Radio Municipal de Tui
Día a Día
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...
Visita il sito del podcast e sostieni chi lo crea: www.ivoox.com
Autore
Radio Municipal de Tui
Categoria
Sito del podcast
Ultimo episodio
30 set 2026
Dove ascoltare?
I podcast nell'app Replaio Radio In arrivoI podcast stanno per arrivare nell'app. Installala ora e scopri per primo un modo tutto nuovo di vivere i podcast
Episodi
Ent. Ismael Diz, concelleiro de Medio Ambiente, e Patricia Vázquez, técnica forestal | Charlas informativas 26.02.2026 8:46
A partir da próxima semana o Concello de Tui achegará información sobre prevención de incendios e as faixas secundarias á cidadanía. Farao a través de diferentes charlas que se ofrecerán nas casas culturais de todas as parroquias. A primeira parada será Rebordáns, o próximo luns día 2 ás 19 h. Déronnos máis información Ismael Diz, concelleiro de Medio Ambiente; e Patricia Vázquez, técnica forestal...
Ent. Casilda Alfaro, actriz | "As gardiás", de Teatro de Ningures 26.02.2026 6:19
Teatro de Ningures volve mañá venres ás 21 h ao Teatro Municipal de Tui. Presentará "As gardiás", unha obra que reflexiona sobre os coidados na vellez, contrastando o mundo das residencias co calor humano da familia e a comunidade. Unha obra que recibiu o Premio da Crítica de Galicia 2025 na modalidade de Artes Escénicas. Hoxe coñecemos máis sobre esta obra cunha das súas actrices, Casilda Alfaro.
Ent. Carolina Figueroa, adestradora do RIBEX | Campionato Galego 26.02.2026 3:36
O CPA Ribex competirá este domingo no Campionato Galego de Patinaxe no pavillón das Travesas en Vigo. É a gran cita anual, coma explicaba a súa adestradora, Carolina Figueroa, tendo en conta amais que en xogo estarán as praza para acudir ao Campionato de España. O equipo, formado por 17 patinadores e patinadoras, preséntase renovado polo cambio xeneraciona producindo, polo que moitos será a primei...
Ent. José María Vázquez. responsable da xestión de colectas de ADOS | Chamamento especial á doazón. Unidade en Tui 26.02.2026 5:58
As reservas de sangue de 0- e A- están arestora en alerta polo que dende a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue de Galicia fan un chamamento especial á poboación para que acuda a doar sangue, tanto ás persoas destes grupos coma dos outros. O dr. José María Vázquez, responsable da xestión de colectas de ADOS, explicaba a situación que se rexistra neste momentos. A unidade móbil de doazón estará ma...
Ent. Rafael Estévez, Óscar Silva e Eduardo Fernández | XIII Eurocidade BTT 25.02.2026 16:59
Até este domingo 1 de marzo está aberto o prazo de inscrición para a XIII Eurocidade BTT, que se celebra o domingo 8 de marzo na Eurocidade Tui-Valença. Arredor de mil persoas participarán nesta proba, a "raíña" do calendario deportivo da Eurocidade. Hoxe coñecemos máis detalles con Rafael Estévez, concelleiro de Deportes; Óscra Silva, vereador de Desporto de Valença; e Eduardo Fernández, presiden...
Ent. Gonzalo Alonso, bailarín, músico e modelo 25.02.2026 7:30
O goianés Gonzalo Alonso é bailarín, músico e modelo. Reside en Madrid, e recén chegado da súa xira coa cantante arxentina Nathy Peluso, prepárase xa para o seu próximo proxecto en Luxemburgo. Hoxe conversamos con el, coñecemos a súa historia e como chegou até onde hoxe está.
Ent. Beatriz Oliveira, de Planstur Tui | Tuibodas 24.02.2026 3:24
Este domingo 1 de marzo o Espazo Sociocultural de Tui acolle Tuibodas, unha feira organizada por Planstur Tui. Será de 11 h a 20 h, e as persoas asistentes poderán participar no sorteo dunha estancia no Talaso Atlántico. A entrada é libre. Coñecemos máis detalles do que poderemos atopar nesta xornada con Beatriz Oliveira, de Planstur.
Espazo Comercio | Martes, 24 de febreiro 24.02.2026 5:45
A segunda edición de Tú-y D'tapas celébrase os venres de marzo en Tui. Trátase dunha iniciativa impulsada por ACITUI, na que participarán 18 locais cunha tapa diferente cada un. As persoas participantes neste percorrido entrarán nun sorteo. Coñecemos máis detalles e as propostas de 4 Elementos, Emma Gastrobar e Lúa con Isaac Míguez; e de MOMA, con Lucas González.
