Folcast
Folcast
Radio en liña sobre oralidade e tradición musical. Imaxinado por Branca Villares e Xosé Gago. Financiado pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo.
Koniecznie odwiedź stronę podcastu i wesprzyj twórcę: podcasters.spotify.com
Gdzie słuchać?
Podcasty w aplikacji Replaio Radio Już wkrótcePodcasty trafią do aplikacji już wkrótce. Zainstaluj teraz i jako pierwszy zobacz nowe podejście do podcastów
Odcinki
Piornedo, Festa da pandeira_Con Xulia Feixoo e Lola do Ancho. Ep.09 29.12.2025 53:30
Un dos fenómenos culturais máis senlleiros da provincia de Lugo, a pandeira, ocupa este novo episodio. Falamos coa etnomusicóloga Xulia Feixoó para establecer o marco teórico en torno ao uso da pandeira. Falamos con Lola da Casa do Ancho, unha das recuperadoras da pandeira e promotora da Festa da pandeira de Piornedo. Aproveitamos para recoller un pequeno fragmento do programa Alaláda TVG, para re...
Especial solsticio de inverno. Ep.08 29.12.2025 1:10:00
Presentamos o especial de Nadal no que participantes ao longo do ano en Folcast, como Noemi Basanta, Cantareiras de Fornelas, Carme López, Arredor da Tradición, Bea Busto, Xacobo Ares ou Isabel Vigo envían as súas panxoliñas favoritas con comentarios. Antes, unha primeira parte de entrevistas na que o antropólogo Rafa Quintía debulla os Cantos de Nadal como feito cultural vinculándoa a outros rito...
Por que cantan as mulleres?_Ep.07 10.12.2025 55:52
Nesta nova entrega conversamos con Branca Villares quen ten estudado a través do proxecto “Consoantes”. Branca ten estudado tamén o pouso das violencias contra as mulleres, temética sobre a que vén de realizar unha ponencia nas xornadas organizadas pola Real Academia Galega en Muxía como peche do ano realizadas en Muxía o pasado 22 de novembro. Ademais Branca imparte aulas en diversos centros da p...
Panluguismo: Faia e Tereixa Novo. Ep.06 20.11.2025 1:07:45
Neste episodio non nos trasladamos a un territorio concreto da provincia senón que nos achegamos a toda a provincia da man de Tereixa Novo, compoñente de “Fuxan os Ventos” e Faia Díaz, unha das artistas máis relevantes do panorama das músicas tradicionais e que ven de gañar un premio Martín Códax polo seu último álbum, Alvela. Nai e filla tecen unha conversa de enorme interese, na que debullan os...
Lugo: Noemi Basanta e Bea Busto_Ep.05 21.10.2025 1:04:26
Neste episodio visitamos a cidade de Lugo a través dunha entrevista con Noemi Basanta. Noemi é Adufeira de Salitre, formadora en Cántigas e Frores de Lugo, doutora en filoloxía e profesora de secundaria, con ela percorremos algúns trazos das músicas de tradición oral na nosa provincia e na cidade de Lugo. A entrevista lévanos tamén por algúns temas que atravesan o fenómeno da oralidade a nivel Gal...
A Fonsagrada: Antón Santamarina con Alba Cid. Ep.04 08.09.2025 49:00
Neste episodio compartimos unha conversa entre Antón Santamarina e Alba Cid realizada no marco do Tradfest organizada pola Central Folque. Antón, natural da Fonsagrada é unha figura fundamental para entender o xeito no que nos chegan as músicas de tradición oral xa que é coautor xunto a Dorothè Schubarth do “Cancioneiro Popular Galego” , obra de referencia pola súa magnitude e metodoloxía. Nesta c...
Terra Cha: Ai, Xermolos, dásmo todo! Ep.03 07.08.2025 1:09:27
Neste episodio repasamos a actividade da Asociación Xermolos, organizadora do Festival de Pardiñas. Para iso, contamos cunha intro de Xurxo Souto, así como entrevistas con “Rufi”, primeira mestra de baile da Escola de música de Xermolos, Alfonso Blanco, fundador e coordinador de Xermolos, Marina e Noemí Miraz, pertencentes á nova xeración de Xermolos e integrantes do Bolquinho e a Escola de Música...
