Radio Ateneo
Comezos
Este é un programa que pode resultar concurso... Ou non. Iremos presentando comezos de libros para que a audiencia poida adiviñar de que obra se trata e así saber ata onde é coñecedor da obra publicada en galego. Dende o máis doado de todos ata outros máis difíciles.
Koniecznie odwiedź stronę podcastu i wesprzyj twórcę: www.spreaker.com
Gdzie słuchać?
Podcasty w aplikacji Replaio Radio Już wkrótcePodcasty trafią do aplikacji już wkrótce. Zainstaluj teraz i jako pierwszy zobacz nowe podejście do podcastów
Odcinki
Botou as cascas de laranxa ao mar... 27.03.2026 2:55
Botou as cascas de laranxa ao mar. Goteáballe o zugo polas mestas barbas. Berroulle ao rapaz que estaba facendo uns estrobos na gamela.
Non señor, non lle foi eisí... 25.02.2026 6:56
–Non señor, non lle foi eisí como está nise papel que leron, que os papeis teñen conta do que lle poñen enriba, anque non foi moito o que entendín. Eiquí, o siñor, bulía moito a ler, e a máis diso non estamos moi afeitos a ouvir ler en castelán, que eiquí non o falamos; e cando un que non sexa señorito se bota a falalo, decímoslle que fala castrapo…
Escuro... 17.02.2026 2:59
Escuro: 1. Que está privado de luz ou claridade, de xeito que non se ve ou se ve mal...
A fuxida de Antonio 01.02.2026 3:31
A fuxida de Antonio, Antón, sábela. Víchela mesmo publicada. Terás que procurar algunha documentación máis detallada...
A fraga é un tapiz de vida... 16.12.2025 3:55
A fraga é un tapiz de vida apertado contra as engurras da terra. Nas súas convas, afúndese; nos seus outeiros elévase, e nas súas chairas, iguálase...
Queimar era un pracer... 27.11.2025 2:29
Queimar era un pracer. Proporcionaba un gozo especial ver os obxectos devorados polo lume, ennegrecidos e transformados. O sangue batíalle na cabeza cada vez que agarraba a boca da mangueira e a pitón enorme cuspía queroseno velenoso sobre o mundo. Entón as súas mans convertíanse nas mans dun director de orquestra incrible e con elas dirixía sinfonías de lume e resplandor ata derrubar os rescaldos...
Agora vou contar a historia do meu irmán... 12.11.2025 2:14
Agora vou contar a historia do meu irmán. Si, quero falar do meu irmán, Jonathan Corazón de León. É case como unha lenda, e mesmo ten algo de historias de pantasmas, pero é a pura realidade. En serio. Aínda que se cadra só Jonathan e mais eu podemos contalo.
Os ollos de Tareixa Louzao ilumináronse cando leu o remite... 30.10.2025 2:15
Os ollos de Tareixa Louzao ilumináronse cando leu o remitente do voluminoso sobre acolchado que lle acababa de entregar o carteiro. Ver escrito o nome de seu irmán, de quen non tiña noticias desde había case dous meses, quitoulle un peso de enriba.
Margot fíxase nos cadros da película... 02.10.2025 2:55
Margot fíxase nos cadros da película, fotogramas chámanlles agora pero antes dicíanlles cadros, e vánselle os ollos para Marlon Brando. Obsérvao detidamente. Hai moita xente na cola para coller as entradas do cine. Non é unha película calquera. É nada menos que O último tango en París , da que tanto se tiña falado e que, incluso, algunha xente fora ao estranxeiro para podela ver.
O venres en que ía ser violada amenceu bochornoso... 18.06.2025 2:52
O venres en que ía ser violada amenceu bochornoso, a cidade pugnando por tirar os cumes dos edificios por fóra dos farrapos da néboa. Desde a fiestra do seu cuarto Sofía contemplou as casa que os separaban da beiramar envolveitas na brétema que sobre da auga co inicio da primavera, mais que ás veces apura e se adianta ao entroido, atoando a circulación dos cocehs e das palabras. Febreiro estaba co...
Rei Artur soubera... 04.06.2025 3:38
Rei Artur soubera... Este é o noso cuarto comezo. Escoitádeo xa e intentade averiguar de que obra se trata.
Se realmente queredes saber de que vai esta historia... 02.05.2025 3:19
Se realmente queredes saber de que vai esta historia... Este é o noso terceriro comezo. Escoitádeo xa e intentade averiguar de que obra se trata.
Chamábase Luis. Un cateiro gravou o seu nome na pedra gris... 17.04.2025 2:52
Chamábase Luis. Un cateiro gravou o seu nome na pedra gris que cobre o seu nicho. Este é o noso segundo comezo. Escoitádeo xa e intentade averiguar de que obra se trata.
Eu son Balbino, un rapaz da aldea... 13.02.2025 2:07
Libro 1
Podobne podcasty
Replaio nie jest wydawcą podcastów; nazwy audycji, okładki i audio należą do ich autorów i są rozpowszechniane przez publiczne kanały RSS