Radio Municipal de Tui
Informativos
Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está presente en Noticias 13.30 h cada día de luns a venres de 13.30 a 14.00 h.
Visita il sito del podcast e sostieni chi lo crea: www.ivoox.com
Autore
Radio Municipal de Tui
Categoria
Sito del podcast
Ultimo episodio
2 ott 2026
Dove ascoltare?
I podcast nell'app Replaio Radio In arrivoI podcast stanno per arrivare nell'app. Installala ora e scopri per primo un modo tutto nuovo di vivere i podcast
Episodi
Noticias 13.30 h - Mércores, 13 de setembro de 2023 13.09.2023 24:29
O corte dun carril da circulación a rúa Colón de Tui por obras, a concesión de obradoiros de emprego a Tui, A Guarda e Salceda de Caselas, e a construción dunha instalación de enerxía solar na EDAR de Guillarei, son parte das novas que recollemos hoxe mércores en Noticias 13.30 h.
Noticias 13.30 h - Venres, 1 de setembro de 2023 01.09.2023 26:59
Onte quedou sobre a mesa a contratación das obras de reforma da praza de abastos de Tui no pleno extraordinario da corporación. Este é un dos asuntos que recollemos en Noticias 13.30 h xunto ao inicio da programación Setembro Xudeu en Tui, as citas da fin de semana e o deporte.
Noticias 13.30 h - Xoves, 31 de agosto de 2023 31.08.2023 29:55
Hoxe en Noticias 13.30 h recollemos o pleno que esta tarde celebra a corporación tudense, os faladoiros que haberá no MUMI, a visita de seis empresas do Baixo Miño á Feira Plantarium coa Cámara de Comercio, as citas e o deporte con piraguismo, motonáutica, atletismo, tenis e fútbol...
Tui sede do Campionato de España de Radiocontrol Térmico de Motonáutica 30.08.2023 5:47
Tui acolle este sábado e domingo a 2ª proba do Campionato de España de Radiocontrol Térmico de Motonáutica na que se decidirá o título nacional. Haberá catro categorías 3,5 cc, 7,5 cc, 15 cc e 35 cc. As probas serán o sábado ás 12 e ás 17 h e o domingo ás 10 h. O Campionato foi presentado esta mañá no mesmo escenario onde se vai celebrar. Así o contamos en Noticias 13.30 h.
Música no Claustro doa 17 fotografías históricas ao Concello de Tui e fai balance da edición de 2023 30.08.2023 7:32
Samuel Diz e Beatriz Fontán do festival Música no Claustro fixeron entrega esta mañá ao concello de Tui de 17 fotografías históricas tomadas nos anos 20 do século XX en Tui, Valença e A Guarda. Unha delas da campá máis pequena da Catedral ilustrou o cartel deste ano. Agora forman parte do fondo do Arquivo Municipal. Hoxe fixeron tamén balance da edición deste 2023 e do proxecto executado con Fondo...
Noticias 13.30 h - Mércores, 30 de agosto de 2023 30.08.2023 28:27
Un total 22 puntos conforman a orde do día do pleno extraordinario que mañá celebra a corporación municipal de Tui. Esta é unha das novas que hoxe contamos en Noticias 13.30 h xunto ao novo comedor escolar do CEIP de Guillarei, a doazón de 17 fotografías históricas ao concello de Tui por parte de Música no Claustro, ou a presentación do Campionato de España de Radiocontrol. E nas citas hoxe haberá...
Noticias 13.30 h -Martes, 29 de agosto de 2023 29.08.2023 25:25
En Noticias 13.30 h deste martes, 29 de agosto, damos conta do pleno que este xoves celebra a corporación municipal de Tui. Amais dous avisos para maña mércores o corte da saída 24 en Guillarei da A55 por labores de limpeza e do abastecemento de auga pola mañá en Cota de Gaio. As citas da xornada e o deporte co podio dos tudenses Enrique Míguez e Pedro Areal no Mundial de Maratón.
