Radio Municipal de Tui
Día a Día
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...
Visita il sito del podcast e sostieni chi lo crea: www.ivoox.com
Autore
Radio Municipal de Tui
Categoria
Sito del podcast
Ultimo episodio
30 ott 2026
Dove ascoltare?
I podcast nell'app Replaio Radio In arrivoI podcast stanno per arrivare nell'app. Installala ora e scopri per primo un modo tutto nuovo di vivere i podcast
Episodi
Ent. Laureano Alonso, concelleiro de Turismo - Semana Santa 30.03.2021 7:49
Tui preparase para unha Semana Santa marcada polas restriccións derivadas da pandemia. Falamos co concelleiro de Turismo de Tui, Laureano Alonso, de cómo se presentan estes días festivos.
Ent. Cristian Lago da Asoc. de Muiñeiros do río Tripes - Xornada de Portas Abertas 30.03.2021 5:46
Durante esta Semana Santa, dende o xoves até o domingo, poderanse visitar algúns dos 25 muíños restaurados na senda do río Tripes. A Asociación de Muiñeiros do Río Tripes organiza unhas xornadas de portas abertas para que os visitantes poidan contemplar o interior destas construcións Na visita aos muíños establecerase un máximo de 2 persoas no interior.
Ent. Juana Parada, presidenta de Orpagu, e alcaldes de Tui e A Guarda - Orpagu construirá en Tui unha planta 29.03.2021 21:47
Nos vindeiros meses iniciaránse as obras da planta frigorífica e centro de I+D que ORPAGU vai construír no Parque Empresarial de Areas. En 2022 estará plenamente operativa. Coincidindo co seu 25 aniversario, Orpagu vén de adquirir os terreos para á nova planta que xerará sobre 30 postos de traballo. Tras a sinatura da compra dos terreos, o vicepresidente dos palangreiros, Antolín Verde, e a direct...
Ent. Joaquín González de Informática San Benito - Formación en liña gratuíta para comercio e hostalería 29.03.2021 6:59
Até o martes 13 de abril está aberto o prazo de inscrición para os cursos en liña e gratuítos que oferta o concello de Tui en colaboración con informática San Benito. Van dirixidos ao sector do comercio e da hostalería e os participantes recibirán ao remate un certificado oficial coma explicaba Joaquín González, responsable de Formación de Informática San Benito. Tamén ofertan un curso en liña de...
Ent. Jorge González e Jose Sío, Irmandade do Dulce nome de Xesús e Casa da Misericordia - Semana Santa 26.03.2021 10:05
Jorge González e Jose Sío da Irmandade do Dulce nome de Xesús e Casa da Misericordia levan anos organizando a Semana Santa en Tui. Repasamos con eles os actos que terán lugar este ano diferente.
Ent. Antonio e Jose Montes - VI Mostra da Camelia cidade de Tui 25.03.2021 7:32
Falamos cos organizadores da xa tradicional Mostra da Camelia da cidade de Tui que celebra mañá, o sábado e o domingo, dun xeito diferente pola pandemia, a súa sexta edición.
Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Pleno ordinario 25 de marzo 25.03.2021 4:14
A corporación municipal de Tui celebra hoxe ás 20.00h pleno ordinario que poderá seguirse a través da nosa sintonía. Falamos esta mañá co alcalde, Enrique Cabaleiro, sobre o contido do pleno.
Ent. Laura Villaverde, actriz - Artesa Cía estrea "Illas Desertas" no Teatro Municipal de Tui 23.03.2021 11:24
Xa non quedan entradas para a estrea no Teatro Municipal de Tui, hoxe e mañá ás 19.30 h, de “Illas Desertas” da Compañía Escénica Transmédia Artesa Cía. Falamos coa actriz Laura Villaverde sobre esta obra que convida ao público, a través dos seus móbiles, a subirse a bordo dunha expedición cara unha illa deserta.
Ent. Miguel Ángel Rodríguez, xerente de "Ideas para tu huerto" - Setas comestibles nos montes de Couso 22.03.2021 13:38
A empresa tudense "Ideas para tu huerto", en colaboración coa Comunidade de Montes, cultiva nos montes de Couso setas comestibles nos tocones dos eucaliptos. Falamos desta innovadora proposta co seu xerente.
Ent. Manuel Pedrares, adestrador do Club Kaiak Tudense - Subcampión de España de Inverno en Sevilla 22.03.2021 7:40
O Club Kaiak Tudense proclamouse esta fin de semana subcampión de España de Inverno en Sevilla. Foi segundo con 2107 puntos. Repasamos co seu adestrador os diferentes resultados dos seus deportistas nas diferentes categorías.
Ent. Sara Quintana, historiadora, e Xosé Tomás, diseñador - Novas guías turísticas de Tui 18.03.2021 0:35
Falamos coa historiadora, Sara Quintana, e o deseñador, Xosé Tomás, das novas guías turísticas do Concello de Tui. Elaboraron un mapa e dúas rutas buscando que os visitantes coñezan datos esenciais, curiosos ou descoñecidos de Tui dun xeito atractivo e visual.
Ent. Nicolás Lorenzo, xerente de Aloia Nature - Cabanas do Monte Aloia en Frinxo 18.03.2021 14:49
Un dos atractivos turísticos que ofrece Tui son as cabanas do Monte Aloia en Frinxo. Unha opción de aloxamento diferente que ofrece Aloia Nature en pleno parque natural. Falamos no programa Día a Día co seu xerente, Nicolás Lorenzo.
