AGalegaAudio

Todos os podcast | En xogo motor

Toda a actualidade do motor, con cobertura do campionato galego de rallies e cobertura das principais probas nas que participan pilotos galegos. Desde esta temporada, o domingo ás 23:00

Bezoek zeker de website van de podcast en steun de maker: agalegaaudio.gal

Auteur

AGalegaAudio

Categorie

Sports

Website van de podcast

agalegaaudio.gal

Nieuwste aflevering

6 okt. 2026

Waar luisteren?

Podcasts in de app Replaio Radio Binnenkort beschikbaar

Podcasts komen binnenkort naar de app. Installeer nu en zie als eerste een compleet nieuwe kijk op podcasts

Download het op Google Play Gratis installeren Android bijna 10 mln downloads · beoordeling 4,8 iOS binnenkort

Afleveringen

'Non pasarán', de Artika Cía 22.11.2024

A compañía Ártika Cía estrea 'Non pasarán', unha resposta teatral ao crecemento dos autoritarismos e de movementos antidemocráticos. Tito Asorey é o director da montaxe, na que comparte a dramaturxia con Vanesa Sotelo. O elenco está formado por  Fernanda Barrio, Marcos Alonso, Martín Maez e Rocío Salgado.

Mulleres con memoria 22.11.2024

Eva Mejuto proponnos a lectura do álbum O triángulo vermello, de Carme Vidal, Pablo Iglesias Núñez e Belén Diz. Unha biografía da militante antifascista Belén Núñez dirixida á rapazada. Abrimos tamén as páxinas de Cantareiras, unha das primeiras publicacións das Letras de 2025 dirixidas ao lectorado máis novo. 

Os novos relatos da violencia machista 21.11.2024

“Mentres haxa desigualdade seguirá habendo violencia” En vésperas do 25-N, Día internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, o Consello da Cultura Galega debate sobre os novos relatos da violencia machista a longo do día de hoxe. Conversamos con Carme Adán, coordinadora do Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos, que organiza esta xornada anual.

'Prefiro condenarme' e 'Raqa' 21.11.2024

Cine de estrea con Moncho Lemos. “Prefiro condenarme”, de Margarita Ledo, chega este venres ás salas. A película, baseada en feitos reais, toma como punto de partida o xuízo por adulterio contra Sagrario Ribela Fra, unha mariscadora da ría de Ferrol, durante a ditadura franquista. Contra todo prognóstico, o Tribunal eclesiástico de Compostela absólvea. “Raqa”, de Gerardo Herrero. Thriller de espía...

'Prefiro condenarme' chega ás salas 21.11.2024

'Prefiro condenarme' fala de desobediencia, clase e desexo feminino a través da historia de Sagrario Ribela Fra, unha mariscadora da ría de Ferrol que se enfrontou a un xuízo por adulterio no ano 72. Un documental de creación que bota man do testemuño da protagonista, imaxes de arquivo, performance musical de Mónica de Nut e un elenco composto por Iria Pinheiro, Mónica Caamaño, Melania C...

Corazón alionado 21.11.2024

Corazón alionado, o novo de De Ninghures, encabeza a lista de reprodución de Tito Lesende

A revista "Vida Gallega" 20.11.2024

Falamos de "Vida gallega" unha revista ilustrada moi popular en Galicia na primeira metade do século XX. Raquel explícanos cal era o seu contido e lembra ao seu fundador, Jaime Solá.

BD e ciencia: microalgas 20.11.2024

Manel Cráneo explica as vantaxes do uso do cómic para a divulgación científica. Un exemplo, a Triloxía Microalgas da autora Xulia Pisón, que acaba de recibir unha mención honorífica nos premios Prismas da Casa das Ciencias. 

O 'Cāldo' de Catuxa Salom 20.11.2024

Dous anos despois do EP 'Nunha aldea' Catuxa Salom publica o seu primeiro disco longo. 'Cāldo' reúne nove cancións que beben das músicas populares das dúas beiras do Atlántico, con envoltorio electrónico e sensibilidade ambiental.

"O poder que camiña nas tebras" 19.11.2024

Dolores Vilavedra recoméndanos a lectura da novela "O poder que camiña nas tebras", da británica Lilian Anna Hamilton, traducida ao galego por María Alonso Seisdedos. A obra é unha intriga política ambientada en Afghanistán a principios do século XX. A autora exerceu alí como médica nesa época.

Arte e literatura 19.11.2024

Mónica Maneiro comenta a exposición 'Pintura escrita. Arte e literatura. Colección Abanca', que pode visitarse en Santiago ata o 7 de xaneiro.

IGMIG 18.11.2024

IGMIG, a banda viguesa fundada hai unha década por Ignacio Muñoz e Miguel Seoane, volve á carga cun disco que sairá en decembro. Escoitamos un adianto dese traballo dun grupo inclasificable que se distingue polo humor e a orixinal posta en escea dos seus concertos.

