Radio Municipal de Tui
Día a Día
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...
Visita il sito del podcast e sostieni chi lo crea: www.ivoox.com
Autore
Radio Municipal de Tui
Categoria
Sito del podcast
Ultimo episodio
7 ott 2026
Dove ascoltare?
I podcast nell'app Replaio Radio In arrivoI podcast stanno per arrivare nell'app. Installala ora e scopri per primo un modo tutto nuovo di vivere i podcast
Episodi
Ent. Miguel Ángel Santos Guerra, catedrático de Educación | Doutor honoris causa pola Universidade de Oviedo 16.10.2024 14:14
O catedrático en Educación Miguel Ángel Santos Guerra, vén de ser investido doutor honoris causa pola universidade de Oviedo. Hoxe falamos con el deste recoñecemento e da súa relación con Tui, onde foi profesor no IES San Paio. Na conversa que mantivemos con el participou tamén Teresa Domínguez.
Ent. Ana García, pedagoga do Centro Sociocomunitario de Tui | Espazo familiar 15.10.2024 7:06
O Centro Sociocomunitario de Tui pon en marcha o Espazo Familiar, unha iniciativa que se centra no crecemento conxunto para bebés e familias, sempre guiado por unha pedagoga. Ela será Ana García, do propio centro, quen hoxe nos deu todos os detalles desta actividade. Serán sesións semanais, todos os luns, de 17:00 h a 18:30 h, cun prezo de 20 euros por mes.
Ent. Pablo Castiñeira de Vella Escola |Obradoiros de Skate no programa Boas Vibes 15.10.2024 6:53
Dentro do programa Boas Vibes este domingo o Paseo Fluvial - ou en caso de choiva o exterior do Mercado de San Antonio - acollerá obradoiros de skate para a mocidade da man de Vella Escola. Pablo Castiñeira de Vella Escola explicou en Día a Día en que van consistir ou a quen van dirixidos. Son gratuítos e é preciso inscribirse en igualdade@tui.gal ou no formulario dispoñible en tui.gal. Tamén habe...
Espazo Comercio - Sinerxia 15.10.2024 9:05
No Espazo Comercio hoxe coñecemos Sinerxia, un establecemento que abriu as súas portas en 2015 da man de Leticia Diz e Diego Domínguez. Hoxe Leticia Diz explicounos como a empresa xurdiu co obxectivo de unir adestramento e fisioterapia, e coma foron estes primeiro anos. Afirmaba que “a saúde é o movemento” e explicaba e convidaba a coñecer os servizos que ofertan entre os que adestramento de forza...
Ent. Ánxela Fernández, alcaldesa do Rosal | Festa de Outono O Pilar 11.10.2024 8:50
A praza do Calvario do Rosal acolle dende hoxe a Festa de Outono O Pilar, con tres días de actividades centradas en poñer en valor o oficio dos cabaqueiros. Todo con música, gastronomía e historia. A alcaldesa, Ánxela Fernández, deunos os detalles.
Ent. André Fernandes da Asociación Deportiva Verdoejense | 2 leguas da Contrasta 10.10.2024 6:07
Até este domingo está aberta a inscrición para a carreira “2 leguas da Contrasta” que se vai celebrar o próximo domingo 20 de outubro na Eurocidade Tui-Valença. Haberá distintas distancias en función da categoría e tamén unha andaina. A inscrición pode facerse en www.2leguascontrasta.pt. Coñecemos todos os detalles con André Fernandes da Asociación Deportiva Verdoejense.
Ent. Javier Argüelles do Cineclub Tui e Minerva Ojeda da Aula da UNED Tui -Posta en marcha do Cineclub 10.10.2024 10:44
O próximo martes 22 de outubro terá lugar a primeira proxección do Cine Club Tui. A cita será na aula da UNED onde cada martes ás 18 h e ás 20.45 h habera unha película. Os socios terán unha cuota anual de 50€ e por cada proxección deberán aboar 1,5€. Para os non socios a entrada será de 3,5€ Falamos da posta en marcha do Cine Club Tui con Javier Argüelles e Minerva Ojeda, coordinadora da Aula de...
