Radio Municipal de Tui

Día a Día

News GL ↓ 6540 episodi

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...

Visita il sito del podcast e sostieni chi lo crea: www.ivoox.com

Autore

Radio Municipal de Tui

Categoria

News

Sito del podcast

www.ivoox.com

Ultimo episodio

30 ott 2026

Dove ascoltare?

I podcast nell'app Replaio Radio In arrivo

I podcast stanno per arrivare nell'app. Installala ora e scopri per primo un modo tutto nuovo di vivere i podcast

Scaricala su Google Play Installala gratis Android quasi 10 mln di download · valutazione 4,8 iOS in arrivo

Episodi

Ent. Carmen Núñez, voceira do BNG en Tui - Rolda Abril 20.04.2021

Falamos con Carmen Núñez, voceira do BNG na corporación municipal de Tui. Terceira entrevista dentro da rolda de conversas que estamos a manter cos distintos grupos políticos para valorar o pleno ordinario de marzo.

Ent. Jose Manuel Palacín, voceiro de C21 en Tui - Rolda Abril 19.04.2021

Falamos con Jose Manuel Palacín, voceiro de Converxencia 21 na corporación municipal de Tui. Segunda entrevista dentro da rolda de conversas que estamos a manter cos distintos grupos políticos para valorar o pleno ordinario de marzo.

Ent. Jose Ángel Fernández, voceiro do PP en Tui - Rolda abril 16.04.2021

Falamos con Jose Ángel Fernández, voceiro do PP na corporación municipal de Tui. Primeira entrevista dentro da rolda de conversas que estamos a manter cos distintos grupos políticos para valorar o pleno ordinario de marzo.

Programa especial Axudas para vivendas - Xoves, 15 de abril 15.04.2021

Segundo programa especial no que a técnica da Oficina de Rehabilitación, María Ferreirós, contestou as preguntas e dúbidas da cidadanía sobre a convocatoria de axudas para vivendas. Tamén interviña o concelleiro de patrimonio Laureano Alonso. Axudas para compra de vivenda no centro histórico de Tui Axudas ao alugamento de vivenda Axudas para conservación, a mellora da seguridade de utilización e a...

Sorteo do Día do Pai de Acitui no programa Día a Día - 9 de abril de 2021 13.04.2021

No programa Día a Día co presidente de ACITUI, Juan Carlos Blanco, sorteamos entre todos os consumidores participantes as dúas ceas valoradas en 60 euros do Día do Pai. Amáis entre as compras que se realicen até o 1 de maio nos establecementos adheridos sortearanse outras dúas ceas correspondentes á promoción do Día da Nai.

Ent. Ángela Estévez, filla de Alberto Estévez Piña - Galardoado a título póstumo nos premios Cidade de Tui 09.04.2021

A título póstumo nos premios Cidade de Tui outórgaselle un galardón a Alberto Estevez Piña, recentemente falecido. Un recoñecemento a súa persoal traxectoria de incansable animador da vida tudense e o seu traballo de divulgación. Falabamos esta mañá coa súa filla, Ángela Estévez.

Ent. Mercedes Peón - Concerto Déixaas en San Telmo 09.04.2021

Mañá sábado, ás 20 h no Teatro Municipal dentro da programación de San Telmo a cita será con Mercedes Peón, nun concerto para o que xa non quedan entradas. Presenta Déixaas xunto a Mónica de Nut e Ana Fernández, nunha posta en escena pensada para o Teatro tudense. Neste novo disco volve ás orixes e se mestura con son da industria e do feminismo.

Ent. Socorro Campos, superiora da Residencia San Telmo - Galardóns Cidade de Tui 09.04.2021

Falamos coa superiora das Hermanitas de los Ancianos Desamparados da Residencia San Telmo de Tui, Socorro Campos. Esta residencia está galardoada nos premios Cidade de Tui polos seus 140 anos de traxectoria na cidade.

Ent. Victor Coyote, músico tudense - En concerto con Las Comarcales 09.04.2021

O músico tudense Victor Coyote presenta este domingo ás 20h no Teatro Municipal, o seu último traballo "Las Comarcales". Falamos con el deste concerto. Restan todavía entradas dispoñibles que se poden reservar gratuitamente en Tui.gal

Jose Manuel Palacín, voceiro de C21 - San Telmo 2021 09.04.2021

O voceiro de C21, Jose Manuel Palacín, amosaba os seus mellores desexos para este San Telmo.

Laureano Alonso, voceiro de En Marea - San Telmo 2021 09.04.2021

O voceiro de En Marea, Laureano Alonso, amosaba os seus mellores desexos para este San Telmo.

Jose Ángel Fernández, voceiro do PP - San Telmo 2021 09.04.2021

O voceiro do PP, Jose Ángel Fernández, amosaba os seus mellores desexos para este San Telmo.

Manuel González, voceiro de Ciudadanos - San Telmo 2021 09.04.2021

A voceiro de Ciudadanos, Manuel González, amosaba os seus mellores desexos para este San Telmo.

Carmen Núñez, voceira do BNG - San Telmo 2021 09.04.2021

A voceira do BNG, Carmen Núñez, amosaba os seus mellores desexos para este San Telmo.

Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - San Temo 2021 09.04.2021

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, amosaba os seus mellores desexos para este San Telmo. Amáis referiuse a gala de entrega dos premios Cidade de Tui.

Programa especial Axudas para vivendas - Xoves, 8 de abril 08.04.2021

Programa especial no que a técnica da Oficina de Rehabilitación, María Ferreirós, contestou as preguntas e dúbidas da cidadanía sobre a convocatoria de axudas para vivendas: Axudas para compra de vivenda no centro histórico de Tui Axudas ao alugamento de vivenda Axudas para conservación, a mellora da seguridade de utilización e a accesibilidade en vivendas

Ent. Andrea Pousa en concerto - Preestrea de Retorno 08.04.2021

Mañá venres, ás 20h Andrea Pousa preestrea no Teatro Municipal de Tui o seu segundo traballo discográfico “Retorno”. Será a primeira vez que se poidan escoitar as cancións deste disco que sairá á venda este mes. Canda a ela no escenario estarán catro músicos, seis bailarinas de danza contemporánea e proxectaranse videocreacións nun espectáculo moi visual e chamativo. O espectáculo máis arriscado d...

Ent. Paco Nogueiras, músico e actor - "Brinca Vai" ás 18h na carpa da Corredoira 08.04.2021

Na carpa que se instalou na Corredoira ás 18h actuará Paco Nogueiras co espectáculo “Brinca Vai”. Unha actuación neste San Telmo para a que xa non quedan entradas dispoñibles. Falamos con este músico e actor que combina música, animación e interpretación no seu espectáculo.

Ent. Maruxa Sío, deportista tudense - Subcampioa xunto a Anna Solé na Copa de España de Vaurien en As Pontes 06.04.2021

A deportista tudense, Maruxa Sío, do clube Alagua da Guarda, aínda que competindo neste caso por Vertigo Sailing quedou subcampioa xunto a súa compañeira catalá Anna Solé Dolcer, na Copa de España de vela en categoría feminina, celebrada do 1 ao 4 de abril en As Pontes, a bordo dun Vaurien. Falamos con ela hoxe no programa Día a Día.

Ent. Laureano Alonso, concelleiro de Patrimonio e María Ferreirós, técnica - Axudas vivenda 06.04.2021

Este xoves de 12.30 a 13 h haberá un programa especial na nosa sintonía sobre as axudas para aluguer, adquisición ou rehabilitación de vivenda que teñen arestora aberto o prazo de solicitude. A técnica da Área Rehabilitación, María Ferreirós, responderá as dúbidas da cidadanía. Así o adiantaba hoxe xunto ao concelleiro de Patrimonio, Laureano Alonso.

Ent. Sonsoles Vicente, concelleira de Cultura - Programación Cultural de San Telmo 05.04.2021

Dende este mércores e até o luns día 12, festivo local en Tui, terá lugar a programación cultural de San Telmo organizada polo Concello de Tui. Hoxe ás 20 h comezará en tui.gal a reserva gratuíta de entrada para os espectáculos que terán lugar na carpa da Corredoira e no Teatro Municipal. Falamos desta proposta cultural coa concelleira Sonsoles Vicente.

Ent. Natalia Lago - Visitas Guiadas monte Aloia 31.03.2021

Realizar unha visita guiada ao Parque Natural do Monte Aloia é posible con A Fada do Aloia. Natalia Lago guía distintos percorridos para coñecer este espazo natural. De cara a Semana Santa ten boa parte das visitas completas. Pódese contactar con ela en afadadoaloia.com ou no 619 96 90 90

Ent. Hugo Lage - Visitas Guiadas a Tui 31.03.2021

Hugo Lage conduce as visitas guiadas polo conxunto histórico de Tui que oferta en Bugina Turismo. Para esta Semana Semana ten completos boa parte dos horarios previstos. Pódese concertar unha visita en buginaturismo.com e no 684 193 927

Ent. Ana Núñez, concelleira de Comercio - Bonos ActivaTui do Concello de Tui 31.03.2021

Falamos coa concelleira de comercio, Ana Núñez, dos bonos de desconto ActivaTui para a reactivación do comercio local. Son dous bonos de 10 euros por persona para compras superiores a 25€. Resta só o mes de abril para solicitalos e consumilos. Quedan 2000 bonos dispoñibles. Solicítao en https://activa.tui.gal/activa-tui/

Ent. Sara Quintana - Visitas Guiadas a Tui 31.03.2021

Coñecer o conxunto histórico, a Catedral ou a ruta xudía cunha guía é unha das propostas que podemos levar a cabo estes días de Semana Santa. Sara Quintana ofrece percorridos guiados baixo demanda en visitasguiadastui.com ou 636 96 93 56

Ascolta il podcast Día a Día su Replaio

Radio e podcast in un'unica app - gratis e senza registrazione. Installala oggi e non perderti il lancio

Scaricala su Google Play

Replaio non è un editore di podcast; i nomi dei programmi, le copertine e l'audio appartengono ai rispettivi autori e vengono distribuiti tramite feed RSS pubblici