Radio Municipal de Tui

Informativos

News GL ↓ 3635 episodi

Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está presente en Noticias 13.30 h cada día de luns a venres de 13.30 a 14.00 h.

Visita il sito del podcast e sostieni chi lo crea: www.ivoox.com

Autore

Radio Municipal de Tui

Categoria

News

Sito del podcast

www.ivoox.com

Ultimo episodio

2 ott 2026

Dove ascoltare?

I podcast nell'app Replaio Radio In arrivo

I podcast stanno per arrivare nell'app. Installala ora e scopri per primo un modo tutto nuovo di vivere i podcast

Scaricala su Google Play Installala gratis Android quasi 10 mln di download · valutazione 4,8 iOS in arrivo

Episodi

Noticias 13.30 h - Martes, 17 de outubro de 2023 17.10.2023

O tempo hoxe é protagonista da actualidade pola alerta amarela por choiva e vento. Amais recollemos a valoración do último pleno con Carmen Núñez, voceira do BNG de Tui, falamos de Bingos, e de citas para esta xornada. Tamén de atletismo e balonmán no deporte.

Noticias 13.30 h - Luns, 16 de outubro de 2023 16.10.2023

O presidente da Deputación, Luís López, presentou hoxe a alcaldes e alcaldesas o plan + Provincia dotado con 48,2 millóns de €.Así o recollemos en Noticias 13.30 h onde falamos tamén de formación e emprego, e de citas coma a mesa redonda sobre María Tydeska que hoxe ás 20 h haberá na Biblioteca tudense. Amais recollemos os resultados deportivos da fin de semana.

Noticias 13.30 h - Mércores, 11 de outubro de 2023 11.10.2023

Hoxe en #Noticias1330h damos conta da reparación dunha fuga na rede de abastecemento de auga que está a levar a cabo o Consorcio do Louro. Amais recollemos a crónica de sucesos, as citas para esta longa ponte e o deporte.

Noticias 13.30 h - Martes, 10 de outubro de 2023 10.10.2023

En Noticias 13.30 h lembramos o peche do aparcamento municipal de Tui por obras hoxe. Mañá o Consorcio do Louro reparará unha avaría rexistrada na rede de abastecemento dende a captación do río Miño, polo que solicitan á poboación facer un uso responsable. Tamén en crónica política valoramos con José Palacín o pleno celebrado a pasada semana en Tui. As citas e o deporte completan este tempo de inf...

Noticias 13.30 h - Luns, 9 de outubro de 2023 09.10.2023

Hoxe comezamos Noticias 13.30 h con dous avisos o traslado da parada do autobús na Avenida de Portugal e o peche mañá por labores de mantemento do aparcamento municipal na traseira do edificio Francisco Sánchez. A crónica de sucesos, as citas destes días, e os resultados deportivos están tamén presentes neste tempo de información.

Noticias 13.30 h - Venres, 6 de outubro de 2023 06.10.2023

A aprobación da Conta Xeral de 2022 foi o punto máis debatido onte no pleno do Concello de Tui. Este é un dos asuntos que recollemos en Noticias 13.30 h. Damos conta dos 13.300 peregrinos e peregrinas que en setembro percorreron o Camiño Portugués dos que o 40% saíron de Tui. Nas citas da fin de semana destacamos o concerto do Conservatorio hoxe na Corredoira, o inicio da programación de outono no...

Noticias 13.30 h - Xoves, 5 de outubro de 2023 05.10.2023

Hoxe en #Noticias1330h recollemos a orde do día do pleno que ás 20 h se celebra no Concello de Tui, e o corte no ramal de acceso a Portugal debido ás obras do enlace ao Parque Empresarial de Areas. Amais falamos da ruta Eurovelo Atlántica, do comezo da programación de outono no Teatro Municipal, e do concerto de inauguración de curso no CMUS de Tui. Tamén o deporte con slalom, remo, e balonmán.

Noticias 13.30 h - Mércores, 4 de outubro de 2023 04.10.2023

O paro subiu en setembro no Baixo Miño. Esta é unha das novas que contamos en #Noticias1330h. Tamén o pleno extraordinario que mañá celebra a corporación municipal de Tui, o sentido único que terá a rúa Ricamonde e os cortes a partir de mañá na A55 debido ao acceso ao parque empresarial de Areas. As citas e o deporte completan este espazo de formación.