Ent. Marcos Fortes presidente do Penedo Te Importa | O temporal levou o tellado do almacén de piraguas 10.10.2024 6:17
Danos moi importantes os sufridos polo Club Penedo Te Importa de Caldelas no seu almacén de piraguas xa que os fortes ventos arrancaron todo o tellado, e mesmo desprazaron algunhas embarcións cara ao exterior. Marcos Fortes, presidente do Penedo, explicaba hoxe a situación que teñen que afrontar para reparar os graves danos.
Ent. Sonsoles Vicente, concelleira de Cultura - Mes da Biblioteca 10.10.2024 6:56
Co contacontos inclusivo en lingua de signos "A Maleta" con ContAZ mañá venres ás 17.30 h comeza a programación do Mes da Biblioteca. Hoxe falamos das actividades que se van celebrar até finais de mes coa concelleira de Cultura, Ensino e Mocidade do concello de Tui, Sonsoles Vicente.
Ent. Ana Paula Laborinho, diretora da OEI para a Educación| Seminario “Gobernanza e liderato educativo” 09.10.2024 9:09
“Gobernanza e liderato educativo” é o título do Seminario Galicia-Portugal que hoxe mércores e mañá xoves se vai celebrar na Eurocidade Tui-Valença. Coñecemos os obxectivos, os temas que están sobre as mesas de diálogo con Ana Paula Laborinho, diretora da Organización de Estados Ibero-americanos para a Educación, a Ciencia e a Cultura.
Ent. Esther Carrodeguas, actriz e dramaturga de Butacazero | Iribarne 09.10.2024 6:38
“Iribarne” é a obra que este venres, ás 21 h chega ao Teatro Municipal de Tui con Butacazero. Trátase dunha peza humorística e satírica que percorre a historia recente de España e Galicia da man da personaxe protagonista que é o alter ego de Fraga Iribarne. Así nolo contou esta mañá Esther F. Carrodeguas, actríz e dramaturga.
Ent. Sandra González, alcaldesa de Tomiño - Incidencias borrasca ex-Kirk 09.10.2024 5:31
En Tomiño víronse afectados por problemas nas telecomunicación e tamén no servizo electrico nas últimas horas. Os fortes refachos provocaron numerosas caídas de ábores en todo o termo municipal, coma explicaba a alcaldesa, Sandra González.
Ent. Ramiro García Entenza, director do CEIP nº2 - Incidencias borrasca ex-Kirk 09.10.2024 2:21
No patio co CEIP nº2 rexistraron tamén a caída de ramas. Así nolo contaba a primeira hora o director do centro Ramiro García Entenza, quen confirmaba que ante a borrasca ex-Kirk están suspendidas as actividades lectivas no exterior. Ante a situación de primeira hora da mañá a asistencia a clase estaba complicada tanto por parte de alumnado coma de profesorado.
Ent. Rafael Estévez, concelleiro de Medio Rural de Tui - Incidencias borrasca ex-Kirk 09.10.2024 1:56
Unha árbore caída cortou esta mañá o Camiño de Santiago na rúa Palláns en San Bartolomeu. Así o confirmaba o concelleiro de Medio Rural, Rafael Estévez, que deu conta das numerosas incidencias rexistradas polos fortes ventos e choivas deixadas pola borrasca ex-Kirk.
Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Incidencias borrasca ex-Kirk. 09.10.2024 3:16
Numerosas incidencias deixou o paso da borrasca ex-Kirk no termo municipal de Tui con árbores e farolas caídas, mesmo voou unha parte do tellado das vivendas de Caldelas. Así nolo contou o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, quen fixo unha recomendación á precaución e a evitar desprazamentos por estrada.
Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Rolda Setembro 08.10.2024 30:26
Co alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, completamos a rolda de conversas cos grupos políticos da corporación sobre o pleno ordinario do mes de setembro.
Ent. Pilar López, directora de Teatro Paraíso - "Entrecajas" 04.10.2024 6:15
A compañía vasca Teatro Paraíso abre hoxe a programación de outono no Teatro Municipal de Tui. Será con “Entrecajas”, unha obra pola que recibiron o Premio FETEN 2024 ao mellor espectáculo de clown. Pilar López é a directora de Teatro Paraíso, e hoxe contounos o que poderemos atoparnos esta tarde se nos achegamos ao Teatro Municipal.
