Radio Municipal de Tui
Día a Día
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...
Visita il sito del podcast e sostieni chi lo crea: www.ivoox.com
Autore
Radio Municipal de Tui
Categoria
Sito del podcast
Ultimo episodio
19 ott 2026
Dove ascoltare?
I podcast nell'app Replaio Radio In arrivoI podcast stanno per arrivare nell'app. Installala ora e scopri per primo un modo tutto nuovo di vivere i podcast
Episodi
Ent. Marina Cruces de A Emoción dos Viños - Xornadas de cata Dálle Volta ao viño 25.05.2022 6:19
Castes ancestrais galegas é o título da primeira cata das xornadas “Dálle volta ó viño” organizadas por EmpreTui e A Emoción dos viños coa colaboración do concello de Tui. Terá lugar mañá ás 20.30 h na cafetería Entrehoras. É preciso inscrición previa en emociondosvinhos@gmail.com. Falamos desta actividade con Marina Cruces de A Emoción dos Viños.
Ent. Teo e Pablo do grupo Armonía de Alcohólicos Anónimos - Martes, 24 de maio de 2022 24.05.2022 8:34
No programa Día a Día hoxe acompañáronnos Teo e Pablo do grupo Armonía da Asociación de Alcohólicos Anónimos. Hoxe nos contaron cómo lles cambiou a vida dende que entraron na asociación e tamén deron conta dunha convivencia que teñen prevista o 11 de xuño en Viana do Castelo.
Ent. Juan Ramón Martínez Barbosa - Reapertura da libraría Tamuxe 23.05.2022 7:12
Entre 1977 e 1994 funciou no Rosal a libraría Tamuxe, que agora, 28 anos despois volve abrir as súas portas cunha nova visión de libraría-editorial. Así nolo contaba hoxe Juan Ramón Martínez Barbosa.
Inauguración e pregón da Feira do Libro Galego de Tui 2022 23.05.2022 9:21
O pasado sábado celebrouse en Tui a XXIII Feira do Libro Galego no Paseo da Corredoira. O pregón foi lido pola escritora Sonia Mirón. Interviron tamén o alcalde, Enrique Cabaleiro, e a concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente.
Ent. Salvador García, presidente da Asoc. de Afectados de Paramos - 4 anos da explosión no barrio da Torre 23.05.2022 7:01
Hoxe ás 20.30 h celebrarase un acto conmemorativo no barrio da Torre en Paramos cando se cumpren catro anos da explosición rexistrada no mesmo. Falamos do mesmo hoxe con Salvador García, presidente da Asociación. de Afectados de Paramos, quen nos explicou a situación actual do barrio.
Ent. Eloy Carrera e Alicia González - Concerto Letras Galegas 16.05.2022 6:46
Concerto especial para celebrar o Día das Letras Galegas a cargo da Banda de Música Popular de Tui, a Banda de Gaitas Lembranzas da Terra e o grupo folclórico Lembranzas da Terra. Do mesmo faláronnos Eloy Carrera e Alicia González. Estaba previsto para o martes 17 ás 21 h pero foi adiado debido á previsión de choiva.
Ent. Andrea González - Presentación novo disco "Salvado - Piano Works" 13.05.2022 16:02
A tudense Andrea González vén de presentar o seu novo disco “Salvado - Piano Works” publicado por Warner Music. No mesmo recupera a música de Rosendo Salvado tras dedicar oito anos a descubrir, estudar e interpretar a música para piano do que fóra bispo de Nova Nursia.
Ent. Lino Martínez da Peña Cabalar Valle do Louro - XIX Romaría Cabalar Ribadelouro - Pontellas 13.05.2022 25:47
Dende hoxe e até o domingo celébrase a XIX Romaría Cabalar entre Ribadelouro e Pontellas organizada pola Peña Cabalar Val do Louro. Trátase dunhas as principais romarías destas características que se celebran en Galicia que reunirá a máis de 1500 cabalos.
Ent. Ana Núñez, concelleira de Comercio e Mercado - XXIV Feira de Artesanía 13.05.2022 15:50
Mañá ás 12 h será inaugurada a Feira da Artesanía que cunha trintena de postos de artesás e artesáns, obradoiros, oficios artesanais, actuacións musicias se vai celebrar até o próximo martes. Da feira falamos hoxe coa concelleira de Comercio e Mercado, Ana Mª Núñez.
Ent. Luís Quinteiro Fiuza, bispo de Tui-Vigo - Obras na catedral, bodas sacerdotais... 13.05.2022 19:22
O bispo da diocese Monseñor Luís Quinteiro Fiuza, acompañounos esta mañá no programa Día a Día para falar de distintas cuestións, entre elas, as obras para crear novo Museo Catedralicio. Tamén se referiu ás bodas sacerdotais que se celebran hoxe.
Ent. Gerardo Chamorro do CC Rías Baixas - Copa de España de Ciclismo 12.05.2022 7:44
Este domingo, sobre ás 12.30 h, pasará por Tui a Copa de España de Ciclismo. Serán 180 quilómetros, seis portos de montaña, entre eles o Aloia, 4.100 metros de desnivel acumulado. Está organizada polo Club Ciclista Rías Baixas.
Ent. Lucía Melo , profesora do CEIP nº1 - Carreira Save The Children 12.05.2022 3:16
Alumnado do CEIP nº1 de Tui realizará mañá venres, dende ás 10 h , no Paseo da Corredoira a carreira "Quilómetros de solidariedade" de Save The Children. A recadación destes quilómetros solidarios destinarase a proxectos para loitar contra a desnutrición no corno en África. Así nolo contou Lucía Melo, profesora do CEIP nº1.
