Radio Municipal de Tui

Informativos

News GL ↓ Odcinki: 3672

Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está presente en Noticias 13.30 h cada día de luns a venres de 13.30 a 14.00 h.

Koniecznie odwiedź stronę podcastu i wesprzyj twórcę: www.ivoox.com

Autor

Radio Municipal de Tui

Kategoria

News

Strona podcastu

www.ivoox.com

Ostatni odcinek

5 lis 2026

Gdzie słuchać?

Podcasty w aplikacji Replaio Radio Już wkrótce

Podcasty trafią do aplikacji już wkrótce. Zainstaluj teraz i jako pierwszy zobacz nowe podejście do podcastów

Pobierz z Google Play Zainstaluj za darmo Android prawie 10 mln pobrań · ocena 4,7+ iOS niedługo

Odcinki

Noticias 13.30h - Martes, 8 de novembro de 2016 08.11.2016

A actualidade de Tui e do Baixo Miño en Noticias 13.30h

Tui pon en marcha dúas iniciativas co gallo do Día Internacional contra a violencia de xénero 07.11.2016

O 25 deste mes celébrase o Día Internacional contra a violencia de xénero, motivo polo que dende o concello de Tui se poñen en marcha dúas iniciativas. Dunha banda convócase por noveno ano consecutivo Concurso Fotográfico/Literario Relación Home Muller 100% Positiva, e por outra o Concello súmase á campaña “En negro”.

Tui espera sumarse ao novo Plan Revitaliza da Deputación para potenciar a compostaxe 07.11.2016

O concelleiro de medio Ambiente de Tui, José Martínez Tato, vén de reunirse cos seus homólogos do resto de concellos da provincia co gallo de acordar o novo plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra que busca reducir drasticamente o lixo a través da reciclaxe en compost.

Noticias 13.30h - Luns, 7 de novembro de 2016 07.11.2016

A actualidade de Tui e Baixo Miño deste luns, 7 de novembro, en #Noticias1330. Estes son parte dos titulares de hoxe: - Tui espera sumarse ao novo Plan Revitaliza da Deputación Pontevedra para potenciar a compostaxe. - O Concello de Tui convoca o noveno Concurso Fotográfico/Literario Relación Home Muller 100% positiva - Unha persoa resulta ferida despois de saírse da vía e caer por un barranco en...

Noticias 13.30h - Venres, 4 de novembro de 2016 04.11.2016

A actualidade de Tui e do Baixo Miño en Noticias 13.30h

O paro subiu en 392 persoas en outubro no Baixo Miño 03.11.2016

Mal dato o do paro na comarca do Baixo Miño o pasado mes de outubro xa que o número de desempregados subiu en todos os concellos e sectores. Hai 392 parados máis, unha suba que obedece sobre todo ao incremento en Agricultura e Pesca e no Sector Servizos ao rematar os contratos estacionalizados refidos tanto á campaña de verán no sector servizos coma á colleita na agricultura.

Noticias 13.30h - Xoves, 3 de novembro de 2016 03.11.2016

A actualidade deste xoves, 3 de novembro nos informativos da Radio Municipal de Tui

Como temos que reciclar? Damos conta das dúbidas máis comúns 03.11.2016

Envases de plástico, envases metálicos e brics van ao amarelo. Envases de cartón e papel, ao azul, e vidro, botellas e tarros sen tapa, ao verde. Pero para os que teñan aínda dúbidas, a monitora debulla os nosos erros máis comúns.

Máis de 1.000 persoas escolleron Tui como punto de partida para facer o Camiño en outubro, o mellor dato dende 2010 03.11.2016

Tui viviu o mellor mes de outubro con respecto ao numero de peregrinos que saíron da cidade dos últimos 6 anos. En total, 1.022 persoas saíron da nosa cidade para realizar o Camiño de Santiago até Compostela. Xunto con Valença, que foi punto de partida de 572 camiñante, a Eurocidade situase como o cuarto punto de saída mais escollido polos peregrinos, por detrás de Porto, S. Jean P. Port e Sarria,...

Operativa de novo a zona azul en Tui 02.11.2016

As rúas Augusto González Besada, Foxo, Travesía Foxo, Rosa Bahamonde e Paseo de Calvo Sotelo contan dende hoxe con estacionamento gratuíto limitado no tempo. Os días laborais en horario de 9 a 13h e de 16 a 21h só se poderá estacionar un máximo de hora e media débese colocar o reloxo indicador da hora de chegada O Concelleiro de Seguridade, José Ramón Magán, explicaba as características deste sist...

Noticias 13.30h - Mércores, 2 de novembro de 2016 02.11.2016

En Noticias 13.30h contamos a actualidade de Tui e do Baixo Miño

Dende mañá volve funcionar a zonal azul en Tui 31.10.2016

Dende mañá 1 de novembro o estacionamento nas rúas Augusto González Besada, Foxo, Rosa Bahamonde, Travesía Foxo e Calvo Sotelo será limitado no tempo ao implantarse de novo a zona azul.

A peonalización do conxunto histórico comezarase a aplicar de forma gradual antes do remate do ano 31.10.2016

A peonalización do conxunto histórico de Tui podería ser realidade antes de que remate este ano. A súa implantación realizarase de forma gradual segundo avanzou a concelleira de Patrimonio Carmen Núñez.

Noticias 13:30 - Luns, 31 de outubro de 2016 31.10.2016

Estes son parte dos titulares de hoxe: - A peonalización do conxunto histórico de Tui comezarase a aplicar de forma gradual antes de que remate o ano - Dende mañá volve a funcionar en Tui a zona azul - O domingo celébrase o I Concurso de Pintura "Pinta Tui" - Deputación Pontevedra e Fomento pechan un preacordo que garanta o cumprimento do programa dos castros da provincia - O Rosal estrea nova sin...