Ent. Miguel Abreu, presidente da Escola de Baile Pasos Galicia - Trofeo Concello de Tui de Baile Deportivo 04.10.2024 5:26
Espectacular competición a prevista para esta fin de semana no pavillón municipal Gustavo Rodríguez que reunirá aos mellores bailaríns de España e Portugal. Máis de 500 persoas participarán no Trofeo Concello de Tui de Baile Deportivo. Falamos co director do trofeo e presidente da Escola de Baile Pasos Galicia, Miguel Abreu.
Ent. Conchi Martínez, voceira da Plataforma para a Defensa da Sanidade Pública de Tui - "Coñece o teu centro de saúde" 04.10.2024 17:58
"Coñece o teu centro de saúde" é o documento presentado pola Plataforma para a Defensa da Sanidade Pública de Tui no que se explica a situación actual do centro de saúde tudense e tamén se fai balance do verán. Conchi Martínez, voceira desta Plataforma, deunos todos os detalles, ademais de informar sobre a vacinación de gripe e Covid.
Ent. Nicolás Lorenzo Montes, voceiro do PP - Rolda pleno setembro 04.10.2024 25:36
Na rolda de conversas cos grupos da corporación tras o pleno ordinario de setembro hoxe foi a quenda de Nicolás Lorenzo Montes, voceiro do PP.
Ent. Carmen Núñez do BNG - Rolda pleno setembro 02.10.2024 18:31
Hoxe foi a quenda de Carmen Núñez, do BNG, na rolda de conversas cos grupos da corporación municipal, tras o pleno ordinario do pasado mes de setembro.
Ent. Sonsoles Vicente, Zara Pousa, e Xosé Enrique Acuña - Exposición Estampa Popular Galega 02.10.2024 15:50
Até o 26 de outubro pódese visitar na Sala Municipal de Tui a mostar "Estampa Popular Galega". Hoxe coñecimos a historia desta exposición, que fóra secuestrada en Tui en 1968, e as obras que presenta con Sonsoles Vicente, concelleira de Cultura de Tui, Zara Pousa, secretaria da fundación Pousa, e Xosé Enrique Acuña, comisario da exposición.
Ent. Xosé Martínez Tato, de Andatui - Andaina do río Tripes 02.10.2024 3:35
Este domingo terá lugar unha nova andaina do circuíto de andainas saudables da Eurocidade Tui-Valença. Será polos muiños do río Tripes que sairá ás 10 h dende a Macoca. Será un percorrido de 10 quilómetros, dificultade doada, e unha duración de tres horas. A inscrición, cun prezo de 6€, está aberta até mañá en andatui.es.
Ent. Ana Núñez, concelleira de Patrimonio, e María Ferreirós, técnica da ARI - Axudas Área de Rehabilitación Integral 01.10.2024 17:44
Até o 24 de outubro está aberto o prazo para presentar as solicitudes de axudas a fase 15º da ARI, a Área de Rehabilitación Integral que abrangue a zona intramuros do conxunto histórico, San Domingos e San Bartolomeu. Coa concelleira de Patrimonio, Ana Núñez, e a técnica da oficina do ARI, María Ferreirós, coñecemos a quen vai dirixidas, o obxectivo, que tipo de obras son subvencionables...
Ent. Iris Saavedra de Conectaté | Espazo Comercio 01.10.2024 9:37
No Espazo Comercio, que realizamos con ACITUI, acompañounos Iris Saavedra de Conectaté. Este establecemento vén de cumprir 18 anos en Tui, un tempo no que foron evolucionando cos tempos, axustando á demanda da clientela e do mercado, cunha escoita activa. Explicábanos o porque deste nome: Conectaté e tamén os servizos eprodutos que ofrecen, nos que ampliaron a sección de cosmética. Avanzaba novida...
Podcast simili
Replaio non è un editore di podcast; i nomi dei programmi, le copertine e l'audio appartengono ai rispettivi autori e vengono distribuiti tramite feed RSS pubblici