Radio Municipal de Tui

Informativos

News GL ↓ Odcinki: 3672

Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está presente en Noticias 13.30 h cada día de luns a venres de 13.30 a 14.00 h.

Koniecznie odwiedź stronę podcastu i wesprzyj twórcę: www.ivoox.com

Autor

Radio Municipal de Tui

Kategoria

News

Strona podcastu

www.ivoox.com

Ostatni odcinek

5 lis 2026

Gdzie słuchać?

Podcasty w aplikacji Replaio Radio Już wkrótce

Podcasty trafią do aplikacji już wkrótce. Zainstaluj teraz i jako pierwszy zobacz nowe podejście do podcastów

Pobierz z Google Play Zainstaluj za darmo Android prawie 10 mln pobrań · ocena 4,7+ iOS niedługo

Odcinki

Agárdanse 500 participantes este sábado na Urban Trail Night 21.11.2016

Esta mañá presentouse a Urban Trail Night que se celebrará este sábado ás 20h unindo Tui e Valença cun percorrido polos seus cascos históricos, a vella ponte internacional, a beira do Miño, ... Agardan superar os 500 participantes sumando os que realicen a carreira de 14 quilómetros e a andaina de 10 quilómetros. Os interesados están a tempo de anotarse ata este mercores en www.urbantrailnight.com

O III Trofeo de Baile Deportivo da Eurocidade, un éxito de público 21.11.2016

110 parellas participaron no III Trofeo de Baile Deportivo da Eurocidade que tivo lugar este pasado fin de semana en Tui. No Open Estándar Youth e adulto, no que os participantes bailaban vals inglés e tango, a parella vencedora foi a de Ricardo Duarte e Ines Mendes. Namentres que en latino, con samba e jive, Pedro Martins e Yulyia Kozhushanova foron os vencedores.

Noticias 13.30h - Luns, 21 de novembro de 2016 21.11.2016

A actualidade deste luns, 21 de novembro, e os resultados deportivos da fin de semana en Noticias 13.30h

Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Reunión co presidente da CHMS 18.11.2016

O alcalde de Tui Enrique Cabaleiro, reuniuse esta mañá co presidente da CHMS, Francisco Marín, para tratar de retomar o convenio entre ambas administracións para construír unha ponte sobre o río Louro orzamentada en 116 mil euros e financiada ao 50% por ambas entidades. Enrique Cabaleiro amosou a súa satisfacción pola vontade amosada por Francisco Marín en retomar o convenio unha vez o concello po...

Noticias 13.30h - Venres, 18 de novembro de 2016 18.11.2016

A actualidade do día, as citas da fin de semana e o deporte en Noticias 13.30h

Noticias 13.30h - Xoves, 17 de novembro de 2016 17.11.2016

A actualidade deste xoves, 17 de novembro, recollémola na RMT

Ent. Milagros Otero Parga, valedora do pobo - necesidade de reforzar a vixilancia dos botellóns 17.11.2016

A valedora do pobo, Milagros Otero Parga, chamou a atención sobre a necesidade de reforzar a vixilancia dos botellóns que se están a rexistrar na comunidade nas últimas semanas e sobre todo sobre a presenza de menores nestas concentracións. A institución do Valedor do Pobo cre necesario reforzar, por outra banda, o control, a vixilancia e a supervisión por parte das autoridades nas concentracións...

Tui acollerá esta fin de semana a un centenar de bailaríns no III Trofeo de Baile Deportivo da Eurocidade 16.11.2016

Esta mañá presentouse o III Trofeo de Baile Deportivo da Eurocidade que nesta ocasión celebrarase este domingo de 12.00 da mañá a 20.00 da tarde no Pavillón Municipal de Tui. O acto estivo encabezado polo concelleiro da Eurocidade, Miguel Capón, quen valorou positivamente esta proba dentro do calendario de eventos comúns entre Tui e Valença. Amais, estiveron presentes os concelleiros de deportes d...

Noticias 13.30h - Mércores, 16 de novembro de 2016 16.11.2016

O que acontece en Tu e no Baixo Miño está presente nos informativos da Radio Municipal de Tui

A veciñanza de Tomiño vota que o instituto pase a chamarse “Antón Alonso Ríos” 15.11.2016

Antón Alonso Ríos terá a súa homenaxe en Tomiño ao ser escollido como o nome oficial do único instituto do municipio. A elección de Antón Alonso Ríos foi apoiada por un total de 1026 votos, o 36% do total de votos emitidos. A defensora das mulleres e dos movementos do campesiñado Isaura Gómez, foi o segundo nome máis votado, con967 votos (34%). A terceira candidatura, omantemento da súa actual den...

Visita a senda peonil entre o Interfederado e a vella Ponte Internacional 15.11.2016

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e a xefa provincial de Costas, Cristina de Paz, visitaron este mediodía a senda peonil construída á beira do Miño entre o Centro Interfederado, na rúa Olímpicos Tudenses, e a vella Ponte Internacional. Unha actúa que a solicitude do goberno municipal foi executada pola Dirección Provincial de Costas, motivo polo que o alcalde quixo agradecer hoxe a Cristina de...

Noticias 13.30h - Martes, 15 de novembro de 2016 15.11.2016

A actualidade deste martes, 15 de novembro, de Tui e do Baixo Miño en Noticias 13.30h

Unha vintena de piragüistas surcoreanos visitan Tui 14.11.2016

Un total de 11 deportistas da federación coreana de piragüismo atópanse estes días en Tui para adestrar xunto aos membros do Kaiak Tudense. Os atletas da categoría junior estarán na cidade até o vindeiro venres 18 de novembro. No mes de decembro, entre os días 2 e o 15, sumaranse outros dez da mesma federación Danos conta desta visita un dos adestradores do Club Kaiak Tudense, Manuel Pedrares.

