bemilladoiro

Festexamos

Programa adicado ás celebracións escolares, que iniciamos co primeiro laboratorio de son (Leolab)

Koniecznie odwiedź stronę podcastu i wesprzyj twórcę: www.ivoox.com

Autor

bemilladoiro

Kategoria

Education

Strona podcastu

www.ivoox.com

Ostatni odcinek

26 maj 2025

Gdzie słuchać?

Podcasty w aplikacji Replaio Radio Już wkrótce

Podcasty trafią do aplikacji już wkrótce. Zainstaluj teraz i jako pierwszy zobacz nowe podejście do podcastów

Pobierz z Google Play Zainstaluj za darmo Android prawie 10 mln pobrań · ocena 4,8 iOS niedługo

Odcinki

FESTEXAMOS_Día da Paz_Rap pola Paz_5º e 6º EP 07.02.2023

Os nenos e nenas de 5º e 6º de Educación Primaria compuxeron uns raps para conmemorar o Día Mundial da Radio.

FESTEXAMOS_5ºEP_RAP POLA PAZ 31.01.2023

Os nenos e nenas de 5º de Educación Primaria compuxeron un rap para conmemorar o día da Paz que gravaron en Radio Balea.

FESTEXAMOS_6ºEP_RAP POLA PAZ 31.01.2023

Os nenos e nenas de 6º de Educación Primaria compuxeron un rap para conmemorar o día da paz que gravaron na radio.

Festaxamos_O Samaín 20.10.2022

Os nenos e nenas do terceiro grupo do laboratorio de son crearon un programa FESTEXAMOS adicado ao Samaín.

ESPECIAL FESTEXAMOS A NOITE DE SAN XOÁN 15.06.2022

Programa adicado a Noite de Sn Xoán, locutado por nenos e nenas de Primaria.

4ºEP_Festexamos: Mes das Letras 2022 14.05.2022

O alumnado de 4º de Primaria presenta o seu poema de produción propia adaptando o poema Galicia infinda de Florencio Delgado Gurriarán, autor homenaxeado polo Día das Letras Galegas 2022. Ao longo do Mes das Letras desenvolveron o Laboratorio Documental en relación co PDI NÓS: patrimonio in-MATERIAL! e o Día das Letras Galegas comunicando varios produtos finais, entre os cales se atopa este podcas...

2ºEP_Festexamos: Mes das Letras 2022 13.05.2022

Poema "Malpica, porto mariñeiro" realizado polo alumnado de 2ºEP para o Día das Letras Galegas 2022 en relación co noso PDI: NÓS: patrimonio in-MATERIAL! Actividade que se enmarca dentro do noso Mes das Letras 2022. Esperamos que vos guste!

Festexamos: Día das Letras Galegas ¨Unha regueifa a Don Florencio¨. 08.05.2022

O alumnado de 3º, 4º e 5º de Educación Primaria presenta o podcast "Unha regueifa a Don Florencio", onde percorren a biografía de Florencio Delgado Gurriarán, autor homenaxeado polo Día das Letras Galegas 2022. A inestimable colaboración de Charo, cantareira malpicá e nai dun dos nosos alumnos, xunto coa disposición e bo facer do profesorado implicado fixo que o podcast sexa un produto creado en c...

5ºEP_Festexamos: Homenaxe día internacional muller traballadora 06.04.2022

Os nenos e nenas de 5º de Educación Primariado CEIP Milladoiro de Malpica elaboraron un podcast co que quixeron homenaxear as mulleres das súas familas.

5ºEI_Festexamos: oficio e tradición...en feminino! 10.03.2022

Podcast sobre entrevistas realizadas a Mulleres con oficios tradicionais en Malpica e Costa da Morte. Esta actividade, proposta polo equipo de radio dentro do Laboratorio de Son, enmárcase dentro do PDI NÓS: patrimonio in-MATERIAL!

