Radio Municipal de Tui
Informativos
Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está presente en Noticias 13.30 h cada día de luns a venres de 13.30 a 14.00 h.
Visita il sito del podcast e sostieni chi lo crea: www.ivoox.com
Autore
Radio Municipal de Tui
Categoria
Sito del podcast
Ultimo episodio
2 ott 2026
Dove ascoltare?
I podcast nell'app Replaio Radio In arrivoI podcast stanno per arrivare nell'app. Installala ora e scopri per primo un modo tutto nuovo di vivere i podcast
Episodi
Noticias 13.30h - Venres, 30 de xuño de 2023 30.06.2023 26:20
En Noticias 13.30 h de hoxe damos conta da clausura do programa Cultiva a Mente, do programa de coworking de emprendemento, do campamento de verán do concello de Tui, as citas da fin de semana e o deporte local.
Noticias 13.30h - Xoves, 29 de xuño de 2023 29.06.2023 27:28
No tempo de noticias de hoxe falamos sobre o peche do coworking da EOI e a Deputación de Pontevedra que tivo sede en Tui, a entrega dos premios do concurso de debuxo infantil do Consorcio de Augas do Louro, as citas da música folk en Tui e o deporte local.
Noticias 13.30h - Mércores, 28 de xuño de 2023 28.06.2023 25:51
Tempo de noticias no que contamos a previa do Festival da Cultural Tradicional e Folk que albergará Tui esta fin de semana. Tamén falamos da saída do Concurso de Patrullas da Brilat, citas da comarca e a victoria dos cadetes do Tyde na Asturias Cup no deporte.
Noticias 13.30h - Martes, 27 de xuño de 2023 27.06.2023 25:39
Tempo de noticias no que destacamos o 25 Concurso de Patrullas de Brilat que parte mañá dende Tui cara Santiago, o acto de cambio de mando na Comandancia Naval do Miño, investimentos nos concellos da comarca, as citas e o deporte local.
Noticias 13.30h - Luns, 26 de xuño de 2023 26.06.2023 27:03
Tempo de noticias no que lles contamos os investimentos do Plan PON20230 para Tui e a comarca, a participación de Tui no Consello da Infancia e o balance do Foro de Mobilidade Transfronteiriza. Amais, as citas do día e todo o deporte local.
Noticias 13.30h - Venres, 23 de xuño de 2023 23.06.2023 25:59
Noticias 13.30h no que lles contamos a constitución da nova corporación da Entidade Local Menor de Pazos de Reis e a clausura do Foro de Mobilidade Transfronteiriza en Tui. Tamén, todas as citas do San Xoán na cidade e na comarca e o deporte local.
Noticias 13.30h - Mércores, 21 de xuño de 2023 21.06.2023 25:42
Tempo de Noticias no que recordamos os avisos de tráfico na cidade e os seus accesos. Tamén, a conmemoración dos Xogos Florais de Tui, as citas para a próxima fin de semana e todo o deporte local.
Noticias 13.30h - Martes, 20 de xuño de 2023 20.06.2023 27:53
Tempo de Noticias 13.30h no que lles contamos distintos avisos de tráfico en Tui e nos accesos por actuacións xa en curso. Tamén detallamos a programación de San Xoán nas parroquias tudenses, máis citas para estas xornadas e o deporte local con protagonismo para o piragüismo.
Noticias 13.30 h - Luns, 19 de xuño de 2023 19.06.2023 29:53
A constitución das novas corporacións municipais é unha das novas que recollemos hoxe en Noticias 13.30 h. Tamén damos conta da actualidade de Tui e da comarca e os resultados deportivos da fin de semana.
Noticias 13.30 h - Venres, 16 de xuño de 2023 16.06.2023 30:01
Mañá sábado constitúense as novas corporacións municipais. Esta é unha das novas que recollemos en Noticias 13.30 h. Repasamos as diversas citas da fin de semana en Tui e na comarca, e tamén as as novas deportivas.
Noticias 13.30 h - Xoves, 15 de xuño de 2023 15.06.2023 25:12
Ás sete desta tarde terá lugar no Concello de Tui unha reunión informativa sobre a modificación puntual do PXOM en San Bartolomeu. Así o contamos en Noticias 13.30 h onde damos conta tamén do inicio das obras de humanización a rúa Lugo de Tui o próximo luns, recollemos tamén outras novas da actualidade, as citas e a información deportiva.
Noticias 13.30 h - Mércores, 14 de xuño de 2023 14.06.2023 21:36
A celebración do último pleno da corporación municipal actual en Tui, as sancións das infraccións na rúa, as citas da xornada e o deporte protagonizan hoxe a actualidade en Noticias 13.30 h.
