Radio Municipal de Tui
Día a Día
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...
Visita il sito del podcast e sostieni chi lo crea: www.ivoox.com
Autore
Radio Municipal de Tui
Categoria
Sito del podcast
Ultimo episodio
19 ott 2026
Dove ascoltare?
I podcast nell'app Replaio Radio In arrivoI podcast stanno per arrivare nell'app. Installala ora e scopri per primo un modo tutto nuovo di vivere i podcast
Episodi
Ent. Alumnado do IES Indalecio Pérez e do IES de Castelo Branco -Intercambio Escolar 03.05.2022 11:57
Esta mañá visitáronnos alumnos e alumnas do IES Indalecio Pérez Tizón de Tui e do IES de Castelo Branco que están a realizar un intercambio escolar. Contáronnos os obxectivos desta actividade e como está a ser a experiencia.
Ent.Ángel Sánchez, codirector de Play Doc - Mañá comeza o festival 03.05.2022 8:21
Quedan pouco máis de 24 horas para a inauguración de Play Doc, que cumpre 18 anos. A inauguración será mañá mércores ás 20.30 h. Ángel Sánchez, codirector do festival, lembrou hoxe as retrospectivas dedidcadas ao portugués Antonio Campos e á alemá Helke Miseikvic. Mañá ás 20.30 h comeza o XVIII Play Doc. Ángel Sánchez, codirector do festival lembrou a xornada inaugural e falou das retrospectivas d...
Ent. Victoria Alonso, deputada de Cultura - Inauguración da exposición "Lebres coma Gacelas" 03.05.2022 5:10
Hoxe ás 20 h, na zona anexa da Sala Municipal de Exposicións inaugurarase a mostra “Lebres coma gacelas” promovida pola Deputación de Pontevedra. A deputada de Igualdade e Cultura, Victoria Alonso, explicaba hoxe coma esta mostra naceu para homenaxear a Xela Arias, partindo da súa obra “Tigres coma cabalos”. Esta tarde haberá un recital de poesía e música, a cargo de Miriam Ferradáns e Lorena Cond...
Ent. David Alonso, coordinador, e Yaiza, alumna - II Carreira Revirando. 02.05.2022 7:35
Este mércores remata a inscrición para a segunda edición da Carreira Solidaria e inclusiva Revirando, organizada polo Colexio PP. Somascos e o Colexio San Xerome Emiliani que se vai celebrar este domingo na Guarda. Falamos da proba con David Alonso, coordinador da proba, e con Yaiza, alumna que forma parte da organización.
Ent. Ángel Sánchez, codirector de Play Doc - Sesión inaugural, cinema galego,... 02.05.2022 7:03
Este mércores terá lugar unha emocionante inauguración do Play Doc segundo explicaba hoxe o seu codirector Ángel Sánchez, con que falamos a dous días de que comece o festival. Da man de Eloy Domínguez Serén varios veciños e veciñas de Tui están a realizar distintas pezas audiovisuais reflexionando sobre a fronteira. Tamén nos deu conta dos 14 títulos galegos que se van proxectar.
Ent. Conchi Martínez Aguilera - Reunión da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Tui 02.05.2022 6:42
A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Tui convoca hoxe ás 20.30 h unha reunión na Sala Félix Rodríguez. Conchi Martínez Aguilera explicaba o obxectivo desta reunión e cómo está a situación agora mesmo.
Ent. Adolfo Pereira, presidente Moto Club Randufe - Campionato de enduro cidade de Tui. 29.04.2022 13:18
Todo preparado para a celebración mañá do XII Enduro Cidade de Tui Trofeo Ibérico Eurocidade. Coma novidade o regreso do parque pechado e da saída á Corredoira. Unha proba na que van participar 160 pilotos, entre eles Steve Holcombe sete veces campión do Mundo. Deunos os detalles Adolfo Pereira, presidente Moto Club Randufe.
Ent. Miguel Méndez e Cristián Lago - Romaría os nosos Fariñeiros 2022 29.04.2022 12:28
Este domingo celébrase a romaría "Os nosos fariñeiros: burros e muíños" organizada pola Asociación de Muiñeiros do río Tripes. Está previsto amplo programa do que hoxe nos deron conta Miguel Méndez e Cristián Lago.
