AGalegaAudio

Todos os podcast | En xogo motor

Toda a actualidade do motor, con cobertura do campionato galego de rallies e cobertura das principais probas nas que participan pilotos galegos. Desde esta temporada, o domingo ás 23:00

Bezoek zeker de website van de podcast en steun de maker: agalegaaudio.gal

Auteur

AGalegaAudio

Categorie

Sports

Website van de podcast

agalegaaudio.gal

Nieuwste aflevering

6 okt. 2026

Waar luisteren?

Podcasts in de app Replaio Radio Binnenkort beschikbaar

Podcasts komen binnenkort naar de app. Installeer nu en zie als eerste een compleet nieuwe kijk op podcasts

Download het op Google Play Gratis installeren Android bijna 10 mln downloads · beoordeling 4,8 iOS binnenkort

Afleveringen

Laboratorios Bibliotecarios 13.11.2024

Manel Cráneo fálanos dos proxectos presentados ao Laboratorios Bibliotecarios (LABBBs) «Pensar as comictecas», desenvolvido na Coruña.

Didáctica da Filosofía 13.11.2024

“Unha cousa é coñecer unha materia e outra ensinala” Miguel Vázquez Freire é un dos organizadores das III Xornadas Internacionais de Didáctica da Filosofía que se desenvolven na USC

Concerto solidario na Coruña 12.11.2024

 A partir das sete da tarde, na sala Inn da Coruña terá lugar un concerto solidario coas vítimas da Dina. As entradas para ver a  Bala, Boyanka Kostova, Grande Amore, Maragrep, Mondra, Ortiga, Sabela, The Rapants e Triángulo de Amor Bizarroa, están esgotadas. A recadación íntegra destinarase á Fundación Horta Sud, con sede en Torrent. Victoria Blanco, da organización, explica como xurdiu esta inic...

Detective Ferruchi 12.11.2024

Dolores Vilavedra comenta “Detective Ferruchi”, de Marta Villar, a novela gañadora do Xerais deste ano

Ollo á orella 12.11.2024

Ollo á orella. Oito obras sonoras e unha partitura colectiva. Podemos ver e escoitar esta proposta expositiva en Vigo, na Fundación Laxeiro. É froito dun convenio de colaboración coa Facultad de Belas Artes e, asemade, unha peza que fai parte do programa Vertixe 12. Ana Romaní conversa con Ignacio Barcia, comisario da mostra: “todos son artistas nos que o son é unha compoñente determinante do seu...

Na orixe das especies 12.11.2024

Mónica Maneiro conversa co artista Suso Fandiño, que imparte no CGAC o curso 'Na orixe das especies. Outras xenealoxías da arte contemporánea', que comeza o 14 de novembro. 

Pálido punto azul 12.11.2024

“Tento tratar a electrónica como un instrumento principal” Estréase Pálido punto azul, a ópera de Javier Otero parte da fotografía da terra captada pola sonda Voyager I

"As gardiás" 11.11.2024

Que se fai coas vellas e vellos? Teatro de Ningures estreou a fin de semana en Cangas  ‘As Gardiás‘, un texto do francés Násser Djemaï dirixido por Cristina Domínguez e interpretado por Casilda Alfaro, Rebeca Montero, Sonia Rúa, Amparo Martínez e Melania Cruz.

Eris Mackenzie 11.11.2024

Carlos Crespo tráenos hoxe a Eris Mackenzie, un artista de Castelo (na área metropolitana da Coruña) que, segundo as súas propias palabras, vive obsesionado con experimentar e facer música, a súa razón de ser. En cousa dun mes sacará o seu disco primeiro

WISDOM e Lóstregos 11.11.2024

Patty Castro fálanos hoxe de dúas bandas de metal extremo. WISDOM, pioneiros do grindcore galego desde Mugardos e o black metal dos coruñeses Lóstregos.

No ecuador do Outono Códax 11.11.2024

Dende o 31 de outubro pasado ata o 23 deste mes:  música soul, rythm&blues, funk e rock´n roll nas salas Capitol e Riquela de Santiago. Falamos con Fran Villasenín, codirector do festival.

Galicia en xogo motor 09-11-2024 09.11.2024

Tras dúas semanas de agarda, e trala descalificación dun rival, o chantandino Iago Rodríguez, de 16 anos, puido celebrar o campionato nacional de Carcross Junior, que engade ao xa conseguido título galego. Un paso máis dado cara o seu seguinte obxectivo : O Europeo. Ademais, no espazo de motor escoitaron a Edgar Vigo, tras quedar a tres puntos do European Rally Trophy, e a Yago Martínez, galardoad...

