AGalegaAudio

Todos os podcast | En xogo motor

Toda a actualidade do motor, con cobertura do campionato galego de rallies e cobertura das principais probas nas que participan pilotos galegos. Desde esta temporada, o domingo ás 23:00

Bezoek zeker de website van de podcast en steun de maker: agalegaaudio.gal

Auteur

AGalegaAudio

Categorie

Sports

Website van de podcast

agalegaaudio.gal

Nieuwste aflevering

30 sep. 2026

Waar luisteren?

Podcasts in de app Replaio Radio Binnenkort beschikbaar

Podcasts komen binnenkort naar de app. Installeer nu en zie als eerste een compleet nieuwe kijk op podcasts

Download het op Google Play Gratis installeren Android bijna 10 mln downloads · beoordeling 4,8 iOS binnenkort

Afleveringen

Begoña Caamaño e os fíos da amizade 27.01.2026

Xa están nas librarías as dúas primeiras obras sobre Begoña Caamaño, a quen se lle adica este ano o Día das Letras. Trátase de 'Os fíos de Begoña' e 'Begoña ou o pracer da amizade'

A penaltis 27-01-2026 27.01.2026
Os premios Feroz 26.01.2026

Begoña Vázquez repasa os Premios Feroz, que se entregaron o sábado en Pontevedra

Podcast cultural 91. Retratos 26.01.2026

A limpeza da mirada que se perdeu. Santiago Barreiros percorre 50 anos de fotografía a través dos retratos na exposición “Read me”. E lemos a tradución ao galego da novela “A praza do Diamante”.

Lectura fácil e audiolibros 26.01.2026

Andrea Jamardo tráenos dous libros en formato de lectura fácil e outro en versión audiolibro. Son as adaptacións de ‘O misterio do torque de Burela’, de Antía Yáñez; e ‘Meigas’, de Esteban Folgar. Canto o audiolibro, trátase de ‘Ícaras’, de Carlos Labraña. Os tres están publicados por Galaxia e conversamos co seu director de edicións, Marcos Calveiro

A penaltis 26-01-2026 26.01.2026
Diario cultural fin de semana 24-01-2026 24.01.2026

Falamos con Aiadna Silva do documental "360 curvas", que recolle a loita de resistencia dos veciños da Fonsagrada contra o seu illamento e perda de servizos. Antía Amarante preséntanos o seu primeiro libro de poemas, "Vostede está aquí". Begoña Vázquez cóntanos os preparativos dos premios Feroz, que se entregan en Pontevedra. Lucía Carballeda amósanos a galería Dupla e conversa...

'Ninguén tira fotos nos enterros' 23.01.2026

Afonso Becerra comenta a ópera prima de Carlota Mosquera, ‘Ninguén tira fotos nos enterros’. Nesta autoficción performativa a autora propón unha reflexión colectiva sobre a morte, e faino dende a mirada dunha nena que, no mesmo día, asiste ao funeral da avoa e a voda dos tíos.

Podcast cultural 91. DUPLEX 30 23.01.2026

A sala de cinema ferrolá DUPLEX celebra 30 anos de vida . Percorremos a súa historia.

'Ídolos' 22.01.2026

Pendentes de se ‘Sirat’ conseguen meterse na loita polos Óscar, Moncho Lemos comenta a película de estrea ‘Ídolos’, con Ana Mena e Óscar Casas, que xira arredor do mundo do motociclismo e da que di que “é unha telenovela preciosa”.

Podcast cultural 90. Videoxogos 22.01.2026

Xogalego é un proxecto que procura facer visible e accesible todo o catálogo de videoxogos dispoñibles en galego. E despois 'Ninguén tira fotos nos enterros'.

De Hydn a Sés 22.01.2026

Tito Lesende pica a última canción de Hydn, o disco conxunto de mariagrep e Mundo Prestigio, e o novo álbum de Ángel Stanich antes dos seus concertos en Galicia. Tamén a Sés, que segue presentando en directo 'Nadando na incerteza'.

'Illa de sangue' 21.01.2026

Malores Villanueva comenta ‘Illa de sangue’, a primeira novela de Carmen Valiña, autora de ‘As tolas que non o eran’ sobre o psiquiátrico de Conxo. A obra, que decorre na illa de San Simón, alzouse co premio de narrativa breve Repsol 2025.

Podcast cultural 89. 360 curvas 21.01.2026

O filme documental que recupera a memoria das mobilizacións veciñais da Fonsagrada nos 90 chega ás salas. A preestrea de 360 curvas esta fin de semana na Fonsagrada

A penaltis 21-01-2026 21.01.2026
Carballo 20.01.2026

Carlos Crespo trános a Carballo, un músico emerxente formado na clásica que acaba de sacar ‘Simbiose’, o seu disco primeiro

Podcast cultural 88. Vostede está aquí 20.01.2026

Na pausa, na suspensión, ábrese o poema. "Vostede está aquí" é o primeiro libro de poemas de Antía Marante. E despois Buciños + Buciños

'Aquí e agora' 20.01.2026

Mónica Maneiro comenta a exposición ‘Aquí e agora’, dedicada ao pintor vigués Guillermo Monroy, membro fundador de Atlántica falecido aos 28 anos en 1982. A mostra, comisariada por Ángel Cerviño, reivindica a importancia da súa obra. Pode visitarse ata o 15 de febreiro.

A penaltis 20-01-2026 20.01.2026
Dous documentais e unha webserie 19.01.2026

Begoña Vázquez recomena dous documentais e unha serie web que se poden ver en Agalega.gal. Trátase de ‘Morabeza’, ‘Á destra e á sinistra’ e ‘Peter Brandon’ respectivamente.

Podcast cultural 87. Dupla 19.01.2026

A galería Dupla propón un diálogo entre o escultor Iván Prieto e o artista visual Zësar Bahamonte na exposición "Absurdo" que enlaza coa filosofía de Albert Camus, e a incesante busca do significado do mundo

Libros para bebés, para primeiros lectores e para adolescentes 19.01.2026

Andrea Jamardo tráenos unha novela xuvenil, unha colección de libros para bebés e un libro silente: - ‘Dipnoi’ de María Canosa, unha novela para o público xuvenil, que chega este xoves ás librarías na colección Fóra de Xogo da editorial Xerais. -Da colección de Kalandraka Do berce á lúa: ‘Flores’ e ´Limón’, de Antonio Rubio e Óscar Villán -E por último un libro sen texto, tamén de Kalandraka, ‘Ped...

A penaltis 19-01-2026 19.01.2026
Galicia en xogo motor 18-01-2026 18.01.2026

A última hora de Cristian Costoya, Jorge Prado e Fran Gómez Pallas. Protagonistas na gala 2025 da FGA celebrada en Ourense.

Diario cultural fin de semana 17-01-2026 17.01.2026

Un ano despois da súa morte lembramos a Bernardino Graña conversando co seu amigo, o crítico Héitor Mera. Olaia Sendón fálanos de "A casa grande", a obra coa que foi finalista do premio Xerais de novela. A Cátedra Rosalía de Castro da Universidade de Santiago impulsa o primeiro museo en liña de iconografía rosaliana. Explícanos o seu contido Laura Camino, que se encargou da catalogación...

Luister naar de podcast Todos os podcast | En xogo motor in Replaio

Radio en podcasts in één app - gratis en zonder account. Installeer vandaag nog en mis de lancering niet

Download het op Google Play

Replaio is geen uitgever van podcasts; namen van shows, covers en audio zijn eigendom van hun makers en worden verspreid via openbare RSS-feeds