Radio Municipal de Tui

Día a Día

News GL ↓ 6538 episodi

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...

Visita il sito del podcast e sostieni chi lo crea: www.ivoox.com

Autore

Radio Municipal de Tui

Categoria

News

Sito del podcast

www.ivoox.com

Ultimo episodio

29 ott 2026

Dove ascoltare?

I podcast nell'app Replaio Radio In arrivo

I podcast stanno per arrivare nell'app. Installala ora e scopri per primo un modo tutto nuovo di vivere i podcast

Scaricala su Google Play Installala gratis Android quasi 10 mln di download · valutazione 4,8 iOS in arrivo

Episodi

Ent. Nicolás Lorenzo e Javier Niño do CB Tui - Final Four de Baloncesto Infantil Masculina 28.05.2021

O CB Tui xoga mañá no vello pavillón municipal de Tui a Final Four de Baloncesto Infantil Masculino na que se decidirá o campeón Galego, que será acudirá amais ao Campionato de España de Clubs, xunto ao 2º e 3º clasificado. Nicolás Lorenzo, presidente do Club, e Javier Niño, adestrador do equipo infantil e director técnico, explicáronnos coma vai ser a competición. Na primeira semifinal ás 10.30 h...

Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Proxecto aparcamento da Área Panorámica 27.05.2021

Hoxe ás 19 h está convocada unha concentración cidadá na praza do concello co lema “Parking si pero así non”. Difundiron un cartel da convocatoria en redes, por whastapp e tamén está colocado en carteis e hoxe no mercado. No mesmo solicitan ao concello un novo estudo do aparcamento soterrado con outro plantexamento, máis prazas e outras condicións. Esta mañá quixemos conversar con eles pero rexeit...

Ent. Pilar Álvarez, tesoreira de SOS Tomiño e Manuel Santos, vicepresidente de Acitui - Rifa solidaria 26.05.2021

Hoxe falamos da colaboración solidaria entre Acitui e SOS Tomiño Baixo Miño. Pasaron hoxe polo programa Día a Día para explicala Manuel Santos, o vicepresidente de Acitui, e Pilar Álvarez, a tesoreira de Sos Tomiño Baixo Miño. Ambas entidades van facer unha rifa para recaudar fondos e así poder seguir mercando alimentos de primeira necesidade para a ONG que aumentou o número de familias atendidas...

Ent. Pedro Rodríguez, consultor - Obradoiro "Motivación e habilidades para buscar traballo" en Tui 25.05.2021

Hoxe entrevistamos en Día a Día a Pedro Rodríguez, consultor, formador, adestrador e poñente en habilidades sociolaborais de Océano. Impartirá mañá ás 10 h o obradoiro “Motivación e habilidades para buscar traballo”. Presencialmente na Aula CeMIT, na Área Panorámica, ou en liña a través de Zoom. Inscricións en orientación@tui.gal.

25052021 Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Paramos, obras VAC e Pleno 25.05.2021

Hoxe comezan as obras para a construción do enlace ao Parque Empresarial de Areas, o que conlevará algún cambio no tráfico. A esta cuestións referíase na nosa sintonía o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro. Tamén contestou as críticas realizadas dende a Asociación de Afectados de Paramos, e avanzou os asuntos que tratarán este xoves, no pleno ordinario da corporación.

Ent. Salvador García, pte. Asociación Afectados - Situación tras tres anos da explosición 24.05.2021

Salvador García, presidente da Asociación de Afectados de Paramos, explicou como está a situación no barrio da Torre, en Paramos, tres anos despois da explosión dun almacén ilegal de material pirotécnico.

Ent. Pablo Rodríguez, presidente do Balonmán Tui - Ascenso do Balonmán Tui a primeira autonómica 24.05.2021

O Club Balonmán Tui xogará a próxima temporada en Primeira Autonómica tras lograr a praza na Final Four celebrada esta fin de semana en Tui. O presidente do Balonmán Tui, Pablo Rodríguez, amosabase esta mañá moi contento e feliz por poder dicir que agora o equipo senior masculino do Balonmán Tui está xunto ao feminino en primeira autonómica.

