bemilladoiro
Festexamos
Programa adicado ás celebracións escolares, que iniciamos co primeiro laboratorio de son (Leolab)
N'hésitez pas à visiter le site du podcast et à soutenir son créateur : www.ivoox.com
Où écouter ?
Les podcasts dans l'appli Replaio Radio Bientôt disponibleLes podcasts arrivent très bientôt dans l'appli. Installe-la dès maintenant et découvre en avant-première une toute nouvelle façon de vivre les podcasts
Épisodes
Festexamos_Día das Letras Galegas_pequelaboratorio V 26.05.2025 2:44
O grupo número 5 dos laboratorios de aprendizaxe dos máis pequenos e pequenas do centro pasaron por Radio Balea a gravar o seu podcast conmemorativo co gallo do Día das Letras Galegas onde recitaron poesía de Rosalía de Castro, Castelao e ademáis pechan cunha cantiga.
IV pequelaboratorio (María Pita) polo Día da Muller 26.05.2025 3:09
O grupo número 4 dos laboratorios de aprendizaxe dos máis pequenos e pequenas do centro pasaron por Radio Balea a gravar o podcast conmemorativo polo Día da Muller. Neste caso, o produto final fala dunha das mulleres máis apoderadas de Galicia: María Pita.
A nosa herdanza (VII concurso podcasts Radio na biblio) Día das Letras Galegas 04.05.2025 4:59
O alumnado de 5º de educación primaria do CEIP Milladoiro de Malpica de Bergantiños gravou en Radio Balea o podcast presentado no VII Concurso de Podcast Radio na Biblio co cal quixo homenaxear a poesía popular oral (cantareiras e pandereteiras) co gallo do Día das Letras Galegas 2025. Neste podcast colaboran distintas personalidades da música tradicional e popular de Malpica e da comarca de Berga...
4ºEP_Luísa Villalta, nós tamén somos activistas. 10.05.2024 4:55
Podcast no que o alumnado de 4º de Educación Primaria fai unha entrevista ficticia a Luísa Villalta, homenaxeada das Letras Galegas 2024. Tamén fan unha pequena reflexión de por que eles son activistas, así como mostran unha pequena parte da canción creada na aula de música sobre os 4 elementos da natureza. Esperamos que vos guste tanto como a nós!
6º de infantil: "Xogando cos violinos" 10.05.2024 4:58
A escritora homenaxeada no presente ano 2024 polo día das Letras Galegas é Luísa Villalta e dende o CEIP Milladoiro de Malpica de Bergantiños, o grupo de 6º de Educación Infantil gravou en Radio Balea un concurso biográfico ambientado polo acordeón de Suso Moreira chamado ¨Xogando cos violinos¨ onde repasaron a vida e obra de Luísa Villalta dunha forma diferente e especial.
Festexamos_Letras Galegas_Luísa Villalta 09.05.2024 6:23
O alumnado de Educación Infantil e do 1º ciclo de Educación Primaria gravou un podcast para falar de Luísa Villalta coma autora homenaxeada polo día das Letras Galegas
FESTEXAMOS_Día internacional da muller_pequelaboratorio 02.04.2024 4:48
Os nenos e nenas máis pequenos do CEIP Milladoiro reflexionan sobre a igualdade e o día Internacional da Muller.
Festexamos_Semana da Muller_Olimpia Valencia_3ºEP 12.03.2024 2:58
O aula de 3º de primaria presenta a súa entrevista fantástica, co gallo da Semana da Muller 2024 e en relación co PDI "Medicus curat natura sanat", a Olimpia Valencia, primeira galega licenciada en medicina
Festexamos_Semana da Muller_Ángeles Alvariño_1ºA EP 10.03.2024 5:50
O alumnado de 1ºA de primaria realizou a entrevista fantástica a Ángeles Alvariño co gallo do Día da Muller 2024 e en relación co PDI "Medicus curat natura sanat"
Festexamos_Semana da Muller_Manuela Barreiro_5ºEP 10.03.2024 6:40
O alumnado de 5º de primaria, co gallo da Semana da Muller 2024, presentan a súa entrevista fantástica a unha Muller galega e pioneira en moitos feitos: Manuela Antonia Barreiro Pico, primeira Muller Licenciada en Farmacia. Unha actividade recollida na proposta trimestral do PDI "Medicus curat natura sanat".
