Radio Municipal de Tui
Día a Día
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...
Visita il sito del podcast e sostieni chi lo crea: www.ivoox.com
Autore
Radio Municipal de Tui
Categoria
Sito del podcast
Ultimo episodio
29 ott 2026
Dove ascoltare?
I podcast nell'app Replaio Radio In arrivoI podcast stanno per arrivare nell'app. Installala ora e scopri per primo un modo tutto nuovo di vivere i podcast
Episodi
Ent. Laureano Alonso, edil de Patrimonio e María Ferreirós, técnica da ARI - Plan Rexurbe 10.06.2021 11:05
O concelleiro de Patrimonio, Laureano Alonso, e a técnica da ARI, María Ferreirós, lembraban hoxe as características do Plan Rexurbe. Até o 9 de xullo está aberto o prazo de presentación de solicitudes para ofertar á Xunta vivendas no conxunto histórico de Tui para que proceda a súa compra. O IGVS destina a este fin 250 mil euros. Os inmobles que adquira serán rehabilitados e logo postos en alugue...
Ent. Sandra González, alcaldesa de Tomiño - Verbena piloto 09.06.2021 10:07
O sábado 19 de 21 a 23 h o torreiro de festas do Alivio acollerá unha das seis verbenas pilotos que se van levar a cabo. Poderán asistir 1000 persoas previa reserva en www.tomino.gal a partir de mañá xoves. Estará amenizada por La Oca Band. A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, explicaba os detalles desta verbena piloto na que contarán coa colaboración da Comisión de Festas do Alivio.
Ent. Manuel González Vázquez, voceiro de C's - Rolda Pleno Maio 2021 09.06.2021 22:32
Manuel González Vázquez, voceiro de Ciudadanos estivo hoxe na nosa sintonía dentro da rolda que iniciamos hai uns días para valorar o pleno ordinario de maio, da corporación municipal de Tui.
Ent. Ana Mª Núñez, concelleira de Igualdade de Tui - Campamento de verán Igual É + 08.06.2021 14:10
Durante o mes de xullo, en dúas quendas terá lugar o Campamento de Verán de conciliación Igual É + Tui 2021 organizado polo Concello de Tui a través das concellería de Deportes e Igualdade. Van dirixidos a nenos e nenas de 3 a 12 anos. Haberá dúas quendas a primeira do 1 ao 15 de xullo, e a segunda do 16 ao 31 de xullo. O prezo por quenda será de 30,56€. A concelleira de Igualdade, Ana Mª Núñez, e...
Ent. Minerva Ojeda, da Aula da UNED de Tui - V Campus Urbano "Inglés na miña contorna" 08.06.2021 8:10
Do luns 28 de xuño ao venres 9 de xullo terá lugar na Aula da UNED de Tui o V Campus Urbano “Inglés na miña contorna”. Vai dirixido a mozos e mozas de 10 a 15 anos. Falamos do mesmo con Minerva Ojeda, responsable da Aula da UNED de Tui.
Ent. Lola Soto e Arantxa Giráldez do Liceo Casino - Campamento de Verán e actividades 07.06.2021 11:01
O Liceo Casino de Tui levará a cabo este verán o Campamento Urbano coa empresa Divertos. Coma novidade será tamén para Secundaria, amais de Infantil e Primaria. Lola Soto e Arantxa Giráldez do Liceo Casino, déronnos todos os detalles.
Ent. Carmen Núñez, voceira do BNG - Balance pleno maio 07.06.2021 18:55
A voceira do BNG, Carmen Núñez, valorou hoxe o pleno ordinairo que a corporación municipal de Tui celebrou o pasado 27 de maio.
Programa Especial Día do Medio Ambiente 2021 04.06.2021 1:09:43
Hoxe realizamos un programa especial co gallo do Día Mundial do Medio Ambiente coa mestra composteira Sara Luque, o mestre composteiro en prácticas, Pablo Vidal, e con diversos convidados e un concurso.
Ent. Eloy Carrera e Manuel Madarnás - Concerto da Banda de Música Popular de Tui 04.06.2021 9:25
Mañá ás 20 h a Banda de Música Popular de Tui ofrecerá un concerto na praza de San Fernando. Eloy Carrera, o seu director, e Manuel Madarnás, trompetista, faláronnos deste evento, e da actividade da Banda.
Ent. Francisco Álvarez "Koki", escritor - Libro Olivia e o clarinete máxico 04.06.2021 13:22
O escritor Francisco Álvarez "Koki" presentounos hoxe o seu novo libro "Olivia e o clarinete máxico". Unha "historia humana" en palabras do autor. A protagonista Olivia, atopa nun baúl o clarinete do seu bisavó, o que lle abre as portas ao fantástico mundo da música. Está ilustrado polo guardés Emilio Baz.
Ent. Leticia López e María Martínez, piloto e copiloto de rallie - Open Donas 03.06.2021 8:39
As tudenses Leticia López e María Martínez, son piloto e copiloto de Rallies. Cun Peugot 107 están a competir no campionato galego Open Donas. A paixón familiar levounos a este deporte.
Sección de Educación - Xoves, 3 de xuño de 2021 03.06.2021 21:09
Na sección semanal de Educación con Teresa Domínguez hoxe conversamos sobre a nova lei de Educación co experto Juan José Reina.
Ent. Carlos Estévez e Marcos Casaleiro - 4ª proba do Campionato Galego Inclusivo Fibralar de Motonáutica 2021. 03.06.2021 6:17
Este sábado, dende ás 11 h celébrase en augas do río Miño fronte á praia de Goián e ao Espazo Fortaleza a 4ª proba do Campionato Galego Inclusivo Fibralar de Motonáutica 2021. Carlos Estévez e Marcos Casaleiro, da Federación Galega de Motonáutica, indicaban que no campionato se están cumprindo as expectativas fixadas, e van crecendo en número de participantes. Este sábado haberá entre 12 e 13 equi...