Ent. Hugo Lage- guía oficial de Galicia - Restricións de aforo nas visitas guiadas 24.05.2021

Falamos hoxe no programa Día a Día con Hugo Lage, guía oficial de turismo de Galicia. Indicaba que as restricións de aforo vixentes na nosa comunidade autónoma fan inviable a organización de rutas guiadas. Aquí en Tui para un grupo de 40 persoas farían falta 5 guías para realizalas e as axencias de viaxes están renunciando a ofrecer este tipo de excursións a Galicia.

Ent. Pablo Rodríguez, presidente do Balonmán Tui - Final four esta fin de semana en Tui 21.05.2021

O Club Balonmán Tui buscará esta fin de semana o ascenso a Primeiro Autonomómica. Será na Final four que se disputará no novo pavillón municipal. O presidente do clube Pablo Rodríguez valoraba hoxe na nosa sintonía as opcións do equipo tudense.

Ent. Cooperativa Os Panas Galegos - O xoves 27 mercarán o seus productos no mercado semanal 21.05.2021

Colga máscaras, alfombrillas de rato, posavasos, imáns ou tazas son algúns dos produtos que a cooperativa “Os panas galegos” de 5º de Primaria do CEIP nº1 venderá o próximo xoves no mercado semanal en Tui. Dentro do programa Depoemprende na Escola da Deputación realizaron dende a creación da empresa, o estudo de mercado,á produción de forma sostible até a venda. Hoxe contáronos todo o proceso que...

Ent. Manuel Santos de ACITUI - Sorteo do Día da Nai 21.05.2021

Esta mañá tivo lugar no programa Día a Día o sorteo da campaña do Día da Nai de ACITUI. Por este motivo acompañounos Manuel Santos, quen fixo un balanzo positivo da campaña. Os gañadores das dúas ceas valoradas en 60€ que se sortearon nesta campaña foron Sandra Paredes Fernández , que mercou en Innovec, e Conchi Gómez que consumiu no Armario de Curvy. Os gañadores teñen recoller o seu vale na ofic...

Ent. Miguel Abraira, profesor- Graduación segundo bacharelato IES San Paio 21.05.2021

Esta tarde terá lugar a graduación dos alumnos de segundo de bacharelato do IES San Paio. O profesor Miguel Abraira falábanos deste acto que noutros anos se celebraba pola mañá, no instituto, e neste ano especial será a beira do río Miño. Fin de ciclo para 112 alumnos.

Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Fitur 2021 20.05.2021

Falamos co alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, que se desprazou hoxe ata Fitur, a Feira Internacional de Turismo, onde se atopa visitando desde a súa chegada a Madrid os diferentes pavillóns de turismo. Asistirá a presentación do Xeodestino e tamén a da Red de Juderías de España, da que Tui forma parte.

Ent. Ofelia Rey, comisaria - Exposición Inventio Mundi 20.05.2021

Recuperar a historia da navegación de Galicia é o obxectivo da exposición "Inventio Mundi" que dende esta tarde se pode visitar na Sala Municipal de Exposicións en Tui. Ofelia Rey, comisaria da mostra, explicounos hoxe os detalles desta exposición que conmemora o centenario da aventura de Magalhaes e Elcano, e recolle a súa relación con Galicia.

Ent. Salvador Martínez, Mirabel do Rosal - Cervexas elaboradas con mirabel 19.05.2021

Hoxe no programa Día a Día Salvador Martínez, xerente de Mirabel do Rosal, presentábanos a 1º cerveza tostada elaborada con mirabel.

Ent. Luis López, delegado territorial da Xunta - Axudas hostalería no Baixo Miño 19.05.2021

Entrevistamos hoxe o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, para falar das axudas por importe de 320.000 euros para 40 establecementos de hostalaría do sur da provincia, entre eles algúns do Baixo Miño. Son axudas para o acondicionamento de terrazas e o impulso das vendas a domicilio.

Ent. Marco Antonio García, xerente do GDR-14 – Axudas para a execución de proxectos 18.05.2021

Até o 3 de xuño poden prensentar as persoas ou entidades interesadas, as solicitudes para a nova convocatoria de axudas do GDR para a execución de carácter produtivo e non produtivo. Marco Antonio García, xerente do GDR-14, explicaba os hoxe os detalles desta convocatoria que repartirá 460.000 na zona de influencia da asociación.

