Radio Municipal de Tui
Día a Día
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...
Visita il sito del podcast e sostieni chi lo crea: www.ivoox.com
Autore
Radio Municipal de Tui
Categoria
Sito del podcast
Ultimo episodio
7 ott 2026
Dove ascoltare?
I podcast nell'app Replaio Radio In arrivoI podcast stanno per arrivare nell'app. Installala ora e scopri per primo un modo tutto nuovo di vivere i podcast
Episodi
Ent. Sonsoles Vicente, concelleira de Cultura, e Fran Núñez, director do CDG - CDG con Terceiro Acto 30.10.2024 7:45
Un espectáculo emotivo, divertido e sorprendente. Así definía Fran Núñez, director do CDG a obra "Terceiro acto" que añá ás 21 h representa no Teatro Municipal de Tui o Centro Dramático Galego. Falamos con el e coa concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, hoxe no programa Día a Día. As entradas están á venda en tui.gal.
Ent. Alfonso Ferreira de Iacobus | Estudo sobre o Camiño Portugués 30.10.2024 8:43
Coñecer a realidade do Camiño Portugués, e de forma especial no tramo tudense, é o obxectivo do estudo que está a realizar ao longo deste ano Alfonso Ferreira da Asociación Iacobus. Hoxe coñecemos con el que datos está a recoller, as anécdotas destes meses de traballo e tamén o que máis lle ten sorprendido.
Ent. Lorena Franco, de Biophilia | Obradoiro "A horta en outono" 29.10.2024 4:22
“A Horta en Outono” é o título do obradoiro que este domingo, 3 de novembro, de 10 a 14 h se vai celebrar nunha finca situada na Avenida da Concordia Tui. Será impartido por Lorena Franco, de Biophilia, que nos contou todos os detalles. É precisa inscrición previa.
Ent. Marta Salgueiro de La Bella Aurora | Espazo Comercio 29.10.2024 7:51
Hai sete anos que Marta Salgueiro se puxo ao fronte de La Bella Aurora. Un establecemento, situado na rúa Colón, dedicado a vestir a noivas, noivos, madriñas, padriños, comuñón, nenos de arras, e a todas as persoas para eventos destacados. Sinalaba que son tenda multimarca e destacaba que ofrecen unha atención totalmente personalizada e asesoramento para a vestimenta completa, contando amais co ta...
Ent. Javier Argüelles do Cine Club Tui - Proxección de One cut of the dead 29.10.2024 4:06
Hoxe martes a aula da UNED acollerá a segunda película do Cine Club Tui. Será "One cut of the dead" de Schinichiró. Haberá dúas sesións ás 18.30 h e ás 20.45 h cun prezo de 4,5€ para o público en xeral e 2€ para socios. Javier Argüelles do Cine Club Tui falounos da película elixida para esta tarde e tamén fixo balance do inicio das proxeccións hai unha semana.
Ent. William Dawe | Concerto do Coro Anton Bruckner na Catedral de Santa María de Tui 28.10.2024 3:47
Mañá martes ás 18 h a Catedral de Santa María de Tui vai acoller un concerto do Coro Anton Bruckner, que chega dende Londres e fai parada, por primeira vez, en España. A entrada será gratuíta e libre até completar aforo. Falamos cun dos integrantes da formación, William Dawe.
Ent. Pedro Fernández, cursos de competencias dixitais básicas | Centro Sociocomunitario de Tui 28.10.2024 6:51
O Centro Sociocomunitario de Tui acollerá dous cursos de competencias dixitais básicas, impartidos por Pedro Fernández. Un será o próximo martes 5 de novembro, sobre o emprego do móbil, cun prezo de 10 euros; e o outro desenvolverase todos os mércores de novembro, sobre competencias dixitais, e cun prezo de 25 euros. É precisa inscrición previa no Centro Sociocomunitario.
Ent. Iván Carral, presidente de ACITUI | Truco ou trato e Lotería de Nadal 25.10.2024 4:08
Hoxe estivo no programa Día a Día Iván Carral, presidente de ACITUI, con motivo do Truco ou Trato que polo Samaín haberá o próximo xoves 31 pola tarde no comercio local. Tamén falamou da Lotería de Nadal.