Noticias 13.30 h - Martes, 13 de xuño de 2023 13.06.2023 24:45
O pleno extraordinario que celebra mañá a corporación municipal de Tui, o acordo entre o BNG e o PSOE no Rosal, os datos do paro en Tui ou a celebración de Aloiada 2023 centran as Noticias 13.30 h de hoxe martes.
Noticias 13.30 h - Luns, 12 de xuño de 2023 12.06.2023 31:25
Neste Noticias 13.30 h damos conta do foro sobre mobilidade transfronteiriza que se celebrará en Tui a próxima semana. Tamén damos información de sucesos, citas da xornada e os éxitos deportivos da fin de semana.
Noticias 13.30 h - Venres, 9 de xuño de 2023 09.06.2023 30:52
Neste tempo de información demos conta do fin da rolda de conversas postelectorais en Tui, do que foi a mañá na segunda xornada do Congreso EducODS, das citas da fin de semana e da información deportiva.
Noticias 13.30 h - Xoves, 8 de xuño de 2023 08.06.2023 25:50
O remate hoxe da rolda de conversas post electorais en Tui, a inauguración do II Congreso EducODS, as citas da xornada e o deporte marca a actualidade deste Noticias 13.30 h.
Noticias 13.30 h - Mércores, 7 de xuño de 2023 07.06.2023 29:05
En Noticias 13.30 h de hoxe damos conta da recepción aos equipos alevín e benxamín do Tyde que participarán no Torneo Internacional de Versmold e damos os detalles do III Congreso EducODS, entre outras novas.
Noticias 13.30 h - Martes, 6 de xuño de 2023 06.06.2023 26:40
O cambio de emprazamento do III Congreso EducODS, as case 250 propostas artísticas presentadas para participar nos showcases do MUMI 2023 e o desvío de tráfico na autovía centran a actualidade deste martes 6 de xuño.
Noticias 13.30 h - Luns, 5 de xuño de 2023 05.06.2023 29:42
Este mediodía gardouse un minuto de silencio diante da casa do concello en repulsa polo asasinato machista de Ana Vanesa esta fin de semana en Oia. Esta é unha das novas que recollemos en Noticias 13.30 h, xunto á publicación do censo electora para o 23X, as citas do día e os resultados deportivos da fin de semana con nomes propios coma o de Manu Garrido e David Fernández.
Noticias 13.30h - Venres, 2 de xuño de 2023 02.06.2023 29:29
Os datos do paro, que baixa na comarca, e as cifras de turistas e peregrinos do mes de maio en Tui abren este tempo de Noticias 13.30h. Tamén contamos as variadas propostas de lecer e cultura para esta fin de semana e todo o deporte.
Noticias 13.30h - Xoves, 1 de xuño de 2023 01.06.2023 30:50
Neste informativo seguimos analizando a situación de gobernabilidade dos concellos da comarca logo dos comicios municipais. Tamén falamos do Congreso Educativo EducODS que acollerá Tui, distintas citas na comarca e todo o deporte.
Noticias 13.30h - Mércores, 31 de maio de 2023 31.05.2023 27:29
Neste tempo de Noticias 13.30h abordamos a actualidade política tras os comicios nos concellos do Baixo Miño. Tamén, outras novas que falan de investimentos, iniciativas culturais e de lecer, citas e todo o deporte local.
Noticias 13.30h - Martes, 30 de maio de 2023 30.05.2023 29:21
En Noticias 13.30h falamos do escenario político en Tui cos 4 candidatos con representación logo das eleccións do pasado domingo. Tamén damos conta do simulacro da Armada no Miño, das citas e do deporte local.
Noticias 13.30h - Luns, 29 de maio de 2023 29.05.2023 28:43
Os resultados das eleccións municipais en Tui e nos concellos do Baixo Miño centran boa parte deste informativo. Tamén contamos outras novas da actualidade, citas e toda a crónica do deporte da fin de semana.
Noticias 13.30h - Venres, 26 de maio de 2023 26.05.2023 23:31
Noticias deste venres 26 de maio no que lles contamos todos os detalles e as novas do peche de campaña electoral en Tui e no Baixo Miño. Tamén, as citas de lecer para esta fin de semana e unha ampla páxina de deportes.
Podcast simili
Replaio non è un editore di podcast; i nomi dei programmi, le copertine e l'audio appartengono ai rispettivi autori e vengono distribuiti tramite feed RSS pubblici