Radio Municipal de Tui
Informativos
Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está presente en Noticias 13.30 h cada día de luns a venres de 13.30 a 14.00 h.
Visita il sito del podcast e sostieni chi lo crea: www.ivoox.com
Autore
Radio Municipal de Tui
Categoria
Sito del podcast
Ultimo episodio
2 ott 2026
Dove ascoltare?
I podcast nell'app Replaio Radio In arrivoI podcast stanno per arrivare nell'app. Installala ora e scopri per primo un modo tutto nuovo di vivere i podcast
Episodi
Noticias 13.30h - Xoves, 25 de maio de 2023 25.05.2023 30:20
Noticias 13.30h no que lles contamos as últimas novas da campaña electoral en Tui e no Baixo Miño. Tamén, distintos investimentos na comarca, propostas de formación, citas e o deporte local.
Noticias 13.30h - Mércores, 24 de maio de 2023 24.05.2023 29:24
Tempo de Noticias 13.30h no que lles contamos a crónica do debate electoral cos candidatos e candidata en Tui que onte celebrou esta emisora. Tamén, a homenaxe en Paramos, a celebración do Día dos Parques no Aloia, citas e o deporte.
Noticias 13.30 h - Martes, 23 de maio de 2023 23.05.2023 29:29
Noticias 13.30h no que lles contamos as últimas novas en clave electoral en Tui e na comarca do Baixo Miño. Tamén, a homenaxe que esta tarde terá lugar en Paramos logo de cinco anos da explosión pirotécnica, as citas e o deporte local.
Noticias 13.30h - Luns, 22 de maio de 2023 22.05.2023 33:28
Tempo de Noticias 13.30h no que lles contamos toda a actualidade en clave política e de campaña, facendo cobertura dos distintos mitíns celebrados e da información de campaña dos partidos en Tui e na comarca. Tamén, sucesos, citas e o deporte.
Noticias 13.30h - Venres, 19 de maio de 2023 19.05.2023 29:27
Tempo de Noticias 13.30h para detallarlles a crónica do oitavo día de campaña electoral, coas novas de Tui e dos concellos da comarca. Tamén, a intensa fin de semana en citas culturais e de lecer e todo o deporte local.
Noticias 13.30h - Xoves, 18 de maio de 2023 18.05.2023 30:30
Tempo de Noticias 13.30h para dar conta da actualidade da campaña electoral e máis información política. Tamén facemos balance do Día das Letras Galegas, as citas do día e a información deportiva.
Noticias 13.30h - Martes, 16 de maio de 2023 16.05.2023 29:09
Tempo de Noticias 13.30h para contarlles a actualidade da campaña electoral de Tui. Tamén recollemos as propostas e actos que mañá se celebran na cidade e na comarca co gallo das Letras Galegas e as novas do deporte local.
Noticias 13.30h - Luns, 15 de maio de 2023 15.05.2023 34:05
Noticias 13.30h no querecollemos a crónica da cuarta xornada de campaña electoral, tamén a doazón de mapas recibidos polo concello de Tui por parte dun veciño, a XXIV Feira do Libro e toda a crónica do deporte.
Noticias 13.30h - Venres, 12 de maio de 2023 12.05.2023 33:38
Noticias 13.30h no que lles contamos todos os detalles do inicio da campaña para as eleccións municipais do próximo 28M. Tamén, todas as citas de lecer para a fin de semana e amplia crónica do deporte para estes días.
Noticias 13.30h - Xoves, 11 de maio de 2023 11.05.2023 32:24
Noticias 13.30h no que lles contamos a presentación do festival MUMI que se celebrará en setembro. Tamén, toda a programación da Feira de Artesanía de Tui, as últimas novas da precampaña, citas e o deporte local.
Noticias 13.30h - Mércores, 10 de maio de 2023 10.05.2023 29:14
Tempo de Noticias 13.30h para contarlles a aprobación definitiva por parte do Goberno de España do Plan de Sostibilidade Turística en Destino para Tui. Tamén falamos do plan Cultiva a Mente, da visita do alumnado da Galiña Azul á biblioteca tudense, precampaña, citas e o deporte.
Noticias 13.30h - Martes, 9 de maio de 2023 09.05.2023 28:35
Tempo de Noticias no que lles contamos que Tui volverá a ser plató de cine coa gravación da segunda película de Cuñados. Tamén, a presenza da Unidade de Coidados Porta a Porta na comarca, a precampaña, citas e o deporte local.