Ent. Pedro Fresneda director de teatro Ensalle - Antes de que llegue la bestia 29.04.2022 8:03
A Compañía Ensalle presenta mañá ás 21 h no Auditorio de Goián "Antes de la llegue la bestia", unha obra que estrearon 15 días antes do funcionamento. É unha proposta multidisciplinar coma explicaba o director da compañía Pedro Fresneda. A entrada terá un prezo de 5€.
Ent. José Mª Vázquez, encargado de Unidades Móbiles - Doazón de Sangue en Tui 29.04.2022 4:22
Hoxe de 16 a 21 h e mañá de 10 a 15 h estará en Tui a unidade móbil de ADOS. Faise un especial chamamento aos grupos 0 + e A + segundo nos explicaba José Mª Vázquez, encargado de Unidades Móbiles. En Tui a taxa é de 42 doazón / 1000 habitantes.
Ent.Ángel Sánchez, codirector de Play Doc - Cinema galego e retrospectiva Antonio Campos 28.04.2022 7:34
Play Doc foi un dos festivais que hoxe particippu na presentación do Rías Baixas Film Fest. Así nolo contou hoxe Ángel Sánchez, codirector de Play Doc, quen tamén destacou a presenza do cinema galego xa dende a xornada inaugural , así coma a retrospectiva de Antonio Campos, coa que buscan pór en valor o vínculo con Portugal.
Ent. Elvira Crespo de Equigalia - Proba do Campionato Interclubes de saltos 28.04.2022 7:29
Este domingo a partir das 10 h celebrarase en Equigalia unha proba do Campionato Interclubes de Salto. O público poderá gozar do espectáculo con xinetes e amazonas dende os 4-5 anos. Unha probas nas que cada vez hai máis nivel.
Ent. Ángel Sánchez, codirector festival - Xornada inauguración, entradas e Danny Lyon 27.04.2022 8:27
O próximo mércores, 4 de maio, será inaugurado Play Doc. Un acto inaugural do que hoxe nos falou o seu codirector, Ángel Sánchez. Tamén avanzou que están á venda as entradas para o festival na web wwww.play-doc.com e afondou na retrospectiva que dedican a Danny Lyon.
Ent. Teodoro e Rubén de Alcohólicos - Sobriedade e Convención de Alcohólicos Anónimos 26.04.2022 5:12
Esta mañá acompañáronnos en Día a Día Teodoro e Rubén do grupo Armonía da Asociación de Alcohólicos Anónimos. Faláronnos da sobriedade e tamén da convención anual que este venres van celebrar en Santiago.
Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Festas de San Telmo 2022 22.04.2022 7:25
O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, felicitou hoxe as festas de San Telmo na nosa sintonía. Repasou o programa previsto a aposta por facer uns festexos máis populares para gozar na rúa.
Ent. Jonatan Alvarado, Sofía Pedro e Samuel Diz - Concerto da misa medieval de San Telmo 22.04.2022 12:29
Este domingo ás 17.30 h na Catedral de Tui recupérase a misa medieval de San Telmo da man do grupo dos Países Baixos Seconda Pratica e nunha iniciativa promovida polo festival Música no Claustro. Hoxe coñecemos máis da recuperación desta misa con Jonatan Alvarado, Sofía e Samuel Diz.
Ent.Ángel Sánchez, codirector de Play Doc - O festival de cinema de Tui celébrase do 4 ao 8 de maio 22.04.2022 8:06
Do mércores 4 ao domingo 8 de maio celébrase en Tui a XVIII edición de Play Doc. Hoxe Ángel Sánchez, codirector do festival, avanzounos parte da programación que poderemos gozar nun par de semanas.
Ent. Rafael Estévez, Marcos González e Miron Bococi - Feira Cabalar de San Telmo 22.04.2022 17:56
A Feira Cabalar de San Telmo da este ano un salto cualitativo ao ampliar a súa duración a dous días, aumentar o recinto e aglutinar diversas actividades co cabalo coma protagonista. Amais haberá un espectáculo de nivel internacional a cargo de Miron Bococi. A cita será este domingo e luns. Así nolo contaron Rafael Estévez, concelleiro de Deporte, Marcos González e Hípica Marcos e o propio Miron Bo...
