AGalegaAudio

Todos os podcast | En xogo motor

Toda a actualidade do motor, con cobertura do campionato galego de rallies e cobertura das principais probas nas que participan pilotos galegos. Desde esta temporada, o domingo ás 23:00

Bezoek zeker de website van de podcast en steun de maker: agalegaaudio.gal

Auteur

AGalegaAudio

Categorie

Sports

Website van de podcast

agalegaaudio.gal

Nieuwste aflevering

5 okt. 2026

Waar luisteren?

Podcasts in de app Replaio Radio Binnenkort beschikbaar

Podcasts komen binnenkort naar de app. Installeer nu en zie als eerste een compleet nieuwe kijk op podcasts

Download het op Google Play Gratis installeren Android bijna 10 mln downloads · beoordeling 4,8 iOS binnenkort

Afleveringen

Afectos dixitais 03.12.2024

Mónica Maneiro comenta a mostra colectiva 'Afectos dixitais', que revisa como a tecnoloxía está mudando o xeito de relacionarnos. A mostra forma parte da iniciativa Faísca cultural da Universidade de Santiago e pode visitarse no Salón Artesoado do Colexio de Fonseca ata o 28 de febreiro.

“A saga dos Lugrís” 03.12.2024

As pinturas dos Lugrís abren o programa expositivo da galería de arte Lar

9Louro 02.12.2024

Carlos Crespo tráenos ao muradán Martín Louro, que acaba de sacar o seu primeiro disco’Nove noves’, co nome artístico de 9Louro

Desafíos musicais. Próximos concertos da RFG e OSG 02.12.2024

Pablo Sánchez Quinteiro avánzanos o próximo concerto da RFG, con obras de Beethoven ou Marianne von Martinez e dirixido por Nil Venditti. Tamén marcamos no calendario os concertos de Nadal da Orquestra Sinfónica de Galicia e o obradoiro de dirección orquestral da Real Filharmonía.

Galicia en xogo motor 30-11-2024 30.11.2024

Repasamos a última hora do mundo do motor, escoitando as voces dos pilotos e copilotos galegos

Erregueté 29.11.2024

Afonso Becerra debulla o número último de Erregueté, a revista das artes escénicas en Galicia @erreguete.gal

Bravú XXX 29.11.2024

 O bravú festexa o seu 30 aniversario ás 21:00 horas no Culturgal, cun documental e o concerto da Banda Xangai e as pontevedresas Rager. Xurxo Souto, líder dos Diplomáticos de Monte Alto e referente indiscutible deste movemento, protagoniza o filme producido por Nós Televisión.

Culturgal 2024 29.11.2024

Anxo Suances conversa co director de Culturgal, Camilo Franco, e outros convidados que fan parte desta edición da Feira das Industrias Culturais de Galicia

Cartas na escuridade e Teranga 29.11.2024

Dende Culturgal, Eva mejuto recoméndanos hoxe dous achegamentos ao continente africano e os seus habitantes: -Cartas na escuridade, de Lois Pérez -Teranga, de Beatriz Maceda

IX edición de D10! 29.11.2024

“Por dereito o novo circo debe estar ao nivel de consideración doutras artes”. Belén Brandido é unha das organizadoras de D10! O Encontro de Formación e Innovación en Circo celebra nova edición que estende por vez primeira a Culturgal

O millo miúdo 28.11.2024

Esta tarde proxéctase no Museo do Pobo Galego unha creación audiovisual da produtora Illa Bufarda sobre o proxecto de investigación do arqueobotánico ribeirense Andrés Teira Brión para a Universidade de Oxford. O documental indaga nos usos e métodos de cultivo do millo miúdo, un cereal case extinto na Península Ibérica tras diversos procesos de globalización. O filme foi gravado en diferentes loca...

Vaiana 2 e Pídeme lo que quieras 28.11.2024

Moncho Lemos comenta dúas estreas para a fin de semana: Vaiana 2 e Pídeme lo que quieras

'Ultranoite cultureta' 28.11.2024

O grupo Chévere leva a Culturgal unha Ultranoite que revisará coa súa irreverencia habitual o estado da cultura galega e algúns dos seus lugares comúns.  A 'Ultranoite Cultureta' desenvolverase no Pazo da Cultura de Pontevedra o sábado 30 de novembro. Ademais Chévere fará cinco Ultranoites na sala Capitol de Santiago durante o Nadal.

