Radio Municipal de Tui
Informativos
Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está presente en Noticias 13.30 h cada día de luns a venres de 13.30 a 14.00 h.
Visita il sito del podcast e sostieni chi lo crea: www.ivoox.com
Autore
Radio Municipal de Tui
Categoria
Sito del podcast
Ultimo episodio
2 ott 2026
Dove ascoltare?
I podcast nell'app Replaio Radio In arrivoI podcast stanno per arrivare nell'app. Installala ora e scopri per primo un modo tutto nuovo di vivere i podcast
Episodi
Noticias 13.30 h - Mércores, 3 de agosto de 2023 03.08.2023 21:39
O descenso no número de parados na comarca do Baixo Miño, xunto á nova do premio de case 400 mil euros que a Bonoloto deixou en Tui, as novas visitas guiadas neste mes de agosto e a programación de música no claustro, foron parte das novas que hoxe contamos en Noticias 13.30 h
Noticias 13.30 h | Mércores, 2 de agosto de 2023 02.08.2023 26:47
A choiva desta mañá complicou hoxe a situación nas estradas, como contamos no inicio de #Noticias1330h. Damos conta dos datos do paro que baixou en 40 persoas no Baixo Miño no mes de xullo. As citas para hoxe en Música no Claustro, xunto as novas do descenso popular e internacional do Miño estiveron tamén presentes no informativo.
Noticias 13.30 h - Martes, 1 de agosto de 2023 01.08.2023 24:34
A continuación as sendas fluvias, agora no entorno do río Caselas, por parte do Concello, o inicio de Música no Claustro, a romaría do San Fins, e o casamento polo rito Celta hoxe no Aloia, son parte das novas que recollemos hoxe en Noticias 13.30 h
Noticias 13.30 h - Luns, 31 de xullo de 2023 31.07.2023 26:03
Neste derradeiro día de xullo comezamos Noticias 13.30 h en crónica de sucesos dando conta do accidente rexistrado o sábado en Tui no que perdeu a vida un mozo do Porriño. Damos conta da concentración de veciños e veciñas o sábado rexeitando a tala das árbores da estación de tren de Tui, falamos do inicio de Música no Claustro, e recollemos os resultados deprotivos da fin de semana en piragüismo,...
Ent. Silvia Márquez, organista, e Samuel Diz,director - Música no Claustro 31.07.2023 12:50
Mañá comeza unha nova edición de Música no Claustro. Serán sete días con concertos diarios ás 21 h pero tamén con outras propostas coma o Foro Resonancias ou a conferencia de Lucy Durán. O festival conta con dúas residencias artísticas, unha delas con Silvia Márquez, organista que este mércores ofrecerá un concerto na Catedral. Falamos con ela e con Samuel Diz no programa Día a Día.
Noticias 13.30 h - Venres, 28 de xullo de 2023 28.07.2023 27:12
A actualidade deste venres, 28 de xullo de 2023, en Noticias 13.30 h . Recollemos o parecer dos grupos políticos de Tui sobre a enquisa que pregunta se Tui se está a converter nunha cidade morta, falamos da concentración convocada mañá sábado ás 9 h na estación de tren de Tui contra a tala de árbores deste espazo. Os 1200 peregrinos de Getafe que están até o luns en Tui, as citas da fin de semana...
Noticias 13.30 h - Xoves, 27 de xullo de 2023 27.07.2023 28:07
"Concéntricas" é o lema de Música no Claustro, o festival que o próximo martes comeza na Catedral de Tui e que foi presentado esta mañá. Esta é unha das novas que recollemos en Noticias 13.30 h xunto ás praza completas na conferencia e visita á San Bartolomeu esta tarde en Tui e a cita con "As voces da conciencia" hoxe na praza norte da Catedral. Tamén falamos da posible tala das árbores na estaci...
Noticias 13.30 h - Mércores, 26 de xullo de 2023 26.07.2023 27:43
Os resultados das excavacións arqueolóxicas na necrópole de San Bartolmé que mañá centrarán unha conferencia e unha visita guiada, a intención da ADIF de cortar as árbores na estación de tren de Tui segundo denuncia a CGT e Ecoloxistas en Acción, xunto ao programa Violencia Zero que mañá chega a Tui, outras citas e o deporte hoxe en Noticias 13.30 h.
Noticias 13.30 h - Luns, 24 de xullo de 2023 24.07.2023 29:12
A rehabilitación de 5 vivendas para alugueiro social en Caldelas, a crónica de sucesos, os resultados electorais de onte, xunto ás citas para hoxe e mañá coma o IKFEM e a Noite Internacional ou as festas en Malvas e Ribadelouro e os resultados deportivos da fin de semana a nivel internacional e nacional, están presentes no Noticias 13.30 h de hoxe.
Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Subvención IGVS rehabilitación vivendas Caldelas 24.07.2023 4:36
O Concello de Tui vai rehabilitar 5 vivendas no edificio municipal en Caldelas, unha delas adaptada, para destinalas a alugueiro social. Para esta actuación vén de recibir unha subvención de 250 mil euros do IGVS, coma explicaba o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro.
Noticias 13.30 h - Venres, 21 de xullo de 2023 21.07.2023 17:47
Ás sete desta tarde comeza na vella Ponte Internacional Tui-Valença a IKFEM Creativa. Desta actividade das propostas para a fin de semana no IKFEM falamos en Noticias 13.30 h. Repasamos a actualidade, as citas festivas en Areas, Ribadelouro e Malvas, e tamén a competicións deportivas a nivel nacional, internacional e local.