Festexamos_Semana da Muller_Marie Curie_3 anos 10.03.2024 2:45
O alumnado de 3 anos coa súa mestra Diana realizan a entrevista fantástica a Marie Curie co gallo da Semana da Muller 2024 e en relación co PDI "Medicus curat natura sanat"
Festexamos_Semana da Muller_Laura Vilanova_5 anos 10.03.2024 2:16
O alumnado de 5 anos coa súa profe realizan unha entrevista fantástica a Laura Vilanova Gantes, pediatra no Hospital de Ferrol, para conmemorar a Semana da Muller 2024 en relación co PDI "Medicus curat natura sanat"
Festexamos_Semana da Muller_Isabel Barreto_4 anos 10.03.2024 2:08
O alumnado de 4 anos e a súa profe realizan unha entrevista fantástica a Isabel Barreto, primeira muller almiranta do mar, co gallo da conmemoración da Semana da Muller 2024.
Festexamos_Semana da Muller_ Isabel Zendal_1ºB e 2º EP 09.03.2024 4:16
O alumnado de 1ºB e 2º de Educación Primaria gravou unha entrevista ¨fantástica¨a Isabel Zendal.
Festexamos_Semana da Muller_Jane Goodall_6º EP 08.03.2024 6:06
Os nenos e nenas de 6º de Educación Primaria gravaron unha entrevista "fantástica" a Jane Goodall co gallo da conmemoración da Semana da Muller 2024.
Festexamos_Semana da Muller_ Gloria Fuertes 4º E.P. 08.03.2024 5:57
Entrevista fantástica de Gloria Fuertes realizada polo alumnado de 4º EP.
Festexamos_Pequelaboratorioson_Paz e entroido 15.02.2024 12:56
O alumnado de Educación Infantil e do primeiro ciclo gravou un simpático podcast sobre as conmemoracións da Paz e do Entroido, finalizando cunha interesante entrevista a María Jesús (Teacher) sobre os doces do entroido,
FESTEXAMOS_Día Mundial da Radio 2024_Entroido malpicán 09.02.2024 13:41
O alumnado do terceiro ciclo do CEIP Milladoiro elaborou un podcast cos cortes das distintas entrevistas que pasaron por Radio Balea . Charo tratou os madamitos e os ghuardineros, Roberto Pardo o Faustino de Malpica e Suso do Becho o Xogo das vacas de Barizo.
Festexamos: Día Mundial da Infancia e o Nadal. 24.12.2023 8:13
No laboratorio de son, os máis pequechos do centro locutaron sobre os dereitos e deberes dos nenos e nenas, sobre a igualdade no traballo e por último sobre o Nadal.
Festexamos: O medo e o Samaín 25.10.2023 12:08
Os nenos e nenas do grupo 3 do laboratorio de Son de pequenos elaboraron un podcast no que falaron do Samaín, dos medos e do magosto.
Festexamos_Día de Rosalía 23.05.2023 9:21
Dende o laboratorio de son, o grupo 6 elaborou un traballo sobre a biografía de Rosalía de Castro. Os nenos e nenas amósanos a vida desta figura da cultura e das letras galegas a través dun divertido xogo de preguntas.
Festexamos_LetrasGalegas 11.05.2023 4:16
Neste Episodio o alumnado de 6º de Educación Infantil, recrea o programa do 1,2,3...RESPONDA OUTRA VEZ! con preguntas e respostas sobre a vida de Francisco Fernández del Riego
Festexamos_6ºEP_Entrevista a Andrea Maceiras (Galegas Imprescindibles) 10.03.2023 8:22
Os nenos e nenas de 6º de Educación Primaria afondaron na vida e obra de Andrea Maceiras a través dunha entrevista en Radio Balea co gallo da Semana da Muller: galegas imprescindibles.
6ºEI_Entrevista a Ana Romero_Día da Muller 08.03.2023 5:08
O alumnado de 6º E.I. entrevistou a historiadora e arqueóloga Ana Romero para coñecer a súa experiencia como directora da excavación do Castro de Borneiro.
FESTEXAMOS_O maior tesouro 11.02.2023 6:27
O alumnado do CEIP Milladoiro ideou, ao longo do 1º trimestre, coa máquina de escribir como protagonista un conto de produción propia titulado "O maior tesouro". Este 2º trimestre conmemoramos o Día Mundial da Radio co presente podcast no que todas e todos contamos a nosa produción. Esperamos que vos guste!
Podcasts similaires
Replaio n'est pas éditeur de podcasts ; les noms des émissions, les visuels et l'audio appartiennent à leurs auteurs et sont diffusés via des flux RSS publics