De Belém Tajes a Iván Ferreiro 28.11.2024

Novidades, concertos e unha panxoliña Tito Lesende pica unha das cancións do primeiro disco de Belem Tajes, 'Amar o mar' e a colaboración de Tanxugueiras con Shinova. No menú de concertos, Noite Atari e Iván Ferreiro, que acaba de estrear panxoliña con Guadi Galego. 

Filmei paxaros voando 28.11.2024

“Eu a miraba como nai pero era incapaz de mirar o lado luminoso que tiña”. Zeltia Outeiriño presenta Filmei paxaros voando, un documental sobre o desarraigo, os coidados e a liberdade.

Os 'dessassosegos' de Manuel Patinha 27.11.2024

A mostra retrospectiva 'Dessassosegos 1970-2024' permite percorrer a traxectoria artística de Manuel Patinha, artista portugués afincado en Ferrolterra desde hai varias décadas. A escultura é a disciplina que deu máis sona a Patinha, que realizou moitas pezas para espazos públicos, pero a exposición recolle tamén o seu traballo nos ámbitos do gravado, a fotografía e á pintura, á que pert...

Museos de BD 27.11.2024

Manel Cráneo recoméndanos museos de cómic en Bruxelas, California ou Sabadell e explica as funcións destes centros dedicados á conservación e á difusión do cómic. 

A volta de Hugo Guezeta 26.11.2024

'O noso tempo' é o primeiro disco longo de Hugo Guezeta, o que fora un dos integrantes do grupo Sondarúa. Un traballo que enceta unha nova xeira na traxectoria do rapeiro de Ponteareas, que explora novos ritmos e temáticas coa produción de Peter Petrowski. 'O noso tempo' preséntase en directo o día 14 de decembro na sala Rebullón de Mos, o día 19 na Mardi Gras da Coruña e o 21...

Cando a moda é escultura 26.11.2024

A deseñadora María Barros é unha das participantes na última edición das residencias artísticas do Gaiás. O seu proxecto Téxtil suspendido explora formas escultóricas realizadas en seda e algodón con técnicas de alta costura.

Black metal galego 25.11.2024

Patty Castro fálanos hoxe de Balmog e Xerión, dúas bandas do país que practican black metal, un xénero de atmosfera escura que ás veces evoca elementos transcendentes ou filosóficos.

Escoitamos teatro...a partir do luns 22.11.2024

A partir do luns imos emitir as obras gañadoras da cuarta edición do concurso de teatro radiofónico 'Escoitamos teatro’, que convoca a Fundación SGAE coa colaboración da Radio Galega.  Trátase de ‘Petricor’, de Lidia Fraga; ‘Con propósito de emenda’, de Marta Lado; e ‘Céspede artificial’, de AveLina Pérez. Destas pezas falamos co coordinador do certame, Santiago Cortegoso

Antón Alcalde e as Anatomías do abismo 22.11.2024

Dende Taiwán, onde reside, falamos co compositor rianxeiro Antón Alcalde, gañador da 35ª edición do Premio Jóvenes Compositores por 'Anatomías del abismo.' O certame está organizado pola Fundación SGAE  e o Centro Nacional de Difusión Musical.

Terceiro acto 22.11.2024

Afonso Becerra comenta ‘Terceiro acto’, do CDG. Actrices e actores veteranos xúntanse clandestinamente nun teatro pechado para emprender a súa última aventura xuntos e reflexionaren sobre o terceiro acto das súas vidas.

'Non pasarán', de Artika Cía 22.11.2024

A compañía Ártika Cía estrea 'Non pasarán', unha resposta teatral ao crecemento dos autoritarismos e de movementos antidemocráticos. Tito Asorey é o director da montaxe, na que comparte a dramaturxia con Vanesa Sotelo. O elenco está formado por  Fernanda Barrio, Marcos Alonso, Martín Maez e Rocío Salgado.

Mulleres con memoria 22.11.2024

Eva Mejuto proponnos a lectura do álbum O triángulo vermello, de Carme Vidal, Pablo Iglesias Núñez e Belén Diz. Unha biografía da militante antifascista Belén Núñez dirixida á rapazada. Abrimos tamén as páxinas de Cantareiras, unha das primeiras publicacións das Letras de 2025 dirixidas ao lectorado máis novo. 

Luister naar de podcast Todos os podcast | En xogo motor in Replaio

Radio en podcasts in één app - gratis en zonder account. Installeer vandaag nog en mis de lancering niet

Download het op Google Play

Replaio is geen uitgever van podcasts; namen van shows, covers en audio zijn eigendom van hun makers en worden verspreid via openbare RSS-feeds