khadija, Izan, Mateo, Dani, Rubén, Aira e Sara de 3º de EP e Leire, Marta, Roi e Valent...

#ABañaInvestiga6: A diversidade afectiva e sexual 11.10.2022

Un interesante podcast informativo sobre as diversas maneiras de querer,  de sentirse e de expresarse ante a sociedade,  realizado polo alumnado de ESO membro do Equipo de Igualdade do CPI de San Vicente da Baña.

#ContosNaLareira6: La fábrica de etiquetas 29.05.2022

La fábrica de etiquetas , de Emma Piquer e ilustrado por Calle, publicado pola editorial Juventud.  Un audioconto realizado polo alumnado de 4º de Primaria do CPI de San Vicente da Baña. 

#ABañaInvestiga3: Os arrecifes de coral 14.05.2022

Investigación sobre os arrecifes de coral e entrevista á bióloga mariña María Lapido. Guión, locución, produción, edición e montaxe de Anna, Antía, Amparo e Saray, 1º de ESO A, na materia de Investigación e Tratamento da Información.

#TocataeFuga1: Francesca Caccini e Maddalena Casulana 14.03.2022

Primeiro capítulo do noso programa Tocata e Fuga , unha viaxe no tempo para coñecer a música do Barroco da man do alumnado de Música de 3º de ESO.

#ContosNaLareira5: As manoplas de Carapuchiña 30.12.2021

Un conto invernal de Inés Almagro, realizado polo alumnado de 5º de EP do CPI de San Vicente da Baña. Música: Winter Ride, de Twin Musicom, está protexida por unha licenza Creative Commons (atribución 4.0). https://creativecommons.org/licenses/by/4.0/ Fonte: http://www.twinmusicom.org/song/308/winter-ride Artista: http://www.twinmusicom.org Dance of the Sugar Plum Fairy, de Kevin MacLeod, está pro...

#ContosNaLareira4: Artur e Clementina 08.12.2021

Co gallo do 25 de novembro, alumnado de 2º e 3º de EP e 4º de ESO, recuperan este fermoso relato de Adela Turin, ilustrado por Nella Bosnia e publicado pola Editorial Kalandraka. Porque, no amor, non todo vale. Música:  Sunny Day, Red Mathis Je suis seul ce soir

Słuchaj podcastu O son da Baña w Replaio

Radio i podcasty w jednej aplikacji - za darmo, bez zakładania konta. Zainstaluj już dziś i nie przegap premiery

Pobierz z Google Play

Replaio nie jest wydawcą podcastów; nazwy audycji, okładki i audio należą do ich autorów i są rozpowszechniane przez publiczne kanały RSS