Radio Valladares

ESPERTA VALLADARES

ESPERTA VALLADARES, magazine matinal diario. Analizamos a actualidade de Vigo, Valladares e arredores. Sempre en vivo e en directo.

Koniecznie odwiedź stronę podcastu i wesprzyj twórcę: www.ivoox.com

Autor

Radio Valladares

Kategoria

Society

Strona podcastu

www.ivoox.com

Ostatni odcinek

29 wrz 2026

Gdzie słuchać?

Podcasty w aplikacji Replaio Radio Już wkrótce

Podcasty trafią do aplikacji już wkrótce. Zainstaluj teraz i jako pierwszy zobacz nowe podejście do podcastów

Pobierz z Google Play Zainstaluj za darmo Android prawie 10 mln pobrań · ocena 4,8 iOS niedługo

Odcinki

Martes 3/09/2024 03.09.2024

Algunhas ideas para o tempo libre destes días. Paseo por Praia América ata a carpa do circo e sumerxirse no espectáculo a procura do tesoureo de Poseidón. Construir unha carrilana para baixar sábado as costas de Freixo (tendes ata mércores para inscribirvos nas redes de Freixo Rock). Ou descubrir lugares e músicas diversas en Galicia co ciclo Espazos Sonoros.

Luns 2/09/2024 02.09.2024

Mais especiais… os luns como de costume rescatamos unha historietiña que nos gustou. Hoxe demos unha volta polas distintas escolas onde se ensina o traballo do coiro en España. A visita guiada en ‘exclusiva’ para nós con Pepe Pereira, profe na EMAO. E tamén un paseo polo 'Diccionario de Vigueses (1875-1945) para coñecer a unha das dúas únicas mulleres que fixeron o bachiller naquelas, Dolores Buet...

Venres 30/08/2024 28.08.2024

Vai de remate agosto... Algo de axenda veraniega e o especial #espertavalladares que trae de novo a conversa sobre o espectáculo ‘Hexágomun’ de Troula e a do mel de Maestro Apicultor que producen as abellas pola contorna viguesa.

Xoves 29/08/2024 28.08.2024

Xoves e venres estamos de descanso… peeero deixamos no #espertavalladares un par de especiais. No de hoxe andamos polos montes. Escoitaredes falar das vacas cachenas nos de Vincios, da plantación experimental de setas no de Beade e mais do que se está a facer no de Valladares.

Mércores 28/08/2024 28.08.2024

O cheiriño e as cores enchen as rúas de Pontareas cada ano polo Corpus Christi… imos coñecer a inmesa tradición das alfombras de pétalos con Miguel, un dos alfombristas.

Martes 27/08/2024 27.08.2024

Cos restos de San Campio, comezamos o #espertavalladares. E ademáis, conversa con Lara Serodio, veciña de Zamáns e escritora que acaba de publicar a súa 5 novela, ‘La piel infiel’.

Luns de San Campio 26.08.2024

Subimos ó torreiro a facer o directo. Cando comezamos ás 10h estaban inda limpando os de parques e xardíns e cando rematamos empezaba a chegar a xente para a misa e concerto da banda.

Venres 23/08/2024 23.08.2024

Chega o vernes e van propostas. De paseo por un xardín histórico vigués e un libro ‘O mercador de Venecia’, a novidade de Lailovento. Ademais… San Campio, é noso!

Xoves 22/08/2024 22.08.2024

Persoas xordas desfrutando dos concertos. Falamos sobre esta experiencia con entresignos.com. Ademais, a noite é necesaria… para que? Slowlight traballa nunha nova cultura da iluminación nas cidades.

Mércores 21/08/2024 21.08.2024

E xa que voltou ó fútbol á vida… quen quere ser árbitro? Diso conversamos coa Real Federación Galega de Fútbol - Futgal. Ademáis, unha voltiña polo campamento de verán. A ver, que lles gusta cociñar e debuxar ós rapaces.

Martes 20/08/2024 20.08.2024

Imos coñecer Galicia latente, unha xanela fotográfica (e non solo) do que está a emerxer na cultura galega actual. Conversa co fotógrafo Eduardo de Martís. Ademais, achegámonos ata o Centro de Recuperación de Fauna Silvestre de Cotobade. E na volta polo patrimonio quedamos na casa, que imos curiosear polas tallas dos santos.

