Radio Municipal de Tui
Día a Día
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...
Visita il sito del podcast e sostieni chi lo crea: www.ivoox.com
Autore
Radio Municipal de Tui
Categoria
Sito del podcast
Ultimo episodio
9 ott 2026
Dove ascoltare?
I podcast nell'app Replaio Radio In arrivoI podcast stanno per arrivare nell'app. Installala ora e scopri per primo un modo tutto nuovo di vivere i podcast
Episodi
Ent. Marta Rodríguez, Vane Barberá e Xacobe Morais - Campus de Fútbol Sala Toñín Martín 15.07.2024 16:41
Case 120 nenos e nenas está a participar este mes de xullo no Campus de Fútbol Sala Toñín Martín que organiza A Quinta de Tui. Ao longo destas semanas realizadas diversas actividades e reciben visitas especiais que comparten con eles e elas as mañás. Hoxe é o caso das xogadoras Marta Rodríguez e Vane Barberá do Ourense OnTime Fútbol Sala, e que foron internacionais coa seleccións española. Hoxe ac...
Ent. Óscar Geadas e Begoña Vázquez - Showcooking no IKFEM 15.07.2024 11:52
A vella Ponte Internacional Tui-Valença converterase este sábado nunha ponte creativa dentro do IKFEM. Na programación prevista ao longo da xornada están os showcookings que realizarán Óscar Geadas, do restaurante G Pousada Estrella Michelín, e Begoña Vázquez do restaurante Regueiro da Cova, Mellor Cociñeira Galega 2024 do Fórum Gastronómico. Hoxe falamos con elas dos pratos que van elaborar este...
Club de Emprego | Luns 15 de xullo de 2024 15.07.2024 13:14
Hai ano e medio que ORPAGU abriu a súa planta no Parque Empresarial de Areas. Hoxe Juana Parada, a súa xerente, deunos conta das ofertas que de emprego que teñen neste momento no tempo do Club de Emprego.
Ent. Andrea González - IKFEM 2024 12.07.2024 15:03
O próximo mércores, 17 de xullo, comeza o IKFEM Festival. Hoxe coñecemos os detalles desta nova edición coa súa directora Andrea González. Falounos do lema #SomosPonte, dos concertos, da ponte creativa, das entradas para o festival, do Balcón do IKFEM,....
Ent. Mercedes Martín de Verdeazul - Descensos Nocturnos en Kaiak 12.07.2024 13:26
A empresa Verdeazul leva máis de dúas décadas organizando descensos nocturnos en piragüa no verán. Unha experiencia que volverán a repetir este ano como nos explicou Mercedes Martín. Tamén nos deu conta dos outros servizos que ofertan.
Ent. Joaquín Cadilla da Asociación O Piueiro - Festa Rosegha 12.07.2024 4:56
A preservación e a promoción da cultura mariñeira local é o obxectivo da Festa Rosegha que organiza a Asociación Piueiro na Guarda baixo o lema "Unindo Pobos". Celébrase dende hoxe e até o domingo con conferencias, exposicións, concertos e actividades infantís. Así nolo contou Joaquín Cadilla da Asociación O Piueiro, organizadores do evento.
Ent.Ramiro García Entenza, director CEIP nº2 - Sello Vida Saudable 2024 11.07.2024 7:55
Novo recoñecemento para o CEIP nº2 de Tui nun curso especial xa que celebra o seu 50 aniversario. O Ministerio de Educación, Formación Profesional y Deportes outorgoulle o distintivo de calidade de centros docentes “Sello Vida Saludable 2024”. Falamos do mesmo con Ramiro García Entenza, director CEIP nº2.
Ent. Uxía Couto e Irene Boo da Comisión de Festas - Festas do Santo Cristo da Agonía en Baldráns 11.07.2024 4:12
Máis de 800 racións teñen previsto servir esta fin de semana na 31ª Romaría do Polbo en Baldráns que se celebra este sábado. O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, dará o pregón das festas do Santo Cristo da Agonía que se celebrarán até luns, e nas que actuarán a Banda de Gaitas A Insua de Caldelas e a Banda de Música Popular de Tui. Tamén contará co trío Salero, o grupo Ritmo, as orquestras La Fórm...
