Radio Municipal de Tui

Día a Día

News GL ↓ 6503 episodi

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...

Visita il sito del podcast e sostieni chi lo crea: www.ivoox.com

Autore

Radio Municipal de Tui

Categoria

News

Sito del podcast

www.ivoox.com

Ultimo episodio

9 ott 2026

Dove ascoltare?

I podcast nell'app Replaio Radio In arrivo

I podcast stanno per arrivare nell'app. Installala ora e scopri per primo un modo tutto nuovo di vivere i podcast

Scaricala su Google Play Installala gratis Android quasi 10 mln di download · valutazione 4,8 iOS in arrivo

Episodi

Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Valoración pleno organización 13.07.2023

Con Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui, completamos a rolda de conversas para valorar o pleno de organización que este martes celebrou a corporación municipal de Tui.

Ent. Carme Núñez, concelleira do BNG - Valoración pleno 13.07.2023

Hoxe facemos valoración do pleno de organización que celebrou a corporación municipal de Tui o martes. Este é o balance da concelleira do Bloque Nacionalista Galego Carme Núñez.

Ent. Nico Montes, concelleiro do Partido Popular - Valoración pleno 13.07.2023

Hoxe facemos valoración do pleno de organización que celebrou a corporación municipal de Tui o martes. Este é o balance do concelleiro do Partido Popular Nico Montes.

Ent. José Manuel Palacín, concelleiro de C21 - Valoración pleno 13.07.2023

Hoxe facemos valoración do pleno de organización que celebrou a corporación municipal de Tui o martes. Esta é o balance do concelleiro de Converxencia 21 José Manuel Palacín.

Ent. Paula López, de Equigalia - Campamentos de verán 12.07.2023

O club hípico Equigalia organiza un campamento para nenos e nenas durante este mes de xullo e o de agosto. Paula López, de Equigalia, deu hoxe os detalles deste campamento no programa Día a Día.

Ent. Diego Alonso Vila - TFG Teatro Principal de Tui 11.07.2023

O tudense Diego Alonso Vila vén de rematar o seus estudos no Conservatorio Superior de Música de Profesional de Vigo na especialidade de Produción e Xestión en Música e Artes Escénicas. Hoxe conversamos con el do seu traballo final de grao sobre Teatro Principal de Tui.

Ent. Ánxela Fernández, alcaldesa do Rosal - 31ª Feira do Viño 11.07.2023

A Praza do Calvario do Rosal acolle este venres, sábado e domingo a 31ª Feira do Viño do Rosal. O pregoeiro deste ano será Jorge Vila, fundador e director de Galicia Wine Academy. Ao longo da fin de semana o viño do Rosal será protagonista, pero tamén a gastronomía e a música. Falamos deste evento coa alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández.

Ent. Sonsoles Vicente, concelleira de Cultura de Tui - Programación Cultural do Verán 10.07.2023

Un programación para gozar na rúa é a que presenta para este verán o Concello de Tui. A música e o cinema serán as grandes propostas para as próxima semanas coma hoxe explicaba na nosa sintonía a concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente. As propostas son Sons na rúa, IKFEM, Música no Claustro, a Noite Internacional do Miño, o Festival de Bandas de Música, a Festa do Miño, e proxeccións de cinema.

Ent. Natalia Lago, a Fada do Aloia - Segunda noite máxica 07.07.2023

Este domingo día 9 terá lugar a segunda noite máxica no Aloia da man da Fada do Aloia. Será a partir das 22 h e é preciso inscrición previa. Natalia Lago, a Fada do Aloia, deu hoxe no programa Día a Día os datos prácticos.

Ent. Alejandro Dacuña, membro da organización - 'Caldelas Talent' 07.07.2023

O sábado día 29 celébrase en Caldelas o "Caldelas Talent" para o que xa están as inscricións abertas até o día 16. É un concurso organizado pola Asociación A Insua de Caldelas. Hoxe deu os detalles Alejandro Dacuña, membro da organización.

Ent. Ana Núñez, concelleira, e Andrea González, directora do IKFEM - IKFEM Creativa 07.07.2023

A undécima edición do festival IKFEM desenvolverase do 20 ao 25 deste mes na Eurocidade Tui-Valença. Entre as novidades deste ano atópase IKFEM creativa, sobre a que falaron hoxe Ana Núñez, concelleira, e Andrea González, directora do IKFEM.

Ent. Charly López, boxeador - Velada "Comezo da lenda - Return" 07.07.2023

Mañá sábado ás 20.30 h terá lugar, no pavillón de Goián, a velada profesional de boxeo "Comezo da lenda - Return" organizada por Spartan Team. Aínda quedan entradas á venda. Hoxe deu todos os detalles o boxeador, organizador e adestrador, Charly López.

Ent. Elías Vieiro e José Quintana, presidente e director deportivo do Tyde F.C., e José Montes, de SOS Tomiño - Campus 06.07.2023

O campus solidario de verán para nenos e nenas e o torneo de fútbol feminino con Sara Tui son as dúas citas das que hoxe falamos con Elías Vieiro e José Quintana, presidente e director deportivo do Tyde F.C., e con José Montes, de SOS Tomiño Baixo Miño.