Luns 19/08/2024 19.08.2024

Comezamos a semana recuperando conversas desta tempada. A folla de ruta da banda de Valladares este ano. E unha exposición sobre carteis das verbenas galegas no Gaiás. E como estamos na semana de San Campio, unha voltiña polas 'reliquias' que atopamos nos libros de festas. Hoxe curioseamos no do 91.

Días de San Roque. Especial música en galego 14.08.2024

Nestes días do San Roque, outro especial música en galego.

Mércores 14/08/2024 14.08.2024

Conversa deportiva con Marta Domínguez, xogadora no Squash Pontevedra. Tamén coñecemos outro camiño alternativo a Compostela, o Camiño Taverneiro. E un chisco de axenda cultureta, que veñen días festivos.

Martes 13/08/2024 13.08.2024

De compartir cds no instituto ata ITP Promotions. A particular viaxe pola música metal de Diego Quintas, veciño de Freixo. Ademais, achegamonos ó campanario de Beade, que aí inda hai xente que toca ás campás. E, antes de marchar, unha paradiña coas monitoras do campamento de verán no centro cultural.

Luns 12/08/2024 12.08.2024

Comenzamos a semana cun resumiño dos Xogos Olímpicos. Ademais, os luns imos recuperar algunha das conversas desta tempada do #espertavalladares. A mais apropiada para estas semanas de vacacións… o mundo do souvenir no museo Liste.

Venres 09/08/2024 09.08.2024

Estar ou non estar, esa é a questión. Conversa con Iria Álvarez, consultora en marketing dixital sobre a presencia das pymes galegas en internet. E tertulia deportiva, que entramos na recta final das olimpiadas. #espertavalladares de venres…

Xoves 8/08/2024 08.08.2024

Imos ata a Guarda para descubrir os deseños de Amalia Puga que dan unha segunda vida ás redes. E ademais, conversa veciñal, que domingo é a festa do socio.

Mércores 7/08/2024 07.08.2024

Un chisco de olimpiadas, a ver como andan os galegos en París. Tamén nos achegamos á figura do compositor Verdi, cos Amigos da Ópera de Vigo. E logo, unha viaxe ata a illa de Arousa para coñecer o proxecto La Platanera.

Martes 6/08/2024 06.08.2024

Carnívor@s… imos conversar coa IXP Ternera Talega, que viu ata Valladares a facer unha demostración á xente que se está a formar para ser profesional da hostelería.

Luns 5/08/2024 05.08.2024

Para comezar a semana imos falar coa organización do Sinsal, para saber como foi esta edición. E tamén coñeceremos o oficio de mago con Pedro Volta.

Venres 2/08/2024 02.08.2024

Un bo repaso ás Olimpiadas e mais a axenda cultural para a finde. E descubrimos Herbolario Bio, un cóctel de cosmética natural explosivo… ou a curiosa historia de crear cremas co que hai na ‘horta’.

Xoves 1/08/2024 01.08.2024

En Candeán estrearon un musical 'made in feito na casa' coa xente da banda de música. Imos ver que tal lles foi. Ademais, descubrimos que as alfombras florais de Pontareas 'andan' por medio mundo. E unha proposta de xogo de mesa: ‘Las inmortales’, para coñecer a mulleres científicas.

Mércores 31/07/2024 31.07.2024

A natación sincronizada agora ven sendo natación artística. E temos un par de clubes en Vigo, imos conversar co do Náutico. Ademais, comeza en nada Música no Claustro en Tui.

Martes 30/07/2024 30.07.2024

Dende o noso particular Silicon Valley, conversa co investigador Carlos Spuch. Moi distentida para falar do premio que lle deron dende a comunidade Alumni-UVigo pola súa traxectoria.

Słuchaj podcastu ESPERTA VALLADARES w Replaio

Radio i podcasty w jednej aplikacji - za darmo, bez zakładania konta. Zainstaluj już dziś i nie przegap premiery

Pobierz z Google Play

Replaio nie jest wydawcą podcastów; nazwy audycji, okładki i audio należą do ich autorów i są rozpowszechniane przez publiczne kanały RSS