Ent. Nico Montes, voceiro do PP de Tui | Balance pleno 21 de xuño 11.07.2024 21:15
Proseguimos as conversas cos representantes dos grupos políticos da corporación con Nicolas Lorenzo Montes, voceiro do PP de Tui, valorando o pleno do xuño cos orzamentos e a resolución do contrato do aparcamento. Tamén deu conta que hoxe terán reunión co equipo de goberno para negociar sobre as contas deste ano. Por outra parte valorou o primeiro ano do actual mandato, e lle preguntamos polo seu...
Ent. Javier Touza de ARVI - Vigo Seafest 10.07.2024 8:13
Dende mañá xoves até o domingo celébrase nos xardíns de Elduayen en Vigo a quinta edición do Vigo Sea Fest. Un evento que ten coma obxectivo dar visibilidade e incrementar o consumo de peixe. A gastronomía, da man de prestixiosos cociñeiros será protagonista pero o programa abrangue un amplo conxunto de actividades nas que non falta nin a música nin o deporte. Falamos con Javier Touza, presidente...
Ent. Natalia Lago | Noite máxica con A Fada do Aloia 10.07.2024 9:28
Volven As Noite Máxicas coa Fada do Aloia. A primeira das citas será este venres ás 22 h para subir até o cumio do Aloia, coñecer a fauna nocturna e as lendas. As persoas participantes poderán observar as constelacións, planetas e a lúa da man de Antón Paz, guía Starlight e Divulgador Astronómico. A duración prevista é de 2 horas. O prezo é de 10€ nenos e 14 € persoas adultas. É preciso inscribirs...
Ent. Conchi Sales, Ana Pedreira e Fernando Carnero - IV Festival da Cultura Tradicional e Folk 09.07.2024 9:47
Esta fin de semana celébrase en Tui o IV Festival da Cultura Tradicional e Folk. O sábado a partir das 20 h na praza de San Fernando terá lugar o IX Certame de Gaita e Tamboril, e logo unha mostra conferencia do traxe galego a cargo do grupo etnográfico Traxandaina, e pechando a noite concerto do grupo folk Ardentía. O domingo ás 19.30 h celebrarase na Corredoira o IX Día da Muiñera. Así nolo cont...
Ent. Carmen Núñez, voceira do BNG | Balance pleno 21 de xuño 09.07.2024 19:46
Hoxe fixemos balance con Carmen Núñez do BNG do pleno extraordinario urxente celebrado o pasado 21 de xuño en Tui con dous asuntos destacados os orzamentos e a resolución do contrato de aparcamento. Confirmou que tras esa sesión plenaria hai reunión co equipo de goberno para chegar a un acordo sobre as contas municipais para este ano. Tamén fixo balance do primeiro ano de mandato desta corporación...
Ent. Ánxela Fernández, alcaldesa do Rosal - XXXII Feira do Viño do Rosal 08.07.2024 8:49
Dende este venres até o domingo celébrase na praza do Calvario no Rosal a 32ª Feira do Viño do Rosal. Un evento que comezará xa o venres ás 13 h coa inauguración e pregón a cargo de Fernando Gurucharri, antigo presidente da Unión Española de Catadores. A feira amplía así as horas de duración e tamén o número de actividades. A alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández, destacaba a importancia da feira e...
Ent. José Palacín de C21 - Balance pleno 21 de xuño 08.07.2024 22:11
Abrimos hoxe con José Palacín de C21 a rolda de conversas tras o último pleno da corporación celebrado con carácter extraordinario e urxente e no que se trataron dous temas destacados os orzamentos deste ano e a resolución do contrato do aparcamento subterráneo. Tamén lle preguntabamos polo balance do primeiro ano da actual corporación.
Ent. Eduardo Méndez Sanjujo, comité organizador | X Campionato Ibérico de Kung Fu 05.07.2024 13:45
O pavillón Gustavo Rodríguez de Tui acolle este domingo, dende ás 10.30 h, o X Campionato Ibérico de Kung Fu Tradicional e Moderno. Coñecemos todos os detalles con Eduardo Méndez Sanjurjo, do Di Som e organizador do evento, e co deportista Miguel Santos.
Ent. Roberto Carrero, alcalde da Guarda | XXXII Festa da Lagosta e da Cociña Mariñeira 05.07.2024 6:19
A Guarda celebra dende hoxe até o domingo a XXXII Festa da Lagosta e da Cociña Mariñeira. A gastronomía maridará coas actividades previstas nun programa que abrirá hoxe o pregón de Luís Zahera. Falamos da festa con Roberto Carrero.