Noticias 13.30 h - Luns, 28 de agosto de 2023 28.08.2023 28:16
A solicitude dun Programa Integrado de Emprego dirixido a un centenar de mulleres por parte do Concello de Tui é unha das novas deste luns, xunto á visita que realizou ao centro de saúde o venres o conselleiro de Sanidade. Nas citas do do día destacan as festas da Rocha, e no deporte os resultados da fin de semana e desta mesma mañá en piragüismo, balonmán, fútbol e atletismo.
Noticias 13.30 h - Venres, 25 de agosto de 2023 25.08.2023 30:47
Tras o acordo PSOE-BNG de Tui hoxe escoitamos a valoración do mesmo da voceira nacionalista Carmen Núñez, recollemos a visita a Tui do delegado do goberno repasando investimentos na cidade, falamos do MUMI, das citas para esta fin de semana e do deporte.
Noticias 13.30 h - Xoves, 24 de agosto de 2023 24.08.2023 24:07
O acordo entre PSOE e BNG para apoiar a proposta de dedicacións do equipo de goberno de Tui abre o Noticias 13.30 h deste xoves. Falamos amais da citas da xornada en San Bartolomeu e Caldelas, tamén no Baixo Miño, e recollemos os resultados e eventos deportivos.
Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Reunión co BNG para acordo apoio retribucións 23.08.2023 5:51
Esta tarde PSOE e BNG de Tui manterán unha nova renión para perfilar o acordo sobre 4 cuestións programáticas sobre as que os nacionalistas condicionan o apoien a proposta de retribucións do equipo de goberno. Así o confirmou o alcalde, Enrique Cabaleiro en Noticias 13.30 h. De prosperar o acordo esta tarde as retribución irán a pleno o próximo xoves 31. Por outra parte Enrique Cabaleiro expuña qu...
Noticias 13.30 h - Mércores, 23 de agosto de 2023 23.08.2023 28:12
Abrimos o Noticias 13.30 h de hoxe abordando co alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, a reunión desta tarde co BNG para perfilar un posible acordo polo que os nacionalistas apoiarían a proposta de retribucións do equipo de goberno. A Semana Cultural en Caldelas, as festas en San Bartolomeu e a Semana Cultural de Randufe son outras das novas xunto ao inicio do Campionato do Mundo de Sprint de Piragüis...
Noticias 13.30 h - Martes, 22 de agosto de 2023 22.08.2023 27:11
Comezamos o informativo deste martes dando conta das xornadas de calor que temos por diante con temperaturas que superarán os 35º. Amais recollemos o éxitos das visitas guiadas ao patrimonio tudense, a proposta teatral e de humor esta noite n Caldelas, as festas de San Bartolomeu e outras citas. No deporte o Campionato do Mundo do Sprint, balonmán e tiro con arco centran a información.
Noticias 13.30 h - Luns, 21 de agosto de 2023 21.08.2023 29:57
A renumeración dos inmobles no termo municipal de Tui, o éxito da Festa do Miño, as citas para esta semana, e a ampla crónica do deporte no Noticias 13.30 h deste luns, 21 de agosto.
Noticias 13.30 h - Xoves, 17 de agosto de 2023 18.08.2023 26:39
En Noticias 13.30 h deste xoves, 17 de agosto, recollemos os detalles da Festa Gastronómica que este sábado pechará en Tui a Festa do Miño. Falamos do Aloia Fest, do concerto de verán da Agrupación Musical de Goián, e das citas desta xornada. No deporte recollemos os favoritos á vitoria no Descenso do Miño, e o partido que o Tyde xoga ás 21 h no Álvarez Durán fronte ao Monçao, entre outras.
Noticias 13.30 h - Venres, 18 de agosto de 2023 18.08.2023 26:08
O Festival de Bandas de Música e a Festa do Miño centran os primeiros minutos do informativo deste venres. No mesmo repasamos as citas para esta fin de semana, dando conta dos eventos suspendidos ou aprazados pola hoxe debido á previsión a choiva. Tamén todo o deporte local e comarcal.