Ent. Pilar Fernández e Rosa Alonso, da libraría Iris | Peche por xubilación 24.02.2026 9:22
A libraría Iris, no Paseo da Corredoira, pechará as súas portas este sábado 28 de febreiro. Culmina así unha historia de 40 anos repleta de libros, material escolar, papelería,... e sobre todo de persoas que creceron ao longo deste tempo buscando lecturas, lápices, cadernos, e moito máis neste establecemento. Pilar Fernández e Rosa Alonso crearon esta libraría en 1986. Con elas mantivemos unha con...
Raíces e vangarda | Pescada á galega 23.02.2026 11:21
Hoxe no programa Raíces e vangarda, co chef Judicael Romero, cociñamos pescada á galega, con allada, coliflor e pilpil. Unha receita tradicional e tamén actual.
Ent. Juan Collazo, cociñeiro | Finalista no concurso "O mellor sándwich do mundo" 23.02.2026 4:25
O guardés Juan Collazo estuda Gastronomía no Centro Superior de Hostalería de Santiago, e é un dos finalistas do concurso "O mellor sándwich do mundo" cunha receita versionada de lacón con grelos. A final será o vindeiro 5 de marzo. Hoxe coñecemos con el a súa receita e a súa inspiración.
Ent. Francisco Castro, escritor e músico | Concerto "Poesiacordes" 23.02.2026 6:56
Dentro da programación do Día de Rosalía, este xoves ás 19.30 h terá lugar o concerto "Poesiacordes" no Espazo Sociocultural da rúa Camilo José Cela. Estará a cargo de Francisco Castro, escritor e músico, e de Valerio Araujo na percusión. Será un encontro musical arredor da poesía galega con especial protagonismo para os poemas de Rosalía de Castro e tamén da obra de Álvaro Cunqueiro, Curros Enríq...
Ent. Eduardo Méndez Sanjurjo e Julio Conde Montero, do Club de Kung Fu Disom Tui | Recentes logros deportivos 20.02.2026 11:33
Eduardo Méndez Sanjurjo vén de lograr o máximo recoñecemento a nivel europeo en kung fu, o grao de cinturón vermello-negro 9º nivel; e Julio Conde Montero conseguiu o cinturón negro-vermello 8º nivel. Ambos deportistas do Club de Kung Fu Disom Tui. Con ambos conversamos esta mañá sobre este fito deportivo, as súas vidas ligadas a este deporte e sobre os próximos obxectivos.
Ent. Rossana Fossatti, especialista en PsicoAstroloxía e maestra de Ioga | Taller vivencial no Liceo Casino 20.02.2026 6:47
"Actualización vital: recupera o teu poder e entusiasmo" é o taller que impartirá Rossana Fossatti. especialista en PsicoAstroloxía e maestra de Ioga, no Liceo Casino de Tui. Será en horario de 11 h a 13.30 h os sábados 28 de febreiro, 7 e 14 de marzo. Toda a información e a inscrición pode realizarse no Liceo Casino de Tui. Coñecemos máis detalles hoxe con Rossana Fossatti.
Ent. Antón Fonseca, presidente da Cámara de Comercio de Tui | Rehabilitación do edificio da antiga alfándega 20.02.2026 7:45
Arestora está aberto o prazo de presentación de propostas para executar as obras de rehabilitación integral do edificio da antiga alfándega na Avenida de Portugal. A Cámara de Comercio de Tui investirá nesta actuación case 1,7 millóns de euros. Así o explicaba o seu presidente Antón Fonseca quen agarda que estea rematado en xullo de 2027. No mesmo, tras as obras, ubicarase a sede da Cámara de Come...
Ent. Martín Blanco, codirector e actor da compañía Amarelo | "O arcón de Noa" 19.02.2026 4:00
Mañá venres ás 19 h o Teatro Municipal acolle "O arcón de Noa", un espectáculo de danza e comedia para público familiar, que presenta a compañía Amarelo. As entradas están á venda en tui.gal aos prezos de 4€ e 3€. Hoxe deu os detalles deste espectáculo o codirector e actor Martín Blanco.
Ent. Roberto Carrero, alcalde da Guarda | Entroido 2026 18.02.2026 3:20
A Guarda celebra este venres 20 os seus dous desfiles de Entroido, e o sábado a cita será cunha festa dj a partir das 22 h. Deu hoxe os detalles do Entroido 2026 o alcalde da Guarda, Roberto Carrero.