Ent. Óscar Cabaleiro, Alicia González e Gregorio Díaz - GuillaFolk 2024 05.07.2024 12:59
Hoxe venres e mañá sábado celébrase no torreiro de festas de Guillarei o Guillafolk, Festival Folk. Hoxe celebrarán o festival folclórico e mañá o festival de bandas, pero tamén haberá outras actividades. Así nolo contaron hoxe Óscar Cabaleiro, e Alicia González da Asociación Cultural Lembranzas da Terra e Gregorio Díaz Veiga do grupo Erasmo Hernández de Gran Canaria que participará hoxe no festiv...
Ent. Mané Villa da Asociación Cultural Pintor Antonio Fernández - Exposición Colectiva 05.07.2024 7:16
A Asociación Cultural Pintor Antonio Fernández de Goián, co respaldo do concello de Tomiño, organiza unha exposición colectiva que se pode visitar até o próximo luns 8 de xullo, no Espazo Cultura no Mercado de Goián. Na mesma reúnen a obra de dez escultores que tiveron algún tipo contacto, directo ou indirecto, con Antonio Fernández. Falounos da mostra Mané Villa, quen indicou que teñen amais á ve...
Ent. Mar Rodríguez e Auri Rodríguez da Asociación Santa Columba - Semana Cultural de Ribadelouro 03.07.2024 7:22
Hoxe coñecemos todos os detalles da Semana Cultural de Ribadelouro, que organiza a Asociación Cultural Santa Columba do 7 ao 20 deste mes. Para iso no programa Día a Día acompañáronos Mar Rodríguez e Auri Rodríguez que nos explicaron a programación prevista.
Ent. Sebastián Gómez - Romaría das Angustias 2024 03.07.2024 8:24
Este domingo, primeiro domingo de xullo, celébrase no cumio do Monte Aloia a Romaría das Angustias. É a segunda das romarías que se celebran no Aloia xunto á de San Xulián que ten lugar o 27 de xaneiro. Ás 10 h haberá a primeira misa, e ás 12 h a solemne con procesión, e non faltarán as poxas. Falamos da romaría con Sebastián Gómez, Sebastián do Monte Aloia,
Ent. Rubén Pose, cabo 1º da Brilat - concurso de Patrullas Tui-Santiago 24.06.2024 5:44
O Concurso de Patrullas da Brilat reforza o seu carácter internacional coa participación de 5 patrullas estranxeiras, de EEUU, Inglaterra e Portugal, entre as 33 inscritas. A saída será este mércores ás 9 h dende o Paseo da Corredoira e as patrullas terán que percorrer os 120 kms do percorrido até Santiago, pero amais facer distintas probas cronometradas, orientación, cruzar un río a nado,...
Ent. José Álvarez da Asociación A Insua de Caldelas - Concentración de coches 24.06.2024 3:55
A ribeira de Caldelas acolle este sábado, dende ás 11 h, a III Concentración de Coches de Rallie, vehículos clásicos, alta gama e racing. Amais haberá exhibición de coches 4x4 e coches RC. Non faltará a gastronomía e ás 21 h o concerto de No All Kansas. José Álvarez da Asociación A Insua de Caldelas,organizadora do evento, deunos todos os detalles.
Ent. Eloy Carrera, director da Banda de Música - Concerto Didáctico e concurso de carteis 24.06.2024 4:09
Este venres ás 17 h nas instalacións da Escola da Banda de Música Popular de Tui a escola ofrecerá un concerto didáctico, así nolo contou hoxe Eloy Carrera, director da Banda de Música. Por outra parte esta semana remata o prazo para votar no concurso para elixir o cartel anunciador do Festival de Bandas de Música que se vai celebrar en agosto. Presentáronse 18 traballos que estes días se pode ver...
Ent. Nuno Coimbra | Rampa do Monte Faro 21.06.2024 9:15
Pilotos de todo Portugal e España daranse cita mañá e o domingo na Rampa do Monte Faro en Valença que repitirá amais a especial nocturna. En total nas distintas categoría participarán 300 coches. A proba forma parte do calendario deportivo da Eurocidade Tui-VAlença. Deunos todos os detalles Nuno Coimbra.
Podcast simili
Replaio non è un editore di podcast; i nomi dei programmi, le copertine e l'audio appartengono ai rispettivi autori e vengono distribuiti tramite feed RSS pubblici