As piraguas tomas o Miño este sábado 16.08.2023 8:53
O río Miño encherase de corido este sábado coa celebración do Descenso Popular e o Descenso Internacional que reunirá a máis de 1.100 persoas. Os primeiros en saír a auga serán os 550 inscritos no Popular que no evento máis festivo comezarán ás 16.30 h en Caldelas. Logo ás 18.30 h dende Salvaterra os e as deportistas de 48 clubs participarán na proba competitiva que compre a súa 52ª edición. O eve...
Noticias 13.30 h - Mércores, 16 de agosto de 2023 16.08.2023 23:18
A presentación do Descenso do Miño celebrada esta mañá, o Festival de Bandas de Música que pola previsión de choiva se vai celebrar este venres na igrexa de San Domingos, a festividade de San Roque, e outras citas e a información deportiva hoxe en Noticias 13.30 h.
Noticias 13.30 h - Luns, 14 de agosto de 2023 14.08.2023 20:32
A actualidade deste luns, 14 de agosto, recollémola en Noticias 13.30 h. Abrimos en crónica de sucesos dando conta do accidente rexistrado onte no Monte Aloia, repasamos as novas de Tui e a comarca, as citas festivas e o deporte.
Noticias 13.30 h - Venres, 11 de agosto de 2023 11.08.2023 28:09
Tui coma destino turístico neste verán é a noticia que recollemos en portada deste informativo no que damos conta das novas da comarca, e de todas as citas culturais, de lecer e festivas desta fin de semana.
Noticias 13.30 h - Xoves, 10 de agosto de 2023 10.08.2023 22:24
Hoxe en #Noticias1330h falamos de turismo e de festas e propostas de lecer que protagonizan boa parte da información deste xoves, 8 de agosto.
Noticias 13.30 h - Mércores, 9 de agosto de 2023 09.08.2023 25:05
En Noticias 13.30 h recollemos a licitación, por parte da Xunta do proxecto da VAC Tui-A Guarda, no treito entre o enlace de Areas e a estrada PO-350. Damos conta da avaría sufrida onte por un tren en Caldelas, e recollemos as citas para estes días, a acmpaña de captación de socios do Tyde e o inicio da pretemporada en distintos clubs.
Noticias 13.30 h - Martes, 8 de agosto de 2023 08.08.2023 26:03
A solicitude dun novo obradoiro de emprego, realizada polo Concello de Tui, para acondicionar a sende Areeiros-Penedo, é unha das novas da xornada, xunto á gran acollida das visitas guiadas que haberá en Tui, o peche de Música no Claustro, e as citas do día destacando ás Festa do Monte na Guarda. Pechamos o informativo cunha lembranza ao escultor Xosé Antúnez Pousa que falaceu no día de onte.
Noticias 13.30 h - Luns, 7 de agosto de 2023 07.08.2023 26:11
Hoxe en Noticias 13.30 h recollemos a solicitude dun obradoiro de emprego realizada polo Concello de Tui para acondicionar a senda dende a praia de Areeiros até Caldelas. Falamos do concerto de Iria Folgado que pecha o programa de Música no Claustro, e do éxito de acollida das visitas guiadas a San Domingos e os muíños do Tripes. No deporte damos conta da victoria de Manu Garrido en C1 e Tania Fer...
Noticias 13.30 h - Venres, 4 de marzo de 2023 04.08.2023 21:22
En #Noticias1330h damos conta do proxecto que vai transformar o entorno da Praza de Abastos de Tui, e no que o concello vai investir preto de 1 millón de euros. Amais repasamos todas as citas para esta fin de semana e andaina pola senda do río Tripes prevista para o venres 11.
Podcast simili
Replaio non è un editore di podcast; i nomi dei programmi, le copertine e l'audio appartengono ai rispettivi autori e vengono distribuiti tramite feed RSS pubblici