Radio Municipal de Tui

Día a Día

News GL ↓ 6501 episodi

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...

Visita il sito del podcast e sostieni chi lo crea: www.ivoox.com

Autore

Radio Municipal de Tui

Categoria

News

Sito del podcast

www.ivoox.com

Ultimo episodio

9 ott 2026

Dove ascoltare?

I podcast nell'app Replaio Radio In arrivo

I podcast stanno per arrivare nell'app. Installala ora e scopri per primo un modo tutto nuovo di vivere i podcast

Scaricala su Google Play Installala gratis Android quasi 10 mln di download · valutazione 4,8 iOS in arrivo

Episodi

Ent. Katia Rocha e David Martínez | Noite Internacional do Miño 30.07.2024

Hoxe ás 21.30 h no Parque do Laxal en Rebordáns, celébrase a Noite Internacional do Miño con grupos de Bosnia Herzegovina, Italia, Chile e Uruguai. Hoxe Katia Rocha e David Martínez, da organización, déronnos todos os detalles, e destacaron o carácter único deste festival que ten acollido a grupos dos cinco continentes. Cada ano o público ateiga o parque do Laxal.

Ent.Manuel González - Galimpiadas 2024 29.07.2024

Este venres e sábado celébranse na parroquia tudense de Caldelas as Galimpiadas. Tras ter que aprazarse en dúas ocasións debido ao tempo, esta fin de semana deporte e diversión irán da man coma nos explicou Manuel González da organización.

Ent. Samuel Diz, director - Musica no Claustro 2024 24.07.2024

O festival Música no Claustro cumpre 18 anos. Do 1 ao 7 de agosto celebrará unha nova edición no claustro da Catedral de Tui baixo o lema Catedral Atlántica. O seu director Samuel Diz falounos hoxe de todo o que brindará este ano o festival: concertos, Resonacias, residencias artísticas, e novidades...

Ent. Carlos Carballido, director | Concerto do Coro Infantil e Xuvenil Cantabile 24.07.2024

Hoxe ás 20 h o Coro Infantil e Xuvenil Cantabile da Coruña, ofrecerá un concerto na igrexa de San Domingos dentro da xira que está a realizar polas terras do Miño galaico-portugués. Este concerto está organizado en colaboración coa Asociación Amigos da Catedral de Tui, con entrada libre ata completar o aforo. Esta mañá falamos co seu director Carlos Carballido

Ent. Carlos Estévez da RFG Motonáutica |Campionato de España e Copa Ibérica de embarcacións T-850 e GT 6 24.07.2024

Este sabado celébrase en Tui o Campionato de España e Copa Ibérica de embarcacións T-850 e GT 6 coa participación de doce pilotos. Desta espectacular competición falounos Carlos Estévez da Real Federación Galega de Motonáutica.

Ent. Teo Corriente | Exhbición de tenis en cadeira de rodas 24.07.2024

No Complexo Deportivo Eureka en Nigrán terá lugar esta fin de semana un partido exhibición de tenis en cadeira de rodas Contact Point Yamarco. Coñecemos os detalles con Teo Corriente. Será a partir das 10.30 h

Ent. Michelle Tito, logopeda da Asociación Vontade | Taller teórico práctico de Disfaxia 23.07.2024

A Asociación Vontade organiza un taller teórico práctico sobre a disfaxia. Está aberto a todas as persoas que poidan estar interesadas. Co título "O bo comer" realizarase o próximo luns, 29 de xullo, de 10 a 12.30 h. É gratuíto para as persoas socias de Vontade e as non socias deberán aboar 10€. Pódese ampliar a información e inscribirse en info@vontade.org ou no 986 62 30 44. Hoxe falamosc on Mic...

Ent. Matías Otero, padeeiro do Club Kaiak Tudense | Xogos Olímpicos de París 23.07.2024

Matías Otero, padeeiro do Club Kaiak Tudense, participará nos Xogos Olímpicos de París representando ao seu país Uruguai en K1 1000m o próximo mércores, 7 de agosto, ás 10.40 h. Dende decembro de 2020 vive en Tui. Con el falamos hai uns días no programa Día a Día.