Ent. Sara Pérez Abraldes, psicóloga - Xornadas Educativas 12.05.2022 8:12
A “Importancia da saúde mental na adolescencia” é o título da charla que a psicóloga xeral sanitaria Sara Pérez Abraldes, ofrecerá ás 19 h no Seminario Menor. Esta actividade abre as Xornadas Educativas organizadas polas ANPAS de Tui.
Ent.Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Autorización ao proxecto de humanización da Corredoira 10.05.2022 5:42
Patrimonio vén de autorizar o proxecto de humanización do Paseo da Corredoira que suporá un investimento de preto de 1,5 millóns de euros e se executará en dúas fases. O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, así o explicaba hoxe na nosa sintonía indicando que se trata dun proxecto clave para a cidade.
Ent. Javier Argüelles da ANPA de Guillarei - Xornadas Educativas 09.05.2022 10:44
Este xoves comezan as Xornadas Educativas organizadas polas ANPAS de Tui que se van celebrar os xoves deste mes de maio ás 19 h no salón de actos do seminario menor. Javier Argüelles da ANPA de Guillarei deunos hoxe todos os detalles.
Ent. Haden Guest, Eva Lindeman e Anxo Sánchez - Play Doc 2022 06.05.2022 12:52
Seguimos recibindo convidados do festival Play Doc. Hoxe estiveron connnoso Haden Guest con que falamos das 4 películas Richar P Roger que pertencen ao archivo de Colección do Arquivo Cinematográfico de Harvard, e Eva Lindeman quen nos contou coma Bruce Weber realzou "O Tesouro da súa mocidade: as fotografías de Paolo Di Paolo" que se proxecta mañá ás 22.30h. Tamén nos acompañou Ángel Sánchez, cod...
Ent. Marisa Giráldez, presidenta Bádminton Tui - I Torneo San Telmo 06.05.2022 3:47
Mañá dende ás 9.30 h celébrase no pavillón do IES San Paio o I Torneo San Telmo de Bádminton, organizado polo Bádminton Tui. A súa presidenta, Marisa Giráldez, deunos hoxe todos os detalles.
Ent. Nerea Barros, directora de Memoria - Play Doc 2022 06.05.2022 12:51
A sesión das 17.30 h de hoxe venres en Play Doc ábrese coa proxección de “MEMORIA” de Nerea Barros, unha curta de quince minutos que compite na sección Galicia. É a primeira peza de Nerea Barros coma directora e está dedicada aos seus avós. Este audiovisual lévanos a Urzbekistán coa historia dun avó, unha neta e un mar que xa non existe.
Martín Pardo e Vela Álvarez alumnos e Enrique Profesor do Marcote - Especial Play Doc 2022 05.05.2022 5:08
No programa especial de Día a Día dende Play Doc hoxe estiveron connosco Martin Pardo e Vela Álvarez alumnos, e Enrique, profesor do Colexio Marcote, que asistiron esta mañá á proxección de "Europa".
Ent. Andres Goteira director Welcome To Ma Maison - Especial Play Doc 2022 05.05.2022 7:38
Entre os convidados que nos acompañaron esta mañá no especial Play Doc estivo Andrés Goteira que onte presentaba o seu primeiro documental “Welcome to Ma Maison”, que se proxectou onte á noite.
Ent. Eloy Domínguez Serén, director - O imaxinario da fronteira 05.05.2022 4:32
Ás 17.30 h proxéctase no Seminario Menor o resultado do obradoiro "O imaxinario da fronteira" no que veciños e veciñas de Tui retrataron o seu concepto de fronteira. Ao fronte do obradoiro estivo o director Eloy Domínguez Serén, quen hoxe no especial Play Doc nos contou coma foi esta experiencia.
Ent. Ángel Sánchez, codirector de Play Doc - Especial Play Doc 2022 05.05.2022 15:40
Un festival con identidade e recoñecemento. Así se refería hoxe a Play Doc, Ángel Sánchez, codirector do festival. Falaba dun gran festival que precisaría de máis tranquilidade orzamentaria. Tamén se refería ao impacto económico que xera Play Doc máis aló do ámbito cultural e da proxección internacional que realiza de Tui. Daba conta tamén das viaxes que poderemos realizar a través das películas q...
Ent. Sara García, codirectora de Play Doc - Especial Play Doc 2022 05.05.2022 9:11
Sara García, codirectora de Play Doc estivo hoxe no programa especial Día a Día que realizamos dende a sede do festival. Sara García falaba dos retos que afrontan cada ano, e da excelente programación que presentan neste 2022. Recomendaba especialmente a retrospectiva de Antonio Campos.
Ent. Sandra González, alcaldesa de Tomiño - Compostaxe,obras da biblioteca, área de autocaravanas... 04.05.2022 23:12
A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, estivo hoxe no programa Día a Día, onde abordou distintos asuntos da actualidade tomiñesa. Dende o bo índice de compostaxe que rexistran, ao estado das obras da futura biblioteca, ou o proxecto de áreas de autocaranvas entre outros.
Ent. Cochi Mtnez. Aguilera, voceira Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Tui -Balanzo da reunión do pasado luns 04.05.2022 12:52
A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Tui celebrou reunión informativa este luns. Hoxe a súa voceira, Conchi Martínez Aguilera, lamentaba a escasa participación rexistrada na mesma. Neste encontro informaron das accións realizadas e das que van levar a cabo. Lembraba amais a manifestación en defensa da sanidade pública que terá lugar o próximo xoves 12 de maio ás 20 h en Vigo.
Podcast simili
Replaio non è un editore di podcast; i nomi dei programmi, le copertine e l'audio appartengono ai rispettivi autori e vengono distribuiti tramite feed RSS pubblici