Ent.Ana Núñez, concelleira, e Soledad Costas, técnica de Inserción Sociolaboral na Fundación Érguete - Curso de Almacén 05.07.2023

Tui acollerá a partir do mes de outubro un curso de Auxiliar de Almacén con prácticas en empresas froito da colaboración entre o Concello de Tui e a Fundación Érguete-Integración. Hoxe deron os detalles Ana Núñez, concelleira do concello de Tui, e Soledad Costas, técnica de Inserción Sociolaboral na Fundación Érguete.

Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Non hai acordo de goberno co BNG 05.07.2023

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, valoraba esta mañá na nosa sintonía a falta de acordo co BNG para formar goberno.

Ent. Carme Núñez, voceira BNG- Non hai acordo de goberno co PSOE 05.07.2023

Carmen Núñez, concelleira do BNG de Tui confirmou hoxe na nosa sintonía que non hai acordo de goberno co PSOE, tras as negociacións que mantiveron nas últimas semana. Así o explicaba.

Ent. Cecilia Portela, María Cristina Alves, Javier Argüelles e Gema María Fernández - Coworking 04.07.2023

Arquitectura, artesanía, bordados e un espazo cultural son os proxectos que están a pór en marcha catro persoas emprendedoras de Tui. As catro participaron no primeiro coworking multisede da Deputación de Pontevedra e da Escola de Organización Industrial (EOI).Son Cecilia Portela, María Cristina Alves, Javier Argüelles e Gema María Fernández. Hoxe coñecemos con elas o seu proxecto e coma foi esta...

Xabier Pérez, presidente do Comité de Empresa de Ganomagoga - Concentración e subasta 03.07.2023

Este mércores 5 de xullo remata o prazo para as empresas ou inversores interesados presenten as súas ofertas sobre Ganomamoga que está arestora en concurso de acredores. Os traballadores agardan coñecer este mércores ou xoves xa as empresas de forma oficial tal e coma explicaba na nosa sintonía Xabier Pérez, presidente do Comité de Empresa de Ganomagoga

Ent. Andrea González, directora IKFEM - O festival celebrarase do 20 ao 25 de xullo na Eurocidade Tui-Valença 03.07.2023

Este xoves o IKFEM dará a coñecer toda a programación da undécima edición do festival. A cita será do xoves 20 ao martes 25 na Eurocidade Tui-Valença. A súa directora, Andrea González, avanzou esta mañá na nosa sintonía algunhas das novidades deste ano, entre as que estará un piano flotando sobre o río e o IKFEM Creativa.

Ent. Conchi Sales e Ana Pedreira, da Asociación Cultural San Telmo - III Festival de cultura tradicional e folk 30.06.2023

Mañá sábado 1 de xullo arrinca en Tui o III Festival da cultura tradicional e folk que vai ter lugar en distintos puntos da cidade até o próximo venres 7 de xullo. Hoxe falamos coas organizadoras, Conchi Sales e Ana Pedreira, da Asociación Cultural San Telmo.

Ent. Mónica Giráldez, da organización do campamento de Verán Igual é + do Concello de Tui - Datos prácticos 30.06.2023

O próximo luns día 3 comeza o campamento de verán Igual É + do concello de Tui no que van participar máis de 500 persoas. Hoxe deunos todos os detalles Mónica Giráldez, da organización.

Ent. Adolfo Pereira e Iago Araújo, Motorclub Randufe - IV Dirt Track Cidade de Tui 29.06.2023

Este sábado o circuito Off Road de Tui en Rebordáns alberga a cuarta edición da Dirt Track Cidade de Tui organizado polo Motorclub Randufe. Hoxe conversamos cos seus organizadores, Adolfo Pereira e Iago Araújo.

Ent. Óscar Cabaleiro e Alicia González, presidente e secretaria de Lembranzas da Terra de Guillarei - Guillafolk 29.06.2023

Mañá venres e o sábado vaise celebrar o Guillafolk, co VI Festival Folclórico Virxe das Dores e o VIII Festival de Bandas de Guillarei. Haberá tamén gastronomía e postos de artesanía, todo no torreiro de festas de Guillarei. Hoxe deron os detalles Óscar Cabaleiro e Alicia González, presidente e secretaria de Lembranzas da Terra.

Ent. Roberto Domínguez, tenente coronel da Brilat - XXII Concurso de Patrullas 28.06.2023

Hoxe partiu de Tui o XXII Concurso de Patrullas da Brilat, no que 216 militares farán un percorrido de 120 quilómetros até Santiago de Compostela realizando ademais sete probas de carácter militar. O tenente coronel Roberto Domínguez deu hoxe os detalles desta dura proba.

Ent. Juan Paramos, adestrador Tyde cadete - Campións da Asturias Cup 2023 28.06.2023

O equipo cadete do Tyde proclamouse hoxe campión da Asturias Cup 2023. Fíxoo logo dunha final axustada e na que venceron nos penaltis ao Armepalmas. Conversamos co seu adestrador, Juan Paramos, sobre a traxectoria no torneo e a victoria final dos seus pupilos.

Ascolta il podcast Día a Día su Replaio

Radio e podcast in un'unica app - gratis e senza registrazione. Installala oggi e non perderti il lancio

Scaricala su Google Play

Replaio non è un editore di podcast; i nomi dei programmi, le copertine e l'audio appartengono ai rispettivi autori e vengono distribuiti tramite feed RSS pubblici