Ent. Rodrigo Conde, remeiro | Xogos Olímpicos Paris 2024 22.07.2024

O remeiro Rodrigo Conde do Club Remo do Miño competirá nos Xogos Olímpicos de Paris en 2x xunto a Aleix García. Este sábado comezarán xa coas eliminatorias. Con el falamos no programa Día a Día.

Ent. Manu Ocha, padeeiro - Xogos Olímpicos Paris 2024 22.07.2024

O padeeiro tomiñés do Club Deportivo Miño Teixugos, Manuel Ochoa, competirá nos Xogos Olímpicos de París en Kaiak Cross. No programa Día a Día falamos con el desta importante cita e das súas expectativas.

Ent. Marisa Giráldez e Marisa Araujo - Campus de Bádminton 22.07.2024

O Club Bádminton Tui vai realizar un Campus destes deporte no mes de agosto no pavillón do IES San Paio con xogos e actividades deportivas. Será os martes e xoves con dúas quendas de 10 a 11.30 h e de 11.30 a 13 h, podendo ir hora e media ou as tres horas. Está aberto a calquera persoa interesada. As persoas interesadas poden inscribirse no 696 985 973.

Ent. Manuel Lage, sacerdote e chanceler-secretario da diocese de Tui-Vigo - Ordenación e toma posesión novo bisp 19.07.2024

Manuel Lage, sacerdote e chanceler-secretario da diocese de Tui-Vigo - Ordenación e toma posesión novo bisp Manuel Lage, sacerdote e chanceler-secretario da diocese de Tui-Vigo - Ordenación e toma posesión novo bisp

Ent. Natalia Lago - Rutas de A Fada do Aloia esta fin de semana 19.07.2024

A Fada do Aloia ten previstas dúas rutas esta fin de semana. Mañá se o tempo o permite realizará "A casa da Lontra”, o domingo "Quen canta aí?" e para o próximo mércores levará a cabo unha nova "Noite máxica". Así nolo contou hoxe Natalia Lago.

Ent. Carlos Estévez, secretario Club Náutico Inclusivo - Cadeira Anfibia 19.07.2024

O Club Náutico Inclusivo Baixo Miño conta dende esta semana cunha cadeira anfibia. Hoxe Carlos Estévez deunos conta das características desta cadeira e do servizo que vai prestar ás persoas con mobilidade reducida. Tamén nos explicou como solicitala.

Ent. Andrea González, directora do Ikfem - Concertos fin de semana e Ponte Creativa 19.07.2024

Avanza a programación do IKFEM. Esta noite nas cortinas de San Francisco terá lugar a estrea da Orquestra Sinfónica da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal. A vella Ponte Internacional cortarase dende ás 5 desta próxima madrugada para acoller a partir das 12.30 h a Ponte Creativa con gastronomía, creatividade e música, e mañá sábado á noite terá lugar no Teatro Municipal o concerto de Mario Lagin...

Ent. Óscar Romero - Protagonista da campaña "Parte de tí" de Eu Rural 18.07.2024

O tudense Óscar Romero é o protagonista dunha das historias da campaña Parte de Tí de Eu Rural. Hoxe coñecemos no programa Día a Día como xurdiu a súa paixón pola pastelería, a súa formación e a aposta por crear hai 25 anos en Tui o seu Taller de Dulces Óscar Romero.

Ent. Manuel Pedrares, técnico do Kaiak Tudense - Descenso Popular e Descenso Internacional do Miño 18.07.2024

O Club Kaiak Tudense foi terceiro na fin de semana no Campionato de España de Sprint Olímpico en Asturias. Deste resultado e das competicións nacionais e internacionais nas que están a participar falamos con Manuel Pedrares, técnico do Kaiak Tudense. Amais deunos os detalles do Descenso Popular do Miño que se celebrará o xoves 15 de agosto, e do Descenso Internacional que terá lugar o sábado 24 de...