3ºEP_Lendas:A Pedra da Serpe e o Santo Hadrián 26.10.2021

Compartimos dúas das lendas que o alumnado de terceiro recollimos ao longo do mes de outubro sobre a Costa da Morte, implementando o Laboratorio Documental arredor do PDI NÓS: patrimonio in-MATERIAL!

5ºEP_A meirande costa da morte do mundo 25.10.2021

Unha lenda bergantiñá sobre as orixes da Costa da morte, implementando o Laboratorio Documental, dende a aula de 5º de E. Primaria, arredor do PDI NÓS: patrimonio in-MATERIAL!

1ºEP_Lenda: O xigante Xacintón 25.10.2021

Lenda co gallo da Semana das Lecturas Terroríficas. A aula de 1º de E. Primaria implementou o Laboratorio Documental arredor do PDI NÓS: patrimonio in-MATERIAL!

3ºEP_Festexamos: o mundo escríbese con X! 14.05.2021

A aula de 3ºEP implementando o Laboratorio de Son arredor de Xela Arias, Letras Galegas 2021, e a Axenda 2030 creamos este podcast. Esperamos que vos guste!

2ºEP_Festexamos_Día da Muller 2021 15.03.2021

Os nenos e as nenas de 2º de E. Primaria entrevistaron á cociñeira rexente do restaurante Casa Vasca de Malpica co gallo do Día Internacional da Muller.

Binomio Fantástico Rodari_SAMAÍN_3º EP 10.12.2020

Os nenos e nenas de 3º de Primaria, elaboraron unha hisoria de medo baseándose na técnica do binomio fantástico de Rodari para a conmemoración do Samaín.

Binomio Fantástico Rodari_SAMAÍN_4ºEP 09.12.2020

Os nenos e nenas de 4º fixeron un conto de medo para compartir na radio.

Binomio Fantástico Rodari_SAMAÍN_2ºEP 27.10.2020

O alumnado de 2º de Primaria elaborou utilizando a dinámica do binomio fantástico de Rodari un conto de medo para o Samaín

Binomio Fantástico Rodari_SAMAÍN_5ºB_EP 27.10.2020

O alumnado de 5º B elaborou utilizando a técnica do binomio Fantástico de Rodari un conto para Samaín.

binomio Fantástico Rodari_SAMAÍN_6ºEP 27.10.2020

Os nenos e nenas de 6º elaboraron un conto de medo para Samaín utilizando a técnica de dinámica creativa binomio fanstástico de Rodari.

Binomio Fantástico Rodari_SAMAÍN_1ºEP 26.10.2020

Traballo realizado polo alumnado de 1º curso de Educación Primaria utilizando a dinámica creativa do binomio fantástico de Rodari.

Festexamos 6º EP: Manuel_María_LG_ 2020_II 25.05.2020

Os nenos e nenas de 6º de Educación Primaria recitaron uns audio poemas de Manuel María para festexar o Día das Letras Galegas.

Festexamos 6º EP: Manuel_María_LG_ 2020_I 25.05.2020

Os nenos e nenas de 6º de Educación Primaria recitaron uns audio poemas de Manuel María para festexar o Día das Letras Galegas.

Festexamos 5º EP: Manuel_María_LG_ 2020 25.05.2020

Os nenos e nenas de 5º de Educación Primaria recitaron uns audio poemas de Manuel María para festexar o Día das Letras Galegas.

Festexamos 4º EP: Neira_Vilas_LG_ 2020_II 25.05.2020

Os nenos e nenas de 4º de Educación Primaria recitaron uns audio poemas de Xosé Neira Vilas para festexar o Día das Letras Galegas.

Słuchaj podcastu Festexamos w Replaio

Radio i podcasty w jednej aplikacji - za darmo, bez zakładania konta. Zainstaluj już dziś i nie przegap premiery

Pobierz z Google Play

Replaio nie jest wydawcą podcastów; nazwy audycji, okładki i audio należą do ich autorów i są rozpowszechniane przez publiczne kanały RSS