Repertorio barroco 18.11.2024

Pablo Sánchez Quinteiro celebra o Día Internacional da Música con obras barrocas asinadas por Henry Purcell, Christoph Gluck e Antonio Vivaldi. 

Galicia en xogo motor 16-11-2024 16.11.2024

O día no que o Supercampionato de Rallys pechaba o pano en Pozoblanco, analizamos o histórico certame e a vitoria de Alejandro Cachón con David Vázquez. Jorge Cagiao tamén valora e o seu recente triunfo no CERA, e Javi Pardo anuncia a súa montura para 2025

Castelao presidente de Galicia 15.11.2024

Esta tarde no Pazo do Hórreo van recoñecer a Castelao coma primeiro presidente de Galiza. Asemade inaugúrase unha exposición na Fundación Penzol e na USC acaba de arrancar a cátedra que leva o seu nome. Da man do profesor e académico Henrique Monteagudo percorremos os tres escenarios.

As gardiás de Teatro de Ningures 15.11.2024

Afonso Becerra comenta ‘As gardiás’, de Teatro de Ningures. A obra reflexiona sobre a vellez, a independencia e os coidados.

I Xornada de Patrimonio Inmaterial en Vilalba 15.11.2024

Patrimonio Inmaterial en Vilalba Na véspera do Día Internacional do Patrimonio conversamos con dous biólogos, Pablo Carpintero e Xosé Mouriño Cuba. Son dous dos relatores da I Xornada de Patrimonio Inmaterial organizada polo Instituto de Estudos Chairegos e o Consello da Cultura Galega. 

Álbums ilustrados con premio 15.11.2024

Lemos álbums ilustrados Eva Mejuto fala hoxe de álbums ilustrados premiados. Bim Bam Bum, de María Girón, foi recoñecido co premio Compostela e 'Algo pasa na casa do lobo' de Susanna Isern e Ayhesa L. Rubio mereceu o premio Ciudad de Fuengirola. 

Vinde todas 14.11.2024

Recibimos a visita da cantante, gaiteira e docente Carme López (Carmela) para falarmos de ‘Vinde todas’, o seu proxecto de música de tradición oral que sae hoxe á venda. A perspectiva de xénero e a investigación etnográfica son os piares deste disco, no que cada canción leva o nome das mulleres de referencia no proceso de aprendizaxe. Tamén inicia e pecha o álbum coas gravacións de campo que refli...

Polvo serán e Gladiator II 14.11.2024

Moncho Lemos comenta “+Cuñados ”, que se estrea o domingo na TVG. E ademais, dúas estreas para esta fin de semana. *‘Polvo serán’, de Carlos Marques-Marcet. Tras ser diagnosticada cunha enfermidade terminal, Claudia decide emprender a súa última viaxe a Suíza.  *‘Gladiator II’, de Ridley Scott. Nesta secuela, con música de Abraham Cupeiro, o protagonista rememora o seu pasado na procura da forza e...

O deseXo de Talía Teatro 14.11.2024

O deseXo de Talía Teatro 'deseXo' é unha comedia sobre a falta de educación sexual, creada pensando nos adolescentes, pero apta tamén para o público adulto. Talía parte dun proceso de investigación en centros de secundaria, sobre o impacto da pornografía na mocedade actual. Marta Ríos e Dani Trillo son os intérpretes deste texto creado e dirixido por Diego Rey. 

Novos discos de Sen Senra e Hugo Guezeta 14.11.2024

Tito Lesende pica cancións dos novos discos de Sen Senra, Hugo Guezeta e Marián e avanza o concerto de Bryan Adams na Coruña.

La ciudad de los muchachos 13.11.2024

 Amazon Prime estrea o día 22 unha docuserie sobre a Ciudad de los Muchachos de Benposta, en Ourense. O proxecto de Vaca Films narra a historia" daquel lugar, fundado polo sacerdote Jesús Silva no ano 1956, en pleno franquismo. Cinco episodios de 50 minutos que poderán verse, anticipadamente, este sábado no festival compostelán Cineuropa. Elías León Siminiani director: ‘vaise emitir no mundo...

Bailes de resistencia nos anos 20 13.11.2024

Con Raquel C. Pico viaxamos no tempo para bailarmos ata a extenuación nos maratóns de baile dos ‘felices anos 20’

Belén Vaquero & Pérgamo Ensemble 13.11.2024

Belén Vaquero & Pérgamo Ensemble, ‘Premio Sello FestClásica 2025’ da Asociación Española de Festivais de Música Clásicapor ‘La memoria en donde ardía' A soprano ourensá dinos que a proposta inclúe algunhas das páxinas que arderon no incendio do Alcázar de Madrid en 1734, recuperadas en arquivos de Guatemala e México.

Luister naar de podcast Todos os podcast | En xogo motor in Replaio

Radio en podcasts in één app - gratis en zonder account. Installeer vandaag nog en mis de lancering niet

Download het op Google Play

Replaio is geen uitgever van podcasts; namen van shows, covers en audio zijn eigendom van hun makers en worden verspreid via openbare RSS-feeds