Ent. Cesareo Costa, director - Orquestra Sinfónica da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal 18.07.2024

Músicos de 26 municipios integran a Orquestra Sinfónica da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal. O prestixioso director Cesareo Costa sitúase ao fronte deste proxecto nado no IKFEM que mañá venres ofrecerá o seu primeiro concerto nas cortinas de San Francisco en Valença xunto a Jorge Palma. Hoxe falamos dos retos desta orquestra con Cesareo Costa.

Ent. Rosendo González da Asociación O Mosteiro - Andaina pola senda do río Furnia 17.07.2024

A Asociación Cultural e Xuvenil O Mosteiro de Pexegueiro organiza unha andaina pola senda do río Furnia para o sábado 27 deste mes. Sairá ás 18.30 h dende o centro cultural. Ao longo do traxecto haberá sorpresas e no remate, na igrexa de Pexegueiro, coñecerase a historia do tempo e ofrecerá un concerto a Coral Ponte das Febres. Así nolo contou Rosendo González. Inscrición gratuíta, até o 25 deste...

Ent. Mário Laginha - Concerto no IKFEM 17.07.2024

Mário Laginha estará este sábado, 20 de xullo, ás 22.30 h en concerto na Alameda de San Domingos, con Chano Domínguez, baixo o título de "Puro jazz Ibérico". Con el falamos deste concerto no que por vez primeira actuarán xuntos estes dous grandes nomes do jazz portugués e español.

Ent. Salvador Sobral - Concerto no IKFEM con Marco Mezquida 17.07.2024

"Coisa de dois" é o título do concerto que hoxe ás 22.30 h ES ofrecerán Salvador Sobral e Marco Mezquida nas cortinas de San Francisco na Fortaleza de Valença, abrindo o IKFEM 2024. Hoxe falamos con Salvador Sobral deste concerto e da súa carreira musical.

Ent Eloy Carrera e Eduardo Rodríguez - Concerto da Banda de Música Popular de Tui en Paramos 16.07.2024

A Banda de Música Popular de Tui vai participar o próximo venres 26 no Certame Nacional de Bandas de Músicas, tras unha das tres seleccionadas para o concurso. Poderemos escoitar o repertorio que van interpretar no certame este sábado, 20 de xullo, ás 21 h no Centro Cultural Laxes de Paramos. Falamos do evento con Eloy Carrera, director da Banda de Música Popular de Tui e Eduardo Rodríguez, da Ban...

Ent. Daniel Pereira, Simon Lewis e María Hinojosa -Concerto do Trío Preseli no IKFEM 16.07.2024

Daniel Pereira, Simon Lewis e María Hinojosa conforma o trío Preseli, no que conectan Gales e Galicia a través da música. Este xoves, ás 22.30 h ES dentro da programación do IKFEM ofrecerán o concerto "Conexións Atlánticas". Esta mañá falamos con eles no programa a Día a Día desta ponte musical que tenderán na Eurocidade Tui-Valença. A entrada ao concerto ten un prezo de 5€ e está xa á venda en ik...

Ent. Ana Núñez, concelleira de Comercio e Mercado - Apertura do Mercado Municipal de San Antonio 16.07.2024

Hoxe reabriu a praza de abastos de Tui, o Mercado Municipal de San Antonio, cos postos de carne, peixe e flor nesta primeira fase. Falamos desta apertura coa concelleira de Comercio e Mercado, Ana Núñez.

Ent.Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Balance pleno 21 de xuño 16.07.2024

Co alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, completamos hoxe a rolda de conversas para valorar o pleno do pasado 21 de xuño, no que coma asuntos destacados se trataron os orzamentos de 2024 e a resolución do contrato de aparcamento. O alcalde confirmou que os orzamentos volverán a pleno o 31 deste mes. Por outra parte fixo balance do primeiro ano deste mandato.

Ascolta il podcast Día a Día su Replaio

Radio e podcast in un'unica app - gratis e senza registrazione. Installala oggi e non perderti il lancio

Scaricala su Google Play

Replaio non è un editore di podcast; i nomi dei programmi, le copertine e l'audio appartengono ai rispettivi autori e vengono distribuiti tramite feed RSS pubblici