Noticias 13.30 h - Martes, 3 de outubro de 2023 03.10.2023

A corporación municipal de Tui celebra este xoves pleno extraordinario. Este é un dos asuntos que contamos en #Noticias1330h xunto a apertura do curso de Auxiliar de Almacén que a Fundación Érguete Inclusión imparte en Tui. Amais recollemos a entrevista co deputado autonómico Moisés Rodríguez, as citas do día na Biblioteca e o deporte.

Noticias 13.30 h - Luns, 2 de outubro de 2023 02.10.2023

Hoxe en #Noticias1330h damos conta do inicio dap rogramación de outono no Teatro Municipal de Tui, do investimento de 300 mil euros entre 2022-23 no Parque Natural do Monte Aloia, e de nova en educación e formación e doutras citas da semana. No deporte recollemos as tres medallas de Lino Martínez no Campionato de Europa de Policías e Bombeiros, e os resultados deportivos da fin de semana.

Noticias 13.30 h - Venres, 29 de setembro de 2023 29.09.2023

Abrimos #Noticias1330h coa presentación da programación de outono no Teatro Municipal que brindará dende o venres 6 de outubro oito espectáculos. Amais na repasamos as citas para esta fin de semana na que continúan as propostas con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente, teremos concertos, festas, .... No deporte mañá celébrase o VII Supercross Cidade de Tui, o policía local de Tui, Lino Martínez...

Noticias 13.30 h - Xoves, 28 de setembro de 2023 28.09.2023

O Concello de Tui conta con de 7 millóns de euros de fondos europeos para investimentos verdes, Así o deu a coñecer con motivo do Día Mundial do Turismo. Esta é unha das novas que recollemos en #Noticias1330h, falamos do programa Cultiva a Mente, das citas do día, da crónica de sucesos e do deporte.

Noticias 13.30 h - Mércores, 27 de setembro de 2023 27.09.2023

Hoxe, 27 de setembro, é o Día Mundial do Turismo. En Noticias 13.30 h repasamos as actividades organizadas en Tui por este motivo, tamén recollemos a delicada situación que enfrontará SOS Tomiño Baixo Miño a partir de decembro, e a conferencia sobre "Francisco Sánchez, un tudense universal" que ofrecerá hoxe en Tui Laureano Alonso. Estas son so unha parte das novas deste día.

Noticias 13.30 h - Martes, 26 de setembro de 2023 26.09.2023

O investimento de preto de 2 millóns euros de fondos europeos en Tui para rehabilitar a Praza de Abastos e o Cárcere Vello é unha das novas que recollemos hoxe en #Noticias1330h. Repasamos o programa co que se celebra en Tui o Día Mundial do Turismo, e o dinamismo que rexistra o Camiño Portugués. Nas citas repasamos os concertos previstos esta semana e no deporte falamos do VII Supercross Cidade d...

Noticias 13.30 h - Luns, 25 de setembro de 2023 25.09.2023

En Noticias 13.30 h recollemos a licitación do proxecto de rehabilitación do cárcere vello, o programa co que se vai celebrar do Día Mundial do Turismo en Tui, o balance do MUMI, o novo horario dos buses entre Tui e Vigo dende este xoves... así coma os resultados deportivos da fin de semana con Sara Tui campioa de Europa de Fútbol Praia coa Selección Española.

Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Reunión coa empresa Lugove 22.09.2023

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, reuniuse esta mañá co responsable da empresa Lugove para abordar os problemas que se están rexistrando no transporte de viaxeiros por estrada na cidade. En Noticias 13.30 h Enrique Cabaleiro detallou o abordado no encontro.

Noticias 13.30 h - Venres, 22 de setembro de 2023 22.09.2023

En Noticias 13.30 h recollemos o resultado da reunión mantida hoxe polo alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, con responsables da empresa LUGOVE, visto e prace medioambientel ao proxecto de autovía Tui-A Guarda dende a PO-350 a Estás. Tamén a celebración do MUMI na Eurocidade, as citas da fin de semana e o deporte.

