Radio Municipal de Tui
Día a Día
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...
Visita il sito del podcast e sostieni chi lo crea: www.ivoox.com
Autore
Radio Municipal de Tui
Categoria
Sito del podcast
Ultimo episodio
9 ott 2026
Dove ascoltare?
I podcast nell'app Replaio Radio In arrivoI podcast stanno per arrivare nell'app. Installala ora e scopri per primo un modo tutto nuovo di vivere i podcast
Episodi
Antonio Lomba, ex alcalde e concelleiro da Guarda - Despedida da política 26.06.2023 9:42
O ex alcalde e concelleiro da Guarda, Antonio Lomba, presentou hoxe en pleno a renuncia á súa acta na corporación municipal. Pon fin así a 20 anos de traballo en política municipal.
Ent. Eduardo Méndez, organizador - IX Campionato Ibérico Kung Fu Eurocidade 23.06.2023 11:44
Este domingo, no pavillón Gustavo Rodríguez, terá lugar o IX Campionato Ibérico de Kung Fu moderno e clásico da Eurocidade. Participarán preto de 400 deportistas de toda a península, segundo relataba hoxe na nosa sintonía Eduardo Méndez, organizador.
Ent. José Manuel Solleiro e Rafael Pérez, da coral Ponte das Febres - Escola canto-coral 23.06.2023 11:18
A partir do curso que vén a Coral Ponte das Febres levará a cabo unha escola de canto-coral, aberta para todas as persoas que teñan inquietude por cantar. José Manuel Solleiro e Rafael Pérez deron hoxe os detalles.
Ent. GFace, cantante - Inicio de xira por Galicia e España 23.06.2023 9:50
Hoxe estivo na nosa sintonía o cantante GFace para presentar a súa xira que comezou onte en Vigo, e na que percorrerá diferentes cidades de Galicia e tamén de España. Presentará así o seu disco 'Origen'.
Ent. José Ángel González e Antonio Rocha, Club Ciclista Locos por la Bici - Fortalecer pontes do Miño 23.06.2023 8:28
O Club Ciclista Locos por la Bici organizan o próximo sábado 1 de xullo a proba deportiva 'Fortalecer pontes do Miño'. Hoxe falamos con José Ángel González e Antonio Rocha, deste club ciclista.
Ent. Natalia Lago, a Fada do Aloia - Rutas nocturnas 'As noites máxicas' 23.06.2023 6:13
Mañá comeza o ciclo de rutas nocturnas 'As noites máxicas' da Fada do Aloia cun percorrido no Monte Aloia a partir das 22 h. Natalia Lago danos os detalles desta primeira ruta, para a que é precisa inscrición previa no 619 96 90 90.
Ent. Cristina Fálquez, Marga Urgal e Micalips - Fogueira San Xoán no Club Náutico San Telmo de Tui 22.06.2023 8:09
Mañá celebrarase no Club Náutico San Telmo de Tui a tradicional fogueira de San Xoán, con comida a prezos populares aportada pola Asociación Cultural San Roque e San Bartolomeu, e música con Micalips. Hoxe déronnos todos os detalles.
Ent. Andrea Costa e Ángel Sánchez, Asociación de Veciños de Riomuiños - Festa das Lavandeiras 22.06.2023 8:33
O vindeiro 1 de xullo en Riomuiños celebra a Festa das Lavandeiras, organizada pola asociación de veciños deste barrio. Hoxe desgranamos a programación con Andrea Costa e Ángel Sánchez.
Ent. Rafael Sánchez Bargiela, dir. Biblioteca Mun. Tui, e Xesús Alonso Montero, ensaísta - Xogos Florais de Tui 21.06.2023 12:54
Tui festexa esta semana a conmemoración dos Xogos Florais de Tui con dous actos, unha conferencia de Xesús Alonso Montero, ensaísta, co que conversamos hoxe. Tamén explicou a historia dos actos co dir. da Biblioteca de Tui, Rafael Sánchez Bargiela.