Ent. Mª del Carmen Suárez, Esperanza Martínez e Ana Vicente, de Fibromiño - Asociación e actividades 03.06.2021 10:48
En 2010 constituíuse na comarca a asociación de enfermos de Fibromialxia, Fibromiño, co obxectivo de dar a coñecer esta enfermidade, e que os enfermos non se sentises sos xa que se trata dunha doenza un pouco incomprendida. Mª del Carmen Suárez, presidenta; Esperanza Martínez, tesoureira, e Ana Vicente, membro de Fibromiño, relataban hoxe o traballo que realizan e as próximas actividades que van r...
Ent. Rubén López, directo do CMUS de Tui - Concertos de verán 03.06.2021 9:03
Rubén López, director do CMUS de Tui, explicou os concertos que o alumnado e profesorado do centro van ofrecer os venres de xuño e da primeira quincena de xullo. Tamén avanzou os cursillos que deo 23 ao 30 deste mes realizarán, con carácter gratuíto, para nenos e nenas de 5 a 10 anos. E hoxe ás 19.30 h no exterior do conservatorio farán un concerto de guitarra eléctrica e canto
Noticias 13.30 h - Mércores, 2 de xuño de 2021 02.06.2021 27:20
A actualidade deste mércores, 2 de xuño de 2021, en Noticias 13.30h
Ent. Jose Antonio Campos, psiquiatra - Unidade de Saúde Mental en Tui 02.06.2021 7:10
Co psiquiatra Jose Antonio Campos coñecemos o funcionamento da Unidade de Saúde Mental que esta semana comezou a súa actividade no centro de saúde de Tui. Contará con 2 psiquitras, 1 psicólogo, 1 traballador social, 1 enfermeira especializada en saúde mental e 1 administrativo. Atenderá á poboación do Baixo Miño.
Ent. José Manuel Palacín, voceiro de C21 - Balance pleno maio 2021 02.06.2021 16:23
Hoxe fixemos balance do pleno ordinario do mes de maio da corporación municipal de Tui con José Manuel Palacín, o voceiro de Converxencia 21.
Ent. Ulises Varela Ruibal, xerente de Xenera - Novos prezos da electricidade 01.06.2021 12:14
O xerente de Xenera, Ulises Varela Ruibal, explicou esta mañá na nosa sintonía os novos prezos da electricidade en función do horario, que hoxe entraron en vigor. Os tramos máis caros serán de 10 a 14 e de 18 a 22 h.
Ent. Sandra González, alcaldesa de Tomiño - Parque da Amizade 01.06.2021 8:58
Respaldo unánime das autoridades ao Parque da Amizade en Tomiño e Cerveira. O pasado sábado tivo lugar o acto formal de presentación do proxecto que inclúe unha ponte peonil entre as dúas beiras. Un proxecto que ten moito de simbólico e fonda raíz europeísta, en palabras da alcaldesa de Tomiño, Sandra González.
Ent. María e Teo de Alcohólicos Anónimos - Reunións martes e xoves en Tui 01.06.2021 8:01
Este ano cúmprense 85 anos da creación de Alcohólicos Anónimos. Hoxe acompañaronnos María e Teatro da asociación de Tui que convidaron a aquelas persoas que poidan ter un problema co alcohol a a asistir as súas reunións. Están na Sala Félix Rodríguez, na Área Panorámica, os martes de 10 a 11.30 e os xoves de 20 a 21.30 h.
Ent. Laureano Alonso, concelleiro En Marea - Rolda Pleno Maio 31.05.2021 17:33
O concelleiro de En Marea e membro do goberno municipal de Tui, Laureano Alonso, abriu hoxe a rolda de conversas para valorar o pleno ordinario da corporación celebrado o pasado xoves.
Ent. Silvia Soutelo, Asociación patrimonial e etnográfica acueduto de Caldelas - Moción no pleno de Tui 31.05.2021 4:33
A corporación municipal de Tui debatía e aprobaba no pleno do pasado xoves unha moción a petición da Asociación patrimonial e etnográfica acueduto de Caldelas. Solicitaban que o Concello de Tui solicitará aos organismos competentes a protección do patrimonio etnográfico e patrimonial do rural e sobre todo, do patrimonio fluvial. Falamos desta moción coa presidenta da asociación.
Ent. Susana Gulín, responsable de viticultura de Altos de Torona - Biodiversidade e Producción Integrada 28.05.2021 8:34
Hoxe coñecemos a actividade que a adega Altos de Torona está a realizar co alumnado da zona para concienciar en materia medioambiental e de sostenibilidade dentro do proxecto de desenvolvemento da Biodiversidade e Producción Integrada. Contounoulo Susana Gulín, responsable de viticultura na adega.
Andrés Urseira, vicepresidente do Moto Club Randufe - XI Enduro Cidade de Tui 28.05.2021 9:33
Sergio Navarro, campión do Mundo Junior, é un dos pilotos que esta fin de semana participarán no XI Enduro Cidade de Tui. Está organizado polo Motoclub Randufe Tui e o Moto Club A Peroxa . Así o explicaba Andrés Urseira, vicepresidente do Motoclub Randufe. Explicou amais un cambio de última hora, por seguridade, no percorrido.
Podcast simili
Replaio non è un editore di podcast; i nomi dei programmi, le copertine e l'audio appartengono ai rispettivi autori e vengono distribuiti tramite feed RSS pubblici