Radio Municipal de Tui
Día a Día
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...
Visita il sito del podcast e sostieni chi lo crea: www.ivoox.com
Autore
Radio Municipal de Tui
Categoria
Sito del podcast
Ultimo episodio
30 set 2026
Dove ascoltare?
I podcast nell'app Replaio Radio In arrivoI podcast stanno per arrivare nell'app. Installala ora e scopri per primo un modo tutto nuovo di vivere i podcast
Episodi
Espazo Comercio | Martes, 10 de febreiro de 2026 10.02.2026 4:13
ACITUI celebra eleccións para elixir unha nova directiva o próximo xoves 19 de febreiro. O presidente, Pepe Míguez, animaba a presentar candidaturas novas. Ademais avanzou que o 5 de marzo celebrarán asemblea xeral.
Ent. Miriam Al Adib, xinecóloga | "A educación sexual: que ten que ver coa saúde mental?" 10.02.2026 15:14
Miriam Al Adib, xinecóloga, pechará a IX Semana da Educación de Tomiño este xoves 12 ás 19 h no Auditoio de Goián. Será co relatorio "A educación sexual: que ten que ver coa saúde mental?". Con Miriam Al Adib conversamos sobre a importancia da educación sexual dende a base.
Ent. Enric Armengou, psiquiatra | "Romper o silencio, claves para a prevención de condutas autolesivas na mocidade" 09.02.2026 7:06
Enric Armengou, psiquiatra, será o conferenciante o mañá martes 10 na IX Semana da Educación de Tomiño. Será co relatorio "Romper o silencio, claves para a prevención de condutas autolesivas na mocidade". A cita será ás 19 h no Auditorio de Goián, sendo necesario inscribirse gratuítamente na web do Concello de Tomiño. Con Enric Armengou conversamos sobre suicidio e condutas autolesivas.
Raíces e vangarda | Chocos con grelos: mar e monte 09.02.2026 10:02
Hoxe en Raíces e vangarda cociñamos chocos con grelos, unha receita do chef Judicael Romero, que cada luns trae consellos prácticos de cociña de raíz con vangarda.
Ent. David Pastor Vico, filósofo e divulgador | “Comunicación efectiva coas novas xeracións" 06.02.2026 10:43
David Pastor Vico, filósofo, divulgador e escritor, será o conferenciante o próximo mércores 11 na IX Semana da Educación de Tomiño. Será co relatorio "Comunicación efectiva coas novas xeracións" A cita será ás 19 h no Auditorio de Goián, sendo necesario inscribirse gratuítamente na web do Concello de Tomiño. Con David Pastor Vico falamos sobre esta comunicación e adolescencia.
Ent. Ivone Ribeiro, directora da AMFV | Concerto 141 aniversario da Eurocidade Tui-Valença 06.02.2026 7:06
Fado, ensemble de vento e un coro é a proposta da Academia de Música da Fortaleza de Valença no concerto do 14º aniversario da Eurocidade Tui-Valença, que se celebra mañá sábado ás 20 h no Teatro Municipal de Tui. Coñecemos máis detalles con Ivone Ribeiro, directora da Academia de Música da Fortaleza de Valença.
Ent. Jose Manuel Carpinteira, presidente da Cámara Municipal de Valença | 14º aniversario da Eurocidade 06.02.2026 5:46
Con motivo do 14º aniversario da Eurocidade Tui-Valença, que se conmemora mañá sábado ás 20 h ES cun concerto no Teatro Municipal de Tui, conversamos hoxe co presidente da Cámara Municipal de Valença, Jose Manuel Carpinteira. Con el facemos balance destes 14 anos e coñecemos futuros proxectos compartidos.
Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui | 14º aniversario da Eurocidade Tui-Valença 06.02.2026 11:30
A Eurocidade Tui-Valença celebra o seu 14º aniversario. Co alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, valoramos este traballo conxunto e falamos dos próximos obxectivos. Tamén fixo un chamamento á precaución ante a crecida importante do caudal do río Miño.
Ent. Bieito Alonso, historiador e escritor | Presentación do libro Crónicas transatlánticas. De cinza e sal 05.02.2026 5:37
O Espazo Sociocultural da r/ Camilo José Cela acolle mañá venres ás 19.30 h a presentación do libro "Crónicas transatlánticas. De cinza e sal", do historiador e escritor Bieito Alonso. Presentará Sara López, doutora en Pedagoxía, e haberá unha actuación musical de Aloia Martínez e Quico Paz Antón. A entrada é libre até completar aforo. Conversamos hoxe co autor, Bieito Alonso.