Ent. Arlindo Sousa, vereador Desporto Valença, Nuno Coimbra e Jorge Rodriguez, Viana Motor Club - Rampa Monte do Faro 21.06.2023 14:15
Esta fin de semana celébrase en Valença a III Rampa Monte do Faro, cunha proba nocturna, automóbiles clásicos ou deportivos. Hoxe conversamos sobre esta proba con Arlindo Sousa, vereador de Desporto de Valença e con Nuno Coimbra e Jorge Rodrigues do Viana Motor Club.
Ent. Conchi Sales e Ana Pedreira, Asoc. San Telmo - III Festival Cultura Tradicional e Folk 20.06.2023 16:52
A próxima fin de semana celébrase o III Festival Cultura Tradicional e Folk. Hoxe falamos con Conchi Sales e Ana Pedreira da Asociación San Telmo de Tui sobre o programa. Tamén falamos con Xosé Lois Romero de Aliboria e Yoel Santos e Miguel Alonso, participantes no evento.
Ent. Ivón Ribeiro e Aloia Martínez, - Espectáculo 'A Selva de Lata' adaptación Rei León 20.06.2023 12:52
Hoxe falamos con Ivón Ribeiro, da Academia de Música da Fortaleza de Valença, e con Aloia Martínez, do Coro Mistura Vocal, sobre o espectáculo conxunto que presentan este sábado en Valença titulado 'A Selva de Lata'. Trátase dunha adaptación músico-teatral do Rei León.
Ent. alumnos e profesores do ciclo de Comercio IES Indalecio Pérez Tizón - Estadía Erasmus 20.06.2023 13:56
Alumnado do ciclo de Comercio do IES Indalecio Pérez Tizón inician agora Erasmus en Italia. Serán Cián Cañedo, Ángel e Ismael. Estiveron acompañados por Antía Lage, que xa fixo esta práctica, e os profesores Xosé Manuel Álvarez e Daniel Foterosa.
Ent. Loli Castiñeira, candidata Movemento Salceda - Acordo de Investidura 16.06.2023 5:04
Movemento Salceda, PSOE e BNG asinaron esta mañá un acordo de investidura polo que mañá as tres formación votarán a Loli Castiñeira coma alcaldesa. O luns continuarán a negociar un pacto de goberno para os próximos catro anos. Así nolo confirmou esta mañá a propia Loli Castiñeira.
Pablo Campo, investigador de HealthyFit - Estudio: Efecto do pedaleo de alta intensidade nos síntomas do párkinson 16.06.2023 9:54
Hoxe ás 18 h presentarase no centro sociocomunitario de Tui o proxecto de estudo científico: Efecto do pedaleo de alta intensidade nos síntomas do párkinson. A presentación correrá a cargo do fisioterapeuta especializado en Parkinson, Pablo Campo Prieto, que ademais é investigador do grupo HealthyFit do instituto de investigación sanitaria Galicia Sur, Sergas-UVigo.
Ent. Carolina Figueroa de CPA Ribex - Tui sobre rodas 16.06.2023 4:17
O Pavillón Gustavo Rodríguez acolle este domingo, 18 de xuño, ás 17.30 h o festival 'Tui sobre rodas' organizado polo Club de Patinaxe Artístico Ribex. Os e as deportistas do Ribex amosarán todo o aprendido nesta temporada. Contarán tamén con grupos convidados. En total participarán 210 patinadores e patinadoras. A entrada é gratuíta.
Ent. Manuel Fálquez, director CEIP Pazos de Reis - Aloiada 2023 15.06.2023 4:42
Na Galiñeiro comezou esta mañá a aventura dos 120 alumnos e alumnas de Tui que participan hoxe e mañá na Aloiada 2023 que recupera a súa esencia tras a pandemia. Serán dúas xornadas intensas con múltiples actividades en plena natureza no Galiñeiro, no Aloia e no río Miño.