Noticias 13.30h - Luns, 8 de maio de 2023 08.05.2023 27:44
Noticias 13.30h no que lles contamos as tarefas de inspección que o Consorcio de Augas do Louro está a realizar no Miño cun dron subacuático, diversos investimentos para Tui e a comarca, a precampaña política, citas e toda a crónica do deporte.
Noticias 13.30h - Venres, 5 de maio de 2023 05.05.2023 32:03
Noticias 13.30h no que damos conta do concerto solidario "Fogares Sanxe na música" que mañá se celebra en Tui, abrimos páxina de información de precampaña, as citas e os encontros deportivos da fin de semana.
Noticias 13.30h - Xoves, 4 de maio de 2023 04.05.2023 29:18
Neste tempo de noticias 13.30h damos conta dos datos de paro do mes de abril na comarca, de peregrinación do pasado mes e recollemos as citas culturais. Damos conta tamén do deporte local.
Noticias 13.30h - Mércores, 3 de maio de 2023 03.05.2023 29:35
Noticias 13.30h no que lles contamos os datos de turistas e peregrinos que pasaron pola Oficina de Turismo de Tui o pasado mes. Tamén falamos da precampaña política na cidade e na comarca, as citas e todo o deporte local.
Noticias 13.30h - Martes, 2 de maio de 2023 02.05.2023 32:04
Tempo de Noticias 13.30h para contarlles o investimento de 2 millóns de euros que Tui recibirá para o seu Plan de Sostibilidade Turística en Destino. Tamén, o balance do Plan Integrado de Emprego de Tui, precampaña, citas e todo o deporte.
Noticias 13.30h - Venres, 28 de abril de 2023 28.04.2023 33:56
Tempo de Noticias no que lles contamos o pleno ordinario que onte celebrou a corporación de Tui. Tamén, todas as citas para esta longa fin de semana: o Play-Doc, festas populares e gastronómicas, roteiros, música e todas as citas do deporte.
Noticias 13.30h - Xoves, 27 de abril de 2023 27.04.2023 33:25
Tempo de Noticias 13.30h no que recordamos o pleno ordinario desta tarde en Tui, o corte de tráfico na A55, unha nova xornada de Play-Doc, a donación da bibliografía de Daniel Domínguez, o ingreso de Rosendo Bugarín na Real Academia de Mediciña, as citas e o deporte local.
Noticias 13.30h - Mércores, 26 de abril de 2023 26.04.2023 28:40
Noticias 13.30h nas que damos conta da lista oficial das candidaturas que concorren ás próximas eleccións do 28 de maio, do inicio do Play-Doc hoxe en Tui e da operación antidroga do Grupo ECO Galicia da Garda Civil, entre outros asuntos.
Noticias 13.30h - Martes, 25 de abril de 2023 25.04.2023 29:17
Noticias 13.30h deste martes 25 de abril de 2023 para contarlles o detalle do pleno ordinario do concello de Tui deste xoves. Tamén, un novo corte de tráfico na A55 en Randufe e a previa do festival Play-Doc que arrinca mañá.
Noticias 13.30h - Luns, 24 de abril de 2023 24.04.2023 26:58
Noticias 13.30h para contarlles a previa do festival Play-Doc, que arrinca este mércores en Tui. Tamén, a detención por parte da Policía Local de Tui dun varón por tres presuntos delitos contra a seguridade viaria, citas e todo o deporte.
Noticias 13.30h - Venres, 21 de abril de 2023 21.04.2023 30:44
Tempo de Noticias 13.30 h onde damos conta da presentación do Play-Doc, da doazón da biblioteca de cine de Daniel Domínguez a Tui e abordamos as citas e os encontros deportivos da fin de semana, entre outros asuntos.
Noticias 13.30h - Xoves, 20 de abril de 2023 20.04.2023 26:06
En Noticias 13.30 h destacamos hoxe a solicitude de ACITUI para ir aconcurso de acreedores voluntario, o fin do prazo da XXV Feira de Artesanía e as actividades do Play-Doc, as citas da xornada e o deporte local.
Noticias 13.30h - Mércores, 19 de abril de 2023 19.04.2023 11:22
Tempo de Noticias 13.30h no que lles contamos os diversos avisos de tráfico en Tui, a representación da cidade no Consello da Infancia e a asemblea extraordinaria de ACITUI de hoxe. Tamén, a información comarcal, política, cultural e deportiva desta xornada.
Podcast simili
Replaio non è un editore di podcast; i nomi dei programmi, le copertine e l'audio appartengono ai rispettivi autori e vengono distribuiti tramite feed RSS pubblici