Raíces e vangarda | Filloas, chulas e orellas 16.02.2026 10:57
Nesta semana de Entroido centramos o programa Raíces e vangarda en doces desta data. Hoxe o chef Judicael Romero deu a receita das filloas, chulas de cabaza e orellas.
Ent. Loli Castiñeira, Alex Rodríguez, Marcos Troncoso e Daniel Rodríguez | Entroido de Salceda de Caselas 2026 13.02.2026 10:28
Máis de 3.000 persoas participan cada ano nos desfiles de Entroido que acolle Salceda de Caselas. O enfrontamento centenario entre os barrios da Feira e Castro Barreiro é un dos elementos diferenciadores desta festa, así como o rancho e os cabaleiros. Hoxe coñecemos toda a programación deste 2026 coa alcaldesa, Loli Castiñeira; co concelleiro de Cultura, Alex Rodríguez; co representante do barrio...
Ent. Ánxela Fernández, alcaldesa do Rosal e Manolo Arman da Comisión de Festas de Novás - Entroido 2026 13.02.2026 7:04
O Concello do Rosal apraza para o domingo 1 de marzo o seu Desfile-concurso de Entroido, debido á previsión de choiva para este domingo 15. Así o confirmaba hoxe a alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández. Destacaba a rexedora os entroidos tradicionais de Novás e Fornelos. E precisamente con Manolo Arman da Comisión de Festas de Novás coñecemos a programación prevista que comeza coa subida do maio. No...
Ent. Sonsoles Vicente, concelleira de Cultura | Entroido Tui 2026 13.02.2026 4:31
Tui celebrará o próximo martes 17 o seu desfile concurso de Entroido con preto de 1000 persoas participantes de 12 comparsas. A principal novidade será o cambio de percorrido que partirá do Espazo Feiral para percorrer as rúas Mártires de Sobredo, Casal Aboy e o primeiro tramo da rúa Compostela. Sonsoles Vicente, concelleira de Cultura, deu hoxe todos os detalles desta cita festiva.
Ent. Alfonso Ferreira, peregrino e divulgador, e Luís Ferreira, escritor | Presentación do libro "Vamos a Santiago" 12.02.2026 9:57
O Camiño Portugués a Santiago protagoniza o libro “Vamos a Santiago” do escritor portugués Luís Ferreira, que mañá ás 20 h se vai presentar no Espazo Sociocultural da rúa Camilo José Cela. O acto será presentado polo peregrino tudense e divulgador do Camiño, Alfonso Ferreira. Hoxe coñecemos máis deste libro co seu autor, Luís Ferreira, e con Alfonso Ferreira.
Ent. Jane e Lucy Durán, fillas de Gustavo Durán | Disco e concerto "El mal de l'Amor" 12.02.2026 13:25
Un concerto con repertorio musical inédito do compositor da Xeración do 27, Gustavo Durán, é o que poderemos gozar mañá venres ás 21 h no Teatro Municipal de Tui con "El mal de l'Amor". As fillas de Gustavo Durán, Lucy e Jane Durán, estarán na presentación deste disco en Tui, e hoxe conversamos con elas sobre a historia do seu pai e sobre a súa música, que foi recuperada por Samuel Diz e Jonatan A...
Ent. Carlos Pereira, da Comisión de Entroido de Goián | Entroido 2026 11.02.2026 10:04
Sete xornadas de actividades están programadas en Goián no seu Entroido tradicional. Música, gastronomía, desfile de carretillas, concurso de disfraces, imitacións, entruido... Deunos hoxe toda a información Carlos Pereira, membro da Comisión de Entroido de Goián.
Ent. Samuel Diz, músico tudense; e Jonatan Alvarado, tenor arxentino | "El mal de l'Amor" 11.02.2026 14:30
Este venres 13 ás 21 h o Teatro Municipal de Tui será o escenario do concerto "El mal de l'Amor", no que Samuel Diz e Jonatan Alvarado presentarán un novo disco no que se recolle repertorio inédito de Gustavo Durán, compositor da Xeración do 27. As entradas están á venda en tui.gal aos prezos de 10 € e 7,5 €. Coñecemos hoxe máis detalles deste disco e da historia de Gustavo Durán co músico Samuel...
Podcast simili
Replaio non è un editore di podcast; i nomi dei programmi, le copertine e l'audio appartengono ai rispettivi autori e vengono distribuiti tramite feed RSS pubblici