Ent. Conchi Regueiro, escritora - Presentación da súa nova novela "Las Alsacianas" 15.06.2023 7:06
A escritora tudense Conchi Regueiro presenta hoxe as 20 h, na libraría Cartabón en Vigo, o seu novo libro “Las Alsacianas”. A propia Conchi Regueiro explicounos o argumento da novela.
Ent. Antonio Gonçalves Vilarinho - X Encontro Galaico Minhoto 15.06.2023 10:09
Este sábado e domingo celébrase o X Encontro Galaico Minho no entorno do mosteiro medival de San Fins en Friestas en Valença. Antonio Gonçalves Vilarinho explicaba as actividades previstas que teñen carácter gratuíto salvo a cea do sábado que ten un prezo de 20€ e o xantar do domingo de 12€ sendo preciso inscrición previa no 00 351 251 829 068 ou no 00 351 965 40 55 45
Ent. Ánxela Fernández, alcaldesa en funcións do Rosal e candidata do BNG - Pacto BNG e PSOE 13.06.2023 5:31
Hoxe mantivemos unha conversa con Ánxela Fernández, alcaldesa en funcións do Rosal e candidata do BNG, sobre o pacto ao que chegará a súa formación co PSOE do Rosal para formar goberno.
Ánxela Fernández, alcaldesa en funcións e candidata do BNG - Pacto BNG e PSOE 13.06.2023 5:31
Ánxela Fernández será investida este sábado de novo como alcaldesa do Rosal, tras o acordo acadado entre o BNG e o PSOE para formar un goberno de coalición. Explicaba en declaracións á nosa emisora que teñen moitos puntos en común nos que seguir a traballar. amosaba a súa satisfacción polo acordo acadado que dicía “foi moi doado”.
Sección Anarela - II Festival de Lingua de Signos 12.06.2023 8:27
Este mércores celébrase o Día Nacional da Lingua de Signos. Por este motivo o Centro Anarela de Tui vai celebrar o mércores ás 19.30 h no Teatro Municipal o segundo Festival de Cancións en lingua de signos. A entrada será un quilo de alimentos para SOS Tomiño Baixo Miño, ou para a Protectora de Animais Aloia ou para Patudos Peludos. Así nolo contou Iria Márquez, intérprete de lingua de signos.
Ent. Rita Álvarez, Sara Uris e Fabiola Blanco - III Encontro de Realidades Diversas 12.06.2023 13:06
Este venres celebrarase o III Encontro de Realidades Diversas no local de Flores Rita (rúa A Guarda, nº 2) ás 20 h. Búscase con el ofrecer un espazo libre e seguro para abordar as diferentes formas de amar e tamén de ser, co gallo do Día do Orgullo. Falamos coas coordinadoras do evento e con Fabiola Blanco, muller que contará a súa historia o venres.
Ent. César Bona, profesor - Participación no Congreso EducODS Educación Sostible 12.06.2023 4:54
"Educación Sostible" foi o título da charla que ofreceu o pasado venres no congreso EducODS organizado polo CEIP nº1 de Tui, César Bona. Con el falamos o venres pola mañá deste congreso e da súa charla.
Ent. José Manuel Quintana do Tyde - Ascenso do Tyde a 1ª Rexional 12.06.2023 7:48
O Tyde é equipo de Primeira Rexional. No partido de volta onte en Gondomar quedaron 0-2, co que se igualou o resultado do partido de Ida 2-0, polo que foi preciso ir aos penaltis. O Tyde venceu nesta quenda 3-2, co que logrou o ascenso. José Manuel Quintana do Tyde explicaba hoxe coma foi ese partido no que remontaron e conseguiron o obxectivo. Tamén falaba xa de como está o equipo de cara a próxi...
Podcast simili
Replaio non è un editore di podcast; i nomi dei programmi, le copertine e l'audio appartengono ai rispettivi autori e vengono distribuiti tramite feed RSS pubblici