Efervesciencia
Efervesciencia
Just another WordPress site
Koniecznie odwiedź stronę podcastu i wesprzyj twórcę: efervesciencia.org
Autor
Efervesciencia
Kategoria
Strona podcastu
Ostatni odcinek
10 lip 2026
Gdzie słuchać?
Podcasty w aplikacji Replaio Radio Już wkrótcePodcasty trafią do aplikacji już wkrótce. Zainstaluj teraz i jako pierwszy zobacz nowe podejście do podcastów
Odcinki
Efer 742 (23-4-26): Minions, meigas e Hamlet: Cando os xenes saltaricos escangallan os cromosomas 10.07.2026 1:01:21
(2:56) A nosa sexóloga Laura Veiga preséntanos o seu libro “O mapa da túa sexualidade” para crianzas de 10 a 12 anos. O seu enfoque na diversidade e o autocoñecemento pode mesmo interesar a un público máis amplo. (14:52) Visitamos o grupo de Xenomas Móbiles no CIMUS, dirixido por José Tubío. Veñen de publicar en...
Efer 741 (2-4-26): De onde vés, I3/Atlas? 08.07.2026 55:38
(2:26) Terceira e última parte da dramatización sonora da obra de “divulficción científica” de Senén Barro “Algún día, quizais antes do que imaxinei”. A temática da obra lévanos a conversar sobre ética e regulación da IA. (23:06) Maite Vence de Observer proponnos como ruta de turismo científico os socalcos e as vides da Ribeira Sacra....
Efer 739 (31-3-26): O futuro do mexillón 24.06.2026 54:17
(2:09) Se collésemos os mexillóns que neste mesmo instante están pendurados nunha corda baixo as bateas das rías galegas e os repartísemos con cada un dos habitantes da terra, poderiamos darlle dous mexillóns a cada persoa, e aínda nos sobrarían un par de miles de millóns. Galicia é a terceira produtora de mexillón do mundo...
Efer 738 (30-3-26): Tratar a ferida crónica e outros proxectos IGNICIA 14.06.2026 57:30
Monográfico dedicado a coñecer os proxectos “IGNICIA Proba de Concepto” da Axencia Galega de Innovación. (4:54) Conversamos con María Mayán (CINBIO, Universidade de Vigo) sobre SENPAD, unha terapia baseada en péptidos senoterapéuticos para frear a artrose atacando a raíz da enfermidade. (15:44) Óscar Pérez, CEO de KIUR, preséntanos esta spin-off de Gradiant que emprega intelixencia...
Efer 737 (26-3-26): Historia e ciencia das eclipses 08.06.2026 54:57
(4:17) A psiquiatra Iria Veiga debulla mitos sobre a ansiedade (14:31) Moncho Núñez vén de escribir o libro “Eclipses: Historia e ciencia da ocultación extemporánea do sol”. Acompañado de Marcos Pérez Maldonado (director dos Museos Científicos Coruñeses) coñecemos como a humanidade foi interpretando e estudando as eclipses solares. (43:45) O xornalista científico Antonio Martínez Ron.....
Efer 736 (5-3-26): Calvet en bicicleta [Radioteatro] 01.06.2026 56:03
Programa especial con público desde o Teatro Colón da Coruña no festival Coruña Comunica Ciencia. (0:16) Radioteatro “Calvet en bicicleta” ao vivo coas voces de César Goldi, Avelino González, Manu Fernández e Estíbaliz Espinosa, o piano de Juanjo Fernández e o contexto de Rosa Pedrido e Estíbaliz Espinosa. Nos anos 30 do século XX, Fernando...
Efer 735 (12-2-26): Exoesqueletos no patio do colexio e neuroestimulación con imáns 31.05.2026 56:50
(3:41) Coñecemos as novidades do concurso de relatos científicos InspiraCiencia con Ana Yeste (CSIC-Delegación de Cataluña). Achegámonos á xornada “Neurotecnoloxía para a medicina” no CHUAC, organizada polo grupo Neurocom da Universidade da Coruña. (10:12) Conversamos con Elena García Armada (Marsi Bionics/CSIC), pioneira no desenvolvemento do primeiro exoesqueleto robótico do mundo para nenos e n...
Efer 734 (5-2-26): “A extinción de persoas e máquinas” con Senén Barro 21.04.2026 56:38
(3:36) Coñecemos todos os detalles do festival Coruña Comunica Ciencia con David Ballesteros de Ceo Aberto. (13:04) Efeméride do 5 de febreiro con Moncho Núñez. (14:31) Incorporamos á tripulación de Efervesciencia a Senén Barro, director do CITIUS e catedrático de Ciencias da Computación e a Intelixencia Artificial da USC. A partir de relatos do propio...
Efer 733 (15-1-26): Luz, horarios e saúde 07.04.2026 58:56
(2:45) No Instituto de Estudos Miñoráns exhíbese “Ilustrando o Cambio Climático”, unha mostra de infografías producidas por Illustraciencia e o Museo Nacional de Ciencias Naturais. Conversamos coa ilustradora especialista en visualización de datos Laura Castro Soto. (14:14) Marian Rol, directora do Laboratorio de Cronobioloxía da Universidade de Murcia, asistiu ao VI Encontro da Noite...
Efer 732 (8-1-26): Non é un pais para detectoristas furtivos, ciencia contra o expolio 22.03.2026 56:09
(3:28) César Muñoz Fontela (Instituto Bernhard Nocht, Hamburgo) achéganos as últimas novas sobre virus emerxentes en África. (9:02) No século XVII, unha febre do ouro levou ao expolio de milleiros de mámoas galegas na procura de tesouros que nunca existiron. Hoxe, a loita contra o saqueo do noso patrimonio arqueolóxico continúa, pero con novas ferramentas...
Podobne podcasty
Replaio nie jest wydawcą podcastów; nazwy audycji, okładki i audio należą do ich autorów i są rozpowszechniane przez publiczne kanały RSS