AGalegaAudio

Todos os podcast | En xogo motor

Toda a actualidade do motor, con cobertura do campionato galego de rallies e cobertura das principais probas nas que participan pilotos galegos. Desde esta temporada, o domingo ás 23:00

Bezoek zeker de website van de podcast en steun de maker: agalegaaudio.gal

Auteur

AGalegaAudio

Categorie

Sports

Website van de podcast

agalegaaudio.gal

Nieuwste aflevering

30 sep. 2026

Waar luisteren?

Podcasts in de app Replaio Radio Binnenkort beschikbaar

Podcasts komen binnenkort naar de app. Installeer nu en zie als eerste een compleet nieuwe kijk op podcasts

Download het op Google Play Gratis installeren Android bijna 10 mln downloads · beoordeling 4,8 iOS binnenkort

Afleveringen

'Familia' e dúas estreas 16.01.2026

Afonso Becerra comenta ‘Familia’, de Amalia Fernández e nos reta a adiviñar como vai facer para estar hoxe en dúas estreas na Coruña e Vigo: ‘Ninguén tira fotos nos enterros’, de Carlota Mosquera no Rosalía...e ‘Alén’, do Colectivo Globo no Teatro Ensalle.

Podcast cultural 86. Cultura urbana 16.01.2026

A editorial Alvarellos publica o libro colectivo "Pegadas no muro. Cultura urbana e arte nas rúas", unha das primeiras contribucións galegas á bibliografía sobre o muralismo contemporáneo.

'Turno de guardia' 15.01.2026

Moncho Lemos recomenda ir ao cine esta fin de semana para ver a estrea da película suíza ‘Turno de guardia’. Tamén lle gusta a española ‘Rondallas’, pero non tanto ‘Una batalla tras otra’, a gran triunfadora dos Golden Globes.

PODCAST CULTURAL 85. B Graña, ao compás do corazón 15.01.2026

"Eu deixaba que a man se movese ao compás do corazón". Lembramos a voz de Bernardino Graña e acompañamos o cabodano do escritor revisando a súa obra.

Unha manchea de novidades 15.01.2026

Tito Lesende pica hoxe: os remixes do último disco de Baiuca; un novo avance do próximo álbum de Familia Caamagno; a colaboración que Carlangas e Leiva publican esta semana; e a homenaxe de Rufus T. Firefly a Triángulo de Amor Bizarro. 

A penaltis 15-01-2026 15.01.2026
'Mamá' e 'Adelina' 14.01.2026

Malores Villanueva tráenos dúas novelas gráficas: ‘Mamá’, de Glòria Vives en Edicións Embora; e ‘Adelina’, da lucense Sandra Lodi na editorial Galaxia.

Podcast cultural 84. Tío Marcos 150 14.01.2026

Conmemórase en 2026 o 150 aniversario de O Tío Marcos d’a Portela, publicación fundacional da prensa popular en lingua galega. E despois a cega de Noceda en 'O violín que trae o vento'

A penaltis 14-01-2026 14.01.2026
Amorodo 13.01.2026

Carlos Crespo tráenos a Xavi Simón, un rapeiro de Arbo que se fai chamar Amorodo.

Podcast cultural 83. A celebración de Monroy 13.01.2026

A vixencia da linguaxe e a contemporaneidade da súa figura son os piares da mostra “Guillermo Monroy. Aquí e agora” que se presenta na Fundación Luís Seoane na Coruña. Unha mostra comisariada por Ángel Cerviño. E despois Labañou anos 70: “O eco dos días rotos”.

'Como atraer a luz e deixala dentro' 13.01.2026

Canda Mónica Maneiro falamos con Alba López Porto, responsable da galería Néboa de Lugo, pola exposición 'Como atraer a luz e deixala dentro', de Pablo Quesada. 

Podcast cultural 82. Rosalía virtual 12.01.2026

Preséntase o Museo virtual de iconografía de Rosalía de Castro, unha viaxe sobre a evolución da imaxe da escritora, un mito en continua reconfiguración.

‘Lis e o bosque das sombras’ e ‘Bruxas e dragóns 1: Baba Iagá 12.01.2026

Andrea Jamardo tráenos o álbum ilustrado ‘Lis e o bosque das sombras’, de Clara Artiaga (Antela) e mais ‘Bruxas e dragóns 1: Baba Iagá’, de Ledicia Costas e Luismi Pérez, con ilustracións de Bea Gregores (Triqueta).

Diario cultural fin de semana 10-01-2026 10.01.2026

Falamos de protagonistas culturais deste ano que bota a andar. Por exemplo, Otero Pedrayo, de quen se cumpren 50 anos do seu pasamento; ou Begoña Caamaño, a quen a Real Academia Galega lle dedicou o Día das Letrtas. Este ano veremos a adaptación teatral das "Memorias dun neno labrego" que dirixiu Candido Pazó. Tamén apuntamos cales serán as próximas novidades literarias e cinmematrográfi...

'O proceso' 09.01.2026

Afonso Becerra comenta ‘O proceso’, de Malasombra, escrita por Cándido Pazó. Un sainete cómico que relata o sucedido trala denuncia do bispo de Ourense a Curros Enríquez por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento galego. 

Podcast cultural 81. Begoña Caamaño 09.01.2026

A Real Academia Galega inaugura na Rede as Letras Galegas dedicadas á escritora e xornalista Begoña Caamaño

Song, song blue 08.01.2026

Moncho Lemos lembra o actor ferrolán Siro Ouro “Gold Sirope”, que faleceu aos 24 anos esta Noitevella. Tamén nos fala das chamadas “pelis sorpresa” e recomenda ir ver ‘Song Sung Blue’  un drama biográfico musical escrito, coproducido e dirixido por Craig Brewer. A película, baseada nun documental homónimo de 2008, está protagonizada por Hugh Jackman  e  Kate Hudson como Mike e Claire Sardina, que...

Podcast cultural 80. Unha bicicleta azul 08.01.2026

O dó atravesa o corpo da novela e da protagonista de “Perder o norte”, unha viaxe por diversos territorios físicos e emocionais coa que María Quiroga gañou o Premio Illa Nova. E despois "Regreso" de Clara Cantore

Novidades de xaneiro 08.01.2026

Tito Lesende pica dúas primicias con marca galega, os avances dos discos de Tomás Porteiro e de Apolo 18. Tamén da banda estadounidense Alter Bridge e da solista Ella Red, que publican traballos este mes de xaneiro.

A penaltis 08-01-2026 08.01.2026
'Os antropólogos' 07.01.2026

Malores Villanueva comenta ‘Os Antropólogos’, de Ayşegül Savaş, unha novela encantadora sobre a pasaxe á vida adulta. Traducida ao galego por Carlos Meixide para a editorial Rodolfo e Priscila

Podcast cultural 79. A voz de Otero 07.01.2026

“Unha presa de terra”. No ano de Otero Pedrayo achegámonos á figura do ourensán con Patricia Arias Chachero

A penaltis 07-01-2026 07.01.2026
O que vai traer 2026 06.01.2026

Carlos Crespo fálanos do que vai traer este 2026 e ademais pica a estrea do primeiro sinxelo de Javi Maneiro tras deixar Heredeiros

Luister naar de podcast Todos os podcast | En xogo motor in Replaio

Radio en podcasts in één app - gratis en zonder account. Installeer vandaag nog en mis de lancering niet

Download het op Google Play

Replaio is geen uitgever van podcasts; namen van shows, covers en audio zijn eigendom van hun makers en worden verspreid via openbare RSS-feeds