Ent. Coral Martínez -Obradoiro de comic e manga no programa Boas Vibes 25.10.2024 6:59
Coral Martínez impartirá mañá na Sala Municipal de Exposicións un obradoiro de manga dentro do programa Boas Vibes. Será eminentemente práctico e as persoas participante ao longo da mañá poderán crear unha personaxe e mesmo un comic como explicaba hoxe Coral Martínez. Alí contarán con todo o material. É preciso inscrición en igualdade@tui.gal.
Ent. Manuel Madarnás, músico, e Eloy Carrera, director da Banda de Música Popular de Tui | Xira Mmarca Opus 24.10.2024 5:19
O músico Manuel Madarnás ofrecerá o primeiro concerto da súa xira Mmarca Opus este domingo en Melide, e fará parada o 17 de novembro no Rosal. Estará acompañado pola Banda de Música Popular de Tui e polos artistas Sic Salem, Jorge Pimentel, Juan Díaz e Iris Abril. Déronnos todos os detalles Manuel Madarnás e Eloy Carrera, director da Banda de Música Popular de Tui.
Ent. Valentina González, empresa ValoraT | Actividades extraescolares no Liceo Casino 24.10.2024 9:04
A empresa ValoraT céntrase en impartir diferentes actividades fóra do horario escolar (tanto para nenos e nenas como para adultos), enfocándose nos valores e na creatividade. Valentina González, unha das impulsoras desta iniciativa, contounos todos os detalles deste proxecto que se vai desenvolver nas instalacións do Liceo Casino de Tui.
Ent. Rubén Cela, do proxecto Nós | Doazón de voz en Tui 23.10.2024 11:22
Mañá xoves chega a Tui o proxecto Nós para recoller as voces da cidadanía, rexistrar as variedades fonéticas e dialectais de Tui para que a lingua galega estea tamén presente nas novas tecnoloxías. Por exemplo que podamos falar en galego con SIRI, Alexa ou o GPS. Así o explicou hoxe Rubén Cela, do proxecto Nós.
Ent. Carlos Fer, artista e cineasta tudense | Participación no Certame internacional Intersección, na Coruña 23.10.2024 5:42
Carlos Fer é artista, cineasta e tamén tudense. Esta semana está expoñendo a súa obra nun festival internacional, o Certame Intersección, na Coruña. Alí participa con dúas obras: "Pliegue tectónico II" e "Un cuadro con subtítulos". Falamos con el sobre este festival e sobre futuros proxectos.
Ent. Lito Pereira, presidente da Comunidade de Montes de Areas | Curso de cogomelos 23.10.2024 3:32
O vindeiro sábado 2 de novembro celebrarán no Centro Cultural Seixos Albos de Areas un novo curso de cogomelos. A actividade comezará ás 9:30 e terá unha parte teórica e outra práctica, cunha saída ao monte. É preciso inscribirse previamente en seixosalbos@gmail.com ou no 722 166 198. O prezo é de 10 euros, tendo desconto os comuneiros. Deu os detalles Lito Pereira, o presidente da Comunidade de M...
Ent. Javier Alonso, director da Agrupación Musical do Rosal | Gañadora do Certame Galego de Bandas de Música 22.10.2024 6:30
A Agrupación Musical do Rosal vén de acadoar a máxima puntuación no Certame Galego de Bandas de Música organizado pola Federación Galega de Bandas de Música e proclamouse gañador da sección primeira, cunha proposta musical moi arriscada e complexa. Falamos deste éxito co director da Agrupación, Javier Alonso.
Ent. Ana Núñez, concelleira de Comercio e Mercado | IV Feira da Cabaza 22.10.2024 16:24
A cabaza xunto a outros produtos de outono serán os protagonistas da IV Feira da Cabaza que este sábado 26, domingo 27 e xoves 31 se vai celebrar no Mercado de San Antonio. Amais do mercado destes produtos haberá tamén un amplo programa de actividades coma showcooking, obradoiros, catas e espectáculos. Así o explicaba esta mañá a concelleira de Comercio e Mercado, Ana Núñez.