Ent. Ana Rodríguez e Klaus Villaroel - Concerto Rockin' Gina & The Sentinels nas festas de San Telmo 22.04.2022 6:09
Rockin' Gina & The Sentinels estará en concerto hoxe ás 22.30 h na carpa no Paseo da Corredoira dentro das Festas de San Telmo. Ana Rodríguez e Klaus Villaroel contáronnos hoxe como van ser o concerto no que van interpretar boa parte do seu repertorio que nos levará á música dos anos 50'.
Noelia Solla e Alberto Sánchez do grupo de Teatro Chirlomirlo - Semana de Teatro Amador 2022 22.04.2022 7:05
Hoxe ás 21 h o grupo de teatro Chirlomirlo de Xuntanza de Randufe será o encargado de pechar a XII Semana de Teatro Amador no Teatro Municipal coa estrea de “O enfermo imaxinario”. Da mesma faláronnos Noelia Solla e Alberto Sánchez, que nos contaron que é a terceira vez que montan esta obra que xa puxeron en escena hai 30 anos. Agora chega co espírito renovado.
Ent. Beatriz Fontán e Samuel Diz - Recuperación da Misa Medieval de San Telmo 21.04.2022 10:57
Da man do festival Música no Claustro este domingo, ás 17.30 h haberá un concerto moi especial na Catedral que nos transportará até a Idade Media. Será da man de Secunda Pratica coa recuperación da misa de San Telmo do Pasionario Tudense. Déronnos todos os detalles Samuel Diz e Beatriz Fontán, que explicaron o traballo de recuperación desta misa e as condicións do concerto deste domingo que terá u...
Ent. Pilar Pazo doa Asociacón do Traxe tradicional - Desfile do Traxe Tradicional 21.04.2022 7:27
Este domingo celébrase o Desfile Exhaltación do Traxe Tradicional. Recupera o seu percorrido entre a Glorieta de Vigo e a Catedral, e será a partir das 12 h. Pode participar calquera persoa con traxe tradicional, e ao remate terá lugar a ofrenda na Catedral, como explicaba Pilar Pazo, secretaria da Asociación do Traxe de Tui.
Ent. Arlindo Sousa, Rafael Estévez e Miguel Abreu - Trofeo de Baile Deportivo da Eurocidade. 21.04.2022 12:02
O pavillón de deportes de Valença acolle este sábado e domingo o VII Trofeo de Baile Deportivo e Hip Hop da Eurocidade Tui Valença. Falamos do mesmo con Arlindo Sousa, vereador de Desporto de Valença, Rafael Estévez, concelleiro de Deportes de Tui, e Miguel Abreu, da Academia de Baile Pasos.
Ent. José Martínez Tato de AndaTui - Andaina de San Telmo 20.04.2022 5:59
Este domingo ás 10 h sairá da praza da Inmaculada a Andaina de San Telmo que abre o circuíto de Camiñadas da Eurocidade Tui-Valença. José Martínez Tato do Club Andatui, explicou o percorrido a realizar. A inscrición debe facerse en www.andatui.es/andainas-da-eurocidade e ten un prezo de 6€.
Rafael Pérez, do Club Atletistmo Tui - Carreira Popular San Telmo 2022 20.04.2022 7:27
Hoxe ás 23.59 h remata o prazo de inscrición para a Carreira Popular e Solidaria de San Telmo que se celebra este sábado dentro das festas. Rafael Pérez, presidente do Club Atletismo Tui daba conta da boa inscrición que leva a unhas horas de rematar o prazo, e tamén explicaba os detalles da proba que recollerá alimentos para SOS Tomiño Baixo Miño.
Podcast simili
Replaio non è un editore di podcast; i nomi dei programmi, le copertine e l'audio appartengono ai rispettivi autori e vengono distribuiti tramite feed RSS pubblici