A lingua e o audiovisual 08.11.2024

“A normalización da nosa lingua en todos os eidos é esencial” Maria Soliña Barreiro González é a directora de contidos de II FIGA que se desenvolve baixo o título “Lingua e audiovisual”

Compostela Ilustrada 06.11.2024

Turismo, cultura e arte danse cita na sétima edición de Compostela Ilustrada, que busca descubrir e promocionar unha cidade diferente. Conversamos con Gemma Sesar, organizadora do encontro, e coa ilustradora e tatuadora Aldara Prado, unha das convidadas

María Luz Morales, xornalista pioneira 06.11.2024

Raquel C. Pico achéganos a figura de María Luz Morales, escritora e pioneira do periodismo cultural, Nada na Coruña no día primeiro do ano 1889, foi a primeira muller en España directora dun diario nacional, La Vanguardia (1936 -1937)

Pringadas chega á plataforma AGalega 06.11.2024

Xoana, Antía e Catu son tres estudantes que comparten piso en Santiago. E comparten tamén vida e confidencias na serie 'Pringadas', que chega á plataforma A Galega. "Conseguín vivir do audiovisual grazas a Pringadas". A súa directora, Belén Puime, e unha das súas protagonistas, Camila Ferreyra, avánzannos tamén as novidades da segunda temporada.

Creadores de BD afectados pola DINA 06.11.2024

Manel Cráneo repasa o impacto das inundacións no sector do cómic, que conta con nomes tan importantes na Comunidade Valenciana como Paco Roca, Cristina Durán ou Miguel Ángel Giner. Escoitamos o testemuño da autora e ilustradora galega Xulia Vicente, que reside en Valencia. 

"Manual de padronaxe" 05.11.2024

Dolores Vilavedra comenta a obra gañadora do premio Abrente 2023 para textos teatrais: “Manual de padronaxe”, de Nerea Brey.

O 'Hábitat 2.0' de José Lourenço 05.11.2024

Mónica Maneiro comenta a mostra do artista e deseñador portugués José Lourenço na Galería Trinta de Santiago. Inspirado nos arquitectos e deseñadores do século XX, Lourenço  recrea ambientes interiores que mostran a vida cotiá como un libro aberto. A exposición pode visitarse ata o 15 de decembro. 

Cadros que nunca pintei 05.11.2024

“Intentar facer con moi pouco o máximo”. Hector Francesch presenta en AFundación o seu traballo último. Cadros que nunca pintei é “a arte soñada”

Garza: música electrónica 04.11.2024

Carlos Crespo tráenos hoxe a Garza. Trátase do proxecto de música electrónica formado por Adrián Charlín, batería durante anos en diferentes bandas do panorama rock galego. Agora discorre entre o experimental e noise ata a música de club más transitable. Este ano sacou o segundo longa duración: «Vertentes»

The Wall, o primeiro videoxogo galego 04.11.2024

Coñecemos a historia do primeiro videoxogo galego, 'The Wall', comercializado en 1986, e mais do seu creador, Álex González. Unha peripecia que rescata do esquecemento o Museo do Videoxogo, que acaba de incorporarse ao Sistema autonómico de museos. 

Beethoven, Puccini e unha nova soprano galega 04.11.2024

Pablo Sánchez Quinteiro tráenos hoxe música de Beethoven: a Sinfonía Pastoral, que formou parte do repertorio da Sinfónica de Galicia en dous concertos que comezaron cun recordo ás vítimas da DINA en Valencia. Escoitamos tamén ópera, 'Madame Butterfly', prato forte da temporada de Amigos da Ópera en Vigo. Poñemos o ramo coa voz  da soprano Emilia Pérez, do Carballiño, unha das novas voce...

En Xogo Motor 02-11-24 02.11.2024

No espazo semanal de Motor conversaron co piloto Fran Rey, do Rally Rías Altas históricos, dos Legend e dunha das súas facetas menos recoñecidas, o papel da automoción galega no audiovisual e na ficción. Por outra banda escoitamos a Iván Ares no programa da TVG Trata de Arrancalo sobre a súa volta á competición.

'A profundidade esencial da terra' 01.11.2024

A profundidade esencial da terra. Benjamín Palencia, Manuel Colmeiro e o surrealismo dos anos trinta. Da man de Isabel Freire achegámos a esta exposición no Museo de Arte Contemporánea de Vigo, comisariada por Carlos López Bernárdez.”Coinciden na atracción polas culturas que na época eran denominadas “primitivas”, polo popular e pola fascinación etnográfica” 

Luister naar de podcast Todos os podcast | En xogo motor in Replaio

Radio en podcasts in één app - gratis en zonder account. Installeer vandaag nog en mis de lancering niet

Download het op Google Play

Replaio is geen uitgever van podcasts; namen van shows, covers en audio zijn eigendom van hun makers en worden verspreid via openbare RSS-feeds