AGalegaAudio

Todos os podcast | En xogo motor

Toda a actualidade do motor, con cobertura do campionato galego de rallies e cobertura das principais probas nas que participan pilotos galegos. Desde esta temporada, o domingo ás 23:00

Bezoek zeker de website van de podcast en steun de maker: agalegaaudio.gal

Auteur

AGalegaAudio

Categorie

Sports

Website van de podcast

agalegaaudio.gal

Nieuwste aflevering

6 okt. 2026

Waar luisteren?

Podcasts in de app Replaio Radio Binnenkort beschikbaar

Podcasts komen binnenkort naar de app. Installeer nu en zie als eerste een compleet nieuwe kijk op podcasts

Download het op Google Play Gratis installeren Android bijna 10 mln downloads · beoordeling 4,8 iOS binnenkort

Afleveringen

VII Festival Pezas dun Teatro do Porvir 2024 01.11.2024

Afonso Becerra debulla as sete propostas que concorreron a pasada fin de semana na Coruña ao VII Festival Pezas dun Teatro do Porvir 2024. Este festival, único en Galicia, busca promover proxectos de artes escénicas en proceso de creación, ofrecendo un espazo de intercambio entre creadores galegos e portugueses. A obra seleccionada para representarse íntegra o ano vindeiro foi Ninguén tira fotos n...

Lecturas de Defuntos 01.11.2024

Eva Mejuto proponnos lecturas para todas as idades nestes días de Defuntos. 'Jack e a morte', un álbum ilustrado de Tim Bowley e Natalie Pudalov e mais 'Medo me dá!', unha obra de teatro infantil de Ramón D. Veiga.

Comeza en Lugo o XXXIV Festival Internacional de Jazz 01.11.2024

“Apostamos por un festival con todo tipo de jazz” Comeza o XXXIV Festival Internacional de Jazz de Lugo que colle unha destacada presenza de proxectos galegos.

Onte á noite conquistei Tebas 31.10.2024

Mañá remata a rodaxe de Onte á noite conquistei Tebas, de Gabriel Azorín As termas de Bande son o escenario da historia duns mozos portugueses que cruzan a raia para bañárense nelas. Dous mil anos atrás están alí facendo o mesmo uns soldados romanos de idades semellantes. Trata do paso da adolescencia á idade adulta dende a óptica masculina, como salienta a produtora galega do filme, Beli Martínez...

"O corpo aberto" e "Escape" 31.10.2024

Moncho Lemos comenta “O corpo aberto”, de Ángeles Huerta, que xa se pode ver na plataforma da CRTVG Agalega.gal E das estreas en salas “Escape”, escrita, dirixida e coproducida por Rodrigo Cortés, baseada na novela homónima de Enrique Rubio.

Ffoco mira a Gales e debate sobre turismo 31.10.2024

A oitava edición do Festival de Fotografía da Coruña ofrece dúas exposicións de Bandia Ribeira e Sebastián Bruno que retratan Gales tralo proceso de desindustrialización. Ademais, o Ffoco acolle toda unha xornada de actividades ao redor da fotografía documental o sábado 2 de novembro: proxeccions de traballos fotográficos, feira de fotolibros ou un debate sobre fotografía e turismo

Nuno, Álex, Eladio 31.10.2024

Escoitamos con Tito Lesende tres voces imprescindibles da música galega: Nuno Pico, de Grande Amore, galeguizando a Muchachito Bombo Infierno en 'Que pode saír mal';  Álex Guillán, Baiuca, que tocará cando menos tres días seguidos en Santiago a finais de xaneiro e mais Eladio Santos, que publicou recentemente 'Estëreo Estrada', un disco en solitario.

Mares da fin do mundo 30.10.2024

Arranca en Ribeira a sétima edición de Mares da Fin do Mundo. Unha mostra internacional de cinema documental comprometida co medio marítimo e co sector pesqueiro artesanal que se alonga ata o domingo. A película inaugural, esta tarde ás cinco no auditorio, é “Remando a la deriva”, de Sarvnik Kaur.

As primeiras novelas galegas de pantasmas 30.10.2024

Raquel C. Pico tráenos as primeiras novelas galegas de pantasmas. De ‘Un ollo de vidro’ de Castelao a ‘A miña muller’, de Wenceslao Fernández Flórez

Festigual, cultura para todos 30.10.2024

Comeza na Coruña a oitava edición do Festigual, un festival que reivindica o acceso á cultura para todas as persoas. Do 30 de outubro ao 29 de novembro o encontro ofrece espectáculos de teatro, música e danza, exposicións e obradoiros participativos. 

Das bibliotecas ás bedetecas 30.10.2024

Manel Cráneo analiza o estado do cómic nas bibliotecas galegas e a creación de bedetecas dedicadas só a este xénero.

LAW en primicia na Radio Galega 28.10.2024

Carlos Crespo tráenos hoxe un adianto en primicia do primeiro disco de Law, ‘unha moza de Coia’ cun proxecto de autoxestión artística e activismo

Un mes para celebrar o patrimonio 28.10.2024

A asociación cultural e pedagóxica Ponte nas Ondas promove o 'Mes do Patrimonio Cultural Inmaterial'. Debullamos a programación, que inclúe diversos actos en Santiago, exposicións en Valença e Ourense e unha  gala en Vigo no Día do Patrimonio, o 16 de novembro. 