Programa Especial Día a Día con Jose Font 21.10.2024 2:26:20
Ao do luns 21 de outubro foi un programa moi especial do Día a Día. Jose Font xubílase e a mañá estivo repleta de lembranzas, de voces que amosaron cariño, recoñecemento e agradecemento cara a persoa que leva tres décadas ao fronte deste programa e da Radio Municipal de Tui.
Ent. Xermán Cordero, Trans Miño LGTBIQ+ - Día Internacional das Probas Cribado do VIH 18.10.2024 7:27
O 20 de outubro conmemórase o Día Internacional das Probas Cribado do VIH. Dende Trans Miño LGTBIQ+ porán unha mesa informativa no Concello da Guarda o luns día 21 para potenciar que as persoas se fagan ditas probas e sexan conscientes do que é o VIH. Xermán Cordero deunos todos os detalles.
Ent. Suso Vila, historiador - Roteiro histórico "O Tui das mulleres esquecidas" 18.10.2024 9:53
“O Tui das mulleres esquecidas” é o nome do roteiro histórico que mañá vai celebrarse en Tui. Partirá ás 18 h dende a praza da Inmaculada, e estará guiado polo historiador Suso Vila. El contounos hoxe a importancia de coñecer estas historias. A actividade está organizada pola Asociación de Mulleres Feministas Berra e é solidaria, cun custe de cinco euros.
Ent. Yara Juncal, de Boombox Dance Studio - Exhibición danzas urbanas, Boas Vibes 18.10.2024 5:25
Mañá sábado comeza o programa Boas Vibes en Tui, con propostas de música, danza, poesía, cómic, skate e rolling. A primeira cita será cunha exhibición de danzas urbanas. Será ás 19 h de mañá 19 de outubro no exterior do Mercado de San Antonio. Yara Juncal, da escola Boombox Dance Studio explicou polo miúdo en que vai consistir.
Ent. Óscar Fernández e María Benavides, presidente e secretaria da Comisión de Areas - Festas da Virxe do Rosario 18.10.2024 6:05
Areas celebra festas na honra á Virxe do Rosario a próxima fin de semana do 26 e 27 de outubro. Cunha comisión renovada e xove, Óscar Fernández, o seu presidente, e María Benavides, secretaria, presentáronnos o programa completo de festas.
Ent. G Face, artista tomiñés - Lanzamento do seu novo sinxelo "Lo mismo" 17.10.2024 7:58
Hoxe na nosa sintonía estreamos o novo tema musical do artista tomiñés G Face, "Lo mismo". Falamos con el tamén sobre o documental que estivo gravando no seu municipio con temas en galego.
Ent. Mónica García, integrante de Catro Cores - "A trompa non é só cousa de elefantes" 17.10.2024 3:28
Un espectáculo musical e teatral para público familiar é o que chega mañá venres ao Teatro Municipal de Tui dentro da programación de outono. Será “A trompa non é só cousa de elefantes” da man de Catro cores. Esta formación integrada por Ana Vergara, Aida Lozano, Mónica García e Alma Sarasola é o único cuarteto de trompas de Galicia. Mónica García deunos os detalles.
Ent. Maite Isla de SOGAPS - Axuda campamentos de refuxiados saharauís 16.10.2024 4:35
Solidariedade Galega co pobo saharauí fai un chamamento solicitando apoio urxente ante a crise humanitaria que está a afectar aos campamentos de refuxiados saharauís ante as intensas choivas que sufriron. Dende SOGAPS van comprar material sanitario e o 24 deste mes viaxará aos Campamentos a Comisión Sanitaria de Galicia.
Eloy Carrera e Manuel Madarnás - Inicio do curso na Escola da Banda de música Popular de Tui 16.10.2024 4:57
Este domingo ás 12 h na súa sede en Guillarei a Escola de Música da Banda de Música Popular de Tui realiza a inauguración do curso escolar 2024/25 cun concerto de Manuel Madarnás xunto a Sic Salem, guitarra, e Narrayan Corrios, saxofón e caixón. Deste evento falamos con Eloy Carrera, director da Banda de Música, e Manuel Madarnás.
Podcast simili
Replaio non è un editore di podcast; i nomi dei programmi, le copertine e l'audio appartengono ai rispettivi autori e vengono distribuiti tramite feed RSS pubblici