Ent. Javier Añoveros do IET - Proposta Museo de Tui e das terras do Miño 17.03.2021 9:11
O Instituto de Estudos Tudenses, IET, propón a creación do Museo de Tui e das Terras Transfronteirizas do Miño na praza da Inmaculada, no edificio que até hai pouco ocupaban os xulgados. O presidente do IET, Javier Añoveros, explicaba esta mañá no programa Día a Día, esta proposta.
Ent. Seminario Menor de Tui - 19 de marzo, Día do Seminario 16.03.2021 13:03
O próximo 19 de marzo celébrase o Día do Seminario. Co gallo desta data recibimos no programa Día a Día a varios alumnos do Seminario Menor de Tui acompañados do seu formador, Alberto Montes.
Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Aparcamento, rúa Ourense, varios 16.03.2021 29:54
O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, abordou hoxe na nosa sintonía diversos temas da actualidade municipal coma a construción do aparcamento, a rúa Ourense, a Avenida de Portugal, entre outros.
Ent. Ricardo Da Silva, da Asoc. Muiñeiros do Río Tripes - Eliminación de especies invasoras 12.03.2021 8:46
En xuño esta previsto que a Confederación Hidrográfica do Miño Sil, a través da empresa TRAGSA, vai realizar a elimintación de especies exóticas na beiras do río Tripes. Actuará na zona de servidume, nos 5 metros dende o río, retirando acacias negras, cana común e bambú, unha actuación que se os propietarios autorizar se ampliará tamén á zona de policía. Así o explicaba Ricado Da Silva, vogal da A...
Ent. Aurora Carvajal, dtora Oficina Emprego - Problemas ataque informático 12.03.2021 11:49
A Oficina de Emprego de Tui está afectada, ao igual que as de toda España, polo ataque informático sufrido polo SEPE. Aurora Carvajal, directora da oficina de Tui explicaba como é a situación que están a vivir xa que a rede de datos é común a todo o territorio nacional.
Ent. Uxío Benítez, vicedirector do AECT Río Miño - Bicicletas transfronteirizas 10.03.2021 10:03
42 bicicletas repartidas en grupos de 7 para cada concello das Eurocidades Tui-Valença, Tomiño Cerveira e Salvaterra-Monçao son as que haberá nas estacións de intercambio de bicicletas tranfronteirizas que estarán en funcionamento antes do verán. É unha iniciativa do AECT Río Miño. Falamos da mesma co seu vicedirector, Uxío Benítez.
Ent. Andrea Bayer, directora de teatro - Este xoves chega a Tui Baobab Teatro con “O lobo e a lúa” 09.03.2021 3:54
Este xoves, 11 de marzo, ás 18:30 h Baobab Teatro presenta “O lobo e a lúa”, unha obra dirixida a público familiar de Óscar Ferreira e Andrea Bayer e interpretada por Xosé Manuel Esperante e Cora Sayers. Falamos coa directora sobre o argumento da obra.
Ent. Adrián Sousa Domínguez, médico tudense - Primeira onda da Covid-19 08.03.2021 9:41
Falamos co médico tudense Adrián Sousa Domínguez. Foi un dos médicos que estiveron na primeira liña de batalla fronte a Covid-19 cando chegaron os primeiros casos aos hospitais.
Ent. Juan Manuel González, presidente Asociación de voluntarios de Protección Civil Tui - Chamamento a novos voluntarios 08.03.2021 9:21
A Asociación de Voluntarios de Protección Civil de Tui necesita máis voluntarios para continuar coa súa labor altruista. Falamos dos requisitos e da labor da asociación co seu presidente co que se debe contactar para ser voluntario.
Ent. Ana Núñez, concelleira de igualdade - Tui conmemora o 8M, Día Internacional da Muller 05.03.2021 8:21
As 12h desta mañá presentábase na casa do concello de Tui o III Plan Municipal de Igualdade. Foi o primeiro dos actos programados co gallo do 8M, o Día Internacional da Muller. Ana Núñez adiantaba que o luns se poderá seguir en directo ás 12h nas redes sociais do Concello de Tui, un acto institucional reivindicativo no que haberá moitas sorpresas.
Ent. Rocío Varela, directora CRA Mestra Clara Torres - Prazas dispoñibles na aula de Areas 05.03.2021 5:39
Sobre a situación da aula de Areas falamos esta mañá con Rocío Varela, a directora do CRA Mestre Clara Torres. Necesitan conseguir un alumno máis como mínimo para poder seguir coa súa actividade nesta aula. O prazo remata o 22 de marzo.
Ent. Victoria Teijeiro de La Quintana con O Premio 04.03.2021 7:27
Mañá, ás 19.30 h chega ao Teatro Municipal de Tui a comedia “O Premio” con La Quintana. A obra está dirixida por Marian Bañobre e interpretada por Raquel Espada, Xurxo Cortázar e Victoria Teijeiro Álvarez. Con esta última falabamos hoxe do argumento desta peza teatral. Os prezos son de 6€ e 5€. Pódense mercar até mañá ás 18.30 h en tui.gal.
Ent. Carlos Estévez, Federación Galega Motonáutica, e Rafael Fernández, xerente Fibralar - Campionato galego inclusivo 04.03.2021 11:59
Este mércores tivo lugar na Casa do Concello de Tomiño a sinatura dun convenio de colaboración entre a Real Federación Galega de Motonáutica e a empresa operadora de internet e móbil Fibralar. O acordo pretende potenciar a implantación do rebautizado Campionato Galego Inclusivo Fibralar de Motonáutica que comeza o 27 de marzo.
Podcast simili
Replaio non è un editore di podcast; i nomi dei programmi, le copertine e l'audio appartengono ai rispettivi autori e vengono distribuiti tramite feed RSS pubblici