Ent. Mar Rodríguez, de Horta Verde | Obradoiros de pan e doces 05.02.2026 7:01
Horta Verde organiza no Mercado de San Antonio un obradoiro de pan xerminado de trigo sarraceno e catro talleres de doces saudables. O primeiro será o 19 de febreiro. As persoas asistentes aprenderán a elaborar pan xerminado de trigo sarraceno e os seu valores nutricionais. É necesaria inscrición previa en Horta Verde, no mercado, ou no teléfono 986 600 644. Xa nos meses de marzo e abril impartirá...
Ent. Rubén López, director do CMUS | Concerto da Eurocidade Tui-Valença 05.02.2026 5:09
Este sábado ás 20 h ES celébrase no Teatro Municipal de Tui o Concerto da Eurocidade Tui-Valença, en conmemoración do seu 14º aniversario. Actuarán o Conservatorio Profesional de Música de Tui e a Academia de Música da Fortaleza de Valença. Hoxe coñecemos algúns detalles das que serán as interpretacións do Conservatorio Profesional de Música de Tui co seu director, Rubén López.
Ent. Ismael Diz, concelleiro de Medio Ambiente, e Sandra Alonso, Mestra Composteira - Punto Limpo Móbil e Compostaxe 05.02.2026 9:59
O novo punto limpo móbil está esta semana en Pexegueiro, iniciando así o seu percorrido por todas as parroquias de Tui. Coñecemos o funcionamento deste punto co concelleiro de Medio Ambiente, Ismael Diz. Conversamos tamén coa nova mestra composteira de Tui, Sandra Alonso.
Ent. Miguel Méndez, concelleiro de Urbanismo, e Alba Mtnez, traballadora municipal | Ordenanza zona azul 04.02.2026 17:58
O próximo mércores, 11 de febreiro, entrará en vigor a ordenanza reguladora da zona azul con control mediante cámaras de lectura de matrículas. De luns a venres poderase estacionar nalgunha das 150 prazas desta zona, un máximo de 2 horas de 9 a 14 h e de 16 a 21 h. No concello están xa incorporadas ao sistema 300 matrículas de vehículos de veciñanza con garaxes nesta zona. Aquelas persoas con gara...
Ent. Carmen García, coordinadora de Atención ao Paciente e Usuario da AECC | Día Mundial contra o Cancro 04.02.2026 7:43
Hoxe 4 de febreiro conmemórase o Día Mundial contra o Cancro. Con este motivo entrevistamos a Carmen García, coordinadora de Atención ao Paciente e Usuario da Asociación Española Contra o Cancro. Unha asociación que presentou hoxe un novo modelo de atención integral baseado na humanización. Coñecemos con ela os detalles, e tamén cifras e acción no Baixo Miño e provincia de Pontevedra.
Ent. Bruno Fernández, terapeuta | Taller de Flores de Bach 04.02.2026 6:17
Remedios florais, emocións e hábitos de vida centrarán o Taller de Flores de Bach que mañá xoves ás 18 h impartirá o terapeuta Bruno Fernández, do centro Tres catorce. Será con acceso libre no Espazo Sociocultural da rúa Camilo José Cela. Coñecemos os detalles con Bruno Fernández.
Espazo Comercio | Martes, 3 de febreiro de 2026 03.02.2026 6:22
Hoxe no noso Espazo Comercio, en colaboración con ACITUI, coñecemos a iniciativa posta en marcha por Sindo de la Fuente, pulpeiro, e Cristina Rey, da cafetaría Entrehoras. A partir deste xoves 5 de febreiro entregarán con cada tapa de polbo unha papeleta. O 15 de marzo sortearán vales de 50 euros para invertir no comercio local de Tui. Coñecemos esta iniciativa con Sindo de la Fuente, Cristina Rey...
Ent. Adri Salgado, na batería e voz | Concerto de A Banda dos Insectos 03.02.2026 3:16
A Banda dos Insectos chega este venres ao Teatro Municipal co seu rock en galego para público familiar. A partir das 19 h en concerto interpretarán temas coma "Pasando a bola", "Levanta a cabeza" ou "O ritmo do partido". Forman a banda o tudense Eduardo Cadenas, no baixo e coros; Juan Pérez, na guitarra e coros; Manuel Fernández, en animación, e Adri Salgado, na batería e voz. Con este último fala...