Zënzar e Teima 28.10.2024

Patty Castro pica hoxe música de Zënzar, todo un exemplo de resistencia e evolución dentro do rock galego. En 2023 celebraron '35 anos bourando' e agora a súa baixista Laura Romero prepara un proxecto sobre a banda que une música e ilustración. Escoitamos tamén a música de Teima, un grupo de Vimianzo xa disolto que chegou a ser finalista dos Premios Martín Códax.

En Xogo Motor 26-10-24 26.10.2024

Galicia converteuse no referente do mundo do motociclismo de monte tras a celebración do mundial oficioso da modalidade. Centos de pilotos poboaron as pistas de Silleda e contorna para o deleite dos afeccionados. Sobre esta proba falamos coa "voz" galega do motocross e enduro, Agustín Deus. Asimesmo escoitamos a Dani Berdomás tralo seu triunfo no Rally San Froilán

Circo de Pinocho 25.10.2024

Afonso Becerra lévanos ao Circo de Pinocho, de Educateatro Producciones. Circo de carpa en galego que combina o teatro musical cunha selección dos números máis tradicionais do xénero.

Estudios Abertos en Ourense 25.10.2024

25 artistas abren os seus espazos de traballo ao público durante unha fin de semana. A primeira edición de Estudios Abertos desenvólvese en Ourense do 25 ao 27 de outubro, promovido pola asociación cultural A Maquinadora. Visitamos a galería Dodo Dadá e o estudio do artista Manolo Figueiras. 

Dous libros sobre o acoso escolar 25.10.2024

Eva Mejuto proponnos hoxe dúas historias xuvenís sobre o acoso escolar. I´m Obélix, de Raquel Fernández Fernández, é o último premio Jules Verne de Edicións Xerais. Subnormal, de Fernando Llor e Miguel Porto, é unha BD que publicou en galego Retranca Editora. 

Universo Batman 24.10.2024

Mañá arranca en Vilagarcía o Curtas Festival do Imaxinario  A vila muda estes días en Gotham City, e mesmo traen o Batmóbil. Quen queiran fotografarse co vehículo mítico disporán dun  photocall  os días 1 e 2 de novembro. Luis Miguel Rosales, director do certame “é a dobre celebración dos 85 anos da primeira aparición de Batman en cómic  e os 35 da súa primeira película” 

Rita e La gran escapada 24.10.2024

Cine de estrea con Moncho Lemos. 'Rita', o debut como directora de Paz Vega. Un desacougante drama familiar de ternura e violencia. 'La gran escapada', de Oliver Parker . Unha historia conmovedora arredor da vellez, protagonizada por Michael Caine e Glenda Jackson.

O Festival Kerouak volve a Vigo 24.10.2024

María Xosé Queizán, Clo Plas, Ana María Caballero ou Elisa Scarpa son algunhas das protagonistas da décimo cuarta edición do Festival Kerouac, que se desenvolve en Vigo entre o 24 e o 26 de outubro. Conversamos con Marcos de la Fuente, un dos creadores deste festival de poesía, música e performance, que tamén ten sedes en Nova York e México.

Estreas de Cora Velasco e Catuxa Salom 24.10.2024

Tito Lesende pica dúas cancións recén estreadas, 'Aunque yo ya no esté', de Cora Velasco e Carlos Gil e mais 'Ela cando baila', adianto do novo disco de Catuxa Salom. E concertos: música de Gorka Urbizu, o que fora integrante do grupo Berri Txarrak, que estará o sábado 26 de outubro na Sala Capitol de Santiago e de Big Star, que visitan Vigo na xira que celebra o 50 aniversario...

As liñas descontinuas 23.10.2024

“Quero falar da oportunidade que supón coñecer outras persoas” Entramos na rodaxe en Vigo de ‘As liñas descontinuas’, segunda longametraxe de Anxos Fazáns. Un drama, en Galicia e en galego, con matices de realismo poético que narra o encontro improbable entre unha muller en pleno divorcio e un mozo trans que entra roubar na súa casa.

Filomena Dato, na vangarda feminista no Ourense do XIX 23.10.2024

Con Raquel C. Pico achegámonos á figura de Filomena Dato. A ourensá foi unha das escritoras máis significativas da denominada literatura feminista da segunda metade do século XIX, non só pola amplitude da súa obra na nosa lingua, senón tamén pola súa faceta como oradora en defensa das mulleres.

'Cantantes líricas galegas dos séculos XIX e XX' 23.10.2024

A exposición 'Cantantes líricas galegas dos séculos XIX e XX' recupera a memoria de 23 solistas galegas como Ofelia Nieto, Ángeles Ottein, Bibiana Pérez ou Josefina Cubeiro. A mostra pode visitarse no Colexio de Fonseca ata o 16 de novembro.

Luister naar de podcast Todos os podcast | En xogo motor in Replaio

Radio en podcasts in één app - gratis en zonder account. Installeer vandaag nog en mis de lancering niet

Download het op Google Play

Replaio is geen uitgever van podcasts; namen van shows, covers en audio zijn eigendom van hun makers en worden verspreid via openbare RSS-feeds