A Deputación e Fomento pechan un preacordo que garanta o cumprimento do programa dos castros da provincia 31.10.2016

A Deputación de Pontevedra e o Ministerio de Fomento veñen de alcanzar un preacordo que permitirá o total desenvolvemento do programa de posta en valor dos castros da provincia e desbloquea a situación dos traballos que se están realizando nos xacementos da provincia. Na nosa comarca, os castros que se beneficiarían deste programa son o de Altos dos Cubos de Tui e A Cabeciña e Oia. A deputación vi...

O PEPCH de Tui podería estar aprobado antes de finalizar este ano 28.10.2016

O equipo redactor do Plan Especial do Conxunto Histórico fixo entrega onte no concello do documento definitivo do Plan Especial de Protección do Conxunto Histórico, que agora continuará a tramitación no concello. Precisamente o equipo redactor reuniuse onte co alcalde, a concelleira de Patrimonio, e técnicos municipais para dar explicar o documento entregado e as modificacións realizadas no mesmo,...

Fin de semana con música, magostos, samaín e teatro en Tui 28.10.2016

Son distintas as propostas que hai para esta fin de semana en Tui nas que haberá música, magostos, celebración do Samaín,e teatro.

Esta mañá inaugurouse a exposición Tui e a Brilat 28.10.2016

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o xeneral xefe da Brilat, Luís Cebrián, e o presidente do Grupo Filátelico de Tui, José Manuel Troncoso, inauguraron esta mañá, na Sala de Exposicións Municipal, na Área Panorámica, a exposición “Militaria II. Tui e a BRILAT, 50º Aniversario”. Trátase dunha mostra organizada polo Concello de Tui co gallo do 50 aniversario da Brigada de Infantería Lixeira Bril-B...

11 detidos dunha banda con base no Baixo Miño nunha operación contra o tráfico de drogas 28.10.2016

A Garda Civil procedeu ao desmantelamento dunha organización criminal que se dedicaba á distribución e venda de droga no sur de Pontevedra e que tiña como base de operacións o Baixo Miño. Os axentes da Garda Civil detiveron á totalidade dos integrantes da banda, 11 persoas, todas elas de nacionalidade española. Unha vez realizados os arrestos, rexistráronse once vivendas en Tomiño, Oia, Mos e Vigo...

Noticias 13:30 - Venres, 28 de outubro de 2016 28.10.2016

A actualidade de Tui e do Baixo Miño está nos informativos da Radio Municipal de Tui. Estes son parte dos titulares de hoxe: - Aprobada inicialmente a ordenanza que regulara as axudas de emerxencia social en Tui - Entregado no Concello de Tui o documento definitivo do Plan Especial de Protección do Conxunto Histórico. - Esta mañá o alcalde, Enrique Cabaleiro González, xunto co xeneral xefe da Bril...

Noticias 13.30h - Venres, 27 de outubro de 2016 27.10.2016

O que acontece en Tui e no Baixo Miño recollémolo nos informativos da Radio Municipal de Tui

As obras das novas instalacións da Confraría da Guarda rematarán en menos de tres meses 27.10.2016

Este mediodía o presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, visitou o porto da Guarda para comprobar o estado das obras do novo espazo que estase a construír para a Confraría. Trátanse dunha localización no peirao que permite achegar a actividade da Confraría. As obras contan cun orzamento de 43.000€ e deberán estar rematadas, segundo confirmou o presidente de Portos de Galicia, en “aproxima...

A unidade técnica de Educación valorará as necesidades de accesibilidade no CEIP nº1 e de Rebordáns 27.10.2016

A unidade técnica de Educación avaliará as necesidades de accesibilidade no CEIP nº1 e no CEIP de Rebordáns en Tui logo de que o alcalde, Enrique Cabaleiro, tratara este tema onte co xefe territorial de Educación, César Pérez Ares. O rexedor tudense valorou positivamente o encontro xa que dende a Consellería asumen a competencia de dotar aos centros de accesibilidade, e se comprometeron a estudar...

Oito horas para pintar Tui no I Concurso de Pintura “Pinta Tui” o domingo 6 de novembro 26.10.2016

Oito horas son as que disporán os artistas que participen no I Concurso de Pintura “Pinta Tui” organizado polo Concello de Tui, ACITUI e Efectos para crear a súa obra con Tui coma temática. Será o domingo 6 de novembro entre ás 11h e ás 19h. Hai dúas categorías de participación. Maiores de 18 anos poderán empregar óleo, acrílico, acuarela, sanguina, carboncillo, tintas ou ceras sobre lenzo cunha d...

Un viño do Rosal, o mellor do mundo segundo un certame irlandés 26.10.2016

A Adega Valmiñor, con viñedos no Rosal e en Tomiño vén de recibir o premio ao mellor Albariño branco do Mundo no certame irlandés Gold Star Awards. A adega situada no Rosal recibiu o dobre galardón de mellor viño por baixo dos 20€ e mellor viño a nivel mundial. Un premio que logra competindo con máis de 600 viños de diferentes partes do mundo. A directora comercial da adega, Cristina Blanco, salie...

Słuchaj podcastu Informativos w Replaio

Radio i podcasty w jednej aplikacji - za darmo, bez zakładania konta. Zainstaluj już dziś i nie przegap premiery

Pobierz z Google Play

Replaio nie jest wydawcą podcastów; nazwy audycji, okładki i audio należą do ich autorów i są rozpowszechniane przez publiczne kanały RSS