Raíces e vangarda | Lamprea afumada rechea e ensalada de pataca 02.02.2026 9:16
Hoxe en Raíces e vangarda cociñamos lamprea afumada rechea e ensalada de pataca, unha receita do chef Judicael Romero, que cada luns trae consellos prácticos de cociña de raíz con vangarda.
Ent. Noemí Guisande do Cineclub Tui - Programación febreiro 02.02.2026 6:41
"A voz de Hind" abre as proxeccións do mes de febreiro do Cineclub Tui. Esta será a película que poderemos ver mañá martes, ás 18.30 h e 20.45 h, no Espazo Sociocultural. O martes 10 proxectarán "A sociedade literaria e do pastel de pel de pataca" e o martes 23 "Xogos prohibidos". Así nolo contou hoxe Noemí Guisande do Cineclub Tui.
Ent. Santi Veloso, presidente de Ponte... nas Ondas! | Segundo mellor proxecto na protección do PCI 30.01.2026 6:34
A Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte... nas Ondas! foi escollida como un dos 18 proxectos de salvagarda do patrimonio cultural inmaterial, de entre os 138 admitidos na convocatoria deste ano. É o único proxecto de Galicia seleccionado polo Ministerio de Cultura. Explicounos que significa este paso e como se presenta este 2026 o presidente de Ponte... nas Ondas!, Santi Veloso.
Ent. Beatriz Oliveira, de Planstur Tui | Viaxe organizado a Uzbekistán 30.01.2026 4:43
Hoxe venres ás 19 h na sala Nött de Tui preséntase a oferta da viaxe organizada a Uzbekistán pola axencia Planstur Tui. Darase a coñecer o itinerario completo, actividades, prezos e condicións. Explicouno hoxe Beatriz Oliveira, de Planstur Tui.
Ent. Javi Niño, coordinador deportivo do CB Tui | Fase de ascenso á liga galega infantil e partido do senior 30.01.2026 2:58
Fin de semana chea de baloncesto a que se abre mañá sábado. Por unha banda, comeza en Vilagarcía de Arousa a Fase de Ascenso á Liga Galega do equipo infantil; e o senior ten cita importante o domingo en Noia. Se o CB Tui vence, clasifícase para a fase de ascenso. Destas e doutras citas conversamos hoxe co coordinador deportivo do club tudense, Javi Niño.
Ent. Rafael Pérez e José Manuel Solleiro, da Escola de Canto Ponte das Febres | Concerto-audición 30.01.2026 6:11
Este domingo día 1 ás 18 h, a Escola de Canto Ponte das Febres ofrecerá un concerto-audición no que participarán 17 alumnos interpretando diferentes estilos, décadas e idiomas. Como novidade interpretarán unha aria. Será na Casa Cultural da Asociación Cultural Xuntanza de Randufe e a entrada é libre e gratuita. Hoxe déronnos os detalles Rafael Pérez e José Manuel Solleiro, da Escola de Canto Ponte...
Ent. Julio Solleiro, Antonio Rocha, Carmen Agra e Hagetna | Programa Vacacións en Paz 30.01.2026 13:16
O programa Vacacións en Paz organizado por Solidariedade Galega co Pobo Saharauí busca familias que este verán poidan acoller a un neno ou nena saharauí. Julio Solleiro, Antonio Rocha, Carmen Agra, contáronnos a súa experiencia como familias acolledoras. E coñecimos tamén a experiencia de Hagetna, que entre 2002 e 2005 foi unha das nenas saharauís que pasou o verán en Tui, onde agora vive.
Ent. Sonsoles Vicente, concelleira de Cultura | II Congreso de Educación da Eurocidade 29.01.2026 8:46
Os valores democrático e a intelixencia artificial centrarán mañá venres e este sábado o II Congreso de Educación da Eurocidade Tui-Valença. A concelleira de Ensino, Cultura e Mocidade de Tui, Sonsoles Vicente, destacou hoxe a importancia desta cita internacional que reunirá a destacados expertos, e que permitirá tamén coñecer as experiencias que se desenvolven neste territorio transfronteirizo. M...
Podcast simili
Replaio non è un editore di podcast; i nomi dei programmi, le copertine e l'audio appartengono ai rispettivi autori e vengono distribuiti tramite feed RSS pubblici