Tui celebrará o 25 de novembro a Gala do Deporte Tudense 14.11.2016

O Concello de Tui celebrará o venres 25 deste mes no Teatro Municipal de Tui a Gala do Deportes Tudense, na que recoñecerá aos deportistas e clubs tudenses polo seu traballo e esforzo. O concelleiro de Deportes de Tui, Laureano Alonso, avanzaba cómo será esta gala cuxo obxectivo é ser a festa do deportes tudense.

Noticias 13.30h - Luns, 14 de novembro de 2016 14.11.2016

A actualidade destacada deste luns, 14 de novembro, e o mundo do deporte na RMT

Noticias 13.30h - Venres, 1 de novembro de 2016 11.11.2016

A actualidade deste venres e as citas da fin de semana en Noticias 13.30h

Noticias 13.30h - Xoves, 10 de novembro de 2016 10.11.2016

A actualidade deste xoves, 10 de novembro, na Radio Municipal de Tui

A Guarda acenderá o alumeado de Nadal o 9 de decembro 09.11.2016

O Nadal chegará á Guarda o venres, 9 de decembro. Esa será a data na que o concello acenderá o alumeado de Nadal. Este ano o concello decorará gran parte do centro urbano, nomeadamente en Concepción Arenal, Manuel Álvarez, a zona do Porto ou a Praza do Reló.

Noticias 13.30h - Mércores, 9 de novembro de 2016 09.11.2016

A actualidade de Tui e do Baixo Miño en Noticias 13.30h. Estes son parte dos titulares de hoxe: - Feijóo anuncia no discurso de investidura o novo edificio xudicial de Tui e o enlace de Areas da VAP Tui-A Guarda - Tui duplicou o número de turistas e peregrinos que pasaron pola Oficina Municipal de Turismo con respecto a 2015 - Coñecer as prioridades do conxunto histórico tudense, paso previo para...

Coñecer a prioridades do conxunto histórico e as preocupacións dos veciños paso previo a constituír unha asociación nest 09.11.2016

Coñecer cales son as prioridades ou os principais problemas do Conxunto Histórico é o obxectivo da enquisa porta a porta que están a realizar os promotores da Asociación desta zona da cidade. Deste xeito buscar recadar cales son os problemas que preocupan aos veciños, así coma contar tamén cun censo dos que viven na zona vella da cidade. Suso Carrera, un dos promotores así o explicou en declaració...

Tui duplicou o numero de turistas e peregrinos que pasaron pola Oficina Municipal de Turismo de Tui con respecto a 2015 09.11.2016

Nos últimos seis meses, entre maio e outubro, 49.500 turistas e peregrinos pasaron pola Oficina Municipal de Turismo demandando información. Son o dobre que as rexistradas nas mesmas datas de 2015. Dende o Concello de Tui o concelleiro de Turismo, Laureano Alonso, valouro de forma moi positiva estes datos. Anticipou tamén os plans neste eido para 2017.

Feijoo anuncia na investidura o enlace de Areas e o edificio xudicial de Tui, o alcalde lémbralle débedas históricas 09.11.2016

Alberto Núñez Feijoo adiantou onte no seu discurso de investidura a construción do enlace de Areas da VAP Tui-A Guarda e o novo edificio xudicial en Tui. O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, valourou este anuncio coma significativo e lembrou débedas históricas da Xunta coa cidade coma o novo colexio de Pazos de Reis e as rotondas de Areas e Guillarei.

Tui acollerá do 17 ao 20 de novembro o concurso de Juventudes Musicales de España 08.11.2016

Tui acollerá a próxima semana do xoves 17 ao domingo 20 o concurso permanente de Juventudes Musicales de España en concreto nas probas de piano, clavicémbalo e órgano. Andrea González, directora do IKFEM e membro de Xuventudes Musicais de Tui, daba conta da celebración na cidade deste evento. Estas audicións, que se celebrarán no Teatro Municipal, na igrexa de San Telmo e na Catedral,serán abertas...

Os concellos do Baixo Miño, unidos pola accesibilidade 08.11.2016

O San Xerome Emiliani, en colaboración co Centro Juan María de Nigrán e cos concellos de Tui, Tomiño, A Guarda, Oia e O Rosal, lidera un proxecto baixo o título “un Baixo Miño para todos”. Busca facer partícipe e coñecedora á sociedade da realidade das persoas con discapacidade á vez que se favorece a interacción destas persoas coa súa contorna.

Aberto o prazo para renovar os postos no mercado semanal dos xoves en Tui ata o 10 de xaneiro 08.11.2016

Dende o pasado día 1 e ata o 10 de xaneiro está aberto o prazo para presentar as solicitudes de autorización de instalacións para postos no mercado semanal dos xoves para o ano 2017. As solicitudes presentaranse no modelo normalizado aprobado polo concello que se pode descargar da web municipal. O concelleiro do Mercado, José Ramón Magán, daba conta desta convocatoria solicitando aos vendedores qu...

Słuchaj podcastu Informativos w Replaio

Radio i podcasty w jednej aplikacji - za darmo, bez zakładania konta. Zainstaluj już dziś i nie przegap premiery

Pobierz z Google Play

Replaio nie jest wydawcą podcastów; nazwy audycji, okładki i audio należą do ich autorów i są rozpowszechniane przez publiczne kanały RSS