Lemos: Xosé Maceda e Nerea de Fornelas. Ep.02_Parte3 22.07.2025 57:53
Neste episodio continuamos pola Terra de Lemos da man da Vanessa de Vilaestava. Entrevistamos a Xosé Maceda, ex Quempallou e construtor de instrumentos de percusión. Tamén falamos con Nerea López, da Asociación Veciñal de Fornelas quen reflexiona sobre o impacto comunitario da celebración das Foliadas Guímaras, promovidas polo Concello da pobra do Brollón. Temos tamén unha sorpresiña en forma de c...
Lemos: Entrevista con Carme López. Ep.:02_Avance2 14.07.2025 32:44
Neste avance entrevistamos a Carme López, que ven de presentar o seu traballo “Vinde Todas” co seu proxecto Carmela, finalista dos Premios Martín Códax. Reflexionamos con ela sobre a adaptación e modernización das coplas e músicas tradicionais. Acompáñanos a Vanessa de Vilaesteva na condución
Lemos: O brindo con Sechu e Nuria. Ep. 02_Avance1 03.07.2025 39:32
Neste primeiro avance do episodio de Lemos, presentamos a Vanessa de Vilaesteva que nos acompañará por este territorio, entrevistamosa Sèchu Sende e Nuria Penas, falamos con Ramón Pinheiro (Chito), da Central Folque, reproducimos gravacións históricas dos brindeiros de Forgas e contamos cun “cameo” de Tegra de Tras o Couto. Un avance especial sobre o brindo, centrándodnos na súa dinamización a par...
Extra 1 Ep.01_ Iria e Quique Penabad 26.06.2025 31:21
Contido extra que inclúe a entrevista íntegra con Iria e Quique Penabad realizada durante as XEAM. No episodio, puidemos incluir un fragmento mais había moitos temas que tratar, así que aí vos queda a entrevista completa
Anaco 2 Ep. 01 Manu Calviño, Xiana Teixeiro, Ana Ermida e Dani García 18.06.2025 27:20
Neste segundo Anaco do episodio 1, falamos con Manu Calviño, arqueólogo, experto no sector téxtil na Galiza e comisario da exposición “Tecedeiras: arte e talento na sombra”; entrevistamos a Xiana Teixeiro, etnomusicóloga de Foz que presentou nas XEAM o seu traballo sobre “Os Veiga” e “Os Pacheco”, comparsas mindonienses. Reamatamos con Ana Ermida e Dani García representantes institucionais que veñ...
Anaco _1 Ep. 01 Tecedeira, A Chocolateira e Tumba e Dálle 11.06.2025 30:56
Neste anaco, ofrecemos unha entrevista con Sara García e Xacobo Ares da Asociación Tecedeira, organizadoras das Xornadas Etnográficas da Mariña. Falamos tamén con Tania Fernández da Chocolateira da Pontenova e con Laura e Xoán do grupo mariñao Tumba e Dálle. Coma sempre, sorpresas musicais.
Folcast Ep. 01 A Mariña 05.06.2025 1:11:23
A través das Xornadas Etnográficas da Mariña, realizamos un achegamento a este territorio da provincia. Neste episodio, atravesado polo asociacionismo conversamos con Xacobo Ares e Sara García da AC Tecedeira, con Tania Fernández da Chocolateira da Pontenova, con Iria Penabad, Adufeira de Salitre e Quique Penabad fundador da Agrupación Folclórica O Arco da Vella que este ano 2025 celebran 45 anos...
Anaco_2 Ep.00 Suso do Rei 26.05.2025 13:14
Neste anaco do capítulo 00, falamos con Suso do Rei, fillo de Concha de Agrade, decubrindo o trazo máis humano e familiar da pandeireteira. Por suposto, con sorpresiñas musicais
Anaco_1 Ep.00 Alba María 23.05.2025 18:46
Anaco do Episodio 0 sobre Concha de Agrade no que entrevistamos a Alba María sobre a creación nas cantareiras e sobre os xéneros do parrafeo e o romance. A poeta Noa Moreira recítanos un poema de Concha de Agrade
Folcast Ep.00_Concha de Agrade 19.05.2025 1:02:11
Comezamos serie de podcast cun episodio especial polo Día das Letras Galegas. Homenaxeamos ás cantareiras da provincia de Lugo a través da figura de Concha de Agrade. Neste episodio, Branca Villares e Xosé Gago falan con Suso do Rei, Alba María, Xulia Feixoó e Isa Vigo, ademais de moitas sorpresas musicais. O episodio ofrece unha visión completa da figura de Concha de Agrade alén de aportar novos...
Podobne podcasty
Replaio nie jest wydawcą podcastów; nazwy audycji, okładki i audio należą do ich autorów i są rozpowszechniane przez publiczne kanały RSS