Noticias 13.30 h - Xoves, 20 de xullo de 2023 20.07.2023 27:30
A inauguración do IKFEM é a noticia que recollemos hoxe no inicio de Noticias 13.30 h . Amais damos conta da inscrición para a Festa Gastronómica que se realizará o 19 de agosto en Tui, e repasamos citas para estes días coma a unidade móbil de doazón de Sangue en Tui, e as festas que se van celebrar en Areas, Ribadelouro e Malvas. No deporte hoxe falamos do Club Náutico Inclusivo do Baixo Miño e d...
Noticias 13.30 h - Mércores, 19 de xullo de2023 19.07.2023 27:57
En Noticias 13.30 h recollemos a actualidade deste mércores, 19 de xullo. O concerto inaugural do IKFEM, as 60 variedades de bolboretas identificadas no Parque Natural do Monte Aloia, as citas para estes días e o Campus de Fútbol Toñín Martín, forma parte das novas deste día.
Noticias 13.30 h - Martes, 18 de xullo de 2023 18.07.2023 23:40
En Noticias 13.30 h deste martes 18 de xullo de 2023 damos conta da consolidación de Tui coma cuarto punto de partida de peregrinos e peregrinas cara Compostela, coñecemos coma van ser as dúas primeiras xornadas do IKFEM, repasamos as citas para estes días, e escoitamos as palabras do campión de Europa de Maratón en c1 Manu Garrido, e do subcampión en K1 Iván Alonso.
Noticias 13.30 h - Luns, 17 de agosto de 2023 17.07.2023 24:27
A presentación de IKFEM Creativa que este venres se celebra na vella Ponte Internacional Tui-Valença é unha das novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h. O deporte hoxe ten coma protagonistas a Manu Garrido, ouro en C1, Iván Alonso, prata en K1, e Tania Fernández, bronce en K2 con Tania Álvarez, no Campionato de Europa de Maratón de Piragüismo.
Noticias 13.30 h - Venres, 14 de xullo de 2023 14.07.2023 24:08
A crónica política, a festividade da Virxe do Carme e as demais citas para a fin de semana, xunto á información deportiva, en Noticias 13.30 h.
Noticias 13.30 h - Xoves, 13 de xullo de 2023 13.07.2023 26:58
A crónica política coa valoración do pleno de organización celebrado este martes en Tui comezamos o relato informativo da xornada. Falamos de citas coma festividade da Virxe do Carme, ou do Campionato de Europa de Maratón de Piragüismo en Noticias 13.30 h.
Noticias 13.30 h - Mércores, 12 de xullo de 2023 12.07.2023 28:01
O que foi o pleno de organización que onte celebrou a corporación municipal de Tui, as citas da xornada de Tui e da comarca e os resultados deportivos marcan a actualidade en Noticias 13.30 h.
Noticias 13.30 h - Martes, 11 de xullo de 2023 11.07.2023 28:00
En Noticias 13.30 h de hoxe damos conta de información política, tamén de precampaña, e falamos de cultura con dous nomes propios: Diego Alonso e Chuny Vázquez. Tamén falamos das citas da xornada e do deporte local.
Noticias 13.30 h - Luns, 10 de xullo de 2023 10.07.2023 24:09
O pleno que mañá celebra a corporación municipal de Tui, o 82% de execución nas obras do acceso ao Parque Empresarial de Areas, a VAC Tui-A Guarda e a A55, a programación de verán en Tui e os resultados deportivos da fin de semana marcan a actualidade en Noticias 13.30 h.
Noticias 13.30 h - Venres, 7 de xullo de 2023 07.07.2023 25:32
O pleno de organización que se vai celebrar o próximo martes no Concello de Tui, todas as citas da fin de semana e o deporte local, hoxe en Noticias 13.30 h.
Noticias 13.30 h - Xoves, 6 de xullo de 2023 06.07.2023 28:00
Información política, a presentación do IKFEM 2023, as numerosas citas culturais desta semana en Tui e na xornada e a información deportiva protagonizan hoxe Noticias 13.30 h.
Noticias 13.30 h - Mércores, 5 de xullo de 2023 05.07.2023 26:48
O PSOE gobernará en minoría en Tui, tras non acadar un acordo co BNG. Esta é unha das noticias de hoxe en Noticias 13.30 h, entre máis información política, citas da xornada e o deporte local.
Noticias 13.30 h - Martes, 4 de xullo de 2023 04.07.2023 33:25
O paro baixou en 91 persoas no Baixo Miño no mes de xuño até ás 2.653 desempregadas. Está unha das novas que recollemos hoxe en Noticias 13.30 h xunto a outra novas da actualidade e a presentación do Campionato de España e Trofeo III Ibérico de T-850 e GT-60 que se celebra este sábado en Tui.
Noticias 13.30 h - Luns, 3 de xullo de 2023 03.07.2023 27:19
A actualidade informativa deste luns, 3 de xullo de 2023, en Noticias 13.30 h. Recollemos a actualidade política, as citas destacadas deste mes de xullo coma o IKFEM e a Noite Internacional do Miño, e os éxitos deportivos da fin de semana.
Podcast simili
Replaio non è un editore di podcast; i nomi dei programmi, le copertine e l'audio appartengono ai rispettivi autori e vengono distribuiti tramite feed RSS pubblici