Ent. Juan Díaz, comandante nadal do Miño – Simulacro de accidente no río Miño 18.05.2021

Mañá e tamén pasado, en aguas do Río Miño a altura do paseo fluvial de Tui, terá lugar un simulacro de seguridade fluvial conducido pola Armada Española. O exercicio está enmarcado no denominado MARSEC-21 e simulará un accidente no río co obxectivo de coordinar todos os multiples organismos participantes no simulacro. Así no lo confirmaba hoxe o comandante naval do Miño, Juan Díaz.

Ent. Alumnos/as do CEIP nº1 - "Depoemprende na escola" 14.05.2021

Alumnos e alumnas do CEIP nº1 de Tui visitaron hoxe o nosos estudio para falar da súa participación no proxecto de Deputación “Depoemprende na escola”.Crearán e xestionarán unha cooperativa durante o curso escolar. A través dela o alumnado elabora produtos artesanais que van vender o día 20 de maio no mercado dos xoves.

Ent. Marga do Val, escritora - Conferencia "Xela Arias no século XXI" 14.05.2021

Mañá sábado ás 12.30 h na Biblioteca Municipal terá lugar a conferencia “Xela Arias no século XXI” a cargo da escritora Marga do Val. Con ela falabamos hoxe no programa Día a Día. Foi compañeira de xeración e amiga de Xela Arias, a homenaxeada no Día das letras galegas deste ano. Falará na charla da súa experiencia personal con ela e tamén da súa obra, totalmente rompedora coa temática da época.

Ent. Marta, grupo Scouts Aloia - Recollida de alimentos diante do Seminario 14.05.2021

Falamos hoxe con Marta de Scouts Aloia. Organizan unha recollida de alimentos non perecedoiros para SOS Tomiño Baixo Miño. Será este sábado en horario de 16h a 20h.

Ent. Ana Núñez, concelleira de comercio - Reactiva Tui II 13.05.2021

O Concello de Tui abre hoxe o prazo para solicitar as axudas do programa de reactivación económica Reactiva Tui. Destina a estas axudas 238 mil euros con axudas que van dende os 1000 até os 1500 euros. As solicitudes poden presentarse na Sede Electrónica do Concello de Tui. A concelleira de comercio, Ana Núñez, explicabanos hoxe todos os detalles sobre esta convocatoria.

Ent. Pablo Rodríguez, presidente do Balonmán Tui - Final four para o ascenso a división nacional 13.05.2021

O Balonmán Tui xógase esta fin de semana xunto o Chapela, o Samertolameu e o BM Pabellón, unha praza para a fase de ascenso dende a 1º autonómica feminina á división de honra prata nacional. Falamos disto co presidente do club, Pablo Rodríguez, quen anunciaba tamén que a fin de semana do 20 de maio xogarase en Tui a final four para o ascenso da segunda autonómica masculina a primeira.

Ent. Sonsoles Vicente, concelleira cultura, e Rafael Sánchez, director da Biblioteca Municipal- Letras Galegas 2021 12.05.2021

O Concello de Tui celebrará o Día das Letras Galegas cun programa de actividades que comezará este venres e terá o seu dia central o próximo luns. Para falar das citas que teremos nestas vindeiras xornadas visitaban esta mañá o programa Día a Día a concelleira de cultura, Sonsoles Vicente, e o director da Biblioteca municipal de Tui, Rafael Sánchez Bargiela. Venres 15-"Tui Le" Sábado 16- Conferenc...

Ent. Maika e Jose da Asociación de Alcohólicos Anónimos - Actividade en Tui 11.05.2021

A asociación de Alcohólicos Anónimos desenvolve a súa actividade en Tui dende hai un mes, no local nº 8 da rúa Ourense s/n. Pódese contactar con eles no teléfono 622 90 24 34. Maika e Jose explicaban a súa experencia na asociación.

Ascolta il podcast Día a Día su Replaio

Radio e podcast in un'unica app - gratis e senza registrazione. Installala oggi e non perderti il lancio

Scaricala su Google Play

Replaio non è un editore di podcast; i nomi dei programmi, le copertine e l'audio appartengono ai rispettivi autori e vengono distribuiti tramite feed RSS pubblici