Noticias 13.30 h - Xoves, 21 de setembro de 2023 21.09.2023

O próximo remate das obras nas rúas Colón e Lugo, sinatura da Acta de Recoñecemento da Liña de Fronteira no Río Miño, a constitución do novo comité directivo do Consorcio do Louro, e o inicio con pasarrúas e un concerto especial de apertura do MUMI son parte das novas que hoxe recollemos en #Noticias1330h. Tamén falamos do inicio da Semana Cultural de San Miguel en Pazos de Reis e do Concurso Naci...

Noticias 13.30 h - Mércores, 20 de setembro de 2023 20.09.2023

Mañá comeza o Mumi que ofrecerá 14 showcases entre outras actividades na Eurocidade Tui-Valença. Así o recollemos en Noticias 13.30 h onde demos conta tamén dos resultados do proxecto FlexiGrobots de Terras Gauda, da conferencia de Suso Vila sobre Francisco Sánchez hoxe ás 20 h, a apertura da inscrición no Club de Lectura da Biblioteca, ou do monográfico de francés turístico na EOI de Tui, entre o...

Noticias 13.30 h - Martes, 19 de setembro de 2023 19.09.2023

A proposta dun tren circular en Galicia, os faladoiros dos Mumi, a ampliación do ERTE en Ganomagoga, as conferencias sobre Francisco Sánchez, os monográficos de francés e inglés na EOI de Tui, e a ruta nocturna dos Muiñeiros do Tripes son parte das novas que recollemos en Noticias 13.30 h. Tamén damos conta do inicio do Mundial de Slalom.

Medio centenar de participantes no Concurso Nacional de Saltos en Equigalia, Tui, esta fin de semana 18.09.2023

As instalacións de Equigalia, en Tui, acollen esta fin de semana un Concurso Nacional de Saltos no que se darán cita medio centenar de participantes. Será sobre as distancias de 1,10 m, 1,20 e 1,30 m, e noutras distancias tamén para ponies. Esta destacada proba deportiva foi presentada este mediodía no Concello de Tui. Así o contamos en Noticias 13.30 h.

Noticias 13.30 h - Luns, 18 de setembro de 2023 18.09.2023

A Eurocidade Tui-Valença acolle dende este xoves o MUMI, o encontro das músicas de Galicia e Portugal. Así o contamos na apertura de Noticias 13.30 h. Tamén damos conta de que Tui recibiu o diploma de ouro de praias sen fume, SomosOcéanos participou en Madrid no MOMAD e 8 voluntarios de Protección Civil recibiron os seus carnés. Amais hoxe rematan as festas en Guillarei, e Tui acolle na fin de sem...

O Concello de Tui entregou un bandeirín ao Cabo Fradera en sinal de recoñecemento polo seu 60 aniversario 15.09.2023

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, fixo entrega esta mañá ao comandante do Cabo Fradera, David Pacheco, dun bandeirín en sinal de recoñecemento e agradecemento cando se cumpren 60 anos da presenza do patrulleiro en Tui. no acto, celebrado nas instalacións da Comandancia Naval do Miño, púxose de relevo a estreita relación da Comandancia e o Cabo Fradera con Tui e coa súa cidadanía. Así o contamos...

Noticias 13.30 h - Venres, 15 de setembro de 2023 15.09.2023

Cos votos a favor do PSOE e a abstención do PP, BNG e C21 onte aprobouse en pleno o expediente para sacar a licitación o proxecto de reforma da praza de Abastos en Tui. Así o contamos en #Noticias1330 h onde tamén recollemos a entrega do bandeirín por parte do Concello de Tui ao Cabo Fradera con motivo do seu 60 aniversario, o programa do Setembro Xudeu da fin de semana, as festas das Dores de Gui...

Noticias 13.30 h - Xoves, 14 de setembro de 2023 14.09.2023

Ás 17 h celébrase pleno extraordinario e urxente en Tui. Esta é unha das novas que recollemos en Noticias 13.30 h. Tamén damos conta dos tres accidentes rexistrados esta mañá en Tui, os actos conmemorativos dos 60 anos do Cabo Fradera en Tui, a conta atrás para o inicio do MUMI, ou das festas de Guillarei.

Ascolta il podcast Informativos su Replaio

Radio e podcast in un'unica app - gratis e senza registrazione. Installala oggi e non perderti il lancio

Scaricala su Google Play

Replaio non è un editore di podcast; i nomi dei programmi, le copertine e l'audio appartengono ai rispettivi autori e vengono distribuiti tramite feed RSS pubblici